Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Noia: terá a Feira Medieval de 2011 máis elementos identitarios da vila, ou seguirá de franquicia?

Media_httpfarm5static_ajjgy

Imaxen da edición deste ano. A nosa galería flickr sobre a feira está aquí

Noia, 20 de xullo de 2010. Rematou unha nova edición da Feira Medieval de Noia. Foron tres días nos que non pararon as actuacións, houbo os postos do mercado medieval acostumados -cun lixeiro incremento- e noieses e visitantes ateigaron as rúas disfrazados ao xeito medieval ou de paisanos do século XXI que pasaban por alí. Mais na Rede hai varias voces que se pronuncian, un ano máis, sobre a "estandarización" deste tipo de feiras, que traducido ao román paladino poderiamos dicir que "vista unha, vistas todas". Ou o que é o mesmo: o que vemos en Noia logo podémolo ver en Padrón, Pontedeume ou Betanzos.

Media_httpfarm3static_xlixe

Noia? Non, Lugo

O flickeiro Isidro Cea sinala nunha das súas imaxes da Feira:
"Pero a ver cuando en Galicia nos montamos una feira medieval galega y no una organizada por una empresa castellana. Que Noia, o Betanzos, o Compostela, o Ribadavia, o las 30 poblaciones de Galicia con feira medieval no tienen la misma idiosincrasia que Arévalo, Villanueva de los Infantes o Cuernavaca. Y no es por menospreciar, sino por darle a cada lugar su propia particularidad".

Media_httpfarm3static_mvyxb

Pode que haxa que centrarse máis no asunto "Portus Apostoli" e refacer un hospital de peregrinos

Un comentario similar fíxoo tamén o mesmo alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, no seu facebook ao valorar esta edición da feira (que xa é a XIII):

"Obxectivos cumpridos. Moita asistencia de xente, moito consumo e incidentes mínimos. Pero non se pode caer na autocomplacencia: priorizamos a asistencia e o consumo e acadouse pero calidade bastante baixa, postos pouco axeitados, detalles descoidados, erros pequenos que pasan desapercibidos pero que hai que evitar en próximas edicións. Debemos introducir máis elementos identitarios da vila e da súa historia".

Media_httpfarm4static_vgbaa

Deixar sen cobertura a algúns cabaleiros tamén podería ser unha idea. De movistar a medievostar, ou déixeo estar

No fío de comentarios que se iniciaron, Mariló Vélez retruca concordando con argumentos:
"Imaxino que encargaredes a empresas especializadas. A min encántame a feira, pero non é bo que se desvirtúe tanto. Na primeira ou segunda feira, cando me tocou ir de palilleira, a cousa era tan estricta que non se nos deixou levar alfinetes con cabeza de plástico, e tivemos que achantar cos de ferro, que doen os dedos que non vexas. Onte vin postos con Bob Esponja e Hello Kitty. Cando decidín facer un tour fotográfico de aberracións, sáeme unha tipa dun posto de manualidades con fimo (material medieval onde os haxa) a dicirme que non lle sacara fotos. Non sei se pensaba que lle ía copiar os deseños ou que, pero bueno. A metade dos postos eran totalmente anacrónicos: patacas, chocolate, feltro, en fin. Xa sabes a que me refiro. Creo que hai que dar un xiro a isto".

Media_httpfarm5static_isgfv

Se o asunto se pon moi estricto, o balandro Vieta non podería participar na Feira medieval (é de 1916)

O alcalde replica:
"Comparto a túa opinión totalmente Mariló. Pero o obxectivo nesta edición era claro: o consumo e a asistencia. Houbo uns poucos detalles interesantes na actuación da xente do IES Virxe do Mar e o desembarco: o resto, o de sempre".

E engade:

"Pero reconducilo é bastante doado: encargar algunha recreación histórica a grupos de teatro de Noia, introducir música de grupos locais, mellorar o desembarco, e contratar máis obradoiros de artesanos. Clasificar a rúas por temas: comida, artesanía, xogos, e coidar máis os detalles... Non é algo insalvable, non así o Paris-Dakar, que me parece máis complexo a pesar das tentantivas feitas".

Media_httpfarm4static_udhuy

O pasado medieval de Noia deixou moitas pegadas. Pero a maioría non están aproveitadas ou mesmo a algúns moléstanlle (cada vez que aflora a muralla medieval a algún empresario vaille mal).


Media_httpfarm3static_jafcc

Ata 1588 os italianos non comezaron en Europa a experimentar coa pataca

Ideas para reconducir a Feira medieval hainas. Propósitos, veremos. Talento para facelo en Noia non escasea. Mais para o ano: quen e como fará a Feira Medieval? As eleccións de maio de 2011 nolo respostarán.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (0)

Deixa o teu comentario...