Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Ribeira: adxudicadas obras para humanizar zonas históricas de parroquias

  • Trátase de Aguiño, Castiñeiras e Corrubedo
Media_httpfarm4static_fesch

Aguiño

Ribeira, 1 de decembro de 2011. O Concello adxudicou esta semana tres importantes actuacións dirixidas á humanización e recuperación dos núcleos  históricos das parroquias de Aguiño, Castiñeiras e Corrubedo. Concretamente, as obras que se van afrontar son a pavimentación e renovación de servizos na praza da Igrexa de Aguiño e rúa adxacente; pavimentación e renovación de servizos na rúa do Alto do Rial e na rúa do Alto da Fonte (ambas situadas na parroquia de Castiñeiras); e pavimentación, saneamento e renovación de pluviais nas rúas do Torreiro, Bandiarrego, Fonte Nova e transversal a Fonte Nova en Corrubedo. 

Todas estas actuacións están enmarcadas no Plan Provincial de Obras e Servizos 2011 da Deputación de A Coruña, cuxo orzamento ascende a 573.834,34 euros. O montante resultante das tres accións, que se incardinan no POS principal, é de 387.068,32 euros, e dado que se acadou unha rebaixa substancial de practicamente 186.000 euros no proceso de licitación, o Executivo conta cun amplo marxe de manobra para o POS complementario. 

Aguiño

No que respecta á  actuación localizada en Aguiño, a praza da Igrexa presenta actualmente un pavimento de formigón e no caso da rúa adxacente, presenta pavimento asfáltico na calzada e pavimento de formigón nas beirarrúas, bastante deterioradas polo paso do tempo.  

Coa actuación preténdese mellorar o aspecto e humanizar a zona en cuestión, proporcionando un acabado de pedra acorde co entorno. Para alcanzar este obxectivo, pavimentarase con lousas de granito abuxardado e adoquín de granito a zona de actuación, ademais de substituír as tubaxes de saneamento de auga existente por outras de polietileno de alta densidade, instalar un novo colector para fecais de PVC e dispoñer un colector de PVC de pluviais. Tamén se cambiará toda a rede aérea de alumeado público por canalización soterrada a fin de lograr un menor impacto visual. 

O orzamento final da actuación é de 114.052,90 euros e o prazo de execución é de 3 meses. Realizaraa Nemesio Ordóñez, S.A. 

Castiñeiras

En canto á acción prevista en Castiñeiras, cabe salientar que o núcleo urbano desta parroquia está formado por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable. A actuación céntrase en dúas destas rúas: Alto do Rial e Alto da Fonte, bastante estreitas e cun pavimento de formigón deteriorado. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non existe rede separativa de alcantarillado. 

Así e logo, as obras que se van realizar pretenden continuar coa recuperación do centro histórico da parroquia e a renovación dos servizos existentes. Deste xeito, pavimentaranse as dúas vías con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito abuxardado. Substituiranse as tubaxes de abastecemento de auga existentes por outras de polietileno de alta densidade, colocaranse colectores de PVC liso para os residuos fecais e colectores de PVC corrugado para as augas pluviais. Tamén se cambiará a rede aérea de alumeado público por canalización soterrada. 

O orzamento é de 151.976,90 euros e o prazo de execución é de 4 meses. Serinfra S.A. será a encargada de acometer a obra. 

Corrubedo

No relativo a Corrubedo, as rúas do Torreiro, Bandiarrego, Fonte Nova e transversal a Fonte Boca son vías que posúen numerosas vivendas nas súas marxes e rexistran unha grande afluencia de peóns para acceder ás praias da zona. O firme das rúas está formado por pavimento de formigón, bastante deteriorado nalgúns puntos. Non existe rede separativa, descorrendo as augas fecais e pluviais por un único colector.  

Co fin de adecuar e humanizar a zona de actuación, vaise demoler o pavimento existente e colocar lousas de granito combinadas con adoquíns de granito abuxardado. Ademais, disporanse colectores de PVC compacto para residuos fecais e colectores de PVC corrugado para augas pluviais.

O orzamento desta actuación ascende a 121.038,90 euros e o prazo de execución é de 4 meses. Faraa a empresa Nemesio Ordóñez.

