Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Noia: vinte noieses participan nunha peregrinación a Santiago de Compostela ata o 12 de outubro

Media_httpfarm5static_hhaad

A misa do Peregrino o 12 de outubro ás 12 será o último acto desta peregrinaxe

Noia, 8 de outubro de 2010. Vinte noieses participan na peregrinación a Santiago de Compostela que organizou a Concellaría de Relacións Veciñais co gallo deste Ano Santo Xacobeo. Ofrecémoslles imaxes das primeiras etapas.

 

O venres 8 de outubro os que quixeron acompañalos saíron ás nove da mañá para chegar a Sarria e xantar. Como se observa nas imaxes, a peregrinación está a supoñer moito tempo de convivencia, na que os camiñantes partillan dende a elaboración das comidas ata sobremesas botando uns naipes, ademais da lóxica camiñata diaria. 

O vindeiro martes día 12 de outubro tamén haberá posibilidade, e ademais de balde, de acompañar aos peregrinos en ruta. Sairá o autobús de Noia ás dez da mañá dende a Alameda para chegar á Praza do Obradoiro de Compostela e recibir a estes peregrinos. Irán todos xuntos á misa do Peregrino das doce, entrarán pola Porta Santa para gañar o Xubileo e tamén lle darán o seu correspondente abrazo á efixie do Apóstol Santiago. Logo regresarase a Noia en bus.

Antes publicamos:

Media_httpfarm5static_piwcj

Noia, 20 de setembro de 2010. A Concellaría de Relacións Veciñais e Participación Cidadá informa de que está a organizar unha peregrinación a Santiago de Compostela co gallo do ano Santo. O punto de partida será Sarria e en total faranse 115 quilómetros en  5 etapas do 8 ao 12 de Outubro (Ponte do Pilar).

1º Etapa Sarria-----------------Portomarín

2º Etapa Portomarín----------- Palas de Rei

3º Etapa Palas de Rei ----------Arzúa

4º Etapa Arzúa------------------- O Pedrouzo

5º Etapa Pedrouzo---------------- Santiago.

A organización pretende levar un grupo mínimo de 20 persoas a esta peregrinación. Irán acompañados dun vehículo de apoio que transportará o botiquín, as mochilas pesadas e o avituallamento para as paradas estipuladas nas rutas diarias.

Estimase un custe total de 125 euros por persoa, que inclúe todos os almorzos, comidas e ceas que se fagan durante as rutas, o prezo dos albergues para durmir, o avituallamento a base de froita, auga e aquarius e a credencial de cada peregrino para ir sellando nas zonas indicadas. O prezo pode variar segundo sexa a  ocupación dos albergues públicos; se non houbese sitio neles, durmiríase en albergue privado o que podería encarecer un pouco o prezo final.

Media_httpfarm4static_lnbri

Saen camiñatas de entrenamento dende o Concello dende o martes 21

A partires deste martes día 21 de Setembro faranse camiñatas para practicar antes de realizar as rutas do camino de Santiago.  O punto de encontro será diante do Concello de Noia e o horario  irá de luns a venres ás seis da tarde e o sábado, pola mañá, ás dez.

Os interesados poden solicitar máis información e a ficha de inscrición no Concello de Noia (981842100) ou falando con Rosa Ana Mariño González, concelleira de Relacións Veciñais.

O 1 de Outubro será reunión no Salón de plenos ás doce do mediodía para todos aqueles apuntados para realizar a peregrinación ou ir de acompañantes. Alí  falarase das normas e recomendacións para a realización das rutas.

A esta iniciativa sumanse as tres asociación de empresarios da vila co lema Noia Porto de Compostela. A saída de Noia farase en autobús, ás nove da mañá na Alameda. As persoas que desexen acompañar aos peregrinos ata Sarria poderán facelo no mesmo autobús.

Podería estar relacionada:

Betanzos porto xacobeo
Portus Apostoli: a Xunta segue a ignorar Noia como tal



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (0)

Deixa o teu comentario...