Preme para voltar á portada
Filed under

Ámbar

 

Ribeira: Ámbar acada o certificado de calidade ISO 9001 para o seu centro de día

Media_httpfarm8static_hedmy

Unha das numerosas actividades que organiza Ámbar

Ribeira, 10 de abril de 2012. A asociación AMBAR vén de ampliar o alcance da certificación de calidade ISO 9001 ao Centro de Día do que a entidade dispón en Ribeira. Deste xeito, actualmente tanto o Centro Ocupacional como o Centro de Día contan con esta acreditación, que mostra ante todos os seus grupos de interese: usuarios e familiares, administracións públicas, empresas privadas e sociedade en xeral, que se están a prestar eficazmente os servizos e que os recursos son canalizados de forma adecuada.

O certificado foi otorgado por Bureau Veritas Certification, que estivo durante dous días realizando a pertinente auditoría que culminou na emisión do mencionado certificado.

O Centro Ocupacional e o Centro de Día de ÁMBAR traballan por mellorar a calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional Intelectual prestando servicios de atención integral especializada a través de obradoiros prelaborais, programas de habilidades persoais e sociais, programas de ocio e inclusión social, atención psicolóxica e socio-familiar.

Antes, en Certo:


Aniversario: Ámbar cumpre 30 anos e celébrao


Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Ámbar  

Ribeira: Ámbar celebra o seu 30 aniversarios cunha manda de actos

Present_30

Ribeira, 9 de marzo de 2012. Neste ano 2012, a Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional cumpre 30 anos dende a súa fundación. Co gallo desta efeméride, van celebrar o 30 aniversario con algunhas accións e actividades que servirán para divulgar o labor feito dende o seu nacemento no ano 1982.

Para dar a coñecer o  contido dos diversos actos e actividades que se realizarán ó longo deste 2012, hoxe venres 9 de marzo, ás 11:00 da mañá, tivo lugar no Centro de Recursos da Asociación AMBAR unha rolda de prensa, na que Milagros Rey e Luisa Rodríguez, directivas da asociación, presentaron os actos para a conmemoración do 30 aniversario de AMBAR.

A directiva de AMBAR está traballando coas siguintes previsións, algunhas delas xa postas en marcha:

  • Rotulación das furgonetas co lema ‘30! aniversario’.
  • Certame fotográfico: “Viviendo en la comunidad 2012
  • Mural conmemorativo a realizar no Centro de Recursos.
  • Festival AMBAR a realizar o día 8 de xuño no Auditorio de Ribeira.
  • Gala 30 aniversario. Para realizar no mes de setembro en Pobra.
  • Publicación dun libriño conmemorativo sobre a biografía de AMBAR.
  • Soterramento dunha cápsula do tempo en Pobra.  
  • Renovación da páxina web.

Ademáis destas accións, xa se iniciaron unha ronda de contactos cos concellos da comarca e foron tramitadas algunhas invitacións a personalidades co fin de que estean presentes na Gala do 30 aniversario.

Relacionadas:

Fotografía: Ámbar convoca "Vivindo na comunidade". Máximo 3 fotos. Ata 1 de setembro de prazo

Día da Muller Traballadora: homenaxearon ás perruqueiras. Ámbar e Amicos tamén tiveron actividades

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   aniversario   Ámbar  

Fotografía: Ámbar convoca o certame "Vivindo na comunidade 2012"

(download)

Presentación do concurso de Fotografía “Vivindo na comunidade” 2012

 

Directivos da Asociación AMBAR presentaron, no Centro de Recursos da Barbanza, o concurso de Fotografía “Vivindo na comunidade” 2012.

A temática do concurso versa sobre as persoas con diversidade funcional vivindo na comunidade.

O obxectivo do concurso é que as fotografías presentadas axuden a fortalecer a percepción de como as persoas con diversidade funcional viven e como están a participar dentro das súas comunidades, nos seus barrios, pobos, aldeas, nos mesmos contextos que os demais cidadáns. Deberán amosar como viven as persoas con diversidade funcional, xunto coas súas familias, amigos, compañeiros, veciños, etc. para así poder comprender os retos e os éxitos que atopan estas persoas en España.

Na roda de prensa, na que estiveron presentes a presidenta, Milagros Rey, o vicepresidente, José Antonio Chouza, e a vogal Luisa Rodríguez, fixéronse públicas as bases do concurso, así como os patrocinadores do mesmo, ós que agradeceron a súa colaboración nesta iniciativa.

