Preme para voltar á portada
Filed under

audiovisual galego

 

Cinema: o festival audiovisual Olloboi achégase ao medio cento de traballos recibidos e xa subidos á rede

Media_httprodaxefiles_rqziy

Ribeira, 14 de maio de 2012. A falta de pouco máis de tres semanas para que finalice a inscrición no concurso, xa son máis de 45 os traballos enviados desde moitos centros educativos de toda Galicia ao festival audiovisual Olloboi. "Hainos realmente interesantes", indican dende a organización, que recomenda botarlles un ollo.

E se tes un vídeo ou unha idea para un, aínda estás a tempo de participar. Consulta as bases e os premios!

Orixes de Olloboi

No curso 2008-09 un grupo de profesores e profesoras do ensino público fundan no IES Leliadoura un grupo de traballo para dar saída ás súas inquedanzas comúns no mundo audiovisual e estudar a súa aplicación na docencia. Froito do traballo deste grupo nace no 2010 o Festival Audiovisual Olloboi, cunha clara orientación escolar, que se vén celebrando anualmente e xa vai pola terceira edición.

Máis información en olloboi.com e en Facebook





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Olloboi   Ribeira   audiovisual galego   certame  

Ribeira: a longametraxe "Sinbad", rodada en parte neste municipio, está a ser proxectada por toda Galicia

Media_httpfarm3static_ejkvc

Actualización 16 de decembro:

En Ribeira, aínda quedan prazas para asistir á proxección de "Sinbad" este martes 20 de decembro ás 10:30 da mañá. Será no auditorio municipal, pensada para o profesorado e colexios en xeral.

Pendentes de pechar datas en:


Mondoñedo
Ames
… e seguen traballando na distribución.

Pode que tamén lle interese:


Xosé M. Olveira, "Pico" fixo de "Sinbad" en teatro e agora no cinema. Entrevista de F.J. Portela


 

E as afortunadas localidades nas que se estreou foron:

En COMPOSTELA, nos Multicines Compostela, a partir do 28.10.2011

En FERROL, nos Cines Duplex, a partir do 28.10.2011

En LUGO, nos Cines Centro, a partir do 28.10.2011

Na ESTRADA, nos Minicines Central, a partir do 28.10.2011

En VIGO, nos Cines Norte, a partir do 1.11.2011

SINBAD  é unha adaptación da novela de ÁLVARO CUNQUEIRO Si o vello Sinbad volvese ás illas...

Escrita e dirixida por Antón Dobao, está interpretada por Xosé Manuel Olveira Pico, Mariña Sampedro, Sara Casasnovas, Antonio Durán Morris, Laura Ponte, César Cambeiro, Manuel Cortés, Luís Zahera, Mela Casal, Miquel Insua, María Tasende entre outros.

É unha coprodución de TELEVISIÓN DE GALICIA e FICCIÓN PRODUCCIONES.

Máis adiante, é intención do equipo da película levala polas casas de cultura de Ribeira e de toda a bisbarra, e por Galicia enteira.

Antes, en Certo:
Ribeira, plató de "Sinbad"
Remata a rodaxe de "Sinbad"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Sinbad   audiovisual galego   cinema  

Cinema: a Rede Cemit da Xunta convoca un concurso de curtas co móbil para estudantes de ESO e Bacharelato

  • O prazo de inscrición iníciase hoxe, 15 de novembro, e establécese o 29 de febreiro como data límite para a recollida de curtametraxes

  • O obxectivo é espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, ato tempo que se fomenta o traballo en equipo e se dan a coñecer as posibilidades que se abren no eido da formación e o coñecemento de novas tecnoloxías a través das aulas CeMIT
  • A iniciativa implica tanto ao alumnado, como creador das curtas; como aos centros educativos, como titores e facilitadores das inscricións; e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, validación e recollida das inscricións e traballos presentados
  • Haberá diversos premios, tanto a nivel provincial como autonómico, para os participantes e o centro educativo ao que pertencen. A partir do 7 de marzo comezará o proceso de votación dos vídeos presentados, mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook, a través do portal Facebook/IMit Xunta
Media_httpfarm7static_nwejf

Entrada ao Cemit de Noia
 

Barbanza-Noia, 15 de novembro de 2011.- A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, acaba de convocar o I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dirixido a mozos matriculados na ESO ou no Bacharelato dos centros educativos da Comunidade Galega.

