Preme para voltar á portada
Filed under

arte

 

Arte: publicadas as bases en inglés e castelán do IV Premio Atlante de Gravado

Click here to download:
IV PREMIO ATLANTE.doc (33 KB)
(download)
Click here to download:
bases_prize_atlante_eng12.doc (39 KB)
(download)
http://farm4.staticflickr.com/3519/3949431771_c8efc6ded3.jpg
Nun futuro -agora están as bases do certame anterior- en galego en:

www.fundartes.com


Antes, en Certo:


 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Museo del Grabado de Artes   Premio Atlante   Ribeira   arte   certame   gravado  

Colaboración: "Leopoldo Nóvoa. Un patrimonio descoñecido en Ribeira", por Gonzalo Sarasquete

Corrían os anos finais do século pasado, cando nunha visita a ARCO tiven a sorte de coñecer a D. Leopoldo, quen expopía en varias galerías á vez. Paramos a falar con el,  pois a persoa á que eu acompañaba xa lle escribira en varios dos seus libros. Nestes casos os interlocutores preséntanche e ti mesmo, nun silencio de respecto, colles un catálogo e arrecúnchaste por aquilo de non amolar e saber máis da persoa que tes diante. A miña sorpresa foi cando naquel voluminoso libro cheo de fotos de cadros matéricos, feitos con terras que parecían arrincados das lavas dun volcán, apareceu de súpeto unha imaxe para min coñecida.

Era Bretal, con vistas das Dunas de Corrubedo, pero só como fondo dunha escultura, que eu coñecía, pero da que non tiña constancia de quen era, nin me parara a vela de preto. Entón erguín a vista e comecei a interesarme pola conversa que mantiñan Don Leopoldo e Don Miguel,  e cando xa puiden meter as miñas palabras no miolo de tan contundentes opinións e sólidas observacións, case coma un pelo entre dous valados, pregunteille:

 .- Pero…,pero vostede fixo esta escultura?- mentres sinalaba co dedo no libro.

 .- Si  pero non é a única que fixen en Ribeira. Tamén fixen outra para o centro de F.P en Coroso (a cal aparecía máis adiante no devandito libro).

Don Leopoldo naceu en Salcedo, Pontevedra, en 1919. Estudou e decidiu dedicarse á arte, tanto á pintura como á escultura. Viviu en Montevideo e en París e hai pouco souben que xa é moi maior e o concello de Vilagarcía vaino facer fillo adoptivo e acompañalo dunha merecida  homenaxe, pero agora terán que conformarse sen el. E aquí na Centenaria non sabemos nin que existen e témolas aquí pero se un só de nós o sabe tenllo que contar aos demais e facelos partícipes, aínda que non queiran. Ese é o labor dun home coma min: dar a coñecer cousas que os demais non saben ou esquivan na súa cotidianidade, ser ollos, e se se pode recadar o máximo de información para compartila é como un cociñeiro que lle bota engadidos ou adobíos á comida para que baixe mellor.

Pero as cousas que ten a vida, o día 25 de febreiro, sábado, leo no Faro da  súa morte o pasado xoves 23 en París, e xa comezara a escribir sobre as súas obras presentes entre nós. Podedes velas aquí nas fotos que lle fixen o martes 21 de febreiro en Ribeira uns poucos dias antes da súa morte. Queda pouco que dicir: só ter en conta a importancia da súa obra en formigón, da que deixou exemplos no noso concello.

Leopoldo Nóvoa na Wikipedia

Outros artigos de Gonzalo Sarasquete en Certo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   Ribeira   arte   colaboracións   escultura   opinión  

Opinión: "Un escultor con memoria", por Gonzalo José Sarasquete

Diapositiva4
Diapositiva5
Diapositiva6
Imaxes:
Camión levando balea a Porto
Testemuñas e un activista canadense que veu a Ribeira co que colaboramos miña nai, eu e os da caseta do carro de obras de Porto

"Agora resulta que o homenaxeado na praza de España non son dous traballadores, senón a Frinsa, a mesma que para moitos significa a especulación co traballo dos demais: compro barato e vendo despois máis caro. Por outra banda, unha actividade do máis honrada, pero non digna de louvanza e menos de dar como resultado un monumento con dous sufridos traballadores.

