Preme para voltar á portada
« Voltar ó Posterous de Certo
« Voltar á portada de Certo.gl

Ribeira: rematou o Verán Cultural coa entrega de premios e diplomas

(download)

Ribeira, 27 de agosto de 2010. Tivo lugar este venres 27 o Festival Fin de Verán Cultural 2010, organizado pola Concellería de Cultura e Festexos que dirixe Luciano Fernández Martínez. Ao rematar houbo a entrega de premios aos 200 participantes nos obradoiros de XOGA CON NÓS EN RIVEIRA, VERÁN RECHINÁN EN PALMEIRA, INFANTIMÚSICA E DEBUXO, CARICATURA E COMIC CELEBRADOS TAMÉN EN RIVEIRA DURANTE XULLO E AGOSTO PARA NENOS/AS DE 3 A 16 ANOS.


O auditorio estivo abarrotado de público, unhas 300 persoas, na súa maioría nais/pais e familiares dos nenos/as participantes presenzaron o festival. Tamén se fixo unha pequena exposición de traballos dos alumnos do obradoiro de debuxo, caricatura e comic que estivo na sala baixa do auditorio durante o acto. Os distintos grupos representaron cancións tradicionais galegas coma O GALO, POUSA E POUSA, A SAIA DA CAROLINA, O TREN etc, vestidos para a ocasión con traxes realizados por eles/as con materiais de reciclaxe.

Ademais, participaron os 20 monitores/as que participaron nos obradoiros, ademais do coordinador da programación do Verán Cultural (no que participaron un milleiro de nenos/as ao longo das actividades de xullo e agosto), Unai González Suárez que tivo que facer a entrega de diplomas pola ausencia, por motivos laborais, de Luciano Fernández Martínez.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Comentarios (0)

Deixa o teu comentario...