Bases:

Click here to download:
bases.pdf (95 KB)
(download)

Click here to download:
cartel.pdf (173 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   certame   fotografía   Ámbar  

Ribeira: Ámbar celebrou o entroido cos seus integrantes vestidos de choqueiros

(download)
Ribeira, 20 de febreiro de 2012. Hoxe celebraron no Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional unha gran festa de antroido na que non faltou a música, o baile e os doces típicos.

Á primiera hora da mañá os fogóns da cociña do Centro de Recursos comezaron a funcionar para preparar as saborosas rosquiñas de entroido, mentras nos talleres, cada grupo se vestía e maquillaba para a ocasión.

Arredor das 12, amigos e familiares achegáronse ó Centro de Recursos da Barbanza para asistir ó festival no que desfilaron unha gran variedade de tribus do mundo, dende os Tuareg do deserto do Sáhara, ós Masais de Kenia, pasando polo antigo Exipto e México, tamén tiveron a visita dos nosos antepasados os Castrexos de Neixón e un grupo de Españois que os deleitaron cos bailes máis comúns do noso país.

Tralo desfile, o xurado coa axuda da votación do público proclamou os seguintes premios:

Mellor maquillaxe: Os Egipcios e os Masais.

Mellor decorado: Os Castrexos.

Mellor posta en escea: Os Tuareg.

Rei do antroido: Carlos Fernández (do grupo Os Mexicanos).

Raíña do antroido: Sonia Alonso (do grupo Os Españois).

A festa rematou cun baile no que participaron os usuarios do centro, o persoal e os invitados (familiares e amigos), mostrando estes últimos as súas felicitacións polo traballo realizado.


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Entroido   Ámbar  

Ribeira: Ámbar, Amicos e A Creba colaboraron na decoración de Nadal das rúas

 

Ribeira, 8 de decembro de 2011.- As tres asociacións de persoas con diversidade funcional radicadas no municipio de Ribeira –Ambar, Amicos e A Creba- quixeron implicarse activamente na decoración nadaleña da cidade capital da Barbanza, e tanto é así que ao longo da mañá de onte, e despois de que na noite pasada tivera lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal, membros pertencentes a estes tres colectivos, coa asistencia de Protección Civil, estiveron a adornar boa parte do centro urbano de Santa Uxía. 

A_creba

Concretamente, a Asociación  Ámbar ocúpase de adornar o tramo comprendido entre a rúa Ramón y Cajal (o chamado callejón de Sinda) e a praza de Compostela. O colectivo de Amicos faino dende a rúa Santa Uxía ata a praza de España (pasando pola rúa Galicia); mentres que A Creba tomou cargo da decoración da fachada do Malecón. 

Ambar

Anxos, flores, estrelas, paquetes de regalo e moitas outras figuras nadaleñas deseñadas en material reciclado, madeira, fieltro, barro ou cestería  contribúen a engalanar aínda máis a cidade con motivo destas festivas datas entre o relixioso e o pagano, entre o consumismo máis activo e o ocio dos máis pequenos. 

Amicos

Antes, en Certo:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Creba   Amicos   Nadal   Ribeira   Ámbar  

Ribeira: Ámbar celebrou o Día das Persoas con Diversidade Funcional con actos este venres 2


Vídeo cortesía de Antonio Lijó en Youtube

Media_httpfarm8static_cefyd

Media_httpfarm8static_boacc

Media_httpfarm8static_dahxx

Media_httpfarm8static_uzrzk

Media_httpfarm8static_neaom

Media_httpfarm8static_sging

Media_httpfarm8static_gewdp

Media_httpfarm8static_gsgua

Media_httpfarm8static_qfhdt

Media_httpfarm8static_jxhav

Imaxes deste venres 2 na Praza do Concello de Ribeira

Manifesto:

Click here to download:
Manifesto AMBAR 3 decembro 2011 VF.pdf (51 KB)
(download)

Antes, en Certo, anunciamos:

Ribeira, 30 de novembro de 2011. O vindeiro 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, co fin de reivindicar os seus dereitos e favorecer a súa visibilidade e a plena participación na sociedade.