Antes, en Certo:
Medio millón de euros para humanizar parroquias
 

Media_httpfarm4static_efhax

Corrubedo

Ribeira, 25 de novembro de 2011.- O Concello asegurou hoxe que vai seguir apostando pola realización de actuacións que redunden na humanización das parroquias a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (comunmente coñecido como POS), que será sometido á aprobación da Corporación no pleno do vindeiro luns. 

O POS 2012 ascende a un total de 481.218,50, dos cales 447.134,47 euros son aportados pola Deputación Provincial da Coruña e 34.084,03 euros polo Concello. No denominado POS principal inclúense as seguintes obras: pavimentación e renovación de servizos na rúa Vionta de Aguiño e renovación de servizos e pavimentación de camiños no lugar de Outeiro, en Carreira . Por outra parte, o POS complementario prevé actuacións nas parroquias de Castiñeiras (pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal) e Corrubedo (pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova). 

Aguiño

No que respecta á  actuación localizada en Aguiño, a rúa Vionta é unha das vías máis céntricas da parroquia. A día de hoxe, a súa calzada está feita en aglomerado asfáltico e conta con dous carrís, aínda que un adoita estar ocupado por vehículos estacionados en liña. Non existe beirarrúa en toda a lonxitude da vía, apreciándose unicamente algún tramo curto con formigón e baldosa hidráulica nos seus extremos e no resto só un bordillo de formigón que delimita un espazo para o tránsito peonil de ancho moi reducido e sen pavimentar. 

O obxectivo fundamental do proxecto é a reordenación da rúa Vionta que xeito que os peóns poidan transitar por ela de forma cómoda e segura, sen que teñan que circular pola calzada conxuntamente cos vehículos. Ademais, se pretende establecer unha banda diferenciada para aparcamentos en liña, co que a circulación será máis fluída. 

Por todo isto, vaise implantar un único sentido de circulación, dispoñendo un carril de circulación de 3,75 metros de anchura mínima e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros. Por cada marxe da rúa e ao longo da mesma, disporase unha beirrarrúa. 

En canto á renovación  do saneamento, no apartado de abastecemento eliminarase a tubaxe existente de fibrocemento que será suplantada por dous liñas de auga potable (unha debaixo de cada beirarrúa) formadas por tubaxes de polietileno de alta densidade. Instalarase unha nova liña de saneamento formada por 284 metros de colector de PVC liso e 6 metros de tubaxe de fundición dúctil. E disporase unha rede de pluviais formada por colectores de PVC corrugado de 295 metros de lonxitude. 

Ademais, substituirase toda a rede aérea de alumeado por canalización soterrada para lograr un menor impacto visual e cada 25 metros se situará un punto de luz. Tamén de colocarán alcorques e bancos de madeira tratada. 

O orzamento da obra ascende a 240.290,57 euros e o prazo de execución son 5 meses. 

Carreira

Polo que respecta á  actuación programada para Carreira, o lugar de Outeiro está formado por un conxunto de camiños de trazado irregular, cun pavimento feito de formigón no que se observan danos importantes. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non hai separación de fecais e pluviais. 

Así e logo, no apartado de abastecemento de auga, a tubaxe existente será remplazada por outra de polietileno de alta densidade. Ademais, disporase un colector de PVC liso para saneamento de fecais e outro de PVC corrugado para pluviais. As luminarias existentes serán substituídas por outras novas den lámpadas de 150 watios. 

A zona será pavimentada cunha capa de formigón na que se disporá transversalmente cada certa distancia unha banda de adoquín de granito. 

O custo da actuación  é de 143.802 euros e o prazo de execución de 3 meses. 

POS complementario

A pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal (ambas situadas no núcleo urbano de Castiñeiras) prevista no POS complementario  ten un orzamento de 161.342,24 euros e un prazo de execución de catro meses. Remplazarase a tubaxe de fibrocemento existente por outra de polietileno e disporase un colector de PVC liso para fecais e varios de PVC corrugado para pluviais. As vías serán pavimentadas con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito para harmonizar co entorno. 

No que atinxe á  pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova (situadas nas inmediacións da zona portuaria), o orzamento é de 118.036,14 euros e o prazo de tres meses. Para saneamentos fecais disporanse colectores de PVC compacto e para pluviais, de PVC corrugado. Pavimentarase con lousas e adoquíns de granito de forma harmónica coas vías colindantes.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (0)

Deixa o teu comentario...