Preme para voltar á portada

Boiro: o sábado 4 de febreiro, "De paliqueiro por Galiza", un espectáculo de Alberte Montes

Peliqueiro

Boiro, 30 de xaneiro de 2012. Este vindeiro sábado, 4 de febreiro,   actúa no local de Aturuxo! Alberte Montes, actor galego-catalá. Pon en escea ''De Paliqueiro por Galiza'' a partires das 23:00.

Pode que tamén lle interese:

  Música: volve Heredeiros da Crus, sete anos despois de desfacerse como banda. Entradas case esgotadas!





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aturuxo   Boiro  

Natureza: Adega pide o cesamento de García-Borregón pola desfeita da lagoa da Frouxeira

  • A Sociedade Galega de Historia Natural tamén manifesta o seu rexeitamento ante esta acción da Xunta contra un medio con cinco figuras de proteción

Lagoa_frouxeira

Valdoviño, 30 de xaneiro de 2012. Perante os recentes feitos acontecidos na lagoa da Frouxeira, que esta mañá desaugábase de xeito espontáneo pola acción do océano, mentres a Xunta construía con maquinaria pesada no humidal protexido unha canle artificial xusto no lado oposto do punto de desaugue, ADEGA quere facer público o seguinte:

1. Denunciamos a incomprensíbel e irresponsábel vulneración do acordo do Parlamento galego por parte da Xunta de Galiza, en concreto da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no que se instaba ao governo a buscar unha xestión racional e coherente cos obxectivos de conservación deste humidal, e a non autorizar con carácter cautelar, novas aperturas da lagoa. 

2. Denunciamos a actitude reiterada de ocultación de información practicada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, sobre os proxectos, estudos, seguementos nos que dicían basear as súa brutal intervención neste espazo, e que constitúe un claro incumprimento da Lei 27/2006 de acceso á información ambiental.

3. Denunciamos a pasividade da administración que durante case 2 anos, facendo deixadez da súa obriga legal, non interveu e menos aínda executou medidas para corrixir as agresión ocasionadas na lagoa e reparar os defectos construtivos dun paseo marítimo somerxible e dunha rede de saneamento irracional.

4. Denunciamos a aberración dunha obra faraónica (a construción dunha canle artificial) claramente inadecuada para un humidal que ten cinco figuras de protección, obra que supuxo un elevadísimo despilfarro de cartos públicos e unha inxustificábel e posibelmente irreparábel artificialización deste sensible cosistema (alteracións nos hábitats prioritarios, transformación radical da xeomotfoloxía -remoción da barreira areosa e destrución do substrato rochoso-, danos nas dunas e na flora protexida.... Estas actuacións constituiron un auténtico atentado ecolóxico e ao cabo, resultaron inúteis: A natureza deixou finalmente co cú ao aire á Xunta, abrindo unha canle pola beira contraria do lugar escollido pola administración para meter os bulldozers. A maiores, as delirantes obras, pola súa improvisación e deficiente sinalización, constituiron un grave risco para a cidadanía que puido verse sorprendida pola repentina e violenta apertura da canle natural.

5. Denunciamos que a situación creada tras a apertura de hoxe volve a situarnos nas pésimas condicións tras a intervención da Xunta en 2009, sendo previsíbel a repetición dun novo e longo periodo nos que a lagoa ficará desecada e sometida á influencia oceánica directa, e alongando no tempo as distorsións sobre este himidal protexido.

Perante esta situación, ADEGA ademáis de exisir aos organismos internacionais (Oficina Ramsar e Comisión Europea) a depuración de responsabilidades pola nefasta xestión deste espazo, e de reservármonos as accións xudiciais oportunas para defender a legalidade vulnerada pola Xunta, esiximos a dimisión/cese inmediato do D. X. de Conservación da Natureza  señor García-Borregón. En vésperas do Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro), a Xunta ofrece ao mundo un pésimo exemplo de xestión e retrátase como o principal factor para a degradación destes sensibles ecosistemas.

ADEGA seguirá defendendo unha xestión racional para este espazo, que debería orientarse a eliminar todas as intervencións negativas (paseo marítimo inadecuado, presión urbanística...) As medidas de conservación, lonxe da improvisación e do desleixo amosado pola Xunta, deberían basearse en evitar calquera interferencia na súa dinámica natura, tal como indicaron destacados expertos como D. Xenaro Dalda e D. Xabier Sóñora en publicacións científicas. Isto é: coñecemento, planificación e respecto polo medio natural e as leis que o protexen fronte á improvisación, á incompetencia, e á chafallada como norma de actuación que exibú a Xunta.

