Preme para voltar á portada
Filed under

A Pobra do Caramiñal

 

A Pobra do Caramiñal: o Concello, gobernado polo PP, posiciónase a prol do castelán con Galicia Bilingüe, denuncia o Psoe

Vosotros
Páxina onde sae a publicidade dos concellos. Na outra páxina "Puebla" repetidas veces

A Pobra do Caramiñal, 19 de maio de 2012. A asociación sen ánimo de lucro “Galicia Bilingüe”, que se autodefine como “apartidista e independiente” vén de presentar recentemente en Vigo unha revista de vintecinco páxinas á que denominan “Vosotros” (dispoñible en dúas versións, unha en castelán e outra en castelán e galego na páxina www.galiciabilingue.es) na cal o Concello da Pobra comparte co de Ribeira –ambos gobernados polo PP- unha páxina completa a toda cor anunciando a súa marca turística en castelán, segundo vén de denunciar a portavoz do Psoe da Pobra, Teresa García Guillán.

"En ambas versións, castelán e “bilingüe”, o Concello da Pobra anúnciase institucionalmente en castelán, posicionándose dentro desa suposta liberdade de elección do idioma que di defender “Galicia Bilingüe” a favor do castelán, utilizando o medio de expresión desa asociación como plataforma para a definición da preferencia política do Sr. Maceiras", sinala a concelleira socialista pobrense.

A revista, que debe ser o vehículo de expresión do que o colectivo que a edita entende por "pluralismo lingüístico", repite na súa curta estensión o topónimo castelanizado “PUEBLA DEL CARAMIÑAL” -ou abreviado como “PUEBLA” ou “LA PUEBLA”- en máis dunha ducia de ocasións, "sen que ao Sr. Maceiras lle trema o pulso á hora de asociar a imaxe da vila co perfil editorial da publicación, a pesar da utilización impropia e reiterada do nome do concello, sen amosar respecto algún polos graves sucesos producidos nos anos oitenta e noventa en torno ao emprego ilegal do topónimo histórico castelanizado", apunta Guillán en nota de prensa.

Unha parodia da revista "Nós"

"Os Socialistas da Pobra consideramos desafortunado que o Concello da Pobra vincule a súa imaxe turística cunha revista de marcado corte ideolóxico -cuxo nome é unha parodia do da revista "Nós", referente do galeguismo-, no que constitúe unha clara vontade política do PP de sufragar correntes de opinión afíns con miras pre-electorais, asumindo gastos de difícil xustificación nun contexto de desmantelamento sistemático dos servizos públicos, e lamentamos o uso partidista do idioma como manobra de distracción sobre os duros recortes nos niveis máis esenciais dos dereitos básicos, abrindo sen pudor vellas feridas tocante ao topónimo do Concello con manifesto desprezo da paz social conseguida arredor do topónimo oficial, que como Alcalde debera defender", remata a nota dos socialistas pobrenses. Hai que lembrar que tanto Ribeira como A Pobra do Caramiñal son concellos que tiveron que ir a plan de axuste para lles pagar a proveedores. En concreto o da Pobra é o municipio máis endebedado por número de habitantes de toda Barbanza.

Pode que tamén lle interese:



 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lingua galega   PSOE   polémica  

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.

O alcalde, de inauguración

Tamén mañá sábado 19 de maio, ás 18 horas, terá lugar a Inauguración da rehabilitación dos muíños da Ponte Barbanza. Polo visto, este acto está dentro dos programados polas Letras Galegas (así o di a web do concello), aínda que non anuncian nin unha triste muiñeira.

O acto estará presidido polo alcalde da Pobra, Isaac Maceiras e o deputado provincial Santiago Freire, en representación da Deputación Provincial da Coruña, entidade que concedeu a subvención gracias á cal se puido levar a cabo este traballo de rehabilitación.

