Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Ribeira: o alcalde publica a súa nómina na web para evitar faladurías

(download)
Ribeira, 23 de outubro de 2011. "Moitas veces unha imaxe (ou dúas) vale máis que mil palabras. Así que en aras á transparencia e co obxecto de clarificar certas dúbidas sobre o que percibe este Alcalde e cal é a súa remuneración como Deputado Provincial, acompañan a este texto as nóminas correspondentes ao mes de setembro nun e noutro concepto.

Por propia vontade, Manuel Ruiz decidiu unha rebaixa do 6% no soldo anual do Alcalde e dos membros do Goberno con dedicación exclusiva. E cómpre dicir tamén que as cantidades percibidas nos dous cargos que Ruiz Rivas ocupa na actualidade suman unha cantidade sensiblemente inferior á que recibía como Voceiro Popular no Parlamento de Galicia: un posto ao que expresamente renunciou coa ilusión de traballar por Riveira". Así se explicou o pasado xoves, 20 de outubro, o alcalde de Ribeira na súa web ,http://www.manoloruiz.org.

Con estas explicacións, o alcalde sae ao paso das acusacións do Bng sobre que tiña maiores ingresos, que publicou o grupo nacionalista no seu blog.

Antes, en Certo:

Ribeira: onde estivo e que fixo e cos cartos de quen o alcalde? inquire o Bng

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (2)

Oct 25, 2011
Xosé Luís Groveiro said...
O Sr Ruíz, na Deputación pertence á Comisións de Cultura, á de Economía, á de Turismo e á de Benestar social. Tamén pertence á Xunta de Goberno e, claro, ao Pleno. Os ingresos mensuais son 370€ por cada comisión, 2 Comisións de Goberno (tamén a 370€) e o Pleno (591€) Todas estas xuntanzas fan un total mensual de 2.811,00€. Isto son datos e cifras da propia Deputación (ao que hai que engadir gastos de desprazamento). Polo que se observa na "nómina" non asistiu máis que a dúas comisións de Goberno...pero entón non sei que será peor xa que se foi elixido deputado polo seu grupo será para cumprir coa súa función, non? Por outra parte esta actuación axuda a entender que as Deputacións son máis que prescindibles pois sendo membro de 4 Comisións, mesmo presidindo a de Economía e Facenda, a institución non se "resinte" se o Sr Ruíz non asiste.
Oct 25, 2011
E logo, non esta tamén en Portos de Galicia?. Canto cobra por iso ?

Deixa o teu comentario...