Fotos de todo o proceso nesta ligazón. Autor: X. A. Muñiz-ADEGA Ferrolterra
Posicionamento da SGHN

A Sociedade Galega de Historia Natural manifesta a súa fonda preocupación sobre o deseño e execución do procedemento adoptado polas autoridades competentes para aliviar os elevados niveis de agua da lagoa da Frouxeira (Valdoviño).

Respecto ao deseño, cabe salientar que se descoñecen os posibles efectos do novo trazado do sistema de desaugue e non pode desbotarse que chegue a dificultar a entrada do mar na Frouxeira, alterando o seu funcionamento natural.

Respecto á execución, as obras en realización conlevan a remoción e desprazamento dunha grande cantidade de area con maquinaria pesada: ata 3 bulldozers e 3 retroexcavadoras traballando simultáneamente que xa alteraron o perfil da praia e moi probablemente estean a provocar unha compactación das areas con efectos pendentes de avaliar.

Pero, con diferencia, o máis preocupante é que a maquinaria pesada empregada está a profundizar máis aló do depósito de areas da praia. As fotografías obtidas por SGHN revelan con claridade meridiana que os bulldozers están a rebaixar o propio leito rochoso de xistos subxacente ás areas da praia, provocando unha afectación xeomorfolóxica seguramente irreversible.

Unha transformación xeomorfolóxica deste tipo resulta incomprensible e inaceptable se as obras son unha solución provisional de “urxencia”.

Incomprensible e inaceptable serían tamén os cualificativos aplicables para esta transformación xeomorfolóxica se as obras non son provisionais e se están a realizar carecendo aínda dos resultados do estudio científico e plan de xestión reclamado dende hai 2 anos por SGHN e que segundo a Xunta de Galicia aínda se está a realizar porque SE UNHA COUSA ESTÁ FORA DE TODA DÚBIDA É QUE A CANLE NATURAL DA FROUXEIRA NUNCA FOI POR DEBAIXO DO LEITO ROCHOSO.

Fotografía: Danos provocados pola maquinaria pesada sobre o substrato rochoso da praia da Frouxeira durante a apertura do novo trazado da canle de drenaxe (2012-01-25).

Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Adega   fotodenuncia   medio ambiente  

Dodro: o Concello ficha a unha dietista que pasará consulta os venres no polideportivo

Dodro: o Entroido consistirá nun desfile de disfraces o sábado 18 na Paxareira

Dodro_entroido






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Entroido  

Noia: construirán un novo tanatorio na Rasa de Abaixo

  • Custará facelo máis de 750.000 euros

(download)
Noia, 30 de xaneiro de 2012 (Día Escolar da Paz, cabodano da morte de Gandhi). Na reunión semanal da Xunta de Goberno Local de mañá martes, o órgano municipal concederá licenza urbanística para a construción dun novo tanatorio que irá ubicado no lugar de A Rasa de Abaixo. O novo equipamento está promovido por profesionais noieses do sector e ten un orzamento de execución de material que ascende aos 753.593,59 euros. 

Equipamento previsto

O edificio consta de tres plantas: soto, planta baixa e primeiro andar. Na planta baixa o tanatorio pretende dar uso simultáneo ás cinco salas de velorio coa súa correspondente cámara de exposición de cadáveres. No primeiro andar deseñáronse dúas salas para a celebración, tanto de actos relixiosos como civís, así como un espazo destinado a área administrativa. 

A planta soto estará dividida nunha zona de garaxe, a sala de tanatopraxia, un almacén de féretros e vestiarios para o persoal de servizo. O programa de distribución do tanatorio diferencia claramente dous percorridos ou espazos de funcionamento diferenciado: o do difunto coa súa preparación con persoal especializado, situado na planta soto e parte traseira da planta baixa e a do público en xeral que en ningún momento interrelacionan nin entran en contacto visual salvo nas cámaras de exposición. O inmoble contará con dous vestíbulos cunha superficie total de 175 metros cadrados.  

O aparcamento ocupa o resto da parcela cunha capacidade de 35 vehículos, incluíndo prazas adaptadas a minusválidos e prazas para autobuses.  

 Cabe salientar que a empresa promotora cede un total de 466 metros cadrados para adaptar as instalacións ás alineacións establecidas pola actual normativa urbanística municipal, ao tempo que está obrigada á súa urbanización.

Pode que tamén lle interese:

 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   licenzas   obras   tanatorio   urbanismo  

Dodro: o curso de pandeireta comeza o sábado 11 de febreiro

Click here to download:
Cartel.pdf (397 KB)
(download)

  • Dirixido a adultos e rapaces, terá lugar os sábados polo serán na Paxareira


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Barbanza: os concellos de Arousa Norte acordan poñer en marcha un programa cultural conxunto

  • A Mancomunidade Arousa Norte -Barbanza- está composta por Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira

(download)
Ribeira, 30 de xaneiro de 2012.- A Casa Consistorial ribeirense acolleu esta mañá a primeira das reunións programadas polos concellos da Mancomunidade Arousa Norte para desenvolver estratexias conxuntas de colaboración e coordinación en distintas áreas municipais.  

