Cultura: Boiro acollerá do 2 ao 15 de setembro a exposición itinerante "Rosalía Sempre Viva. Viva Rosalía!"
Negra sombra que me asombras
Boiro, 1 de setembro de 2010. O vindeiro luns, día 6 de setembro, ás doce do mediodía na casa de cultura "Ramón Martínez López" celebrarase a inauguración da exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía! No 125 aniversario do seu pasamento”, que organiza o Concello de Boiro e a Fundación Manuel María.
Contará coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro Lorenzo, e o Secretario da Fundación, Alberte Ansede. A exposición está aberta ao público do 2 ao 15 de setembro, en horario de 8:30 a 14:30.
Nova na web da Fundación Manuel María, aquí
Antes publicamos:
A exposición percorrerá dez concellos da provincia da Coruña17/08/2010A deputada responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, Silvia Seixas, presentou onte, na sede da institución provincial, os contidos da exposición que conmemora o cento vinte e cinco falecemento da escritora Rosalía da Castro. No acto estivo acompañada polo comisario da Exposición, Diego Pardo Amado, e do representante da Fundación Manuel María, Alberte Ansede.
Segundo a deputada provincial, Silvia Seixas, “esta exposición vén conmemorar o cento vinte e cinco cabodano da morte da poeta máis intelixente, intuitiva e reflexiva do panorama literario galego”, unha verdadeira precursora en defender os dereitos das mulleres na súa época. Dende a Deputación provincial da Coruña preténdese divulgar a verdadeira dimensión expresiva da escritora compostelán, símbolo do seu tempo e tan viva nos actuais.Por outra banda o comisario da exposición, Diego Pardo, definiu a Rosalía de Castro “como un referente na literatura universal”, e esta mostra supón coñecer a unha Rosalía “visionaria do futuro do noso idioma” e “da problemática das mulleres cos malos tratos”.O representante da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, recordou que o libro de cabeceira de Manuel María era Follas Novas, e que no seu leito de morte “na súa consciencia para morrer como outros piden a biblia o escritor pediu que lle trouxeran o poemario”.A exposición fai un percorrido polas diferentes vertentes da vida e obra da literata e así nos mostra a unha Rosalía culta, revolucionaria, feminista, universal e que foi fundadora da literatura galega contemporánea.A mostra está conformada por vinte paneis compostos de elementos gráficos e textos que repasan os aspectos máis relevantes da vida e obra de Rosalía de Castro realizada cunha grande seriedade e rigor, que está acompañada de recursos audiovisuais que permite que o público interactúe cos seus distintos elementos. Igualmente será visitada por grupos de escolares unha vez que comece o curso académico para o que foi realizada unha guía didáctica.Arteixo será o primeiro dos concellos onde se mostre a exposición itinerante que despois será levada a Boiro, Fisterra, Melide, Padrón, Carballo, As Pontes, Ferrol, Santiago e A Coruña a onde chegará na segunda quincena de decembro.
via dicoruna.es