Dende a Asociación AMBAR conmemoran este día cos alumnos de Primaria de Ribeira, polo que farán unha xornada denominada Vivir en Diversidade...dende a infancia, que terá lugar este venres 2 coa seguinte programación:

VENRES 2 DE DECEMBRO

10:30h – Recepción dos alumnos dos CEIPS e os usuarios de AMBAR na Praza de España. Dende alí van camiñando ata a praza do Concello.

11:15h – Actividades participativas e xogos na Praza do Concello.

12:15h - Lectura do manifesto que AMBAR fai público con motivo do día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.


12:20h - Rematarase a xornada cantando a canción “Mensajes del agua” de Macaco.

12:30 – Fin do acto.

Contarán coa colaboración do músico Suso Bello (Compañía do Ruído e Chiquilicuatres) quen será o encargado de amenizar toda a xornada.

NOTA: En caso de que chova a actividade será a mesma e realizarase na 1ª planta do Auditorio.

Na semana próxima a actividade conxunta AMBAR,  fará entrega a cada colexio de un exemplar encadernado con todos  os debuxos que se elaboraron con motivo da celebración de ese día. Ó mesmo tempo o mural grande rotará polos colexios co fin de estar expostos dous ou tres días en cada un deles.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ámbar  

Ribeira: este venres 30 de setembro, "Ata que a morte nos separe", obra de "Airiños" de Rianxo

Ata_que_a_morte_nos_separe_air

Ribeira, 29 de setembro de 2011. Mañá, venres 30 de setembro, ás 19:00h terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira a representación da obra “Ata que a morte nos separe” a cargo do grupo de teatro Airiños.

A actuación foi solicitada pola Asociación AMBAR á rede cultural de 2011da Deputación da Coruña, e está dirixida a socios da entidade e público en xeral, polo que convidan a asistir a todas as persoas que estean interesadas.

O mesmo día:

Charla sobre Alzheimer na aula multimedia ás sete da tarde

 

Pode que tamén lle interese:


Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación


Tempo libre: campamento para monitores este sábado 1 de outubro


Fungos: voltan os Luns Micolóxicos dende o 3 de outubro


Rúa Lepanto: van meter o gas. Dez días máis de obras


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Teatro Airiños   Ámbar  

Ribeira: o Concello prevé ceder en outubro dous pisos tutelados a Ámbar e Amicos

  • Situados na praza "8 de Marzo" e de 112 metros cadrados cada un, para contribuír ao labor solidario que realizan ambas asociacións

Media_httpfarm4static_xogsb

Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello está dando remate aos trámites preceptivos para entregar en cesión dous pisos tutelados ás asociacións  Amicos e Ambar, cumprindo así outro dos compromisos adquiridos polo Executivo local que dirixe Manuel Ruiz Rivas cos colectivos representativos das persoas con diversidade funcional, no sentido de axudalos non só economicamente senón tamén mediante outro tipo de actuacións dirixidas a favorecer os seus obxectivos estatutarios. 

As dúas vivendas, cada unha das cales conta cunha superficie total de 112 metros cadrados (uns 88 metros útiles), están situadas na praza 8 de marzo, na mesma edificación que ocupan os Servizos Sociais municipais (residencial Miradoiro de Padín). Ambas dispoñen de cociña, salón comedor, vestíbulo, corredor, baño e tres dormitorios. 

Esta entrega (que está  previsto someter á aprobación do pleno no vindeiro mes de outubro) ten como obxectivo favorecer o labor que prestan as dúas asociacións, facilitando que as persoas con diversidade funcional poidan dispoñer dun inmoble axeitado para que as persoas usuarias desenrolen a súa autonomía persoal, aumenten a súa autoestima e fomenten a responsabilidade nas tarefas ocupacionais. 

A Creba

Nesta liña de apoio aos colectivos de discapacitados, cabe lembrar tamén que a principios de ano o Concello de Ribeira xa cedera en uso un local situado nas rúas Padre Sarmiento e Abesadas á Asociación Pro Saúde Mental A Creba. 

Dende a Área Municipal de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo estivéronse a levar a cabo un bo número de iniciativas nestes primeiros 100 días de lexislatura, entre as que cabe recordar os traballos preparatorios do proxecto do novo mercado municipal, xa moi avanzados; a posta en marcha dun mercadillo os venres en Palmeira, a estrea dunhas novas dependencias para o Departamento de Servizos Sociais, a celebración por primeira vez de actividades específicas para maiores no período de verán ou a activación dun protocolo de limpeza e seguridade viaria no mercadillo dos sábados de Ribeira.

