Preme para voltar á portada
Filed under

Argalo

 

Noia: o novo cemiterio parroquial de Argalo contará con licenza municipal a vindeira semana

Media_httpfarm3static_eyfrc

Adro da igrexa de Argalo, restaurado o ano pasado

Noia, 3 de febreiro de 2012. A Xunta de Goberno Local concederá, na sesión do martes día 7 do presente mes, licenza de obras e provisional de actividade, para a construción nun novo cemiterio na parroquia de Santa María de Argalo, na paraxe denominada “Agra do Cura”. 

A parcela sobre a que se vai a construír o novo equipamento conta cunha superficie total 5.544 metros cadrados, estando clasificada na actual normativa urbanística municipal como solo rústico de distintas categorías. 

O novo cemiterio contará  cun total de 320 nichos dispostos en 10 agrupacións de panteóns de tres e catro alturas e planta rectangular. Os panteóns dispóñense en agrupacións con espazo interior cun carácter diferencial fronte ao espazo máis público da praza de acceso. As filas dos panteóns aparecen agrupadas dúas a dúas, deixando un espazo libre entre ambos de catro metros e adaptándose á topografía do terreo.  

Solución arquitectónica diáfana

A solución adoptada polos autores do proxecto técnico busca evitar a imaxe de moitos cemiterios recentes, nos que se produce unha sucesión infinita de panteóns en longos corredores que dan lugar a espazos pobres carentes de intencionalidade expresiva. A maiores, manifestan que buscan crear un recinto aberto e moi relacionado coa contorna e que ademais se adapte á topografía de xeito que modifique a parcela existente o menos posible.  O orzamento de execución material ascende a un total de 237.737,28 euros.

A parroquia de Argalo conta cun total de 17 entidades de poboación, sendo a o seu número actual de habitantes de 907 veciños e veciñas.

Este é o plano do futuro camposanto:

Click here to download:
Plano cemiterio de Argalo.pdf (1.59 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Argalo   Noia   cemiterio   urbanismo  

Noia: van mellorar o lugar de A Igrexa en Argalo con cargo ao PEIM

La_foto

Noia, 18 de xaneiro de 2012. A concelleira de Medio Rural noiesa, Marisol Villar Ageitos, informou hoxe que o concello de Noia destinará o orzamento do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas Municipais) a diversas melloras no lugar de A Igrexa en Argalo. 

      Marisol Villar Ageitos considera que "debemos ir completando os servizos do noso rural, e cun orzamento de 43.176,73 € do PEIM o concello de Noia poderá dotar de novos servizos municipais á aldea de A Igrexa, renovando as instalacións e adoquinando zonas viarias que neste momento se atopan nun estado moi deteriorado". 

      Estas obras permitirán ir completando outras intervencións no lugar de A Igrexa, algunhas  xa rematadas, como o urbanizado diante da igrexa parroquial  cun orzamento de 72 mil euros a través do mesmo plan PEIM financiado pola consellería de Medio Rural e polo MARM e que permitiu adoquinar a zona, ou como as obras que se están realizando de mellora do acceso á aldea cun orzamento de 75 mil euros (financiado pola Deputación Provincial de A Coruña) e que neste intre está en execución e que permitirá anchear a estrada de acceso ao lugar de A Igrexa e dotala de servizos.

Campo de herba artificial
Media_httpnovasdenoia_xsjch

Por outra banda, o alcalde informou de que tamén deu comezo a parte que atinxe ao saneamento para preparar o campo de herba artificial que se vai construír ao pé do outro en San Lázaro.

Pode que tamén lle interese:








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Argalo   Noia   obras  
Posted from Noia, Spain

Noia: as festas de Santa Rita en Argalo son do 20 ao 22 de maio. Non se perdan o 2º Campionato de Lanzamento de Sacho

Media_httpfarm3static_ebqnu

Adro da igrexa de Argalo

Noia, 10 de maio de 2011. As Festas de Santa Rita cadran este ano en Argalo na fin de semana do 20 ao 22 de maio.

O venres 20 haberá verbena coas orquestras Capitol e Philadelphia.
O sábado 21 teñen programado un "juateque light deluxe". Haberá actuacións dependendo do animada que estea a xente -non todo vai ser ir aos mitins!)

Media_httpfarm5static_ennbh

O Páramo, co campo de fútbol á dereita

O domingo 22, sesión vermú con petiscos e inchables para os pequenos, cun grupo musical amenizando. Pola tarde, fútbol no Páramo e 2º Campionato de Lanzamento de Sacho. A organización advirte que hai rifas á venta para os que queiran colaborar. Sortean un televexo de plasma de 32 polgadas doada por unha casa de electrodomésticos de Noia.

O anuncio en Facebook, por se queredes difundilo, que non se ve todos os días un certame de lanzamento de sacho!!!

Pode que tamén lle interese:


Festas de Nebra: o 21 e 22 de maio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Argalo   Festas   Noia