Os actos comezarán coa bendición das instalacións polo cura párroco de San Isidoro de Posmarcos, Marcelino Somoza. A continuación, previo descubrimento de placa, haberá  intervencións das autoridades alí presentes e logo visita ás instalacións. A festa rematará cunha sesión de animación para os máis cativos e unha chocolatada para todos. 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Galiza Nova   Letras Galegas   Valentín Paz Andrade  

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Galiza Nova   Letras Galegas   Valentín Paz Andrade  

A Pobra: o Psoe tacha o plan de axuste, cun crédito de máis de millón e medio de euros, como "chapuza nacional"

  • Foi un pleno extraordinario tenso, cun alcalde máis anoxado do habitual

Media_httpfarm8static_bmhjh

Orde do día do tratado onte

A Pobra, 16 de maio de 2012. O Concello viviu onte un pleno extraordinario no que o asunto estrela era o controvertido "plan de axuste" para que A Pobra, como sucede noutros municipios, se poña ao día cos proveedores aos que leva sen pagar tempo esquencido.

No primeiro punto, o Bng votou a favor xunto co PP, argumentando que deste xeito, co crédito de máis de millón e medio euros cobrarán os proveedores do Concello.

No segundo punto o PP quedouse só. O Bng e o Psoe abstivéronse e botáronlle en cara ao equipo de goberno o desleixo do actual centro de saúde, un abandono que xa foi motivo de constantes mocións da oposición.

No terceiro punto houbo problemas coa numeración de dúas sentenzas. O xulgado dicía que promocións Lombiña (en Cabío) tiña protección de 200 metros dende a liña de Costas e que despois lla clasificaran como correspondera pero sempre en solo rústico. Tivo que ser a voceira socialista a que advertira na comisión informativa que lle estaban baixando a cen metros.

Versión socialista sobre o plan de axuste

Segundo a voceira socialista, Teresa García Guillán, "a proposta de endebedamento para concertar unha operación de crédito a longo prazo por importe de 1.564.000 € pódese calificar de chapuza nacional. Chafallada do Goberno do Estado e do Goberno local do PP".

Segundo esta concelleira, é "unha chapuza do Goberno Central porque nos obriga a adoptar un acordo de endebedamento sen coñecer o importe definitivo da operación e  antes de pronunciarnos sobre esta operación queremos saber como mínimo:

  1.     Que entidade financiera prestará os fondos 
  2.     A que ue tipo de interés se vai a formalizar a operación
  3.     Cal vai ser o importe definitivo desta operación de endebedamento


Sen poder precisar o exposto anteriormente non nos pidan que aceptemos a súa proposta: se o fixéramos estaríamos aceptando unha das  operacións crediticias máis chapuceiras da historia financieira".

Ademais, engade que é unha chapuza do Goberno Local "polo descontrol permanente do gasto, pola súa nefasta e nula xestión económica.

Chegamos a este Plan de Axuste:

a) Pola incapacidade deste goberno municipal para trazar un plan económico. Nestes momentos o Concello da Pobra segue sen presentar a liquidación do orzamento do 2011 e sen presentar os prespostos de 2012, incumprindo o establecido no Texto  Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais (TRLFL).

b) Pola débeda viva a longo prazo de 3 millóns de euros e a débeda de 1 millón e medio de euros en facturas.

c) Pola nula capacidade do concello para poder atender ao pago. Debemos saber que o Remanente de Tesorería, ou capacidade real de pago, ten un déficit de  – 1.545.000€, cando debía ser cero ou ter signo positivo.

d) Pola mala xestión de recadación con máis de 850 mil euros de dubidoso cobro

e) Pola mala xestión ou nula capacidade de axuste entre taxas e servicios que conleva un déficit de preto de cen mil euros/ano no servicio de recollida do lixo.

E agora a solución que nos presenta o goberno para afrontar este desgoberno económico é:

    Incremento no imposto do IBI, ou imposto da contribución, en urbana, pasando de 0,40%  a 0,49%.

    É por riba, estes novos tipos serán aplicados sobre os novos valores catastrais da nova ponencia de valores aprobados no pasado ano e que xa se aplicarán neste exercicio 2012.