 

Pode que tamén lle interese:


Servizos Sociais: os vellos das parroquias tamén son xente


Gardería: 74-72: fáltannos un par da promesa!


Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación


  Obras: comezan as de Romero Ortiz o 22 de setembro


Nova lonxa: este ano non comezan as obras. Só rematan o proxecto


Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Amicos   Ribeira   Ámbar  

Ribeira: Ámbar conta cunha nova embarcación case feita á medida para o programa "Vela para todos"

Dsc_0430_1

Ribeira, 22 de setembro de 2011. A asociación AMBAR incorpora una nova embarcación ó Programa Vela para Todos. Dende 2007, as actividades de Vela para Todos veñen funcionando con tres embarcacións construídas en Australia do modelo “Access 303”, financiadas polas empresas locales Congalsa e Serdeco.

Coa experiencia acadada durante este tempo, nesta ocasión foron os propios monitores e participantes no programa os que suxeriron a idea de traballar na recuperación de embarcacións de vela lixeira en desuso, contribuíndo activamente nas fases de deseño e fabricación. Partindo dunha embarcación de iniciación á vela modelo “Cadete MK III” donada por un particular, propuxeron nunha serie de cambios na estrutura e aparellos para que puidese ser accesible e navegable para calquer persoa. Logo duns meses de esforzo o resultado foi a botadura do prototipo “Singular Cadet” para navegación individual que estará a disposición nas xornadas náuticas que ao longo de todo o ano se desenvolven no Clube Náutico de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:


Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


  Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro

Marcha ciclista: o sábado 1 de outubro, de Santiago a Fisterra



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   vela   Ámbar  

Ribeira: Ámbar e Adisbismur organizan este xoves 7 unha xornada deportiva

Cartel_x

Ribeira, 6 de xullo de 2011. Mañá, xoves 7 de xullo, terán lugar no Polideportivo da Fieiteira as 8ª xornadas Deportivas entre a Asociación AMBAR e a Asociación Adisbismur (Outes), na que as dúas entidades disputarán un partido de baloncesto e farán competicións de tiros libres. Ao remate dos xogos terá lugar o acto de entrega de trofeos a tódolos participantes, no que contarán coa presenza de Vicente Mariño, concelleiro de Servicios Sociais de Ribeira e Milagros Rey, presidenta de AMBAR.

                                    DÍA: xoves 7 de xullo

                                    LUGAR: Polideportivo A Fieiteira

                                    HORA: 12:45 h.

Media_httpfarm3static_vzpis

A praia de Coroso conta con cadeira acuática

A continuación irán ata o merendeiro de Coroso onde se organizará un xantar de convivencia e rematarase a xornada disfrutando dunha tarde de praia.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   escolas deportivas   xornadas   Ámbar  

Ribeira: os de Ámbar organizaron o seu campamento de verán en Gandarío, na Coruña

 

 

(download)

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Un total de 41 usuari@s do Centro Ocupacional e Centro de Día de AMBAR tiveron unha esgotadora semana no albergue de Gandarío, onde estiveron do 13 ó 17 de xuño acompañados de monitores e voluntarios.

O campamento ten como finalidade potenciar a autonomía persoal dos participantes nun entorno distinto do habitual, favorecendo a inclusión social e o empoderamento das persoas con diversidade funcional e fomentando valores como a solidariedade, cooperación e responsabilidade individual e grupal.

Durante a estadía, organizáronse obradoiros e actividades de ocio, culturais e deportivas. As visitas e actividades que espertaron maior interese entre os participantes foron a visita  ó Acuarium da Coruña, o parque acuático de Cerceda, ó centro comercial Marineda City, á vila de Betanzos, e o desprazamento ata unha boleira para xogar ós bolos, así como as festas nocturnas organizadas no albergue de Gandarío e  na movida de locais de ocio de Sada.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   campamento   Ámbar  

Ribeira: Ámbar presentoulle aos partidos políticos as súas peticións para que as teñan en conta a partires do 22 de maio

Dscn1353

Click here to download:
Proposta partidos 2011.pdf (119 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   22 de maio de 2011   precampaña   Ámbar