Ribeira: a IX Andaina popular "Concello de Riveira" terá lugar o sábado 3 de setembro
Ribeira, 26 de agosto de 2011. Na Sala de Xuntas do Concello presentouse esta mañá a “IX Andaina Popular Concello de Riveira”, coa presenza do concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, e Ramón Sampedro, representante da sección de sendeirismo da Asociación as Miñoteiras.
O día 3 de setembro de 2011 a IX Andaina Popular “Concello de Riveira” volverá atraer a ribeirenses e visitantes conseguindo este enorme éxito de participación.
Esta andaina organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, coa colaboración do Concello de Ribeira, Protección Civil e a Asociación Arrecó, é outro exemplo da forza que o deporte na natureza ten en Ribeira.
Os lugares polos que pasarán os participantes son: o Parque Periurbano de San Roque, a Lagoa de Vixán, o Parque Natural, a Lagoa do Carregal, o Monte Tahume, o Dolmen de Axeitos, o Miradoiro da Curota, o Miradoiro Valle-Inclán e a praia de Coroso.
A saída realizarase o sábado, 3 de setembro, desde o Polideportivo Santa Uxía, na praia de Coroso, ás 9:00 horas e poderase participar nun percorrido de 50 km ou de 36 km, e por suposto haberá asistencia continuada e coche de recollida (coche vasoira). Pode que tamén lle interese: 
II Festival Solidario "Bailando entre os toxos": o 27 de agosto



