Ribeira: a ANPA do IES Leliadoura programa unha excursión a patinar e visitar a Domus na Coruña este sábado 17
Ribeira, 14 de Nadal de 2011. A ANPA do IES Leliadoura organiza para o sábado 17 de decembro unha excursión á cidade de A Coruña. A convocatoria está dirixida principalmente ao alumnado e nais e pais do IES Leliadoura pero aberta tamén á participación de calquera outra persoa, e está subvencionada polo Concello de Ribeira.
Itinerario da excursión:- 9:00 Saída do IES Leliadoura.
- 11:00 a 13:00 Pista de patinaxe sobre xeo do Coliseum.
- 14:00 a 16:30 Entrada o Domus: comida no picnic do Domus e visita ó museo.
- 16:30 a 18:30 Torre de Hércules, Parque de San Pedro.
- 18:30 Regreso ó IES Leliadoura.
- Chegada a Ribeira ás 20:00 aproximadamente .
PREZO SOCIOS: 10 €
PREZO NON SOCIOS: 13 € Inscricións no teléfono 677733467 ou no correo-e: anpaleliadoura@gmail.com Algunhas recomendacións:- Levar luvas e roupa axeitada para a pista de patinaxe.
- Levar roupa de reposto.
- Levar comida para o picnic do Domus.
- Calzado e paraugas axeitado á climatoloxía.


Comentarios [0]