Ciclismo: imaxes da marcha ciclista dende Santiago ata Fisterra do 1 de outubro
A marcha, con moitos Dorneiros, serviu en varios puntos para reivindicar esta festa ribeirense que cada ano suma máis seareiros
Antes, anunciamos:
Ácido Láctico é o club ciclista organizador desta marcha xunto coa Peña Saltamontes Barbanza, 14 de setembro de 2011. O Club Ciclista Ácido Láctico e Peña Saltamontes desexan invitar a todos os afeccionados ao deporte da bicicleta da zona a que se sumen á segunda edición da Marcha Santiago – Fisterra que organizan estas dúas entidades.
Esta actividade levarase a cabo o sábado 1 de Outubro, e será de dificultade media alta.
A inscrición, que se realizará por orde de chegada das solicitudes, será do 15 o 29 de setembro. Os interesados poderán anotarse en Garauto Riveira (Avenida da Coruña 85) ou no Bar Betanzos (Vilar 8, Palmeira).
O prezo da inscrición será de 20 €, e inclúe traslado e bus a Santiago de Fisterra e de Fisterra a Ribeira, así como comida en Fisterra.
O número de prazas dispoñibles son 50. Na actividade colaboran o Concello de Ribeira e un establecemento comercial relacionado co ciclismo.
