Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Rianxo: o Consello da Cultura Galega presentou o I Roteiro sobre Castelao en Barbanza e Pontevedra

Media_httpfarm5static_qwhcg

Máscara de "Os vellos non deben de namorarse" feita por Castelao e depositada en Vigo, no museo Paco del Riego

O Barbanza foi a terra natal de polifacético artista e político Daniel A. Rodríguez Castelao. A través da nosa aplicación Roteiros da Cultura Galega, queremos propoñervos unha viaxe ata o norte da Ría de Arousa para coñecer a formación vital de Castelao.

Rianxo, berce do escritor, preserva os lugares que manteñen viva a memoria biográfica do escritor. Paseando polas súas rúas, poderemos mergullarnos no universo familiar, pero tamén cultural e simbólico que enche as obras de ficción do escritor e político. O noso itinerario permite comprender as referencias gráficas, visuais, humanas e mesmo lingüísticas que enchen libros como Cousas ou Retrincos, a través dos concellos arousáns de Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal. Temos lugares da memoria do autor, pero tamén pazos, romarías, cruceiros, escolas, castros, embarcadoiros...

A páxina deste novo roteiro pódese ver aquí

O roteiro por Pontevedra, co mesmo autor, xa está aquí

Relacionada:

Carta aberta a Castelao, por Blanco Gey

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (0)

Deixa o teu comentario...