    Estamos a falar dun ingreso a maiores para o concello no próximo ano de 365.000/€, que necesariamente terán que saír dos veciños".

Suba de impostos para o concello máis endebedado de Barbanza segundo número de habitantes

    A edil socialista indica que "tamén se contempla un novo aumento da taxa por recollida do lixo. Un primeiro incremento aprobado no 2011 farase efectivo neste mesmo ano, supoñendo para o 2013 unha suba de máis de 80 mil euros.   Vai haber un aumento das cotas no imposto de vehículos e liquidación sobre imposto do ICIO con revisión das licencias de obras concedidas nos últimos anos. Máis de 100 mil euros nos recibos que para o ano terán que pagar a maiores os veciños da Pobra por estes conceptos".

Guillán sinala que sste é un resumo  das receitas que o goberno do PP na Pobra ten para intentar sanear a súa desfeita económica:  Reforzo na eficacia da recadación executiva e voluntaria, e potenciación e inspección tributaria.
 
"Medidas que esquecen totalmente a situación de crise  económica que se está  a vivir. Medidas obrigadas por un Plan de Axuste imposto polo Goberno Central para corrixir o déficit público alcanzado pola ineficacia do Goberno municipal do PP.  Temos o triste récord de ser o concello do Barbanza en proporción ao número de habitantes máis endebedado, polo tanto me sinto obrigada a dicir que NON a esta proposta", remata a portavoz do Psoe da Pobra.

Nota de Certo: Non teñen a versión do equipo de goberno? Pregúntenlle á súa xefa de prensa sobre unha verba: censura. Non teñen a versión do Bng? Aínda non a mandou.

Pode que tamén lle interese:


Presentación de libro na Pobra: o venres 25 de maio, Dark Butterfly

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   pleno  

A Pobra: ata o 31 de maio pódese ollar "Crónica da monarquía española no século XX"

Expo8
Expo5
A Pobra, 15 de maio de 2012
. O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo; e o alcalde do Concello de A Pobra, Isaac Maceiras, inauguraron nesta localidade a exposición Crónica da Monarquía Española no Século XX, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia coincidindo co 50 aniversario da voda das Súas Maxestades os Reis Don Juan Carlos e Dona Sofía.

Expo1

Como é sabido, non houbo ningunha celebración por parte da Zarzuela, debido aos permanentes líos en que se mete a Coroa, entre xenros presuntos desfalcadores, netos menores que empregan armas en presenza de seu pai e Juan Carlos I, que se vai cazar elefantes a África en momentos moi oportunos e parte dos xornalistas antes afíns (Zarzalejos, ex xornalista de ABC, o diario monárquico por antonomasia) desvelan que ten unha amante.


Unha exposición de xornais, revistas e fotos

A mostra, instalada na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ata o vindeiro día 31, está formada por xornais de diversas cabeceiras e plantexa unha viaxe no tempo polos momentos históricos que marcaron o rumbo da Monarquía en España: dende a coroación do Rei Alfonso XIII en 1902 ata a morte de Don Juan de Borbón en 1993, pasando pola proclamación da Segunda República, a Guerra Civil, a Dictadura, a transición á Democracia, a intentona golpista do 23F, etc. A exposición xa estivo antes en Boiro, ao pouco de tomar posesión como alcalde o conservador Juan José Dieste.

As revistas teñen tamén un destacado protagonismo na mostra. Unha das estrelas é o exemplar da revista Hola adicado á voda dos actuais monarcas, un medio que tamén apoia sen fendas a esta monarquía que reinstaurou o ditador ferrolán Francisco Franco e á que se lle deu seguidismo na Constitución postfranquista.

