Preme para voltar á portada
Filed under

Antón Avilés de Taramancos

 

Noia: o XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos” gañouno o vigués Xosé Alfredo Naz



Noia, 28 de abril de 2012. O escritor Xosé Alfredo Naz Fernández (Vigo, 1972, profesor de Matemáticas que xa gañou o certame Ánxel Fole, o XXXVI de narracións curtas "Modesto Figueirido" e o "Ciencia que conta" de 2009) gañou o XI Concurso de relatos de aventuras "Antón Avilés de Taramancos" co relato "O sorriso de Hitler". Leva por iso 3.000 euros e a publicación da obra.

Nesta edición do concurso de relatos de aventuras participaron 18 obras. O xurado, no cal estaba, entre outros, o gañador do ano pasado, o ribeirense Antonio Piñeiro, destacou a calidade das obras presentadas.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   Relatos   certame  

Noia: homenaxe poética a Antón Avilés de Taramancos no seu vixésimo cabodano. Vídeos de Paco do Martelo









Antes anunciamos:

Homenaxe_aviles


Noia, 20 de marzo de 2012. O acto cultural máis relevante deste mes en Noia está´relacionado cun dos persoeiros máis notables que deu a vila no mundo das Letras: Antón Avilés de Taramancos. Cúmprense 20 anos do seu pasamento e, por este motivo, haberá un encontro poético entre Yolanda Castaño, Ana Romaní, María Xosé Canitrot e Eva Veiga. Será a partires das 20:30 na casa da cultura que leva o nome do homenaxeado e moderará a profesora María Galán.

Media_httpfarm4static_oezak

Cafés cos seus poemas

Click here to download:
Poemas_de_Avilés.doc (44 KB)
(download)

Pola mesma banda, a iniciativa "Os Cafés Literarios" suporá que poemas de Antón Avilés serán expostos ao longo de todo o día nas mesas das cafeterías. Éstas cubriranse con poemas de Avilés coa fin de dedicar uns minutos de tempo a ler e coñecer a obra de Antón Avilés Vinagre.


Quen foi Antón Avilés de Taramancos?

O seu artigo na Galipedia

Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (libro dixital)

O mesmo día, en Noia:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   homenaxe   programación cultural  

Noia: o Consello da Cultura emite en Youtube unha homenaxe a Antón Avilés de Taramancos con poemas lidos polo autor

Dentro da súa serie de gravacións de grandes persoeiros das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega vén de lanzar este luns, 12 de marzo, unha gravación de Antón Avilés de Taramancos onde está a ler poemas seus.

Constitúe o volume XIX da colección As Nosas Voces, editado polo Arquivo sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Se ten interese en ver o resto, tan só ten que ir á canle en YouTube do Consello da Cultura Galega, en



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   homenaxe   youtube  

Noia: bases do XI Certame de Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos"

  • Prazo de admisión de orixinais ata o venres 23 de marzo
  • Único premio de 3.000 euros e escultura de Alfonso Costa, ademais de publicación do relato

Xi_certame_literario_avils


Noia, 8 de febreiro de 2012. Estas son as bases do XI Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, que foi presentado esta mañá na casa de cultura que leva o nome deste eximio escritor:

1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 23 de marzo de 2012.
4. Os traballos serán remitidos a:
Concello de Noia
Rosalía de Castro, 2
15200 Noia
5. Estabelécese un único premio de 3000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
O premio está consignado na partida 334.48000, atopándose retido o crédito necesario.
A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/a que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco ou caixa, correspondente á súa conta. Unha vez presentada esta certificación o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.
6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos. Estará composto polo Alcalde do Concello de Noia, ou persoa na que delegue, que actuará como presidente. Un membro da revista de creación literaria e cultural Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia que actuará como secretario/a. E tres vogais nomeados/as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas. O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 27 de abril de 2012.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruidos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   certame  

Literatura: este venres, 8 de xullo, entrega do premio do certame "Antón Avilés de Taramancos"

Sdc14768

Noia, 5 de xullo de 2011. Este venres, día 8 de xullo, ás 20:30 horas terá lugar a entrega do Premio X Certame Literario Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos". O acto terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Lembramos que o premiado  foi o escritor Antonio Piñeiro polo traballo titulado A DAMA FULXENTE.

