Preme para voltar á portada
Filed under

actividade Concello

 

Ribeira: o sábado 12, "Kontos de akí e akolá", con Marisa Irimia na biblioteca

  • O Concello informa de que este venres 11 abre o prazo para que as asociacións pidan actividades da "Rede Cultural 2012" da Deputación coruñesa


 
Ribeira, 9 de maio de 2012.- Este sábado terá lugar a segunda das actividades incluídas nos ‘Sábados de Libro na Biblioteca’: acción que se inclúe dentro da programación do Maio Cultural que promove o Concello a través das áreas de Educación e Cultura.

A actividade que se vai celebrar consistirá nunha sesión de contacontos infantil a cargo dunha vella coñecida do municipio: Marisa Irimia (Foz, 1969), quen ten acudido xa a Ribeira para tomar parte noutras accións. Nesta ocasión, Marisa Irimia deleitará aos nenos e nenas asistentes co seu espectáculo “Kontos de akí e akolá”, no que a artista buscará a implicación dos propios rapaces no proceso creativo, de xeito que eles tamén se erixan en contadores de historias. A actividade está pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase de 11.30 a 12.30 horas e será de balde ata encher o aforo

Prazo aberto este venres 11 e ata o 31 de maio

A Concellería de Cultura vén de enviar un comunicado aos presidentes das distintas asociacións e entidades do municipio no que se lles informada da apertura do prazo para solicitar actuacións no marco da Rede Cultural 2012 da Deputación da Coruña: prazo que, de acordo co Boletín Oficial da Provincia con data 8 de maio, dará inicio o vindeiro venres día 11.

No XXIX Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais poderanse incluír agrupacións artísticas de toda a provincia, dende bandas de música, masas corais, música e baile tradicional, grupos de gaitas, orquestras, conxuntos de música folk, rock e pop, e títeres e maxia, entre outras variedades. Os peticionarios deste programa -entidades sen ánimo de lucro da provincia que estean xuridicamente constituídas e teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura-, poderán solicitar unha actuación (fóra do municipio) facéndose cargo do 50% do caché e financiando o 50% restante a Deputación Provincial.

Como norma xeral, a actuación adxudicada será pública e gratuíta, e non poderá ser utilizada en actos privados. O prazo citado rematará o xoves 31 de maio, podéndose formalizar a petición a través de modelo impreso que se pode obter da páxina web www.dicoruna.es ou ben nas oficinas do Auditorio Municipal.
 





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: novos cursos de alfabetización dixital en parroquias, do 7 de maio ao 28 de xuño

  • Nesta fin de semana houbo unha actuación musical dun dúo ao piano
  • O prazo para inscribirse nestes cursos abre o 2 de maio

Ribeira_quendas_cursos

Ribeira, 30 de abril de 2012.- Despois de que hai dez días se procedera á clausura dos Cursos de Alfabetización Dixital celebrados durante o primeiro trimestre de 2012, o Concello informa de que este mércores 2 de maio se abre un novo prazo de inscrición para participar nunha nova convocatoria da iniciativa, que este vez terá lugar en catro parroquias do municipio: Artes, Corrubedo, Olveira e Ribeira.

Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son especialmente indicados para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados.

As clases estenderanse dende o 7 de maio ata ao 28 de xuño e os interesados en anotarse poderán facelo entre o 2 e o 4 de maio na Aula Multimedia (planta baixa da confraría de Pescadores) de mércores a venres en horario de 10 a 13.30 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. Hai que matizar que as clases de Olveira son unha continuación das que xa se levaron a cabo no anterior trimestre.

Actuación musical

Piano_a_catro_mans
Xa cambiando totalmente de asunto, o nutrido público congregado no Conservatorio Profesional de Música quedou marabillado coa actuación do dúo ourenán Dedosd2 que, composto polos pianistas Marta Blanco Pascual e Xoán Iglesias Losada, ofreceu un concerto de piano a catro mans na instalación municipal de Santa Uxía.

Estudantes e profesorado do centro e público en xeral (tamén estaba presente a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya) escoitaron con atención un recital que estaba comporto por creacións de de Wolfgang Amadeus Mozart Mozart, Antonin Dvórak e Samuel Barber.






 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: mercarán un vehículo con fins sociais e axilizarán microcréditos para pequenos emprendedores


 

Ribeira, 29 de abril de 2012.- O Concello informa de que a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo ten intención de emprender un novo proxecto consistente na dotación desta Área Municipal cun novo vehículo de 9 prazas co obxecto de ser empregado como medio de transporte con propósitos sociais. O financiamento deste vehículo tería lugar mediante a venda de módulos publicitarios entre as empresas e entidades que quixeran prestar a súa colaboración.

