Nesta ligazón pódese ver unha galería de fotos do certame no que resultaron premiados.
As pequenas de "Vai de Roda" tamén obtiveron premios, non hai moito, na Estrada
Rianxo, 31 de maio de 2011. Dous grupos da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda de Rianxo veñen de colleitar novamente diferentes premios na edición do XXII Concurso de Baile Tradicional de Xacarandaina, celebrado nesta fin de semana no Coliseum coruñés.
Igualan deste xeito os postos acadados na Estrada neste mesmo ano. Foi o de Xacarandaina un certame con moita participación de agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña, algunha delas das máis prestixiosas como Cantigas e Agarimos, Xacarandaina, Fiadeiro, Donaire, A Pontevella ou Os Xeitosos de Trazo, o que dá idea da competencia e o bon nivel do concurso.
Na categoría dos máis novos, menores de 9 anos, venceu o grupo O Muiño da Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreñas de Vai de Roda, de Rianxo que quedou segundo, e Xacarandaina terceiro, competindo 7 grupos.
Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreñas, de Vai de Roda de Rianxo, por diante da Escola de Folclore de Betanzos e Tras do EO da CC. A Ponte Vella. Neste caso foron doce os grupos participantes.
Vindeiro serán: o sábado 18 de xuño, Serán do Mar
Vai de Roda amosa a súa satisfacción polo que isto supón de recoñecemento dun traballo e dun esforzo de nenos e nenas, das familias e do profesorado. Aproveita tamén para ir anunciando o sábado 18 de xuño á noite a celebración no Campo de Arriba de Rianxo do VI serán do Mar.
PARTICIPANTES CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive
- “B” da Escola Municipal de Folclore -Betanzos............................................Muiñeira
- “Donairiño” da A.C. Donaire..........................Muiñeira de Cubelo (Moraña)
- “O muiño da Retorta” do C.C. A Ponte Vella–Teo........Muiñeira de Boudañeira (Dumbría)
- “Rebuldeiros” da A. C. Xacarandaina................Muiñeira de Truebe (Sta. Comba)
- Casa Galega – Hospitalet.....................................Muiñeira de Leira
- “C” da Escola Municipal de Folclore -Betanzos.........Muiñeira de Sofán (Carballo)
- “Sete ferreñas” “Vai de Roda”-Rianxo.......Muiñeira de Codeseda(A Estrada)
CATEGORÍA B: de 9 A 12 anos inclusive
- “Fungueirazos” da A. C. Donaire..................Punteada do Rieiro (Cabana de Bergantiños)
- “A” da A.C. Os Xeitosos –Trazo..............................Xota de Benza (Trazo)
- “E” da Escola Municipal de Folclore -Betanzos.......Xota e muiñeira de Berdoias (Vimianzo)
- “O Rodicio” da A.C. Xacarandaina................................Punteada de Cerqueda
- “C” da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos........Jota e muiñeira de Murias
- “Ferreiros” da A.C. Adro-Baio............................Maneo e muiñeira de Rodís (Cerceda)
- “D” da Escola Municipal de Folclore -Betanzos...............Muiñeira de Trasmonte (Ames)
- “Tras do Eo” do C.C. A Ponte Vella........................................ Muiñeira de Liñares (Avión)
- “Barullo” da A. F. Santiaguiños -Boimorto......Muiñeira de Vilar (Remonde –Palas de Reis)
- “Fusos e rocas” da A. C. F. O Fiadeiro............................Muiñeira vella de Malpica
- “Nove ferreñas” Vai de Roda-Rianxo............Muiñeira de San Campio (Serra de Outes)
- “Teirón” da A. R. C. e D. San Martín –Razo.....................Muiñeira do Viso (Laracha)
Onte publicamos:
Rianxo, 30 de maio de 2011. O grupo de baile "Vai de Roda" non para de colleitar premios. Onte, reunido o Xurado do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña, composto por Chelo Cheda Pérez, Miguel Sotelo Vidal e María José Martínez Pérez acordaron:
CATEGORÍA A: Ata os 8 anos inclusive
1º Premio: O Muíño da Retorta do CC A Ponte Vella de Teo
2º Premio: Sete Ferreñas da A de MBT "Vai de Roda" de Rianxo
3º Premio: Rebuldeiros da AC Xacarandaina
CATEGORÍA B: De 9 a 12 anos inclusive
1º Premio: Nove Ferreñas da A de MBT "Vai de Roda" de Rianxo
2º Premio: E da Escola de Folclore de Betanzos
3º Premio:Tras do EO da CC A Ponte Vella
CATEGORÍA C: De 13 a 16 anos inclusive
1º Premio: Garagao da AC Xacarandaina de A Coruña
2º Premio: Grupo "B" da AC "Os Xeitosos" de Trazo
3º Premio: Pedravíxía da AC Adro de Baio
CATEGORÍA D: Maiores de 17 anos
1º Premio: "Repinicoque" da AX Xiradela de Arteixo
2º Premio: Escola Municipal Tequexetéldere de A Estrada
3º Premio: Centro Cultural A Ponte Vella de Teo
Vía http://www.xacarandaina.com
Blog de Vai de Roda: http://www.blogoteca.com/vaideroda
Antes, en Certo:

Baile: Vai de Roda premiada na Estrada
Comentarios [0]