O acto  estará presidido polo Alcalde, concelleiro de Cultura, membros da revista Casa da Gramática do IEs Virxe do Mar de Noia e polos integrantes do xurado. Entrega aberta a todo o público que desexe asistir.

Antes, en Certo:

Noia, 1 de xullo de 2011. Xa está nas librarías o relato gañador do último certame de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos", que gañou o editor independente Antonio Piñeiro coa súa obra "A dama fulxente".

Anne Geneviève, alta dama francesa, fai o Camiño de Santiago como ofrenda  pola súa curación. Aqueixada dunha mortal enfermidade da época, e acurralada polas intrigas da Corte de Luís XIV, emprende a viaxe desde Bordeaux nunha mañá do mes de xullo, cun pequeno séquito e a compaña do seu médico, que atopará tamén ao final do Camiño, na Igrexa de San Martiño de Noia, a solución que, como científico, buscaba a esa enfermidade, xunto aos insospeitados signos que, dese saber, lle son transmitidos a través da arquitectura dos séculos.

     O Camiño de Santiago no século XVII. Turbulentos tempos de cambio. A decadencia dun modo de vida. As vicisitudes dunha viaxe plena de acontecementos, tensións, aventura, paisaxes. As inquietantes, delgadas liñas que separan ou unen a fe e a razón.

     A dama fulxente trae a colación, ademais, un dos motivos históricos e menos coñecidos polos que o Camiño acadou o seu carácter de xigante das peregrinacións.
 
Tanto o da capa como as ilustracións interiores son de Pío Costa. Uns motivos que, xunto coa súa calidade, dan magníficamente ben co tema e co sentido da novela. Custa 10 euros e mesmo se pode mercar por Internet, na páxina da editorial noiesa Toxosoutos.

Antes, en Certo:


Premio: Antonio Piñeiro gañou o "Antón Avilés" de relato

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   certame   literatura  

Noia: o editor independente de Ribeira Antonio Piñeiro gañou o certame "Avilés de Taramancos" de relato de aventuras

Media_httpfarm4static_pffiw

Antonio Piñeiro, no procesado de libros da súa editorial, de onde sae a Colección Bourel. Xa leva gañados numerosos certames literarios, como o Valle-Inclán de relato e recentemente o Ángel Urrutia, en Lekunberri (Navarra) de poesía.

Noia, 30 de maio de 2011. O fallo da décima edición do certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos" deu a coñecer ao gañador, o ribeirense Antonio Piñeiro, que presentou a obra "A dama fulxente". Ao concurso presentáronse 14 relatos. No xurado estiveron Vanesa Oliveira, Mercedes Queixas e María Pérez. O premio está dotado con tres mil euros, escultura do noiés Alfonso Costa e publicación nunha editorial local.

Antes, en Certo:

Entrevista: Antonio Piñeiro edita libros que son en si mesmos obras de arte, na Colección Bourel. Máis



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   literatura   premio  

Noia: bases do certame "Antón Avilés de Taramancos" de relato de aventura. Prazo ata 30 de abril

Bases_certame_avils_1
Bases_certame_avils_2
Bases_certame_avils
Pode que tamén che interese:


Entroido en Noia: programa de actividades. Do 4 ao 9 de marzo


VIII Concurso de Relatos Liceo Noia: bases. Prazo ata 1 de abril


Escudo de Noia: metido na trama dunha novela mistérica



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   certame   literatura  

Noia: bases do IX Certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos". Prazo de entrega ata o 28 de maio de 2010

Monumento a Avilés de Taramancos en Lousame

1.- Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas  as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras

2.- A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen  sinatura e cun lema, utilizando o sistema de plica.

3.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 4.- Os traballos serán remitidos a: 


Concello de Noia

Rosalía de Castro, 2

15200 Noia (A Coruña)

 

5.- Estabelécese un único premio de 3000 €, ademáis dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo.Concello de Noia. O importe de premio estará  suxeito á lexislación fiscal vixente.

Alfonso Costa, artista de Noia

 

6.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para interpretar as bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas e emitirá públicamente o seu veredicto o día 28 de maio de 2010.

 

7.- Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

Busto de Antón Avilés en Noia, ao pé do Concello

 

8.- O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

 

Noia,  27  de  xaneiro 2010 

 

O Concelleiro de Cultura

 

Asdo.: José Manuel González Canabal



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Antón Avilés de Taramancos   Noia   cultura   literatura   premio