No acto inaugural, ó que asistiron tamén varios alcaldes, concelleiros e concelleiras da comarca do Barbanza, a inmensa maioría do PP, o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, amosou dous dos xornais máis curiosos da mostra. Trátase dun exemplar do diario ABC do día 13 de maio de 1935, que presenta unha portada en branco na que só se pode ler “Este número está visado por la censura”. Souto explicou que ABC respondeu con esta portada á prohibición do goberno da República para que non se publicara nela a foto da voda de Don Juan de Borbón e dona María de las Mercedes, celebrada o día anterior en Roma. Asemade, amosou o exemplar do día seguinte (14 de maio de 1935), no que a portada recolle xa a foto do enlace, toda vez que ABC acadara o seu obxectivo de deixar en evidencia a escandalosa prohibición do goberno, que se veu obrigado a permitila.

Expo2
Souto sinalou tamén que “tal día coma hoxe, fai 35 anos, Don Juan de Borbón renunciaba no Palacio de la Zarzuela ós seus dereitos dinásticos en favor do seu fillo Don Juan Carlos, actual rei de España”. Como non estivemos alí os de Certo, ignoramos se lembrou que foi unha imposición do ditador daquela época, pois non doutro xeito voltaría a monarquía a este país.

Expo6
Outro dos exemplares máis valiosos da mostra é unha publicación de 1927 editada en Arxentina con motivo das Vodas de Prata do reinado de Alfonso XIII e que se presenta en follas soltas para que o público poida ver as numerosas fotografías que inclúe.

Case corenta vídeos históricos

Expo3
No centro da sala proxéctanse nunha plantalla de plasma 38 vídeos históricos relacionados ca Monarquía española. A colección fai asemade un repaso ós acontecementos máis importantes vividos polos membros da Familia Real, como a voda de Don Juan de Borbón e Dona María de las Mercedes en 1935; o enterro de Alfonso XIII en 1941; a voda de Don Juan Carlos e Dona Sofía en 1962; o bautizo do Príncipe Felipe en 1968; o nomeamento de Don Juan Carlos como sucesor na Xefatura do Estado en 1969; a súa proclamación como Rei de España en 1975, etc.

Expo4
A montaxe da mostra compleméntase con fotos de gran tamaño de Alfonso XIII, Don Juan de Borbón, Don Juan Carlos I e o Príncipe Felipe, así como xornais que recollen nas súas portadas acontecementos históricos tan relevantes como o lanzamento do primeiro cosmonauta ó espazo (Yuri Gagarin), a celebración do Concilio Vaticano II, os asasinatos de Kennedy e Martin Luther King ou a chegada do home á Lúa.
Expo7

Que é Exxpopress

O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia é un colectivo creado e promovido por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberto a toda a sociedade, sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico. Entre os seus socios de honra figura o xornalista Fernando Ónega. Certo non pertence a este colectivo.

O obxectivo do club é a organización de actividades de promoción e dinamización do turismo, a cultura e a empresa de Galicia, implicando nelas a empresas, administracións, colectivos e xornalistas.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   exposición  

A Pobra: o venres 25 de maio preséntase "Dark Butterfly", de Rexina Vega


Booktrailer do libro que se presenta

A Pobra, 11 de maio de 2012. A Asociación Cultural Barbantia informa da presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. O acto terá lugar o venres 25 de maio, ás 20:30 h, na TENDA ESCOLA DEÁN (Rúa Rafael Calleja, 11-13), e nel estarán presentes, amais da autora, Manuel Bragado, director de Xerais; o noiés Agustín Agra, socio de Barbantia, e Amparo Cerecedo, presidenta da Asociación do Pequeno Comercio da Pobra.

Tamén, na Pobra:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Barbantia   presentación libro  

A Pobra: orde do día do pleno extraordinario do 15 de maio

Media_httpfarm8static_cegiy

Non o ve ben? Entón prema aquí

Sorprenden as présas do equipo de goberno do PP, comandado por Isaac Maceiras, para dispor dun terreo -segundo punto- para a construción dun centro de saúde cando a Xunta de Galicia, do tamén popular Núñez Feijóo, non dispón de partida orzamentaria e cando o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, tamén do PP, acaba de recortar 10.000 millóns en Sanidade e Educacións, uns cartos que lle virán moi ben para amañar a desfeita en Bankia do seu amigo e ex alto cargo do PP Rodrigo Rato. Dá a sensación, por todo isto e polas recentes inauguracións nestas bisbarras, de que se achegan eleccións anticipadas en Galicia.