Concretamente, o grupo de traballo de hoxe incidiu no eido cultural. Con este fin, déronse cita no Consistorio situado en Santa Uxía os alcaldes de Boiro, Rianxo e Ribeira (Juan José Dieste, Adolfo Muíños e Manuel Ruiz, respectivamente), así como os técnicos municipais de Cultura correspondentes aos catro concellos que forman parte de Arousa Norte. 

A reunión foi cualificada de moi frutífera polos integrantes da mesma. No seu transcurso acordouse traballar en común cara a confección dun programa cultural comarcal conxunto. Con este obxectivo, o grupo de traballo emprazouse a unha próxima reunión na que cada Concello informará con detalle dos seus recursos materiais, técnicos e económicos de que dispón en materia de Cultura. A idea é actuar dende catro ámbitos diferenciados: museos, teatro, música e outros recursos.  

A reunión serviu tamén para que se decidise a posta en marcha dun Día da Mancomunidade de carácter rotatorio, cuxos detalles serán estudados en próximas reunións. 

Reparto do traballo

Tamén se acordou que a dirección e coordinación do grupo de traballo de Cultura corra a cargo do correspondente departamento do Concello de Ribeira. Rianxo coordinará o grupo de traballo de Deportes; A Pobra, o de coordinación de Policías Locais; e Boiro, o de Servizos Sociais.










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Arousa Norte   cultura  

Noia: o Concello busca incrementar ingresos coas novas taxas para caixeiros automáticos e antenas de telefonía

  • Entre as dúas ordenanzas estiman pasar dos 60.000 euros anuais

Media_httpfarm5static_qpivy

Noia, 30 de xaneiro de 2012. No pleno ordinario de xaneiro de 2012 aprobouse inicialmente a ordenanza fiscal (que fai a número 38 do Concello) para caixeiros automáticos con acceso desde a vía pública. As previsións de ingresos por esta taxa aos bancos serían, segundo estimacións do Concello, uns 2.500 euros.

Se desexa ler a ordenanza completa, tena  aquí en pdf

Media_httpfarm4static_gpugx

Mais a taxa pola que os noieses poden ingresar un bo pico é a que fai o número 37 e que se intitula "Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral". Iso inclúe, entre outros aparellos, as torretas de telefonía móbil que as operadoras precisan poñer para garantir a cobertura aos seus clientes. O goberno municipal asegura que se poderán ingresar 58.431 euros anuais por este concepto.

Se desexa ler a ordenanza sobre telefonía móbil, tamén a ten aquí en pdf







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   ordenanzas fiscais  

Medio Ambiente: Adega denuncia á Xunta perante a Unión Europea pola desfeita da lagoa da Frouxeira

 desfeitafrouxeira



 

 

26 de xaneiro de 2012. Adega cualifica como "brutais" as obras para o "baleirado controlado" que están sendo perpetradas pola Xunta na lagoa da Frouxeira, humidal de Importancia Internacional, LIC, ZEPA e ZEPVN, e que para esta organización ecoloxista galega "constitúen un auténtico atentado ecolóxico".

"Como é posíbel que unha administración, supostamente responsábel deste espazo, poida desentenderse durante 2 anos da súa xestión, incumprindo as súas obrigas de conservación sinaladas nun acordo unánime polo Parlamento, cando foi pola súa neglixencia que a lagoa sufíu as consecuencias? Como pode entenderse que para solucionar un problema creado pola súa incompetencia, agora a Xunta volte meter as escavadoras neste espazo protexido? Perante estes feitos, ADEGA apela ás instancias internacionais titoras do espazo, a oficina Ramsar e a Comisión Europea, para que miren pola conservación deste humidal, patrimonio natural galego, europeo e mundial, que nestes intres está sendo agredido pola Xunta", explica Adega en nota de prensa.