Este concurso, que se convoca por primeira vez na administración autonómica a través do Facebook da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica, http://www.facebook.com/imitxunta, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Os obxectivos do certame son espertar a creatividade audiovisual dos estudantes galegos, fomentar o traballo en equipo e dar a coñecer as posibilidades que se abren no campo da formación e coñecemento das novas tecnoloxías que se veñen ofrecendo a través das actividades programadas nas aulas CeMIT dos distintos concellos e comarcas galegos.

Neste I Concurso de curtas realizadas co móbil os mozos da ESO e Bacharelato que teñan entre 14 e 20 anos poderán participar, de xeito individual ou colectivo, e mostrar a súa destreza cinematográfica coa gravación de curtas orixinais cunha temática que exprese aqueles valores e ideas relacionadas coas funcionalidades que ofrece a rede de aulas CeMIT como referente no acceso á formación en novas tecnoloxías e o seu impacto na vida cotiá.

Axentes implicados e fases do concurso
 

Os estudantes que desexen participar nesta iniciativa, cuxo prazo de inscrición se abre hoxe e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro para a recollida das curtametraxes, contarán coa axuda activa da comunidade educativa e dos responsables das aulas CeMIT. Así, neste programa implícase tanto ao alumnado -como creador das curtametraxes-, como aos centros educativos -como titores dos alumnos participantes e facilitadores das inscricións das curtas que os representarán-, e aos responsables das aulas CeMIT, que se encargarán da difusión, resolución de dúbidas, validación e recollida das inscricións e traballos presentados ao concurso.

Media_httpfarm6static_fbcao

Unha vez recollidos todos os vídeos participantes, subiranse a internet para someterse á votación mediante o sistema ‘Gústame’ de Facebook a partir do 7 de marzo de 2012.  Tanto os alumnos das obras seleccionadas coma o centro educativo ao que representan poderán optar a unha serie de premios, tanto a nivel provincial como autonómico. Así, o centro educativo gañador a nivel provincial será obsequiado cunha cámara dixital compacta e o equipo gañador recibirá ata un máximo de 5 Ipod, que poderán ser distribuídos, a criterio do titor, no caso de que o grupo que presenta a curtametraxe estea formado por un número superior de integrantes.

A nivel autonómico entregaranse distintos premios aos centros educativos gañadores: no caso de quedar en primeiro lugar, o premio consistirá nun Netbook; e no caso de quedar en segunda posición o premio será unha videocámara.

Os alumnos e centros educativos interesados en participar neste concurso poderán inscribirse na aula CeMIT máis próxima ou a través da web www.cemit.xunta.es. As bases completas da iniciativa poderán consultarse en http://www.facebook.com/imitxunta.

Antes, en Certo:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Xunta de Galicia   audiovisual galego   certame  

Internet: a Xunta cae da burra e recuperará o contido de Flocos.tv na web da Agadic

  • A páxina da Axencia Galega de Industrias Culturais mantén o enderezo agadic.info, pero actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida aos contidos multimedia, ás redes sociais e á actualidade xerada polo propio sector, entre outras novidades
  • A sección Canle TV albergará o catálogo audiovisual anteriormente aloxado na plataforma flocos.tv
  • Lamentablemente, será unha canle unidireccional e pérdese o progreso que supuña Flocos.tv, onde os espectadores-usuarios podían comentar e valorar cada produción audiovisual alí acubillada. A Consellería de Cultura pasa do 2.0 ao 1.0

Media_httpfarm7static_fjcfe

Flocos mesmo ten un grupo en Facebook a prol da súa reactivación

Santiago, 5 de agosto de 2011.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo estrea nova páxina web que, mantendo o seu enderezo www.agadic.info, actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida a novas seccións multimedia, ás redes sociais e aos contidos de actualidade xerados polo propio sector.

Así, xunto cos apartados de novas, carteleira e avisos relacionados directamente coa actividade da Agadic, incorpórase agora unha sección que, baixo o título Olladas, recolle noticias e eventos protagonizados polos propios profesionais das industrias culturais e clasificados por sectores: audiovisual, escena, música, etc.

Canle TV
Esta nova páxina está preparada, así mesmo, para albergar os contidos audiovisuais anteriormente aloxados na plataforma web flocos.tv, tal e como fora anunciado polo director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero. Nestes momentos, estanse a desenvolver os axustes técnicos precisos para a visualización deste catálogo audiovisual directamente dende a web da Agadic, a través dunha nova sección denominada Canle TV.

Flocos TV: un exemplo que tamén teñen en países como Canadá

Nun país como España, onde a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, defende máis os intereses da industria cultural e do seu lobby, con desfasadas leis de protección da propiedade intelectual, unha iniciativa como Flocos supoñía un avance importantísimo. Ademais de rescatar documentais que era imposible velos en sitio algún -había que ir a farragosos arquivos con horarios de funcionario-, Flocos proxectaba o último do audiovisual galego, películas e documentais que en boa parte lle pertencen ao pobo galego, xa que foron subvencionadas en gran medida.

No seu día contamos aquí que en Canadá hai unha iniciativa similar, na que os artistas e cineastas canadenses están orgullosos de participar.

Máis novas da Consellería de Cultura:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Flocos.tv   Xunta de Galicia   audiovisual galego   consellería  

Boiro: a entrega dos premios audiovisuais OlloBoi, este venres 17 na casa da cultura

Media_httprodaxefiles_jjdps

Boiro, 13 de xuño de 2011. O certame audiovisual OlloBoi, que organiza o colectivo Rodaxe, cumpre este venres 17 co seu último capítulo nesta edición: a entrega de premios.  Será a partires das 9 da noite na casa de cultura "Ramón Martínez López".

Na gala van estar o multiplemente premiado Luis Avilés (director de cinema noiés) e Miguel de Lira, coñecidísimo actor por varias series de televisión. Ao concurso presentáronse máis de setenta traballos, entre os cales o público deberá escoller, por votación, o que mellor lle pareza. Os premios son os seguintes:

  • Premios Rodaxe: 500 €
  • Premio Impinxidela: 100 €
  • Premio do Público: 100 €

Tamén haberá premio para o mellor traballo escolar e para o mellor proxecto en xeral.

Web de referencia:

http://rodaxe.info

Ligazón directa para ver os vídeos que participan: http://rodaxe.wordpress.com/olloboi-2011/participantes/



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   audiovisual galego   certame   premio  

Porto do Son: este venres 27 de maio, entrega do Premio Leixaprén e Encontro do Audiovisual Escolar Galego

 

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística Leixaprén entregará este venres, no marco da celebración do Encontro do Audiovisual Escolar Galego SonCine, o XII Premio Leixaprén a Manuel González en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual galego e da lingua galega neste ámbito.

Fotografa_manuel_gonzlez_lvare
Durante a xornada, uns 200 alumnos e 40 docentes de 18 centros escolares de toda Galicia mostrarán os seus traballos audiovisuais e asistirán a aulas de cine impartidas por prestixiosos especialistas do audiovisual galego como o director Luís Avilés, a produtora Mara González ou o guionista Daniel Domínguez.

(download)

Porto do Son, 25 de maio de 2011. Este venres 27 de maio terán lugar na Casa de Cultura e no IES de Porto do Son a entrega do XII Premio Leixaprén e o Encontro do Audiovisual Escolar Galego, eventos organizados polos Equipos da Biblioteca, Normalización Lingüística e SonCine e os Departamentos de Lingua Galega e Educación Plástica do instituto e que contan coa colaboración da Alcaldía e a Concellaría de Cultura do Concello de Porto do Son.

Durante a sesión da mañá, a Casa de Cultura converterase nun espazo de encontro de alumnos e docentes de 18 centros educativos galegos que desenvolven na actualidade proxectos audiovisuais. Ademais da presentación e proxección destes traballos, ao final da mañá farase entrega do XII Premio Leixaprén que outorga a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística Leixaprén, formada por centros de ensino secundario das comarcas do Barbanza e Muros-Noia. Este galardón, que se entrega dende o ano 2000 a persoas, colectivos, empresas ou institucións en recoñecemento ao labor que realizan na promoción e defensa da lingua galega, recaeu na presente edición en Manuel González Álvarez polo seu traballo na promoción do audiovisual galego e da lingua galega neste campo. Ademais, este premio quere simbolizar o traballo colectivo de todas aquelas persoas que introduciron e dinamizaron o audiovisual nos ámbitos afeccionado e escolar, campos nos que o idioma galego ten unha presenza impo rtante.

Na súa dilatada traxectoria, Manuel González foi responsable nos anos 80 da Área de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia (xérmolo do CGAI) e coordinador do programa “A imaxe na escola”. Ademais do seu labor no eido da investigación, no que destaca no estudo e catalogación do patrimonio cinematográfico galego e da emigración, dende os primeiros 90 até a actualidade traballou na produción, guionización e realización de diversos programas e series para a TV, foi director da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da Axencia Audiovisual Galega e responsable de proxectos pioneiros como Flocos.TV e Cinemas Dixitais.

Xa durante a xornada da tarde, o Encontro do Audiovisual Escolar Galego trasladarase ás instalacións do instituto, que acollerá as “aulas de cine” impartidas por especialistas de recoñecido prestixio no ámbito audiovisual como Luís Avilés, Mara González, Daniel Domínguez, Fernando de Castro, Fran Piñeiro, María Yáñez, Rebeca Ces e a empresa desescribir, sobre dirección, guión, produción, gravación, fotografía, deseño gráfico e difusión web. Por outra banda, os docentes dos diferentes centros participarán nun foro co obxectivo de reflexionar sobre a necesidade de desenvolver un espazo de intercambio do audiovisual escolar para compartir traballos e experiencias e desenvolver a formación e creación audiovisual do alumnado ante a ausencia dunha política de promoción da educación audiovisual por parte da administración autonómica.

A celebración deste Encontro responde á necesidade de visibilizar publicamente na sociedade a cantidade e calidade de traballos que se están realizando nos centros de ensino. Unha mostra non exhaustiva nin sistemática pode verse na páxina http://www.netvibes.com/encontro-do-audiovisual-escolar-galego, que recolle centos de vídeos escolares.

Antes, en Certo:


Encontro Audiovisual Galego: o 27 de maio. Programa completo


Premio Leixaprén: para Manuel González, o 27 de maio entrega

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   audiovisual galego   instituto  

Boiro: o venres 11 de marzo, IV Festa Audiovisual co gallo do Día da Muller Traballadora

Media_httpfarm6static_djbqa

Boiro, 9 de marzo de 2011. Este venres, 11 de marzo, a Asociación Cultural Borobó ten prevista a súa IV Festa Audiovisual, nesta ocasión co gallo Día Internacional da Muller Traballadora. O acto, que terá lugar no pub Ese / A Pousada das Ánimas a partires das 21:30 horas, contará coas proxecións do documental “Señora de” e a curtametraxe “Camiño da memoria”, un coloquio posterior e, por último, un concerto a cargo dos grupos Malandrómeda e La Maldita.

A Secretaria da Asociación Cultural Borobó, Silvia García Mirón, quixo salientar que “esta actividade, enmarcada baixo a denominación de “Festa Audiovisual” xa ben sendo unha constante na dinámica da nosa entidade, pero se nas anteriores ocasións quixemos focalizar a oferta das proxecións en torno ao formato ou xénero das pezas (curtas de ficción, documentais de corte social e curtas de animación) nesta ocasión buscamos centrarnos nunha temática concreta, a muller, e por isto proxectamos dúas pezas dirixidas, producidas e protagonizadas por mulleres, como apoio ao Día Internacional da Muller celebrado o pasado 8 de marzo”.

As proxecións consistirán nas pezas de corte documental “Señora de”, de Patricia Ferreira, e “Camiño da memoria” de Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera.

PATRICIA FERREIRA: “Señora de…” (2009, documental, 80 min) “Señora de” está formado polas testemuñas de varias mulleres de todo tipo: do campo, da cidade, do mar e da terra adentro que se enfrontan aos seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, de hábitos hoxe intolerables na sociedade occidental pero que constituiron a vida das mulleres na Galicia e a España dunha historia moi recente.

LUCÍA CALVO, VALENTINA ALONSO, ALBERTE MERA: “Camiño da memoria” (2010, curtametraxe documental, 5 min) A Obdulia acábanlle de diagnosticar un principio de Alzheimer polo que todas as mañás a súa neta axúdalle con ejercicios para ralentizar a pérdida de memoria. O seu desexo é non esquecer un camiño que realmente lle importa.

Tras as proxecións levarase a cabo un coloquio que constará de dúas partes. Por unha banda intervirán representantes das pezas: Lupe Lloves, que participou na produción e rodaxe de “Señora de” e Valentina Alonso, directora e guionista de “Camiño da memoria” para tratar temas relacionados coa muller no audiovisual e, pola outra, contarase cunha mesa redonda participada por Silvia Fraga, Parlamentaria de Igualdade do grupo socialista, Natalia Laíño, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, e Begoña Urgoiti, Presidenta das Amas de Casa de Boiro, que aporarán a súa perspectiva sobre o papel e situación da muller na sociedade actual.

Tras este coloquio darase paso a un concerto a cargo de Melandrómeda e La Maldita, ambos de hip hop.

O mesmo día, en Boiro:


Inauguración: o venres 11, do viveiro de empresas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   Día da Muller Traballadora   audiovisual galego  

Cinema: Flocos.tv aseméllase a Nfb.ca, iniciativa do goberno canadense

To learn more about the National Film Board of Canada

Tying Your Own Shoes wins the Golden Dove at the DOK Leipzig festival in Germany
2009 / 11 / 2

Tying Your Own Shoes wins the Golden Dove at the DOK Leipzig festival in Germany

Shira Avni's animated documentary, Tying Your Own Shoes, was honoured with the Golden Dove Award for a short film at the 52nd International Leipzig Festival for Documentary and Animated Film. The film made its world premiere at the festival.

The film offers a rare opportunity to hear the unique perspectives of four adult artists with Down Syndrome. The Golden Dove is awarded to a film that gives voice to a segment of society that has long been rendered voiceless – while at the same time expanding the vocabulary of documentary film aesthetics. The Golden Dove award comes with a prize of € 5,000.

The International Leipzig Festival for Documentary and Animated Film – DOK Leipzig – is the largest German and one of the leading international festivals for artistic documentary and animated films.

Read Shira Avni's guest post on the NFB.ca blog.

 

via nfb.ca

Tes un documental? Unha película? Unha curta de debuxos? Financiástela con cartos públicos? Entón tena que ver todo o mundo. GRATIS. De balde. Hoxe pódese facer en Internet. O goberno canadense promove esta web, na que xa hai 13.000 documentos audiovisuais. Espalla a cultura feita no seu país para todo o mundo.


Flocos.tv foi unha adiantada en Galicia. Aínda está na Rede. A ver se dura e se amplía.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Canadá   Flocos.tv   Galicia   audiovisual galego   cinema   de balde   gratis