De cara a xestionar a adquisición deste medio de transporte, o Departamento que dirixe edil Vicente Mariño de Bricio chegou a un acordo coa empresa Vehículos Sociales Móviles, S.L. (cuxo apoderado comercial é Segundo López López) a efectos de que esta última se encargue de realizar as oportunas xestións e recabar a colaboración de empresas e entidades. Un representante da citada firma visitará a partir da próxima semana distintos establecementos a fin de explicar en detalle como se pode cooperar e procurar que cristalice o proxecto.

Convenio para conceder microcréditos a pequenos emprendedores

  Entre os asuntos que serán sometidos á consideración da Corporación no próximo pleno ordinario previsto para o día 2 de maio (ás 20 horas) figura a aprobación dun convenio marco de colaboración promovido polo Concello de Ribeira co obxecto de facilitar que os pequenos emprendedores do municipio teñan acceso a microcréditos concedidos por entidades financeiras.

O Concello adoptou esta iniciativa na conciencia da necesidade de mellorar o financiamento e a promoción das microempresas e o fomento do emprego autónomo a través de microcréditos, como medio para favorecer a creación e consolidación de emprego e facilitar soporte aos proxectos empresariais viables.

Con tal motivo, o obxecto do convenio é establecer unha liña de financiamento dirixida a unha dobre intención:

-         Potenciar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora favorecendo a igualdade de oportunidades de homes e mulleres, novos residentes, persoas con discapacidades e con especial atención as colectivos vulnerables en situación de exclusión financeira.
 

-         Financiar o establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas, negocios de autónomos e proxectos de autoemprego con el obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do tecido produtivo, a creación e consolidación de emprego e a contribución ao progreso social.


En virtude do convenio, o Concello comprométese a detectar as necesidades de financiamento das microempresas e negocios de autónomos, facilitar servizos de apoio e asesoramento empresarial, analizar a viabilidade de cada proxecto presentado e dirixir ás persoas físicas e xurídicas asesoradas a aquela entidade ou entidades financeiros que subscriban o acordo.

Pola súa parte, as entidades financeiras que se adhiran a este convenio comprometeranse a crear a liña de financiamento en cuestión, estudar as solicitudes que se presenten e informar á Deputación sobre os microcréditos formalizados.

Media_httpfarm9static_gpotc

Rematan obras de rúa Cervantes en Bandourrío


 O Concello informou tamén da finalización da actuación dirixida á pavimentación e renovación de servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no antigo barrio riveirense de Bandourrío. Xa se procedeu á recepción da obra, que foi executada pola empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L.

Hai que recordar que a actuación tivo un importe de 168.120,16 euros. En canto ás accións realizadas:

  •   No que se refire ao abastecemento de auga, suplantáronse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente.
  • Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, colocouse un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalouse un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.
  • En canto ao saneamento de pluviais, dispúxose dun colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conduciu a auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalouse un colector de 315 milímetros.

Ademais, a zona de actuación foi obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: comezan as obras da rúa Celeiráns de Aguiño, que supoñen un investimento de 51.000 euros

  • O Concello vén de sacar a licitación da xestión e explotación do matadoiro por 25 anos, que prestará servizo aos catro concellos de Arousa Norte
  • A Xunta local de seguridade abordará o 9 de maio a preocupante onda de roubos no municipio


Media_httpfarm9static_emcar

 

Ribeira, 23 de abril -DÍA DO LIBRO- de 2012.- O Concello informa do inicio das obras para a instalación de pluviais e renovación de saneamento na rúa de Celeiráns, na parroquia de Aguiño. Esta actuación, cun importe de 51.000 euros, está a ser executada pola empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L.

A iniciativa ten como principal obxecto solucionar os problemas de encharcamento que se producen nas fincas lindeiras ao camiño en época de choivas: un fenómeno que está provocado polo feito de que a cota destas fincas está situado por debaixo da do vial.

A tal efecto, instalarase unha rede de recollida de pluviais coa finalidade de erradicar os problemas de encharcamento, e ademais renovarase o saneamento e pavimentarase o camiño axeitadamente.

Así, a nova rede de pluviais a instalar constará dunha tubaxe de PVC corrugado de 180 metros de lonxitude e de 17 arquetas, mentres que a tubaxe de saneamento, tamén de 180 metros, será de PVC liso de 315 milímetros, renovándose as acometidas ás vivendas existentes. En canto á pavimentación, empregarase aglomerado en quente, abarcando unha área de 1.210 metros cadrados. Esta actuación corre a cargo do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Matadoiro: 25 anos de concesión prorrogables de cinco en cinco

O Concello, por outra banda, tamén acaba de sacar a licitación a contratación da xestión e explotación do matadoiro situado no municipio coa finalidade de dar servizo aos concellos integrantes da Mancomunidade de Arousa Norte (A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira).

Así sae reflectido na edición do 20 de abril do Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cal indica que a forma de explotación do matadoiro será por xestión indirecta mediante a modalidade de concesión. Esta concesión outorgarase por un prazo de 25 anos, empezándose a contar a partir do primeiro día seguinte ao da formalización do contrato. O contrato poderá ser prorrogado de cinco en cinco años ata alcanzar o máximo legal por mutuo acordo entre as partes.

A retribución do concesionario estará constituída por:

a) As tarifas do servizo de matadoiro e carrexo de carnes vixentes en cada momento.

b) Os ingresos derivados doutras actividades complementarias, como o despece, o envasado de carnes ou calquera outro aproveitamento dos produtos ou servizos do matadoiro.

c) As retribucións especiais que o Concello, previo acordo da Mancomunidade, estime oportuno, nos casos de renovación ou ampliación das obras existentes.

Con estes ingresos o concesionario cubrirá a totalidade dos gastos de explotación, entre outros: persoal, gastos de conservación das instalacións, electricidade, auga, transporte, administración, materiais, gastos xerais, compras a terceiros, amortización de inversións, gastos financeiros, beneficio industrial, o canon da concesión, taxas da Comunidade Autónoma e outras.

Canon

O canon mínimo que haberá de satisfacer o adxudicatario ao Concello é de 3.000 euros anuais, ou o que propuxera o licitador de resultar superior. Este canon será revisable anualmente conforme ao IPC de acordo coa fórmula de revisión das tarifas.

O prazo de presentación de ofertas no Rexistro Xeral do Concello terá lugar nos vinte días hábiles posteriores ao da publicación do citado anuncio de licitación no BOP (no caso de que o día de finalización do prazo, resultase sábado ou festivo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte).


Onda de roubos: a análise o 9 de maio


Os episodios de roubos que se están producir nas últimas semanas en distintos puntos do municipio van ser analizados durante a celebración dunha Xunta Local de Seguridade que, convocada polo Concello, vai ter lugar a principios do mes de maio: concretamente, o día 9 ás 12 do mediodía.


Esta Xunta Local contará coa participación de representantes do Concello (co alcalde á cabeza), a Xunta de Galicia e a Administración Estatal (vía subdelegación do Goberno) e das distintas forzas de orde público.

Dende o Executivo agárdase que a celebración desta Xunta sirva para que, tras estudar o tema, se adoiten consensuadamente aquelas medidas que sexan máis axeitadas en orde a afianzar a seguridade cidadá e combater este tipo de sucesos delictivos.

Pode que tamén lle interese:

 


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: aproban de xeito definitivo o Regulamento Orgánico Municipal

  •  O anterior era de 1986
  • Búscase maior transparencia na xestión municipal
  • Unha das novidades destacadas é a celebración dun "Debate sobre o estado do cidade", que terá lugar no primeiro semestre de cada ano

Media_httpfarm4static_idilh

 

Ribeira, 19 de abril de 2012.- O Boletín Oficial de Provincia do día de hoxe recolle a aprobación definitiva do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Riveira que fora sometido á consideración da Corporación nun pleno extraordinario do mes de febreiro e foi aprobado por unanimidade.

 

Transcorrido o preceptivo prazo de dous meses dende a publicación da súa aprobación inicial sen que se presentara ningunha reclamación, o BOP expresa que se entende definitivamente aprobado o texto do Regulamento, que entrará en vigor aos quince días da súa publicación, segundo o previsto no artigo 65 da Lei de Bases Réxime Local.

Este regulamento orgánico (en cuxa elaboración foron partícipes todos os grupos políticos) constitúe un paso máis cara á efectiva modernización do Concello de Ribeira.

O anterior regulamento do Concello databa do ano 1986. Agora pásase dos 83 artigos deste caduco documento aos 146 artigos do actual, e gran parte do novo articulado está dirixido a garantir os dereitos de participación de todos os concelleiros no devir do Concello, sen distinción do partido político ao que pertenzan, ben sexa do equipo de goberno ou da oposición.

O novo regulamento perfecciona as obrigas contidas na declaración de intereses e rexistro de bens dos concelleiros obrigando a dar conta dos cambios que puidesen producirse e aplicar a máxima transparencia, obrigándose á publicación na páxina web do concello dos salarios, indemnizacións e axudas de custo (dietas), dos concelleiros e do persoal eventual.

Recóllese que todos os grupos poidan contar con dotación económica en función de membros con que conte cada un deles, así como dispor na Casa do Concello ou nun inmoble próximo dun despacho para recibir as visitas dos cidadáns cando non haxa  inconveniente que o impida.

No novo regulamento recóllense as diversas modificación que sufriron nos últimos anos a lexislación referente ás entidades locais, onde destaca a modificación da Lei 7/1985 de 2 abril, reguladora das bases do réxime local pola Lei 11/99 de 21 de abril e a Lei 57/2003 de 16 decembro tras a que se introducen termos como a que foi chamada “introdución na administración local da administración electrónica” para poder axilizar a, en ocasións, lentitude do procedemento administrativo posibilitando as comunicacións electrónicas.

Así mesmo este regulamento posibilita e dá cabida a principios como o de transparencia e publicidade na xestión da corporación favorecendo a publicación das convocatorias e acordos dos órganos colexiados a través da páxina web do concello, e por todos os medios electrónicos admisibles, evitando así o innecesario gasto en tempo, papel e notificacións que ata o de agora se viñan dando.

Axiliza e achega a información aos concelleiros, regulando como se accede a esta. Obriga a motivar as denegacións de información, e tamén establece a autorización de acceso por silencio administrativo en caso de non contestar no prazo de cinco días a solicitude de acceso a esta.

Inclúe, ademais dúas ordenanzas de órganos de participación como son o Consello local de pesca e o Consello escolar municipal, ademais de impoñerse a obriga de desenvolver un regulamento de participación cidadá que se engadirá, como anexo, no presente regulamento.

Dálle igualmente carácter de órganos complementarios á xunta de voceiros e á xunta de coordinación, definindo as súas funcións e a periodicidade das reunións e créanse, así mesmo, as comisión informativas de estudo, informe e consulta sobre asuntos concretos.

Debate do estado da cidade

A parte máis nova ten que ver coa regulación dos órganos de goberno e máis concretamente do Pleno do concello, máximo órgano de representación municipal e que ten importantes novidades que fan deste regulamento o máis avanzado de cantos existen en concellos de similares características ao noso.

 

Así regúlase o debate do estado da cidade que deberá celebrase no primeiro semestre de cada ano, exceptuando o ano electoral no que a nova corporación dificilmente podería dar contas dun traballo non feito aínda. Do mesmo xeito deberá comparecer, por solicitude dos GGMM, cando así o acorde o Pleno, calquera concelleiro delegado para dar conta de calquera asunto da súa área de xestión. Tamén por solicitude dunha cuarta parte dos concelleiros ou proposta do alcalde poderá controlarse a xestión da Xunta de Goberno mediante a celebración dun pleno extraordinario convocado ao efecto.

Por último, regúlanse os votos particulares e o trámite de aprobación de emendas que pretende favorecer o acordo entre os grupos.

 

Articulado:

Click here to download:
Articulado do Regulamento Orgánico Municipal.doc (270 KB)
(download)


 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: o servizo de limpeza de edificios públicos será adxudicado en breve a unha das sete empresas presentadas

 

Media_httpfarm3static_lrggt

Imaxe do colexio O Grupo

 Ribeira, 10 de abril de 2012.- Finalizado o prazo de recepción de ofertas o pasado 28 de marzo, un total de 7 empresas presentáronse ao concurso público polo que se licita a contratación do servizo de limpeza de interiores en edificios públicos, deportivos e centros escolares dependentes do Concello, segundo referiu a portavoz Herminia Pouso durante a súa comparecencia de hoxe para explicar os principais asuntos abordados na reunión do Grupo de Goberno.

Pouso Maneiro engadiu que esta mesma semana, a mesa de contratación iniciará os trámites oportunos con miras á pronta adxudicación deste servizo, que ten un importe de 320.000 euros e un prazo de duración de dous anos, prorrogable anualmente ata un máximo de dous anos máis.

Entre os centros  incluídos, que suman unha superficie total de 29.360 metros cadrados, prevese a inclusión de edificios de nova creación ou recente posta en funcionamento, como a sede da Policía Local, as novas dependencias dos Servizos Sociais situadas na praza 8 de marzo, a Sala Museo Municipal, a Casa da Xuventude ou o Edificio de Usos Múltiples de Corrubedo.

Advertiu tamén que, segundo consta expresamente no plego de condicións, o contrato poderá estenderse a outros locais ou dependencias que pasen a formar parte do Concello, co cal queda salvagardada a prestación do servizo de limpeza en todas aquelas novas infraestruturas municipais que se vaian abrir e inaugurar nos vindeiros dous anos, entre os cales se poden contar algúns incardinados dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015.

Seguemento do Riveira Atlántica

Ao fío deste último comentario, Herminia Pouso informou de que o Concello foi escenario onte dunha reunión técnica de seguimento do proxecto Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder.

Cabe recordar que o pasado 3 de abril procedeuse á apertura do Mercado Provisional despois dun intensísimo traballo de acondicionamento, así como ao inicio dos traballos preparativos con vistas á demolición da vella Praza de Abastos: unha actuación esta última sobre a que a dirección de obra do derrubo e a coordinación en materia de seguridade e saúde durante este labor recaeron na empresa 2C Arquitectos.

De forma inmediata está prevista a adxudicación dos servizos de apoio de comunicación e publicidade do proxecto Riveira Atlántica, que incluirá, entre outras accións, a elaboración dun manual de identidade corporativa específico, a creación dunha páxina web que amplifique a través da Rede a difusión deste proxecto e a edición de todo tipo de material gráfico divulgativo e de uso en actos institucionais.

Tamén nesta mesma semana se reunirá a mesa de contratación en orde a iniciar o proceso de adxudicación do subministro e instalación semafórica na avenida de Malecón, cun prezo de licitación de 80.830 euros.

E por outra parte, nestes momentos está en proceso de redacción tanto os plegos técnicos do Centro Social de Oleiros como do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Ribeira.

Adecuación de seis camiños

Outro dos temas dos que se dou conta na reunión de hoxe é o da próxima adecuación de seis camiños situados noutras tantas parroquias do municipio: unha actuación adscrita ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural) da Xunta de Galicia. O importe global das seis actuacións alcanza un total de 48.193,27 euros e abrangue concretamente a camiños situados nos Castelos (Aguiño), Agrelo (Olveira), Meixe (Oleiros), Poi (Castiñeiras), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).

Glorieta do Vilar

Por último, outros dos temas dos que se informou na reunión de hoxe foi o da publicación no DOG de 9 de abril da declaración de urxente ocupación pola Xunta de Galicia dos bens e dereitos necesarios para a realización dunha rotonda no cruce do Vilar, a efectos da súa expropiación forzosa. Cabe recordar a gran demanda veciñal existente sobre unha infraestrutura que se situará na estrada DP 7305 da Deputación Provincial.

“Esperemos que moi pronto podamos contar cunha glorieta que fará moito máis segura a circulación tanto de vehículos como de peóns”, rematou a edil.

Renovación de servizos en Romero Ortiz


Por outra banda, esta tarde comeza a actuación programada con vistas á renovación os servizos e á adecuación dun espazo público situado na rúa Romero Ortiz, fronte á céntrica praza de Compostela.

Cun investimento de 39.008 euros, as obras van ser acometidas pola empresa Andrés Paz Dios e o que se pretende coa actuación é enovar a antiga rede de saneamento existente (colocándose unha tubaxe de 35 metros de PVC compacto), instalar unha liña de pluviais (40 metros de tubaxe de PVC corrugado) e renovar as acometidas domiciliarias de auga potable. Ademais, pavimentarase a zona de actuación empregando lousas de granito sobre soleira de formigón. A tal efecto, eliminaranse a maior parte das escaleiras existentes, deixando unicamente un tramo de dous metros de ancho nun dos extremos e construíndo unha rampa que mellora á accesibilidade dos edificios do entorno.


Esta actuación corre a cargo do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas. Non será preciso tomar medidas provisionais con respecto ao tráfico.

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: escolares de Frións tiveron como guía ao alcalde nunha visita ao Concello

(download)
 

Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Dezaseis alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Frións efectuaron esta mañá unha visita a Casa do Concello. Os rapaces, de catro nacionalidades distintas, estiveron acompañados dos seus profesores e do director do centro, Luís Teira -ata hai nada concelleiro do Bng na Corporación-.

No transcurso da súa visita tiveron oportunidade de coñecer as distintas dependencias en que se distribúe o inmoble, tales como as oficinas xerais, a área de urbanismo ou a parte reservada ao arquivo. A responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, exerceu de cicerone durante o percorrido polas distintas estancias, no que tamén estivo a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya.

Como corolario da súa visita coñeceron o despacho do alcalde, no que foron recibidos polo propio Manuel Ruiz, e a continuación, acudiron ao salón de plenos do Consistorio, onde o rexedor se someteu ás preguntas que lle quixeron facer os nenos en torno a cuestións como a de como é o día día dun alcalde ou ás dificultades de conciliar a vida persoal coa laboral.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Frións   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: sorteados e repartidos os 26 postos do mercado provisional

  • As portas da praza actual pechan definitivamente este sábado 24
  • Hai programada unha viaxe á Coruña o mércores 28 para ver como funcionan os mercados dalí

Reunin_concello
Visita_carpa
Ribeira, 19 de marzo de 2012.- O concelleiro de Consumo, Vicente Mariño de Bricio, celebrou na mañá de hoxe unha reunión cos vendedores da praza de abastos con vistas a organizar os detalles do seu inminente traslado á carpa na que estes operadores van traballar en tanto se constrúe o novo mercado.

A sesión de traballo, que tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, serviu para decidir o reparto e adxudicación dos 26 postos en que se dividirá a carpa, de 450 metros cadrados de superficie. Na instalación haberá 16 postos de peixe fresco e outros 6 de carne que foron adxudicados hoxe por sorteo, máis 2 postos de floristería e 2 de embutidos que xa foran distribuídos de antemán.

Durante a reunión celebrada no Consistorio, de case dúas horas de duración, Mariño de Bricio incidiu na importancia de que este mercado provisional sexa un referente do desenvolvemento local e o líder do entorno en canto á venta de produtos frescos. Así mesmo, destacou que debe servir de escaparate comercial tanto para o cliente habitual como para o turista, amparándose en premisas tales como a calidade do produto e a atención ao cliente e procurando ampliar a franxa de idade do usuario potencial.

Con miras á consecución destas aspiracións, algunhas das medidas que se van impulsar coincidindo coa apertura do mercado provisional (apertura que está prevista para o martes 3 de abril pola mañá) figuran o emprego de placas identificativas polos vendedores, o uso de portaprezos nos postos e a utilización de uniformes.  No transcurso da xuntanza tamén se tomaron novas decisións, como a que por conta dos propios praceiros se alugue unha cámara frigorífica na que gardar unha parte dos produtos frescos que se vaian comercializar.

O concelleiro informoulles de que as portas da praza de abastos actual quedarán pechadas definitivamente este sábado 24 de marzo ás 14 horas e a partir de entonces terán lugar as manobras de traslado de material ata a carpa.

Viaxe á Coruña

Interior_concello_corua
Interior do Concello da Coruña


Os praceiros que así o desexen poderán tomar parte o mércores 28 nunha viaxe a Coruña para poder coñecer de primeira man o funcionamento de dous mercados punteiros enclavados na cidade herculina, como son o mercado de Elviña e o da praza de Lugo. Así mesmo, terán a oportunidade de percorrer os lugares máis interesantes da urbe, consistorio de María Pita incluído, por invitación do Consorcio de Turismo de Coruña.

Unha vez finalizada a reunión, os praceiros, o edil de Consumo e técnicos municipais desprazáronse ata a carpa na que está a ter lugar as tarefas de acondicionamento. Alí Vicente Mariño escoitou as suxestións realizadas a pé de obra por algúns dos comerciantes, en torno a aspectos tales como a modificación dos condutos de desaugue, o cambio de material para o cortaventos situado na entrada ou as dimensións dalgúns postos. Estudaranse as suxerencias.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   praza de abastos  

Ribeira: mostra de break-dance na pista multideporte "Irmáns Parada Alvite" este venres 16

  • Tamén na Casa da Xuventude serán recibidos mañá estudantes de Alemania
  • En Artes, no Centro Recreativo, terá lugar a presentación dun equipo de Kempo

Media_httpfarm8static_wtnte

Pista multideporte da casa da xuventude, adicada aos irmáns Parada Alvite



Ribeira, 15 de marzo de 2012. A recentemente inaugurada pista multideporte “Irmáns Parada Alvite”, situada detrás da Casa da Xuventude, en Abesadas, vai dar cabida mañá ás 10.45 horas a unha exhibición de breakdance, que será levada a cabo por membros da Asociación Vella Escola de Noia.

Ao espectáculo asistirán alumnos do veciño colexio Galaxia. O que se persegue con esta acción é fomentar, por unha parte, o uso e disfrute das instalacións públicas municipais entre a xuventude e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.

Estudantes xermanos traídos pola ex-muller do dono de Zara

Este venres 16 e o sábado 17 de marzo estarán en Ribeira, aloxados no Albergue da Casa de Xuventude, dezaoito  mozos alemáns, con idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos, procedentes do Estado de Brandenburgo.

Os mozos e mozas (Philipp, Sandy, Mathias, Dennis, Justyna, Yvonne, Kevin, Anne, Immanuel, Christoph, Andy, Jonny, Mark, Riva, Denny, Oliver, Irina, Dominic, Vanessa) están realizando prácticas pre-laborais dun mes en empresas das comarcas de Sar, Barbanza, Muros e Noia. Os rapaces, en situación de desemprego no seu país de orixe, veñen acompañados por tres traballadores sociais e forman parte do proxecto “La Ida”, financiado polo Estado Federal Alemán e que conta coa colaboración da Fundación Paideia, detrás da que está Rosalía Mera, ex muller de Amancio Ortega, dono do imperio Inditex e o home máis rico de España.

Os rapaces foron recibidos por esta entidade e tiveron oportunidade de visitar as súas instalacións, radicadas no municipio de Padrón. O obxectivo principal do proxecto “La Ida” no que participan é proporcionar aos mozos en desemprego unha experiencia transnacional que lles sirva como orientación profesional, e como aprendizaxe lingüística. O goberno alemán pretende deste xeito contribuír a aumentar as capacitacións destes mozos, facilitándolles a reincorporación a itinerarios formativos e de emprego, unha vez retornen a Alemaña.

Ademais das prácticas en empresas, os mozos tamén participan en actividades deportivas, como medio para realizar unha aprendizaxe lingüística, así como recurso para a socialización con mozos galegos.

Chegada ás 17.30 horas

Chegarán a Riveira en torno ás 17.30 horas de mañá. De 18 a 19 horas levarán a cabo un obradoiro de malabares nas instalacións da Casa da Xuventude de Riveira e de 19 a 20 horas realizarán unha actividade de orientación urbana polas rúas de Riveira.

O sábado 17 de marzo levarán desenvolverán tamén neste municipio unha xornada de convivencia con mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó. Os rapaces de Arrecó elaboraron unha serie de actividades no medio natural para deste xeito pasar un día inesquecible.

Así, haberá unha ruta de sendeirismo que saíndo de Riveira pasará polo Parque Periurbano de San Roque, polo Miradoiro da Pedra da Rá e rematará no Parque Natural de Corrubedo, onde visitarán o CIELGA. En caso de que as condicións climatolóxicas non sexan as adecuadas, faranse actividades predeportivas no polideportivo da Fieteira.

Media_httpfarm3static_kkpaj

Programa
da ruta de sendeirismo e xornada de convivencia entre mozos e mozas de Alemaña pertencentes ao proxecto “La Ida” da Fundación Paideia e mozos e mozas da Asociación Xuvenil Arrecó de Riveira.

Sábado 17 de marzo de 2012:

Ruta clasificada de dificultade baixa cun percorrido total de 4,39 Km. O punto máis elevado é o Miradoiro da Pedra da Rá cunha altura sobre o nivel do mar de 172 metros.

10.00 h. Saída da Casa da Xuventude e a través do monte vaise cara ao Parque Periurbano de San Roque.

10.30 h. Recibimento por parte da técnica do Centro de Interpretación e breve explicación do Parque e das exposicións.

11.30 h. Unha vez rematada a visita ao Parque de San Roque continuarase a ruta ata chegar ao Miradoiro da Pedra da Rá.

12.00 h. Chegada ao Miradoiro da Pedra da Rá desde onde verán o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Media_httpfarm4static_oiwlx

12.15 h. Saída rumbo ao Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural de Corrubedo (Casa da Costa).

13.00 h. Recibimento por parte dos técnicos do Parque Natural e visionado dun vídeo de cómo se formou o Parque. Visita ao CIELGA (Centro de Interpretación da Natureza de Galicia).

13.30 – 13.45 h. Fin da actividade e comida de confraternidade.

Equipo de Kempo en Artes

Tamén informa o Concello de que o edil Anxo Orellán vai asistir mañá ás 21 horas á presentación do club Kempo Barbanza no Centro Recreativo de Artes. Acompañará ao presidente do citado club, Iván Parada, quen ademais de explicar os obxectivos e proxectos de futuro que ten a entidade, dará detalles da próxima participación de deportistas do club no Campionato do Mundo de Torres Novas en Portugal.

Segundo comunican os organizadores do acto, ao final do mesmo haberá uns petiscos.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: barallan instalar un pipí-can, parque de skate e btt fronte á sede da policía local

  • As novas instalacións faríanse con cargo a un convenio coa construtora Mirón y Gutiérrez, no que tamén se inclúe axeitar a rúa Canarias e abrir novo vial detrás do ceip O Grupo
Media_httpfarm4static_mifaa

Ribeira, 6 de marzo de 2012.- A voceira municipal Herminia Pouso deu conta este mediodía dos principais asuntos tratados na reunión de hoxe no Grupo de Goberno. Entre os mesmos, a edil informou de que se está a ultimar a sinatura dun convenio de colaboración coa empresa promotora Mirón y Gutiérrez, S.L., que lle permitirá ao concello desenvolver diversas actuacións de interese para a veciñanza. 

Así, un dos puntos que está previsto incluír neste acordo é a recepción temporal por parte da Administración Local do terreo localizado fronte ás novas dependencias da Policía Local para ofrecer alí novos servizos. Barállanse tres alternativas que non son excluíbles unhas das outras: a instalación dun parque municipal de BMX (unha modalidade acrobática de ciclismo parecida ao trial), unha zona de skate e, recollendo numerosas demandas entre os cidadáns, un parque canino “que lles permita aos donos destes animais dispoñer dun espazo urbano para que os seus cans poidan disfrutar en total liberdade, ao tempo que preservamos a seguridade dos cidadáns”. 

Elementos desmontables

En todos supostos se faría uso de elementos móbiles que, chegado o caso, non habería problema en desmontar e trasladar a outras ubicacións. No caso de darse o visto bo ás tres alternativas, a superficie que se requirirá para a súa posta en marcha aproxímase aos 1.500 metros cadrados. 

Ademais, en virtude deste convenio o Concello recibirá a cesión en propiedade da rúa Canarias de tal xeito que dende a Administración se poidan efectuar alí traballos de mellora en acondicionamento que subsanen as eivas que rexistra este vial (falta de beirarrúas, firme deteriorado, etc...). De igual xeito, recibirase tamén a franxa de terreo situada por detrás do colexio O Grupo para abrir alí unha nova vía que conecte a rúa Canarias coa travesía perpendicular a Mariño de Riveira. Entre outras vantaxes, esta apertura permitirá desconxestionar o tráfico da avenida Miguel Rodríguez Bautista nas horas de entrada e saída dos alumnos ao recinto escolar ao ofrecer aos pais e nais unha posibilidade alternativa para deixar aos seus fillos. 

Por último, o convenio recolle a cesión por dous anos da parcela situada entre a rúa Canarias e a praza de España na que está instalada a carpa que acollerá provisionalmente o mercado municipal. 

