Preme para voltar á portada
Filed under

artes marciais

 

Deportes: loitadores das escolas municipais de A Pobra e Ribeira trouxeron 86 trofeos no Campionato de España de Artes Marciais

Artes_marciais_campionato_de_e

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Un total de 38 integrantes das Escolas Deportivas Municipais de Artes Marciais de Ribeira e A Pobra estiveron a participar a pasada fin de semana, a través da Asociación Deportiva Kempo do Barbanza, no Campionato de España de WAMAI 2011, que se disputou na localidade de Castelldefels (Barcelona) o sábado 18 de xuño. 

Os competidores tomaron parte en diferentes modalidades (katas, armas, musicais, combate no-contact, semi-contact e light-contact), acadando nada menos que 86 trofeos, dos cales 29 foron primeiros postos, 28 segundos postos e 29 terceiros postos. Ademais, o club foi seleccionado como mellor Club de España 2011 e mellor Club do Campionato. 

Os mestres Miguel Pérez Paz e Iván Parada Novo recibiron do presidente internacional de WAMAI, Jesús Mª Platón, o Diploma do Salón da Fama polo seu labor e entrega ás Artes Marciais.  

Esta é a relación de trofeos conquistados:

NOMBRE RESULTADOS
  1. Ivan Parada Novo
28 años

( A )

  • Katas manos vacías sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Katas Musicales manos vacías – 2º
  • Katas por equipos musicales ( Ivan   y Juan Ramón) – 2º
  • Combate Semi – contact ( - 75 Kg )  - 3º
  1. Miriam Santiago Armental
               15 años

( A )

  • Katas manos vacías  sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Katas Musicales manos vacías – 2º
  • Katas por equipos – 2º
  • Combate No – contact – 2º
  1. Juan ramón Millares Vilar
               24 años

( B ) 

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Katas con Armas  sin música - Nada
  • Katas Musicales con Armas – 1º
  • Katas por Equipos musicales -2º
  • Combate No – contact  (-65 Kg ) – 2º  
  1. Laura Laiño Vidal
  13 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Adrian Gude Gude
  15 años

  ( B )

  • Combate No – contact    - 2º
  • Katas con Armas  sin músic – 2º
  1. Victor Gonzalez Sobrido
15 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Combate No- contact  -3º
  1. Mª del Carmen Gonzalez Sobrido                                   17 años
                               ( B )
  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas sin música – 1º
  • Combate Semi – contact ( - 65 Kg )  - nada
  1. Nohaila Chaeim Filouj
15 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música – 2º
  • Combate No – contact  -1º
  1. Andrea Santiago Dasilva
10 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact  - 2º
 
  1. Victor Martinez Olveira
6 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -3º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Andrés Martinez Olveira
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Selena Sampedro Olveira
8 años

( B)

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Combate No – contact – nada
  1. Ainara Pardal Reboiras
                7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact – nada
  1. Carlos Fernandez Queiruga
7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  - 2º
  • Combate No – contact   -3º
  1. Nicolás Patrick Dios Soares
9 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Combate No – contact - nada
  1. Aitor Sampedro Ares
19 años

( B )

  • Combate Semi – contact ( - 65 Kg )  -1º
  • Combate Light-contact ( - 65 Kg )   -1º
  1. Ismael Perez Pego
               20 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Combate Semi – contact ( - 70 Kg ) -1º
  • Combate light-contact ( - 70 Kg ) - nada
  1. Juan Manuel Oliveira Alcalde
28

( B )

  • Combate Semi – contact ( - 80 Kg ) - nada
  • Combate Light-contact  ( - 80 Kg )  -1º
  1. Rubén Novo Ruiz
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -2º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  -2º
  1. Ana Dominguez Figueiroa
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -2º
  • Katas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact - 3º
  1. Juan Dominguez Figueiroa
17 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -3º
  • Combate Semi – contact -3º
  1. Alba Fernandez Bustelo
11 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Cristofer Sampedro Perez
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Raul Filgueira Lojo
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Sara lijin Fernandez Sanchez
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música - 2º
  • Combate No – contact -  nada
  1. Sabela Somoza Prol
( B )12 años
  • Katas manos vacías  sin música  - 3º
  • Combate No – contact - nada
  1. Maria Rebollido Lijó
                9 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Combate No – contact - 1º
  1. Jose Baz Pena
               12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Katas con Armas  sin música  - 3º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Javier Suarez Lijó
10 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Ktas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact -3º
  1. Marina Lijó Moreira
16 años

( B )

  • Katas con Armas  sin música -2º
  1. Alex Perez Fernandez
7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música-1º
  • Katas con Armas  sin música-1º
  • Combate No – contact  -1º
  1. Maria Villamayor Andrade
9 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música-2º
  • Combate No – contact  - 1º
  1. Daniel Vidal Gonzalez
11 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música  - 1º
  • Combate No-contact  - 3º
  1. Adrian Piñeiro Sanchez
7 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música - 3º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Efren Miranda Dominguez
7 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 2º
  • Katas con Armas  sin música - 2º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Yago Perez Olveira
9 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Gabriel Insua Hermo
13 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Braian Martís Ramallo
13 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 3º
  • Combate No – contact   -3º


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Ribeira   artes marciais   trofeo  

Ribeira: xa se pode ver o tráiler da película sobre Juan Hombre

Teaser-Trailer da película JUAN HOMBRE. Aventura de acción baseada na historia real do polémico mestre de artes marciais de Ribeira, quen a pesares da súa diversidade funcional, continúa a viaxar polo mundo, partillando o seu particular xeito de entender as artes marciais.

Toda a información en:

http://www.juanhombre-lapelicula.com
Hashtag en twitter: #JuanHombre
Facebook: http://www.facebook.com/pages/JUAN-HOMBRE-la-pel%C3%ADcula/103951042993292

Antes, en Certo:
Un estudo independente vai facer unha película sobre Juan Hombre
Media_httpprofileakfb_zwpkz

Ribeira, 23 de xullo de 2010. E os que non sodes de Ribeira ou non fostes alumnos de Juan Hombre preguntaredes... quen demo é este home? En Certo tampouco o sabemos de todo, pero esta entrevista pode achegar algunha luz.

Media_httpfarm5static_ebkxq

Se queres seguir en Facebook o proceso de rodaxe desta película, que terá como guionista ao propio protagonista e a Ignacio Serapio, e como director ao asturiano Jim Box, preme aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Juan Hombre   Ribeira   artes marciais   cinema  

Ribeira: boa colleita de trofeos dos loitadores locais no Campionato Mundial de Artes Marciais en Sicilia

Tres primeiros postos, 15 segundos e tres terceiros, o que suman 21 trofeos no pobo italiano de Alcamo. O Concello tributoulles unha recepción este martes

Media_httpfarm5static_egasc

Ribeira, 16 de novembro de 2010. Unha colleita de 21 trofeos (3 primeiros postos, 15 segundos postos e 3 terceiros postos) foi o extraordinario resultado obtido polos oito loitadores de Ribeira que, conxuntamente cos dous adestradores que integran o Club Kempo Barbanza, participaron esta pasada fin de semana en Alcamo, na illa italiana de Sicilia, no Campionato Mundial de Artes Marciais.

Os tenentes de alcalde Vicente García e María Dolores Elorduy, e o edil municipal de Deportes, Miguel Ángel Vidal, recibiron e felicitaron este mediodía a estes campións, acabados de chegar do país alpino, e transmitíronlles tamén os parabéns enviados polo alcalde José Luis Torres, que non puido acompañalos por ter que cumprir coas súas obrigas como senador en Madrid.

Os dous adestradores que participaron na expedición, Iván Parada Novo e Miguel Pérez Paz, agradeceron a axuda económica recibida de parte do Concello e expresaron o seu desexo de seguir afianzando os lazos de colaboración coa Corporación en anos sucesivos. Sobre o campionato, explicaron que “foi unha competición cun nivel moi forte na que os rapaces loitaron moi ben”. Amosaron o seu orgullo polos extraordinarios resultados acadados nunha experiencia que para a meirande parte dos rapaces era a primeira fóra de España. Así mesmo, manifestaron que puideron conseguir dous ou tres trofeos máis, de non ser polo excesivo rigor dos xuíces nalgunhas ocasións á hora de aplicar a normativa.

Media_httpfarm5static_jcjjz

Cómpre lembrar que os oito rapaces participantes foron Juan Carlos Fandiño Casais, Aitor Sampedro Ares, Míriam Santiago Armental, Carolina Rey Pérez, Miguel Rey Pérez, Rubén Novo Ruiz, Adrián Gude Gude e Laura Laíño Vidal. Todos eles obtiveron algún segundo posto, mentres que os tres primeiros foron logrados por Miriam Santiago Armental, Rubén Novo Ruiz e Laura Laíño Vidal. Os tres terceiros foron para Juan Carlos Fandiño Casais, Aitor Sampedro Ares e Miguel Rey Pérez.

No Campionato participaron arredor de 1.000 loitadores en diferentes estilos (kempo, kung-fu, kick-boxing, sanda, full contact, light contact, semi contact, defensa persoal, formas creativas musicais, armas, rompementos). Os ribeirenses participaron nas modalidades de catas creativas, catas con armas, catas solo, catas por equipos, light contact e semi contact.

Todo o recadado no torneo foi doado íntegramente a UNICEF.

Antes publicamos:

Os loitadores, logo da fenomenal colleita, pousando cos trofeos

Ribeira, 15 de novembro de 2010. Os loitadores de artes marciais pertencentes ao Club Kempo Barbanza veñen de obter un total de 21 trofeos (3 primeiros postos, 15 segundos e 3 terceiros) no Campionato Mundial de Artes Marciais disputado esta fin de semana en Alcamo, Sicilia. 

O tenente de alcalde e concelleiro de Xuventude e Turismo de Ribeira, Vicente García Rivas, e o edil municipal de Deportes, Miguel Ángel Vidal Tomé, recibirán mañá martes ás 12 do mediodía na Casa Consistorial a unha representación dos loitadores participantes, nunha ocasión que servirá para ofrecer ao detalle a información dos éxitos acadados e da que nos faremos eco neste xornal.

Antes publicamos:

Oito loitadores locais parten a Sicilia, ao Campionato Mundial de Artes Marciais

(download)
Ribeira, 9 de novembro de 2010.  Oito combatentes naturais deste concello, acompañados por dous adestradores, viaxan hoxe ás nove da noite cara a Sicilia (Italia), co gallo de participar no Campionato Mundial de Artes Marciais que organiza a WUMA (World United Martial Arts Federation). Esta competición disputarase esta fin de semana (días 12, 13 e 14) en Sicilia (concretamente, na localidade de Alcamo, de 45.000 habitantes).
Media_httpuploadwikim_bfmqi

Alcamo ten unha historia moi semellante a moitas cidades españolas: invadida polos árabes, logo polos viquingos e máis tarde polos suevos. Está entre Trapani e Palermo

O alcalde, José Luis Torres Colomer, así como a primeira tenente de alcalde, María Dolores Elorduy Callón, e o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal Tomé, saudaron e desexaron moita sorte a estes combatentes, unha selección dos cales acudiron esta mañá á Casa Consistorial en compañía dos dous adestradores que viaxarán con eles, Iván Parada Novo e Miguel Pérez Paz.

No torneo concorrerán arredor de 1.000 loitadores de multitude de países, practicantes de diferentes estilos (kempo, kung-fu, kick-boxing, sandá, full contact, light contact, semi contact, defensa persoal, formas creativas musicais, armas e rompementos).

Os oito rapaces participantes son: Juan Carlos Fandiño Casais, Aitor Sampedro Ares, Míriam Santiago Armental, Carolina Rey Pérez, Miguel Rey Pérez, Rubén Novo Ruiz, Adrián Gude Gude e Laura Laíño Vidal. As disciplinas nas que van participar son: catas creativas, catas con armas, catas solo, catas por equipos, light contact e semi contact.

O Concello concede unha subvención nominal a cada loitador, consistente no financiamento do 50% dos gastos derivados do desprazamento, aloxamento, manutención, inscrición e demais. Da importancia do Campionato dá fe o feito de que será retransmitido pola cadea pública da televisión italiana RAI Sport, segundo o Concello. Todo o recadado no evento será doado integramente a UNICEF.

Media_httpwwwwomaaiti_gtatg

Sitio web do Campionato (non agarden atopalo nin en castelán): http://www.womaa.it



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   artes marciais   campionato   deportes  

Ribeira: o cuarto curso intensivo sobre Defensa Persoal, dende o luns 27 en Palmeira, céntrase na autodefensa feminina

(download)
Ribeira, 20 de setembro de 2010. Dendo o vindeiro luns, día 27 de setembro, e ata o venres 1 de outubro, terá lugar o IV Curso Intensivo sobre Defensa Persoal en Palmeira, impartido polo mestre de artes marciais Juan Hombre.

O curso terá lugar no local da Sociedade Fillos de Palmeira e vai constar en principio de clases de autodefensa feminina. "Nesta ocasión faremos especial fincapé no traballo para defenderse ante violacións ou agresións sexuais. Tamén impartirei recursos de loita na rúa e outras cousas máis, sempre interesantes", explica Juan Hombre. Como actividades complementarias farán pequenas marchas polo Barbanza, durmindo unha noite ao raso en plan supervivencia e completándoo con xogos populares galegos "para animar un pouco", asegura o karateka ribeirense.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Juan Hombre   Ribeira   artes marciais   cursos