Educación: cambios nos colexios de Barbanza e Noia por concertos educativos ou eliminación de unidades
Barbanza-Noia, 24 de agosto de 2010. De pedra. Como as estatuas. Así se quedarán algúns pais e mestres ao recibir a nova de que se eliminan os colexios onde traballaban ou as aulas máis cercanas ao lugar onde vivían e ían tomar clase os seus nenos. Especialmente en Cespón, onde semella, segundo o criterio da Consellería de Educación, que se quedan sen rapaces en idade escolar.
Toda a información está no Diario Oficial de Galicia de onte, descargable en pdf aquí. Como afecta principalmente a Boiro o dos centros eliminados, comezamos con este concello. Nos outros hai diversos cambios. Se non sae o centro escolar que lle afecta a vostede, é que segue como estaba o curso pasado.
Cespón quédase sen todas estas unidades
A Pobra
Cambios noutros centros de Boiro
Cra de Dodro
Lousame
Noia
Porto do Son, Rianxo e Ribeira
No que atinxe a Concertos educativos, a Xunta de Galicia decidiu reducir unha unidade de Educación Primaria no "Jaime Balmes" de Noia, incrementar en Educación Especial unha unidade de plurideficientes en "Amicos", de Ribeira e meter unha unidade de xestión administrativa e outra de comercio no "María Assumpta" de Noia e unha de xestión administrativa no "Divino Maestro" de A Pobra.