Vos preguntaredes que teño eu que ver como escultor e persoa: eu sufrín e vinme afectado. Primeiro diferenciaría a vella Frinsa da nova, ésta procura moitos postos de traballo, pero nas dúas sempre con Don Ramiro á fronte,

A principios dos oitenta estiven a colaborar coa  Sociedade de Historia Natural de Galicia, primeiro mergullándome pola ría e despois tomando conciencia ecolóxica.  Os primeiros compromisos nos que me vin embolicado pasaban por conseguir que entrásemos na moratoria da pesca das baleas. Por aquelas datas, Frinsa colaboraba ca empresa IBSA, a concesionaria da explotación de tan noxento negocio. En Frinsa almacenábase, conxelábase, cortábase en anacos, cualificábase a balea, para despois mandala a Xapón.

Eu colaborei de varios xeitos: un deles foi a protesta cunha balea inchable no peirao e unha pegada de carteis. O obxectivo era que tomásemos conciencia e as oficinas de Frinsa no mercado de Ribeira foron o destino ideal, polo que os mandamases desta empresa mandáronme  o día seguinte un “”anónimo ameazador””, elixiron parte do cartel que o día anterior peguei eu mesmo, en el a imaxe moi gráfica dun arpoeiro disparando o arpón e meteume un pouco de medo, que agora non teño.

Por outra banda, tamén lle mandaba a información á Sociedade Galega de Historia Natural das toneladas que se carregaban no porto. Recordo moi ben un barco e concreto: chamábase SEKY-REX, un dos máis grandes que entraron no porto, de triste lembranza, pois un de nós chegou a caer na adega e case morre. Só neste, e segundo os membros da SHNG, carregouse a concesión anual de captura que tiña España, para un ano, pero nese verán carregáronse tres barcos máis e como detalle: a uns de nós rompéuselle un saco de graxa de balea, quedando logo ben sorprendidos, pois alí dentro había unha aleta caudal moi pequena dunha cría acabada de nacer..

Anos despois a Frinsa e Don Ramiro volvéronse cruzar na miña vida como para dar unha segunda volta de torca a vinganza: corría o ano 1988 e dous escultores de Ribeira eramos seleccionados pola Universidade de Verán Menéndez Pelayo, eu e Xoán Cabeza, para participar nunha importante exposición nas rúas da Coruña.

Naquel outono organizábanse unha das primeiras feiras de mostras “EXPOBARBANZA” , uns da Pobra encargados da organización souberon da miña presenza na devandita exposición e propuxéronme traela e poñela, abrindo o espazo, pero eu apuntei unha posible reforma sobre da peza que era un imán que apuntaba ó ceo,  mudando a orientación a oeste, pois a expo estaba dedicada á emigración, detalle poético- simbólico. Só pedín, como eu xa estaba incorporado á Universidade de Salamanca, que se me pagase un billete para vir  facer a modificación da escultura, e gratis. O último que souben foi por un telegrama dos organizadores: "NOM SEI QUE LLE FIXECHES A D. RAMIRO QUE SE NEGA EN ROTUNDO A TUA PRESENCIA E DA TUA ESCULTURA  NA EXPOSICIÓN"

Por isto se me mandasen a min a realización da famosa escultura da praza de España, seguramente  negariame e non a faría ou se cadra agocharía unha mensaxe con moita retranca.  Retranca tan necesaria coma o ar que respiramos, como o pan que comemos. A culpa de todo isto tería que ver coa boa memoria que teño".


Gonzalo Sarasquete

Tamén en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   arte   opinión  

Opinión: Gonzalo Sarasquete aos de "Cambiemos Riveira" do Facebook

Media_httpfarm7static_rfhgf

Obra de Sarasquete exposta nunha galería de Santiago recentemente

"Non se pode falar por falar cando persoas que si sabemos están escoitando. Os exemplos que poñedes: Chillida e Manrique primeiro pasárono mal e tiveron que demostrar fóra o seu prestixio e de Gaudí tendes que ler a súa vida, pragada de penalidades; nun principio só se lembrou del un primo seu que era bispo de León e os indianos de Santander, cando miltitaba  no bando dos eclécticos medievalistas, antes de ser modernista.

Ademais, en Donosti hai máis escultores que don Eduardo: ninguén se lembra de Nagel ou de Oteiza! Para os que sabemos un pouquiño, PAPA-OTEIZA: calquera que se adique a isto ten que mamar del.