Perante a gravidade da situación criada no sitio Ramsar da “Lagoa e Areal de Valdoviño”, ADEGA vén de solicitar á Oficina Internacional da Convención RAMSAR:


-Que esixa aos organismos responsábeis da planificación e xestión deste humidal protexido, "Lagoa e areal de Valdovño", sitio Ramsar nº 599, o cumprimento das súas obrigas no referente á conservación e uso racional deste espazo, promocionando e executando políticas de conservación efectiva. Solicitamos tamén, que se lles esixa ás administracións responsábeis que paralicen o sangrado e baleirado reiterado da lagoa feito sen xustificación técnica e legal algunha, e que as medidas de xestión que se tomen tendan á reposición do estado de conservación favorábel, depurando as responsabilidades pola xestión irresponsábel deste humidal protexido. [En idénticos termos trasladamos tamén esta denuncia á Comisión Europea].
-Que por parte deste organismo considérense nulos a todos os efeitos as modificacións dos límites do humidal Ramsar da "Lagoa e Areal de Valdoviño" establecidas no ano 2006 polo Ministerio de Medio Ambiente (Resolución de 17 de xaneiro de 2006, da Dirección Xeral para a Biodiversidade, BOE nº 47, do 24 de febreiro de 2006), ao carecer este cambio de xustificación científico-técnica, e respostar unicamente aos intereses espurios de facilitar a urbanización de terreos que nunca deberían ser urbanizados. En consecuencia, solicitamos que se manteñan os límites do humidal establecidos na súa declaración inicial por Ramsar.
-Que por parte de Ramsar Internacional avalíese a necesidade de incluir o sitio Ramsar "Lagoa e Areal de Valdoviño" no Rexistro de Montreux. Ao noso entender, neste humedal producíronse alteracións sustanciais nas características ecolóxicas dende o intre da súa declaración até a actualidade, como fica patente nas denuncias que obran en poder da Secretaría de Ramsar. Estas alteracións están directamente relacionadas co descontrol urbanístico que sofre este humidal e os terreos limítrofes, así como coa neglixente xestión que realizou a Xunta de Galiza e que supuxo a alteración do rexime hidro-ecolóxico da lagoa.
-Que por parte deste organismo se esixa á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Medio Ambiente a posta en marcha dun plano de conservación e xestión deste humidal que garantice a súa conservación e racionalice o uso e as actividades humanas que poidan ter cabida nesta área.

Preme para ver as imaxes

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Adega   fotodenuncia   medio ambiente  

Noia: "Liberación", happening de Serafín Marcos, este domingo 29 de xaneiro

Media_httpfarm5static_gaxta

Serafín Marcos, á esquerda, no salón de plenos de Noia presentando un festival de curtametraxes

Noia, 27 de xaneiro de 2012.  Este domingo 29 de xaneiro representarase o happening "liberación" na praza do Cantón de Noia de 12 do mediodía a unha e media da tarde.
 


No festival por Paula deste mes Serafín Marcos fixo un adianto do happening "Liberación"

A obra iníciase en 2003 como representación do sacrificio na emigración forzosa de Antón Avilés de Taramancos: A renuncia ao máis querido. 
 

Desta vez representa unha acción liberadora, libérase a poesía dun xeito sonoro e físico, libérase da presión social para acadar o sentimento de liberdade. O corte de pelo de Serafín Marcos quedará como reflexo da acción desa liberación.

Cada acción neste happening remata cos versos de María Mariño:

Sinto que me acaban
Sinto que me dan forza
Son o humor da nada
Son o que se me antoxa


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Serafín Marcos   poesía  

Porto do Son: risoterapia e costura, materias para obradoiros nos que te podes inscribir ata o 10 de febreiro

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Ribeira: o Concello abre a súa web ás actividades de organizacións de todo tipo

  • Tamén informou de que abre xa a rúa Cristóbal Colón ao tráfico, logo de rematada a reforma

Ribeira_web

 

Ribeira, 27 de xaneiro de 2011.- O Concello informa de que vén de habilitar na páxina web municipal (www.riveira.com) un apartado específico destinado ás asociacións e clubs que queiran empregar este soporte para facer difusión das súas actividades. 

Todas as entidades que queiran empregar este recurso tan só teñen que enviar a información pertinente ao enderezo electrónico soporte@riveira.com. Unha vez revisada, a información será colgada na web institucional. 

Os internautas que queiran acceder a tal información teñen que pinchar nun recadro de cor vermello situado na parte lateral dereita da páxina principal. 

Apertura de Cristóbal Colón

O Concello informa de que, unha vez rematados os traballos de renovación de servizos e pavimentación da rúa Cristóbal Colón e Praza de Otero Goyanes do centro de Riveira, quedará novamente aberta ao tráfico. 

Os garaxes da zona da Amarella volverán, polo tanto, a ter o seu acceso natural desde a rúa Cristóbal Colón. 

Con este labor ponse fin ás obras de renovación de servizos e pavimentación previstas para esta vía, sen prexuízo de que na vindeira semana se sigan levando a cabo certos labores de remate nas inmediacións da igrexa parroquial de Santa Uxía.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   webs