Noia: arriban 200 naves que proceden de Darmouth, Inglaterra, logo dunha treboada. Tal día coma hoxe, 1147
Cripta do Apóstol na catedral de Santiago de Compostela
Noia, 8 de xuño de 1147.- Boa parte dos alistados na Cruzada predicada por San Bernardo, que preferiron facer por mar a viaxe a Terra Santa, por mor dunha recia tormenta puxo en dispersión ás duascentas naves nas que viñan embarcados, as que, despois de varios lances, puideron reunirse e arranxarse na ría de Noia. Formaban, entre eles, xentes da Baixa Alemaña, de Flandes, de Inglaterra e aínda de Aquitania, e se fixeran á vela no porto inglés de Darmouth. Despois de arranxadas as naves, foron os seus tripulantes a axeonllarse ante o Sepulcro do Apóstolo en Compostela, dando as grazas ao Señor por libralos da morte. Celebrábase a Pascua de Pentecostés.
Extraído do libro "Efemérides noiesas", de Manuel Hermida Iglesias e Xosé Agrelo Hermo (Ed. Toxosoutos, 2008)Quen era San Bernardo? Mire aquí A Segunda Cruzada saíra en maio de Inglaterra para ir a Porto (Portugal). O de Noia foi un incidente. Vexa a historia da Segunda Cruzada aquíPorto de Darmouth na actualidade
Outra curiosidade histórica:
Competencia entre santos: cadea e multas nas procesións de San Marcos e San Bartolomeu
Relacionadas:

Porto de Compostela: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta
Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento

