Preme para voltar á portada
Filed under

Airoas

 

Ribeira: clausurado o obradoiro de emprego "Airoas"

  • Os 35 alumnos, formados xa en xardinería, carpintería e pavimentación, recibiron os seus diplomas acreditativos e agora buscan traballo
Airoas_-_entrega_diplomas
Airoas_-_visita_parque
Airoas_-_foto_de_grupo_fronte_
0airoas

Ribeira, 22 de decembro de 2011- O parque periurbano de San Roque viviu na tarde de onte a clausura do obradoiro de emprego Airoas: un acto ao que acudiron -ademais dos 35 alumnos maiores de 25 anos que estiveron dende hai un ano a asistir a esta iniciativa, así como os seus mestres e demais persoal formativo- distintas autoridades en representación das institucións organizadoras da iniciativa (Consellería de Traballo e Benestar e Concello de Ribeira), tales como a delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén Docampo; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida; e o alcalde Manuel Ruiz.. 

Que o parque periurbano fose o lugar escollido para desenvolver o acto de hoxe serviu para amosar as principais melloras promovidas a través do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso,   como por exemplo a pavimentación con adoquinado de granito da entrada principal ao parque (tamén se actuou nos outros tres accesos existentes), a elaboración e colocación dunha pasarela de madeira que da acceso ao Centro de Interpretación, a dotación de diversos puntos de luz e dun arco de madeira na zona de entrada ou mesmo a construción en madeira dunha parada de autobús. 

Estas e outras accións foron desenvolvidas polos 35 estudantes repartidos en tres especialidades (xardinería, carpintería e pavimentación), os cales recolleron hoxe os seus correspondentes diplomas acreditativos nun acto que comezou coa intervención da directora do curso, Uxía Argibay. 

Verbas de felicitación e ánimo

Pola súa parte, tanto Manuel Ruiz como Belén Docampo e Andrés Hermida quixeron felicitar ás 35 persoas asistentes ao obradoiro polo gran traballo desenvolvido e coincidiron en salientar que o acto de hoxe non é un fin senón que marca un principio á hora de que estes alumnos poidan acudir con mellores opcións ao mercado laboral: algo para o cal lles quixeron dar moitos ánimos. 

Doutra banda, o alcalde xa adiantou que realizará xestións en orde a intentar conseguir para Ribeira no vindeiro verán unha nova escola obradoiro, que neste caso iría dirixida a persoas menores de 25 anos. Cómpre salientar que este concello é dos máis favorecidos por este tipo de iniciativas, namentres que noutros concellos veciños levan anos sen ter nada semellante. 

Antes, en Certo:


Airoas: o obradoiro de emprego cumpre mellor ca os políticos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Airoas   Ribeira   clausura   obradoiro de emprego  

Ribeira: "Airoas" rematou máis do 90% do previsto no obradoiro a un mes da súa clausura

  • O parque de San Roque foi o principal beneficiario do traballo deste obradoiro
  • 35 alumnos-traballadores en carpintería, xardinería e pavimentación con lastros aproveitan esta iniciativa para completar a súa formación

Carpintera_-_colocacin_farolas

Ribeira, 14 de novembro de 2011.- O obradoiro de emprego Airoas -a través do cal se están a formar un total de 35 alumnos maiores de 25 anos- xa está na recta final e a veciñanza xa pode disfrutar da meirande parte dos traballos levados a cabo dende que principiara a iniciativa en decembro do pasado ano. De feito, a falta de pouco máis dun mes para a clausura do taller, xa foron executadas máis dos 90% das actuacións programadas nas tres especialidades que foron habilitadas: carpintería, xardinería e pavimentación con lastros. 

Unha vez máis, o Parque Periurbano de San Roque erixiuse na principal área beneficiada dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. Tanto é así que os labores de pavimentación e axardinamento da entrada principal dende a estrada de Frións e a zona de aparcamento xa están practicamente rematados a falta de dar os últimos retoques. 

Pavimentacin_e_carpintera_-_ad

Outras intervencións realizadas no parque de San Roque foron a pavimentación con adoquinado de granito das catro rampas existentes de acceso ao parque e a canalización e recollida de pluviais en diversas zonas do mesmo (pavimentación), a conformación de sementeiros e plantas no invernadoiro do enclave (xardinería), ou a elaboración e colocación dunha pasarela de madeira de acceso ao Centro de Interpretación, de diversos puntos de luz e dun arco de madeira na entrada principal (carpintería). 

Pero as actividades desenvolvidas foron máis aló do recinto periurbano e, por exemplo, os alumnos inscritos na especialidade de pavimentación desenvolveron diversas actuacións dirixidas á eliminación de barreiras arquitectónicas, como a colocación de rampas en Amicos e nos colexios de Frións e Oleiros, e unha beirarrúa en Cubeliños. 

Xardinera_-_axardinamento_san_

Polo que atinxe á  especialidade de carpintería, algunhas das actuacións dos alumnos centráronse na fabricación, mantemento e reparación no seu caso de mobiliario urbano nas distintas parroquias do concello (fabricación de taboleiros informativos, bancos, papeleiras, bancos, xardineiras, mobles de oficina,  reparación de pasamáns e de casetas vestiarios...). Tamén levaron a cabo traballos de reparación na Casa da Xuventude. 

