Preme para voltar á portada
Filed under

Abanqueiro

 

Boiro: xa se poden ver na rede vídeos da procesión marítima do Carme de Abanqueiro


Vídeo de Dani Gestoso (webmaster de Webboiro.com)


Vídeo de Dani Rodríguez, feito especialmente para http://webboiro.com co apoio de Alén Pérez Maneiro e o citado Dani Gestoso, así como coa axuda de Carlos Vilas e Sara Hermo.

Non se descartan novos traballos de Dani Rodríguez para webboiro.com, pois colabora tamén con DesdePobra.com, onde fixo o vídeo do Carme dos Pincheiros:

   

Os integrantes de Webboiro agradecen este traballo, que louvan e califican como "excelente". Dani Rodríguez é o webmaster de www.oquepasadiaadia.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Boiro   Festas   webs   youtube  

Boiro: as Festas do Carme de Abanqueiro celébranse esta fin de semana, 3 e 4 de setembro

Carme_2011

 

Boiro, 31 de agosto de 2011. A comisión de Festas de Abanqueiro voltou dar exemplo e gabeou un banzo máis para acadar unhas festas do Carme moi completas.

Este sábado, 3 de setembro, haberá mexilloada e pinchos todo o día. Pola tarde, inchables para os nenos mentres un grupo de mulleres e homes farán unha capela floral no peirao, na cal se oficiará a misa do Carme do Domingo.
Xa pola noite, as orquestras que animarán a verbena a partires das 22:00 horas son o Trío Cibeles de Vigo e un conxunto de rapaces dun grupo local que está comezando.


Media_httpfarm6static_vecue

O domingo, 4 de setembro, é o Día do Carme en Abanqueiro. Ás 10:45 baixarán santos en procesión ata o peirao co grupo de gaitas "A Buxaina". De seguido haberá misa cantada no peirao do Bodión e dará o remate unha procesión marítima coa súa correspondente ofrenda floral polos defuntiños do mar. Á volta vaise recibir á Virxe cunha gran tirada de foguetes mentres anima A Buxaina coas súas gaitas.

Dende as 12:30 haberá mexilloada, churrascada e unha paella farturenta no peirao do Bodión. Ademais, este ano contan cunhas empanadas de categoría, feitas para o Día do Carme por un restaurante local.

A verbena do domingo vai ser amenizada polo trío V3 e sobre as 11:45 haberá unha boa tirada de fogos de artificio acuáticos dende unha plataforma fondeada no mar á que contribuíron Otero e Losada así como o asteleiro de bateas de Manuel Sánchez.

A comisión agradece a veciñas, veciños, negocios e empresas que contribuíron economicamente a que estas festas puideran saír adiante.

E non esqueza que ata esta fin de semana:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Boiro   Festas  

Boiro: este domingo 13 de marzo celébrase o exclusivo "Enterro do Óso" en Abanqueiro

Media_httpfarm4static_jofnm

Cacheira de porco a enterrar. Foto de Diego Romero

Boiro, 10 de marzo de 2011. O  Enterro  do  Óso celébrase este domingo, día 13 de marzo, na parroquia de Abanqueiro. É unha tradición única en Galicia, que consiste no enterro da cachola dun porco e un óso na propiedade da última persoa da aldea que deixou a solteiría.
A xornada promete ser longa e repleta de actividades para entreter ao público asistente. Pola mañá, ás doce do mediodía, haberá unha "matraquillada", que non é outra cousa que unha procesión de pequenos tractores (desde "pasqualíns" ata outros modelos pequenos pero agrariamente potentes). Cada matraquillo irá locindo elementos do Entroido -en Boiro dise Antroido- e circulará polos lugares máis representativos de Abanqueiro co obxectivo de chamar a todos ao funeral festeiro e animalos a ensarillarse no mesmo.