Antes, en Certo:



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   pleno   política  

A Pobra: o equipo de goberno promete unha gardería logo de 8 anos sen facer a prometida

  • Segundo denuncia o Psoe, o equipo do popular Isaac Maceiras adícase a facer estes anuncios en comidas-mitin no canto de facelo no pleno, diante dos representantes lexítimos dos veciños
  • Sospeitan que, de facerse no lugar que indica o goberno popular, unha asociación veciñal veríase desaloxada do local concedido
Media_httpfarm7static_trhka

A gardería que leva Maceiras prometendo dende 2004 podería ubicarse no Camiño Ancho

A Pobra, 7 de maio de 2012. O Psoe da Pobra denuncia hoxe en nota de prensa "as promesas incumpridas de Isaac Maceiras, que emprega un acto pagado cos cartos de todos os pobrenses para facer propaganda unha vez máis", en referencia á comida da terceira idade do pasado venres 4 de maio.

"Logo de 8 anos sen facer a gardería, e de prometela no Nadal de 2004 como se fora un agasallo de Papá Noel, volve agora á carga, cando non dá xestionado un Concello que ten na creba e que ten que ir a plan de axuste e pasa o tempo e gasta os cartos en actos, como a comida do venres, totalmente superflua e só para saír na foto", explican os socialistas pobrenses.

"O concello da Pobra tivo necesariamente que acudir ao Plan da axuste, (endebedamento para pagar ós provedores) por un importe de 1.554.091,49 euros. Entre estes figuran as empresas de catering e demais establecementos de hostalería onde o equipo de goberno acude para organizar os convites, tales como celebracións da bandeira azul, ágapes desta mesma bandeira, inauguracións varias ou o mesmo xantar da terceira idade", proseguen dende o Psoe da Pobra.

Onde está a gardería prometida en 2004?

"O señor Maceiras debíase adicar a buscar os cartos para pagar as débedas destas cuchipandas e dos seus fastuosos actos de inauguración e deixar de prometer o que non vai facer... Pode que pense o señor alcalde que os pobrenses temos pouca memoria, pero a hemeroteca é terca e o día 25 de Nadal de 2004 saíu con que ía facer unha gardería para cen nenos: onde está, oito anos despois? É este o gran xestor da Pobra? Ben se ve: estamos afogados pola súa mala xestión", critican os socialistas.

"Ademais, segundo conta a prensa, o mandatario xa mostrou os planos de situación desa hipotética gardería ao invitado que trouxo á festa  dos vellos do pasado venres. Por qué non llos ensina aos lexítimos representantes dos veciños na Corporación? Será porque unha vez máis ten pensado desaloxar a unha asociación de veciños do local que ten concedido. Isto é: un colectivo máis silenciado", rematan dende o Psoe da Pobra do Caramiñal.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   política  

A Pobra: o equipo de Goberno sométese á Xunta e faille pagar os gastos do centro de saúde aos veciños

Media_httpfarm8static_cmiya

A Pobra, 7 de maio de 2012. O grupo municipal do BNG  da Pobra do Caramiñal rexistrou hoxe no Concello unha iniciativa para debate e resposta no vindeiro pleno ordinario deste mes no que critica ao goberno popular  de Isaac Maceiras pola súa mala xestión dos gastos do centro de saúde.

"Trátase de saber a razón pola cal o Concello, dende marzo do 2010 que se aprobou, aínda segue a asumir os gastos de mantemento do centro de saúde. Estes están a ser soportados por todos os veciños e veciñas da Pobra grazas á ineficiencia e submisión do Goberno Municipal ao da Xunta", sinalan os nacionalistas que comanda Rosana Pérez.

