Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Internet: pechan dous referentes da Rede en galego

Media_httpfarm5static_atsit

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza! a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.

O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://vieiros.com

Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran. Simplemente doen.

Poderiamos dicir todas as horas que pasamos de risas e sorpresas no Chuza!, onde moitos comentarios non tiñan prezo. Pero non estamos para festas.

Poderiamos falar dos concursos de Vieiros, dende os eróticos ata outros ben chorras, ou da súa xenial escolma de blogs -a de tempiño que nos aforraban para ir á chicha do blogomillo- mais non temos bo corpo.

Podiamos falar dos motivos destes peches, pero para iso xa haberá analistas e comentaristas (como Walter). Nós, simplemente, sentímolo. :(

Máis información para os interesados, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (1)

Jul 25, 2010
Xabier said...
A ver...entonces se pechan porque as cousas van mal, por que carallo abriron?, no sabian que iban a ir mal?, que as cousas nunca van a mellor e menos nesto da Internet?, que pesados. Se alguen mais quere abrir que o faga, pero que non peche por favor!!!!!

Deixa o teu comentario...