En canto a xardinería, ademais dos traballos no parque antes citados, procederon a realizar labores de axardinamento e instalación de rego no CEIP de Aguiño e o mantemento de distintos espazos verdes do Concello. 

Pavimentacin_-_adoquinado_san_

Paralelamente a estas e a outras actuacións que repercutiron no benestar e calidade de vida da veciñanza, o curso dou cabida a outras accións que incidiron na formación dos propios participantes. Así, 14 dos alumnos matriculáronse na ESA a distancia (Educación Secundaria de Adultos), tiveron ocasión de asistir a un ciclo de alfabetización informática e a senllos cursos de prevención de riscos laborais, primeiros auxilios ou motivación emprendedora. 

A día de hoxe, no obradoiro se está a traballar en diversos aspectos ligados á inserción laboral dos alumnos traballadores (elaboración de currículo, carta de presentación, entrevista de traballo...) e xa se iniciaron contactos con empresas da zona a fin de sondear o mercado.  
 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Airoas   Ribeira   obradoiro de emprego   obradoiros  

Ribeira: o obradoiro de emprego Airoas está a impartir un módulo de Sensibilización Ambiental

Ribeira, 11 de maio de 2011. O Obradoiro de Emprego Airoas comezou a impartir o Módulo de Sensibilización Ambiental o pasado venres 29 de abril, cunha ponencia no salón de actos do Parque Periurbano de San Roque, coa colaboración externa do biólogo Juan José Sampedro Reiriz.

A esta presentación, que se fixo amena e moi participativa, asistiron tódolos alumnos-traballadores de Airoas. O seu obxectivo xeral é introducir ao alumnado no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación na especialidade profesional.

Na  primeira xornada distinguíronse tres partes fundamentais:

.- Exposición e explicación de conceptos básicos  como son medioambiente, ecoloxía, cadena trófica, ecosistema, recursos naturais, hábitat, biodiversidade, pegada ecolóxica, cambio climático, contaminación e desenvolvemento sostible.

.- Os efectos da actividade humana sobre o medio. Déronse a coñecer as consecuencias irreversibles da nosa acción sobre o medioambiente, e como o ser humano muda o estado natural coas consecuencias que disto se derivan, e que non só van afectar ao medioambiente natural, senón tamén ao medio urbano e ao noso traballo, á saúde e á economía.

.- Posibles solución e actitudes a seguir tanto a nivel social-individual e a nivel das administracións ( competencias da UE, do Estado, Xunta, Concellos)

 Os  obxectivos didácticos que se pretenderon  acadar son  entre outros, os seguintes:

   1. Comprender a definición de medioambiente e achegarse ao coñecemento dos principais problemas medioambientais. 
   2. Obter un nivel de sensibilización e de respecto polo medioambiente desde un punto de vista científico.
   3. Comprender a diferencia entre recursos naturais renovables e non renovables, así como do tempo preciso para recuperalos, por medio dun exemplo práctico: cando estamos facendo uso dunha enerxía (o petróleo) que precisa millóns de anos para producirse e unhas poucas horas para consumirse.
  4. Coñecer o concepto de sucesión natural, e comprender como muda logo dunha alteración do medioambiente.
   5. Aplicar á especialidade profesional os conceptos adquiridos co desenvolvemento de boas prácticas medioambientais no traballo.
   6. Achegarse aos aspectos legais  da figura da responsabilidade medioambiental e a necesidade da sostibilidade ambiental, principalmente: a Lei de responsabilidade medioambiental,a lei de residuos e  os estudos de impacto ambiental.

Utilizando tódolos conceptos básicos explicados,e mediante exemplos da nosa realidade máis próxima chegouse a comprender e a sensibilizar sobre o noso compartamento  cara aos efectos sobre o cambio climático e maila contaminación nas súas diferentes formas.

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Airoas   Ribeira   ecoloxía   obradoiro de emprego  

Ribeira: alumnos do obradoiro de emprego Airoas aprendéronlle a escolares do colexio de Aguiño a plantar árbores


Ribeira, 6 de maio de 2011. O obradoiro de emprego de Ribeira, Airoas, realizou unha actividade de colaboración co colexio público de Aguiño este xoves 5 de maio .Nela participaron tres grupos de nenos de Educación Primaria de diferentes idades (6, 9 e  10 anos) e o mestre cos alumnos-traballadores da especialidade de xardinería.

Os escolares puideron aprender a plantar varias especies de árbores (cinco liquidambars, sete camelias e un piñeiro piñoneiro, e tamén viron o semilleiro, onde os alumnos de Aguiño gozaron misturando substrato e sementeira.
 
Ademais disto, o obradoiro de emprego Airoas tamén colabora co Ceip de Aguiño noutras actividades como o desbroce e limpeza dos vexetais do recinto e o axardinamento dunha parte dos seus terreos e a montaxe do regadío da mesma.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aguiño   Airoas   Ribeira   ceip   obradoiro de emprego