"Mentres que a Xunta, supoñemos que pola situación económica, segue sen asumir os gastos de mantemento do ambulatorio, arredor de 23.000 euros ao ano, o alcalde está anunciando “a bombo e platillo” a construción dun novo centro de saúde na nosa localidade. Mentres a Xunta segue incumprindo os seus compromisos cos concellos e coa cidadanía, o alcalde aproba un plan de axuste por 1.500.000 euros para pagar o que debe, que suporá un importante incremento dos impostos aos veciños e veciñas da Pobra nos vindeiros anos", argumentan dende o Bng, onde conclúen que "éstas son algunhas das consecuencias da xa tristemente famosa austeridade do PP".
 

Iniciativa completa:

(download)
Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   centro de saúde   iniciativas  

A Pobra: organizan un campionato de futbolín para axudar a Paula, a nena boirense en tratamento en Alemania

(download)
A Pobra, 5 de maio de 2012. Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra do Carmiñal, en colaboración co bar Gelys organizaron un campionato de futbolín para recadar fondos para axudar a Paula, a nena de Boiro nada con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.

 

Antes do campionato tivo lugar un sorteo de lotes de cociña coa intención, mediante previa venta de rifas durante o mes de abril, de obter tamén fondos para esta causa. No campionato participaron 11 equipos de todas as idades e resultaron gañadores do torneo o equipo “The Killer”. En segundo lugar quedou o equipo “Maños Team”.

 

Eloy Sobrido, presidente das Novas Xeracións, asi como os seus compañeiros quixeron agradecer en primeiro lugar a colaboración do bar Gelys, e en segundo lugar a todos os participantes que fixeron posible a actividade. O colectivo tamén afirmou que durante a tempada estival esperan realizar máis actividades de tipo social, de ocio e deportivas.

Antes, en Certo:

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   Pro Paula   solidaridade  

A Pobra do Caramiñal: o Psoe non vai á comida dos vellos deste venres por considerala prescindible "e máis nestes tempos de graves recortes"

A Pobra, 2 de maio de 2012.- A voceira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, Teresa García Guillán, informou nunha nota de prensa que non asistirá ao XIII Xantar dos Maiores, "organizado polo Goberno do PP da Pobra que se celebrará o venres 4 de maio, no Polideportivo Municipal de Venecia por solidaridade coas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia e por convicción".

Segundo a voceira socialista, "desde o Goberno do Estado estanse a facer recortes que afectan a toda a poboación e de maneira moi especial ao colectivo dos maiores. Faise a máis importante agresión ao Sistema Público de Saúde dende a chegada da democracia co pago de medicamentos por parte dos pensionistas, obrígase aos usuarios a pagar as ortoprótesis (cadeiras de rodas, muletas e calzas, xeonlleiras, tobilleiras), obriga tamén a pagar os produtos dietéticos, por exemplo vai a afectar a alimentación nutricional que se lles subministra por vía oral ou por sondas de alimentación ós grandes dependentes e desnutridos, afecta ao transporte sanitario non urxente,  aos maiores de 26 anos que non cotizan á Seguridade Social que perden o seu dereito á asistencia sanitaria, a Dependencia, afecta gravemente a educación, a investigación, repercute no nivel de vida das familias coas subidas do gas, da luz, co IRPF e un longo etcétera.  Son tantos e tan graves os recortes que a Administración Local debe racionalizar e priorizar os recursos dos que dispón: hai actividades ás que se pode renunciar por ser prescindibles ou posiblemente as realizan por facer escaparatismo e propaganda política".

Débedas pendentes de 2007 nunhas comidas que si paga o Concello

Segundo explica Teresa García Guillán, "na relación de facturas con data de emisión 2 de marzo de 2011, facilitada pola intervención do Concello a día 2 de marzo de 2012 aparece aínda sen pagar “Resto xuntanza 3ª idade 2007” 11.590,40 e “comida 3ª idade 2010” 11.932,11 euros, sumadas estas cantidades ao  resto de comidas oficiais do equipo de goberno teñen unha débeda de case 30.000 euros en gastos dos que se poden prescindir como unha inauguración dun paseo que nos valeu aos Pobrenses 1.043,25 euros. Hai que ter en conta que xa pasou máis dun ano desde esa última fiscalización polo tanto a débeda seguiría aumentando tanto no gasto en festas como no resto de conceptos".