Pero vós non sabedes que os casos contrarios  son os que abundan máis que ises que vós coñecedes? En Valencia fai non muito un caso chinmpou á prensa:  a famosa” Pantera rosa “ de Miquel Navarro. Os bempensantes desta cidade quixenron tirarlle ista escultura, á que alcumaron co nome dos debuxos animados e grazas a deus non puideron porque o tempo deulle a razón e o prestixio veulle de fóra, pero na mesma cidade si conseguiron que se desfixeran pezas de calidade coma a de Sanleón.

Media_httpfarm2static_aqmld

Sireno de Leiro en Vigo

Media_httpfarm4static_gixjz

Monumento a Asorey en Cambados

En Vigo, máis cerquiña, adoptaron coma propio a Fancisco Leiro o do “SIRENO” que en realidade é de Cambados, despois de trunfar en Nueva York. En Cambados polo da agora só saben de Asorey.

Non se pode comparar a un escultor local, bocazas e ignorante que tivo a sorte de que na alcaldia estivese un máis inculto que el con Chillida. Fixádevos nos problemas que está a pasar a familia del co CHILLIDA-LEKU.

Media_httpfarm3static_gklbe

Gonzalo Sarasquete hai dous anos, inaugurando a efémera "Homes de Cal"

E menos mal que non faláchedes da escabrosa palabra “arte” ou “artista: iso xa son palabras maiores, isa medalla só se pon cando morres ou despois de demostralo.

Os exiliados sempre van ó ceo: hai poucos que o fagan voluntariamente.

AMAR É LOITAR:  se o fas dende a ignorancia só vale para que uns amiguiños te valoren. Céibanos señor dos amigos e familiares ignorantes ben intencionados.

Un consello: lede que vos fará ceibes e non sacaredes a lingua a pacer con tanta facilidade. O mundo é moi grande e neste traballo o que máis conta é a orixinalidade, máis que o esforzo sen sabiduría.

 Un probe escultor que vos quere:

Gonzalo Sarasquete



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   Ribeira   arte   opinión  

Arte: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón en Santiago as súas novas "esculturas denuncia"

  • Baixo o título "O laio pola extinción dos peixes salvaxes" 
  • Pódense ollar na Galería Metro (rúa Nova de Arriba) ata o luns 12 de setembro

(download)
Ribeira, 2 de setembro de 2011. O escultor de Ribeira Gonzalo Sarasquete vén de incorporar a súa obra recente á exposición colectiva de verán que ofrece estes días a Galería Metro de Santiago de Compostela. Trátase dunha serie de esculturas feitas na súa cidade natal, durante os pasados meses, nos que se materializou no artista, en boa medida polo reencontro co mar, a vontade de abordar un novo vieiro de “esculturas denuncia”. Ou, como sinala Gonzalo Sarasquete, de darlle corpo a fosilizacións, a petrificacións dunha realidade máis que inminente: a desaparición dos peixes salvaxes e de toda unha actividade económica vinculada aos mesmos. Isto, engade o artista, fainos pensar nunha reconversión e nunha autoanálise.

As esculturas teñen feitura de caixas de peixe e miden 30x20x10 centímetros. Foron elaboradas na súa totalidade con lousa negra, procedente do Barco de Valdeorras, e con sulfato de cobre. Os seus títulos son O derradeiro pataghullo e Escamas e maghas. Achéganse a un prezo de 300 euros na devandita galería compostelá, emprazada no 24 da Rúa Nova até o 12 de setembro.   

Antes, Gonzalo Sarasquete fixera en Ribeira "Homes de cal":

Pode que tamén lle interese:

Convocan o III Premio "Atlante" de Gravado

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   Santiago de Compostela   arte   exposición  

Arte: a Xunta promociona a dixital con estadías no estranxeiro para 24 mozos en "Imaxina Atlántica"

  • A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xa ten aberto o prazo de inscrición para que participen rapaces entre os 18 e os 30 anos
  • O programa desenvólvese nos ámbitos da arte dixital en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia), financiado con fondos europeos
  • A prioridade é promover proxectos transnacionais de innovación e redes empresariais
Media_httpfarm5static_yvexk

Algunhas estadías son para asistir a certámenes internacionais

Santiago, 13 de xullo de 2011.- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de lanzar o proxecto ‘Imaxina Atlántica’ que, ao abeiro do programa “Espazo Atlántico” financiado con fondos FEDER, oferta 24 estadías noutras rexións de Europa para mozos e mozas profesionais de entre 18 e 30 anos centradas na arte dixital.

En concreto, o programa –para o que xa está aberto o prazo de inscrición- desenvólvese nos ámbitos da Comunicación Audiovisual, Publicidade, Produción Artística, cultural e visual, Multimedia, Patrimonio ou Turismo aplicado á arte dixital, en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia) e os mozos interesados poderán enviar a súa candidatura a xuventude@xunta.es.

A iniciativa oferta doce estadías de quince a trinta días de duración que inclúen viaxe, aloxamento e manutención; e outras doce de tres ou catro días para asistir á certames internacionais, feiras internacionais ou exposicións.

O obxectivo desta actividade é fomentar a formación dos mozos profesionais, nun contexto europeo, axudando á realización de estadías en empresas, asociacións e institucións doutras rexións de Europa, con fin de favorecer o fortalecemento e a creación de redes empresariais desde o espazo atlántico e ofrecer aos participantes prácticas profesionais, adquisición e uso de coñecementos, competencias e cualificacións con vistas ao desenvolvemento persoal, a empregabilidade e a participación no mercado laboral europeo.

Media_httpfarm6static_weivc

Este programa é para arte dixital en concreto

Como prioridades deste programa tamén está promover a mobilidade europea da mocidade creadora galega, apoiar as melloras da calidade e a innovación e a súa transferencia entre distintos países, promover a aprendizaxe de idiomas nun contorno empresarial, adquirir autonomía persoal e mellorar a capacidade de traballo con persoas de distintos contornos culturais.

O espazo de cooperación do territorio que cubre este programa comprende as rexións de Poitou-Charentes en Francia, norte de Portugal, País de Gales do Reino Unido, e Galicia. A prioridade do proxecto é a de promover redes transnacionais empresariais e de innovación, pero non só se centra na innovación científica e técnica, senón tamén noutros elementos da economía actual do coñecemento, como novos tipos de servizos empresariais ou técnicas de márketing innovadoras, con especial consideración pola dimensión transnacional destas prácticas.

Pode que lle interese:

 


Exposición: no Centro Social de Boiro, do 15 de xullo ao 15 de agosto, Sabela Rey



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Xunta de Galicia   arte   bolsas  

Arte: Ismael Teira presenta hoxe en Santiago "Compostela: camiños de desexo"

Item Thumbnail

Noia, 19 de maio de 2011. Este xoves 19 de maio ás 20:30 h. terá lugar en Baleiro a festa de presentación do proxecto Compostela: camiños de desexo, de Ismael Teira, coa apertura dunha instalación no propio local e na que presentarán o libro de artista que se repartirá, de balde, entre os asistentes. A edición está acompañada de textos de Victor E. Pérez Viqueira, Daniel López Abel e Íñigo Mouzo Riobó.

Anubl2

O proxecto, premiado en Creación Injuve 2009, estivo presente na mostra colectiva que tivo lugar nese mesmo ano no Círculo de Bellas Artes de Madrid, e tamén nunha itinerancia por diferentes espazos: o Centro Cultural de España de Asunción (Paraguay); a mostra EFERVESCENTE no Palais de Glace de Bos Aires (Arxentina) ou o Festival de Arte Joven ARTENDENCIAS, en Pozuelo de Alarcón, entre outros.

Compostela: camiños de desexo é un proxecto producido por Baleiro e financiado polo Injuve  (Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade) e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela.

Á par, tamén están á venda na galería Metro de Santiago (Rúa Nova, 24) as pezas dunha edición limitada de fotografías dos atallos da cidade.

« Compostela: camiños de desexo é o resultado dun proxecto en proceso activo desde 2008 que presta atención ao fenómeno dos atallos, ou camiños de desexo: liñas que adoitan aparecer sobre o céspede creadas pola erosión causada por pasos humanos ou de animais. O amplo da investigación artística de Ismael Teira está formado por diversas pezas e soportes – fotografías, mapas, xeolocalizacións electrónicas e intervencións no espazo público – nos que reflexiona sobre a interacción entre o ser humano e o medio onde desenvolve a súa actividade. Neles, búscanse xeitos de documentar estes camiños creados polos peóns que debuxan redes de conexións e novas posibilidades de tránsito a través da cidade. Ditas liñas de traxectoria poden ser interpretadas como unha complexa interrelación entre o movemento mecánico, a capacidade de orientación e os cambios do medio no que teñen lugar. Por unha banda, os peóns tenden a coller o camiño máis curto cara o seu destino. Pola outra, procuran evitar as irregularidades do terreo. Por estes motivos unha persoa utiliza camiños existentes e, se a distancia relativa pode chegar a ser máis curta, crea novos atallos. Nun último momento, e se esta nova apertura é secundada por máis suxeitos, a vexetación desaparece e se delimita un trazo que confirma a apertura dun novo sendeiro. Non obstante, o fenómeno dos camiños de desexo tamén pode ser contemplado no sentido inverso, xa que a aqueles que deixan de ter un uso continuado vólvelles a crecer a herba e rematan por desaparecer. Esta lectura, determinada por continuas emerxencias e ocultamentos, comporta que o hipotético mapa da rede de atallos dunha cidade se reconfigure continuamente a través de longos procesos de cambio.»

Víctor E. Pérez Viqueira

Máis información:

www.ismaelteira.com

http://teira.blogspot.com

http://www.baleiro.org/node/161

http://www.baleiro.org/node/145

http://www.injuve.mtas.es/contenidos.type.action?type=165774548&menuId=165774548

http://www.injuve.mtas.es/contenidos.type.action?type=753699994&menuId=753699994

http://www.injuve.mtas.es/contenidos.downloadatt.action?id=1374933499

Click here to download:
CV ACTUAL MAIO 2011.pdf (37 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ismael Teira   Santiago de Compostela   arte  

Boiro: organizan un obradoiro de escultura "alternativa" o 30 de abril con Tucho Abalo

Escultura

Data límite para anotarse neste obradoiro de Tucho Abalo organizado por Aturuxo, o 23 de abril. Toda a información aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   arte   escultura   obradoiros  

Porto do Son: outro xeito de profundar no idioma de Shakespeare, a través da escultura

(download)
Porto do Son, 1 de abril de 2011. A escola de idiomas de Santiago de Compostela http://www.eoisantiago.org/, e en concreto a súa delegación ribeirense encabezada pola xefa de estudos Diana Pastoriza Espasandín, organizaron onte, xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde, unha charla sobre arte en Inglés no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

Dentro do acto, integramente en inglés, a organizadora da actividade, Diana Pastoriza, comezou cunha pequena presentación das razóns e obxectivos do mesmo e seguidamente o escultor Jontxu Argibay presentou e explicou na lingüa de Shakespeare cal foi a orixe de cada peza exposta e o método para a súa realización.

Logo, e como complemento, a mestra preparou como tema a tratar "Art and you" (Ti e o Arte) con preguntas como "Do you think art galleries should be free or should people pay to get in?" (¿Cres que as galerías de arte deben ser de balde ou debería a xente pagar por elas?), ¿Cal é o teu artista favorito?....etc...

No longo dunha hora e media discuteuse non só da preferencia de obras de arte e se algún mercara algunha, senón que se chegou discutir sobre a esencia mesma da arte.
Todo dentro de un acto pioneiro na nosa comarca, que hai que agradecer á E.O.I. (Escola de idiomas de Santiago de Compostela) e á xefa de estudos da delegación ribeirense.

Relacionada:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Jontxu Argibay   Porto do Son   arte   escultura   inglés  

Porto do Son: a escola de idiomas de Ribeira organiza unha charla sobre arte en inglés co artista Jontxu Argibay

Jontxu_argibay

Porto do Son, 30 de marzo de 2011. A escola de idiomas de Santiago de Compostela http://www.eoisantiago.org/, e en concreto a súa delegación ribeirense encabezada pola xefa de estudos Diana Pastoriza Espasandín, organizan mañá, xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde unha charla sobre arte en Inglés no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.
Está prevista a asistencia dos máis de 20 alumnos dos cursos Avanzados 1 e 2 de Ribeira, onde se guiará pola exposición de Jontxu Argibay: Arteleira (contando co artista), e se fará unha mesa redonda discutindo sobre Arte.
Ésta é unha actividade totalmente novidosa que non se fixo anteriormente en ningunha parte da bisbarra barbanzana.

O evento en Facebook, aquí

Antes publicamos:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   arte   charla informativa  

Arte: a ribeirense Rosa Crujeiras, directora artística da campaña publicitaria dunha coñecida marca de condóns estadounidense

Rosa_crujeiras


Ribeira, 7 de marzo de 2011. A artista ribeirense Rosa Crujeiras (agora Rosa Crujeiras-Teira OdenWalder, tralo seu casamento cun norteamericano) é a directora artística da campaña publicitaria "Magnum Live Large", que protagoniza o rapeiro Ludacris para a marca de preservativos Trojan. 

A campaña está deseñada para YouTube, o maior repositorio de vídeos na Rede, onde hai unha canle propia para este proxecto que dirixiu artisticamente Rosa Crujeiras: http://www.youtube.com/MagnumLiveLarge. Trátase de atopar a cinco "mcees" (rapeiros que improvisan) que representen a esta marca a través das súas composicións e buscan valores como a non discriminación, ou a ausencia de violencia nos seus textos. Os gañadores poderán cantar con Ludacris en Miami, en sucesivas actividades desta campaña publicitaria.

Media_httpuploadwikim_urapc

Ludacris na Wikipedia

En Certo entrevistamos a Rosa Crujeiras (Roux era o seu nome artístico) en 2007, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Estados Unidos   Ribeira   Rosa Crujeiras   arte   youtube  

Ribeira: o artista local Antonio Pérez colga os seus cadros na Casa de Galicia en Madrid ata o 29 de xaneiro

Antonio_prez_falando
Antonio Pérez fala durante a presentación
Antonio_prez_cadro1

Antonio_prez_cadro

Cadros que se poden ver na mostra, titulada "Arousa"

Ribeira, 12 de xaneiro de 2011. A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu onte a inauguración da mostra "Arousa", do artista de Ribeira Antonio Pérez, a primeira do ano. O acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, quen recordou nas súas palabras como o autor naceu no seo dunha familia mariñeira e xa dende pequeno traballou co seu pai nunha dorna aprendendo distintas artes de pesca. Daí lle vén a súa paixón polo mar.

Aos 24 anos, convertido xa en capitán de pesca pola Escola Náutica de Vigo, partiría cara aos mares de Sudáfrica a exercer o seu oficio durante unha década. "Actualmente", dixo Jiménez, "é mariñeiro en terra. Mariñeiro reconvertido en profesor de pintura e debuxo en Ribeira, que recolle nos seus cadros o froito de tantos anos de navegación, eses peixes que durante tanto tempo flotaran na súa retina, tan familiares para el, e que agora, transformados en pintura, inmortaliza nas mans dos seus queridos paisanos da Ría de Arousa, mans traballadoras que os descargan dos racús e os limpan, e que cosen tamén as redes onde se mexesen na súa postremeira loita co seu destino. As persoas ás cales pertencen estas mans desprázanse por estes cadros como nun Belén vivente e, ao igual que as figuras dos nacementos de Nadal, resultan entrañables. Parece que puidésemos coa nosa mirada convertelas en terracota e, sacándoas dun cadro, colocalas noutro". Destacou tamén o coordinador, a sensación de "paz que trasmiten os personaxes e as escenas que habitan os cadros, que provén quizais ou polo menos en parte do contraste coa dura batalla que libran os mariñeiros contra o proceloso mar... ".

Antonio_prez_cun_cadro_seu
Antonio Pérez diante dunha das súas obras

Pola súa banda o artista, tras agradecer á Casa de Galicia "a cálida acollida que nela me dispensaron", explicou a cantos asistiron ao acto que é unha homenaxe a Arousa, "o lugar onde nacín e a ría máis bonita do mundo, aínda que non coñezo todas!, pero sen dúbida é moi bonita". O autor dixo que os cadros "son como anacos de quen os realiza" e no seu caso, explicou, que aínda que lle gustan moito as paisaxes, o protagonismo téñeno sempre as figuras, que reflicten unha calidez que contrasta coa dureza da profesión. Na súa paleta predominan os azuis e os terras, coa súa ampla variedade cromática, e traballa tamén coas texturas, segundo a temática que trata e o efecto que desexe conseguir.

A exposición de Antonio Pérez estará aberta ata o 29 de xaneiro.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Casa de Galicia   Madrid   Ribeira   arte