Preme para voltar á portada
Filed under

Acción

 

Boiro: no festival "Acción" deuse a coñecer o vídeo gañador do certame "Barbanza 2061"

Boiro, 7 de novembro de 2011. O premio do concurso escolar convocado polo Club Exxpo Press deuse a coñecer o pasado sábado na última sesión do festival "Acción". A curta gañadora foi a das tres alumnas de 3ºA do instituto A Cachada de Boiro, Loreto Abalo, Sara Hermo e Ángela Pouso que se titula "A escultura no 2061". O agasallo para as tres é unha viaxe á Cidade das Ciencias de Valencia.

Este traballo levou unha mención especial (tamén do IES A Cachada de Boiro):

Antes, en Certo:

  • AMBAR invita a debater sobre emprego para persoas con diversidade funcional
  • Tamén se van proxectar os filmes presentados ao certame  escolar "Barbanza 2061"

 

Media_httpfarm5static_bpgyi

O ano pasado Ámbar incidira na autonomía persoal

Boiro, 3 de novembro de 2011. A ASOCIACIÓN AMBAR súmase á petición dunha nova Lei de Inclusión Laboral das Persoas con Discapacidade, que sente unhas bases renovadas para conseguir a máxima empregabilidade e activación deste sector da poboación. 

Cunha taxa de emprego do 25 por cento fronte á taxa xeral que alcanza o 60 por cento, as persoas con diversidade funcional necesitan dispor dunha normativa forte que regule e fomente o emprego, máis aínda nunha época de crise económica na que sempre son os colectivos máis vulnerables os que máis se ven afectados.

“O emprego para unha persoa con diversidade funcional significa moito máis que unha fonte de ingresos, é unha vía de acceso a un nivel de vida digno, visibiliza e serve ó recoñecemento social e é un factor de inclusión real mediante as relacións sociais e persoais”, destaca a presidenta de AMBAR, Milagres Rey.

 

Cartel_accion2011

VIDEOFORUM EN BOIRO

Desde AMBAR considérase imprescindible o desenvolvemento de programas de formación profesional ocupacional e continua, e cualificar para o traballo; potenciar o emprego desde as administracións públicas como acción pedagóxica e factor de visibilización e normalización.

Por iso, no marco do festival audiovisual de Boiro, celébrase o videofórum NADA SOBRE NÓS SEN NÓS, no que se proxectará a obra de realización propia “7 historias para 4 alcaldes”, na que se recollen as experiencias de sete persoas con diversidade que desempeñaron traballos en centros públicos da comarca, así como as impresións dos seus compañeiros de traballo e familiares. Tras a proxección abrirase un coloquio sobre o binomio persoa con diversidade - emprego.

Segundo Milagres Rey, “Se se respecta a cota de reserva de emprego do 2% nas empresas de 50 ou máis traballadores, que a pesar de que foi aprobada fai 28 anos aínda incumpren dúas de cada tres empresas, a inclusión laboral sería moito máis notable”. 

Por último, “desde AMBAR crese que o traballo en rede con outras entidades e empresas tamén son liñas de acción que poderán producir bos resultados”, conclúe Milagres.

A asociación AMBAR convida a toda a cidadanía a participar neste evento que terá lugar mañá venres  4 de novembro ás 20:00h.  no Centro Social de Boiro.

Que é "Acción"?

É un festival que se desenvolve no Centro Social de Boiro e acubilla sesións de cinema social e xuvenil

Cando? 4 e 5 de novembro
Hora? os dous días comeza ás 20 horas
Lugar? Centro Social de Boiro

Este ano colaboran no festival: Asociación Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi, Expopress e Anestesia films.

Concurso escolar

O Centro Social de Boiro acolle tamén este sábado día 5 a partir das 20.00 horas a proxección dos traballos audiovisuais presentados por escolares de Educación Secundaria e Bacharelato da comarca do Barbanza ó concurso Barbanza-2061, que organizou o Club Exxpopress. A proxección de ditos traballos enmárcase no festival  de cinema social e xuvenil Acción! que organiza o Concello de Boiro e co que este ano colabora o Club Exxpopress xunto con Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi e Anestesia films.

Entre o público asistente atoparanse os membros do xurado da categoría Secundaria-Bacharelato do concurso Barbanza-2061, que farán público o veredicto ó remate das sesións.

No certame escolar participaron tamén alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda a comarca; os primeiros realizaron murais e os segundos, portadas de xornais. Nas tres categorías, a temática era a mesma: Como imaxinas o mundo en 2061?

O fallo do xurado das categorías de Infantil e Primaria farase público o vindeiro luns día 7. Os premios consisten nunha MACRO FESTA INFANTIL no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Ribeira para os gañadores ca categoría de Infantil; UNHA VIAXE A MADRID PARA VISITAR O PARQUE WARNER (para os gañadores da categoría de Primaria) e UNHA VIAXE A VALENCIA DUNHA FIN DE SEMANA PARA VISITAR A CIDADE DAS ARTES E AS CIENCIAS (para os gañadores da categoría de Secundaria-Bacharelato).

Cápsula do tempo

Os tres traballos gañadores serán introducidos na CÁPSULA DO TEMPO que o Club Exxpopress vai soterrar o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas no Paseo Marítimo de Ribeira, nun acto no que participarán centos de escolares e que estará presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. No acto participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e o empresario Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa, empresa patrocinadora do concurso Barbanza-2061. Dende o mediodía, os escolares disfrutarán dunha pequena festa con actividades dirixidas por monitores e sorteo de agasallos no polideportivo de Coroso.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Acción   Boiro   cinema   festivais  

Boiro: programa e concertos do Acción 2009, 13, 14 e 15 de novembro

Web oficial: http://www.todofume.com

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Acción   Boiro   cinema