Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia - http://certo.es
« Back to blog

Noia: Máis de 800 participantes no programa "Parroquias Creativas" durante 2009, dos cales o 90% foron mulleres

Noia, 4 de febreiro de 2010. Rosana Mariño, concelleira de Relación Veciñais e Participación Cidadán de Noia, anunciou que no programa denominado "Parroquias creativas" que se desenvolveu durante 2009 participaron máis de 800 persoas.

"Dende a Concellaría de Participación Cidadá, trala chegada ao goberno en Xuño de 2007, plantexouse un obxetivo: A creación dun programa estable de cursos que forme, distraia e achegue a un grande número de vecinos e veciñas ás actividades cun baixo custe para o usuario. Baixo o nome de “Parroquias creativas” desde 2007 veñen desenvolvendose cursos en todas a parroquias e centros cívicos da vila, tentando achegar as actividades municipais a todo o concello, para que a distancia non sexa un impedimento para disfrutar do lecer, o ocio e a formación. Durante o ano 2009 máis de 800 noieses participaron nos distintos cursos do programa, con máis de 50 actividades entre as que se atopan: Bailoterapia, patchwork, manualidades, cociña, bordado, pandeireta, bolillo, arte floral, xinmasia de mantemento, veciñarte, danza moderna, danza galega, repostería infantil, informática, etc. Este programa ten especial incidencia no colectivo feminino, xa que supoñen máis do 90% dos usuarios", explicou.

 

Para este ano 2010 preténdese aumentar o número de cursos, pola gran resposta que está tendo polos veciños, e polo beneficio social que, segundo Rosana Mariño, "supón dar un ocio alternativo para a cidadanía, e polo que significa achegar as actividades municipais a todo o territorio da vila, aínda que ten un custe elevado para o concello, xa que o orzamento do programa chega aos 60.000 euros, do que unha parte está cofinanciado pola Deputación Provincial de A Coruña".

A concelleira de Participación Cidadá considera que a resposta está sendo tan positiva que a enorme demanda existente fai que, por desgraza, moitos veciños non poidan ser atendidos, e lamenta que moita xente quede en lista de espera, xa que vai por orde de inscrición, e son varios centos de persoas ás que non se pode dar servizo. Entre os obxectivos para este ano 2010 é poñer en marcha, xunto coa concellaría de Cultura, un programa de extensión cultural para a terceira idade, para que todas aquelas persoas maiores das parroquias que nunca acudiron ao teatro teñan oportunidade de asistir a unha escenificación no Teatro Coliseo Noela.

A información destos cursos está a disposición de todos e todas no Concello de Noia, onde poderán informarse de horarios, prezos e prazas dispoñibles para cada actividade.

 

Actividades que se estaban a realizar en 2009:

(download)

Loading mentions Retweet

Comments (0)

Leave a comment...

 
Got an account with one of these? Login here, or just enter your comment below.
Posterous-login    Connect    twitter