Noia: Barbantia presenta o Anuario de Estudos do Barbanza 2011 e entrega os seus premios o sábado 26 de novembro
Barbantia entregará tamén os seus premios "Sereos" en varias categorías
Noia, 11 de novembro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia vén de anunciar que, co gallo da saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza, convida a todo o mundo a un acto que terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia, e no que estarán presentes o coordinador do anuario, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Javier Rodríguez; e mais o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.
Ao remate da presentación do volume, que recolle as actas da VI Semana da Historia (”Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo”), entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2011. Os "sereos" de bronce serán xa este ano figuras de Sargadelos.
Premiados
Na Traxectoria Cultural no Barbanza, a galardoada é a pintora Paola García Paz; a Iniciativa Cultural no Barbanza é para a publicación do IES Virxe do Mar de Noia, Casa da Gramática; e a distinción á Cultura Galega vai para a poeta Eva Veiga.
Pode que tamén lle interese:

25N contra a violencia de xénero: actividades previstas este venres

Liceo: este sábado 26, I Xornadas Micolóxicas

Semana da Música: programa do 22 de novembro ao 27

Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro
