Ribeira: Ruiz Rivas obtén da xerente do Sergas o compromiso de darlle diálise a todos os pacientes no Hospital
Así mesmo, confirmoulle que a partir de maio, as análises para subministrar o Sintrom faranse por métodos dixitais. O candidato do PP á Alcaldía e portavoz do Grupo Popular no Parlamento mantivo recentemente unha xuntanza cos responsables de Sanidade, aos que lles expuso as principais carencias do Hospital comarcal, que empezan xa a ter resposta.
http://farm5.static.flickr.com/4013/4372776237_7ac4c5e7de.jpg
Ribeira, 16 de marzo de 2011.- A xerente do SERGAS ven de confirmarlle ao candidato do PP á Alcaldía de Ribeira e portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Manuel Ruíz Rivas, o compromiso de asistir a todos os pacientes de diálese no Hospital do Barbanza, co que evitarán ter que seguir desprazándose ata Santiago.
Así mesmo, Ruíz Rivas recibiu tamén a confirmación de que a partir de maio, as análises para subministrar o Sintrom faranse por métodos dixitais.
O candidato do PP á Alcaldía e portavoz do Grupo Popular no Parlamento mantivo recentemente unha xuntanza cos responsables de Sanidade, aos que lles expuso as principais carencias do Hospital comarcal, que empezan xa a ter resposta.
Ademais da xerente do Sergas, na xuntanza estivo tamén presente o director do Hospital da Barbanza e nela se abordou tamén a dotación de celadores no Hospital e a reactivación da instalación da Unidade de Saúde Mental, paralizada despois de que o Bipartito adxudicara a súa construcción nuns terreos dos que non tiña a propiedade, o que provocou a adxudicación e paralizou o proxecto.
Sintrom nos centros de saúde
Os responsables do Sergas comunicáronlle a Ruíz Rivas que está previsto que o servizo de tratamento de Sintrom, que xa se ofrece en Porto do Son, se vaia ampliando a toda a área sanitaria despois de Ribeira, e que, unha vez formado o persoal, se preste nos centros de saúde. En canto á diálese, Sanidade está a estudar a súa prestación no futuro como servizo a domicilio.
En canto á dotación de celadores e á Unidade de Saúde Mental e o aparcadoiro do Hospital, os directivos da Consellería comprometéronse a estudiar solucións, que será abordadas nunha futura xuntanza.
Antes publicamos:
O PP insta á Consellería de Sanidade a que dote ao hospital comarcal de capacidade para diálise
Ribeira, 25 de febreiro de 2011. O PP de Ribeira presentou unha moción para que Sanidade avalíe a posibilidade de dotar ao Hospital da Barbanza de aparatos de diálise para que os pacientes afectados por doenzas do riñón non teñan que desprazarse ata Santiago como están obrigados na actualidade.
Moción íntegra:María Herminia Pouso Maneiro, Voceira do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción interesando que o Hospital da Barbanza preste o servizo de diálise a todos os usuarios do municipio.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Un número importante de veciños e veciñas de Ribeira que deben someterse a un proceso de diálise vense obrigados a desprazarse ata Santiago de Compostela para recibir este servizo, ao non dispoñer a día de hoxe o Hospital da Barbanza de recursos suficientes para prestar atención á totalidade dos pacientes da comarca que precisan que se lles realice este tratamento.
Ao feito de ter que desprazarse periodicamente máis de 60 quilómetros para recibir atención, súmase a inconveniencia de que os vehículos habilitados polo Sergas para trasladar aos pacientes van parando nos diversos puntos da comarca de onde proceden os usuarios, o que supón unha incomodidade engadida, especialmente no retorno
Consciente disto, o Partido Popular de Ribeira quere solicitar á Consellería de Sanidade que realice os estudos e tome as medidas que estime oportunas para a ampliación do servizo de diálise do Hospital da Barbanza, de tal xeito que este centro sanitario preste atención a todas as persoas que así o precisen tanto en Ribeira como no resto da bisbarra, entendendo que isto redundaría positivamente na calidade de vida dos pacientes.
Así e logo, o Grupo Municipal Popular somete a aprobación do Pleno a seguinte MOCIÓN:
1.- Solicitar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que faga os estudos e adopte as medidas oportunas para que todos os veciños de Ribeira e da comarca que deban someterse a un proceso de diálise poidan facelo no Hospital da Barbanza.
Relacionadas:

Política: o PP presenta moción por deslindes en Areeiros e Palmeira

Sanidade: paralización e máis listas de espera no Hospital

Sanidade: o Hospital da Barbanza, cuarto posto no peoriño