E conclúe: "Por solidaridade coas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por principios, non asistirei a dito xantar. Non é falta de respecto aos maiores que asistan, nin desprezo por un día que se reencontran e que o pasan ben é unha cuestión de establecer prioridades e dedicar eses recursos a cubrir as necesidades básicas da poboación como poden ser atender a dependentes. Desde o goberno de España están esixindo continuos esforzos ás familias pero estarían nunha mellor situación si as Administracións deran exemplo ca elección das súas actividades".

Opinión de Certo:

(download)
Onte mesmo fíxose unha comida para a terceira idade en Porto do Son, con paseo de autoridades incluída, neste caso o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, xa que no concello goberna agora o PP. Este tipo de actos de propaganda afectan a todos os partidos (dende os celebérrimos bailes nestas comidas do antigo dirixente do Bng Anxo Quintana ata moitos concellos do Psoe, pero sobre todo ao PP, pois goberna a grande maioría de concellos desta terra). Son gastos que non teñen razón de ser, pois estase a discriminar -e aproveitar politicamente- a unha parte da poboación fronte a outras. Por que non comidas para mozos? Potitos para bebés agora que sacaron os cheques? Churrascadas para os autónomos, que son os que sosteñen o país? Delicatessen para os empresarios locais, que son os que dan traballo? E así ata o infinito: é un sinsentido, un diñeiral que sae do peto aos contribuíntes, aínda que algunha xefa de prensa manipuladora intente despistarnos, enganarnos e facerse a escandalizada por lle chamar ás cousas polo seu nome.

Onte tamén, desta volta no twitter, discusión entre un dirixente do PP e outro do Psoe sobre o mesmo:



Antes, en Certo:


Confraternidade: o xantar da vellez é o 4 de maio

 

Pode que tamén lle interese:


Patrimonio na Pobra: denuncian o abandono por parte do equipo de goberno


Transparencia esixida polo Bng: nas contratacións do Concello

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   denuncia   vellez  

A Pobra: o venres 4 de maio inaugúrase mostra de escultura e pintura de Manuel Teira no Pazo de Xunqueiras

Pobra_mirada_da_luz

A Pobra do Caramiñal, 2 de maio de 2012. Este vindeiro venres, 4 de maio, ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "A mirada da luz", do escultor e pintor pobrense Manuel Teira, no Pazo Torre dos Xunqueiras.

Media_httpfarm6static_ezukk

Torre Xunqueiras foi empregado para múltiples usos na súa longa historia. Na imaxe, como plató de cinema para un documental sobre Valle-Inclán

"Nunha iniciativa insólita na comarca do Barbanza, os empresarios Pablo Pouso e Javier Pouso ( propietarios do restaurante Lagar), chegaron a un acordo co escultor pobrense Manuel Teira, e ceden un espazo expositivo permanente no Pazo Torre dos Xunqueiras, onde, a partir do día 4 de maio se vai poder contemplar de xeito permanente a obra deste prolífico autor da Pobra do Caramiñal", explican os organizadores, que cren que "iniciativas coma ésta, sen dúbida, incentivan e dotan de imaxinación este local hosteleiro, enmarcado nun dos edificios históricos máis sobresaíntes da comarca do Barbanza, a Torre fortaleza de Xunqueiras. Pazo dos Xunqueiras, este local de restauración, a partir de agora compaxinará  gastronomía e cultura. A creación deste espazo alternativo gastronómico-cultural vai marcar unha referencia no Barbanza e ofrecéralle aos seus clientes a posibilidade de recrearse entre os sabores e a arte".




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   exposición