Media_httpfarm4static_qfabf

A matraquillada é unha procesión de tractores pequenos con adobíos choqueiros

Pola tarde, ás catro e media, xa sae a "comitiva fúnebre" ata a "casa do defunto", pois este enterro simbólico partilla os mesmos elementos simbólicos que os habituais, ou sexa: un cura, ataúde, viúvas ao pé, choronas, oracións e sermón. Todos eles cheos de sátira dirixida á actualidade e con adaptación ao Antroido. Hai que enterrar o óso e a cabeza do porco e a parella que se casou por último na parroquia debe ofrecer bebida e comida típica de Entroido a todo aquel veciño que acuda á súa casa.

O resto da tarde haberá unha charanga animadora e, para rematar, sobre as oito e media, á noitiña, este ano darán un concerto os de La Banda de Balbina, gañadores de A Polo Ghit do ano 2009.


Máis dun século de tradición

O Enterro do Óso é unha tradición que ten máis dun século de vida, sempre promovida e organizada por veciños de Abanqueiro sen ningún tipo de asociación ou entidade que se faga cargo dos festexos. Por estas bisbarras hai outros enterros, como o do Felipiño en Porto do Son ou Ribeiro, ou o do Toribiño en Rianxo, así como o tradicional e tan estendido da Sardiña, pero Enterro do Óso só hai en Abanqueiro.

Segundo contan os vellos de Abanqueiro, -non hai documento que o acredite, é tradición oral- a única razón de que se enterre un óso e a cacheira do porco é que "cando te casas comes a carne e deixas o óso".

Media_httpfarm6static_wigxa

O edil de Cultura de Boiro e o presidente de Borobó presentan a esquela deste ano

Nestes últimos anos, a persoa que máis pulo lle deu a esta iniciativa foi Pepe Vila, pero desta volta a asociación cultural Borobó tamén ofreceu o seu apoio na organización, xa que moitos integrantes deste colectivo, comezando polo seu presidente, Jorge Campaña, son naturais de Abanqueiro.

Relacionada:


Entroido: programación do Concello de Boiro en 2011



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Antroido   Boiro   Enterro do Óso   cultura galega   etnografía  

Boiro: Abanqueiro enterra o Óso o domingo 21 de febreiro e dalle a despedida ao Antroido

Queres ver fotos de 2010? Webboiro.com xa as colgou, mira

Media_httpfarm4static_eqgbh

Fotos do ano pasado tomadas por Diego Romero

O enterro do óso é unha tradición que se ven celebrando na parroquia de Abanqueiro (Boiro) dende hai máis de cen anos. Consiste nunha especie de acto funerario con moita retranca durante o cal se procede ao enterramento dunha cacheira de porco na horta do último que se casou en Abanqueiro. Con este enterramento faise unha festa con filloas, orellas e viño. O gasto corre a cargo do homenaxeado/a.

Media_httpfarm4static_wiuhh


Neste ano hai un triple enterro. Por unha banda, Toño e a Silvia, recén casados. Tamén homenaxearán a José Blanco (“Cocó”) e a Lucita. E, por último, a Manolo (“o Panchiño”) e a Maruja, que neste ano 2010 celebran as súas vodas de ouro.

Esta celebración terá lugar o próximo domingo día 21. A partires das doce da mañá haberá a tradicional procesión de matraquillos e, ás catro da tarde procederase ao enterramento da cacheira de porco en cada unha das casas dos homenaxeados este ano.

Media_httpfarm4static_erudx


Para a celebración deste día contarán cunha boa comida con churrasco, orellas e filloas que estarán acompañadas de refrescos e un bo viño para os máis grandes. Asemade, os máis pequenos poderán desfrutar dalgúns inchables.

Media_httpfarm4static_jbzju


Esta iniciativa está promovida, dende hai varios anos, por algunha da xente nova de Abanqueiro encabezada por Pepe Vidal.


Antroido do Concello 2010
: preme para ver en grande



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Abanqueiro   Antroido   Boiro   Entroido