Acondicionamento da carpa

Precisamente respecto a este último punto, Herminia Puso comunicou que no día de hoxe inícianse os traballos de tabicación e división do interior da carpa, así como o acondicionamento do entorno. A portavoz municipal explicou que esta instalación contará con dous accesos: un que conectará o mercado provisional coa rúa de Galicia (practicamente en fronte de onde está a praza de abastos actual) e outro coa rúa Canarias, cuxa función principal é o de dar entrada a mercadorías aínda que tamén poderá ser empregado polos usuarios . 

A intención do Executivo é poder comezar os labores de traslado dos praceiros en canto finalicen estes traballos, de tal xeito que o mercado provisional poida entrar en funcionamento antes da Semana Santa, “para non prexudicarlles nuns días que, pola afluencia masiva de visitantes á cidade, solen gozar de gran actividade comercial”. 

Traslado da Oficina de Deportes

Por último, Pouso Maneiro deu conta do traslado da Oficina de Deportes dende o seu emprazamento actual no Auditorio Municipal ata o Complexo Deportivo da Fieiteira. O número de teléfono para poñerse en contacto con este servizo é o 981 873 646, en tanto que o enderezo electrónico segue a ser o habitual deportes@riveira.com.






Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello   proxectos  

Ribeira: a Fundación "Amigos de Galicia" suscribe convenio tamén co Concello

  • A fundación está a asinar convenios por toda Galicia con concellos do PP para repartir axudas a pobres. Dos impostos dos ribeirenses sairán 5.000 euros
  • Á fronte dela está Jesús Busto e o mediático Luís Rial, que tamén conceden o premio "Grelo de Ouro". O ano pasado foille concedido ao ribeirense Ramiro Carregal, que curiosamente tamén é presidente de honra desta Fundación

(download)

Ribeira, 23 de febreiro de 2012.- O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o presidente de honra da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Carregal Rey, procederon á sinatura esta mañá dun convenio de colaboración para a implantación no municipio do Plan da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Polo visto é un acordo en virtude do cal 40 familias con dificultades económicas do municipio se verán beneficiadas coa recepción de alimentos e outros produtos de primeira necesidade subministrados pola fundación, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello. 

No acto celebrado no Salón de Plenos do Consistorio estiveron tamén o director xeral da devandita entidade, Jesús Busto Peteiro, e o concelleiro de Acción Social e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio. 

A entidade recibirá unha aportación inicial do Concello de 5.000 euros para esta anualidade, se ben a intención do Executivo é aumentar no futuro esta contía segundo manifestou o rexedor, “aínda que o que realmente nos gustaría é que medrasen as posibilidades de atopar traballo”, matizou. 

Ribeira, pequeno oasis no do emprego

Manuel Ruiz informou así mesmo que os propios Servizos Sociais do Concello están ofrecendo atención neste concepto a 80 persoas e recalcou que se ben Ribeira é un “pequeno oasis” en canto que os niveis de desemprego son similares aos de 2007, cada vez se poden advertir en maior medida as consecuencias da crise. 

Por iso, agradeceu o labor que están a prestar entidades como a Fundación Amigos de Galicia, “que comezou a súa historia actuando na Galicia exterior pero desgraciadamente agora se ten que preocupar máis da Galicia interior”. 

Pola súa parte, Jesús Busto subliñou que para o desenvolvemento dos labores da fundación reciben a axuda  de distintas administracións (UE a través dos fondos europeos de loita contra a pobreza, Goberno Estatal, Xunta de Galicia, Deputacións e concellos) e sobre todo das empresas.  

Tocante a este último punto agradeceu en especial a colaboración da firma conserveira Frinsa, da que é presidente Ramiro Carregal, recentemente obsequiado co Grelo de Ouro, quen se amosou encantado de poder ofrecer a súa aportación.

Relacionada:


Amigos de Galicia en Dodro: convenio para axudar a pobres

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello  

Ribeira: o Concello saca a concurso o servizo de limpeza en edificios públicos, deportivos e escolares dependentes da administración local

  • A data de presentación de ofertas finaliza o 28 de marzo

Media_httpfarm3static_fgofh

Ribeira, 22 de febreiro de 2012.- O Concello está dando os pasos oportunos en orde a sacar a contratación o servizo de limpeza en edificios públicos, deportivos e centros escolares dependentes desta Administración Local. 

Así, no BOE con data de 21 de febreiro (páxinas 7691 a 7692) anúnciase a contratación do servizo, que terá lugar por medio dun procedemento ordinario aberto con pluralidade de criterios de valoración. 

O prazo de duración do contrato será de dous anos prorrogables e o importe do mesmo de 320.000 euros. 

Para seguir coa tramitación da licitación, nos próximos días será  colgado na páxina web do Concello (no apartado Perfil do Contratante) o prego coas condicións do contrato.  

A data límite para a presentación de ofertas rematará o 28 de marzo.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   actividade Concello