Preme para voltar á portada
Filed under

banco de tempo

 

Ribeira: finalizou o obradoiro de modelado en torno de oleiro

  • O obradoiro foi organizado polo Banco do Tempo de Ribeira 

(download)
Ribeira, 16 de novembro de 2011. Esta actividade foi organizada polo Banco do Tempo, que está adscrito ao Centro de Información á Muller e que se presenta como unha medida para conciliar a vida familiar. Depende da concellería de Xuventude e Igualdade que dirixe Aroa Fernández Cadórniga. 

As participantes quedaron moi satisfeitas, ao mesmo que María Eugenia Villaverde, a mestra do obradoiro. De feito, non se descarta realizar xuntanzas de artesás unha vez ao mes para faceren pezas e seguir formándose na técnica do modelado en xeral e na do torno en concreto.

Antes, en Certo:


  Obradoiro de alfarería: no Banco de Tempo

 

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo   obradoiros  

Ribeira: reunión do Banco de Tempo o 4 de novembro para argallar novas actividades para intercambiar

  • O venres 4 de novembro, ás oito da tarde, no café Bombón


  Obradoiro de alfarería no Banco de Tempo

Ribeira, 27 de outubro de 2011.- O Banco do Tempo de Ribeira informa de que o próximo 4 de novembro haberá unha reunión das persoas sociais da entidade para falar das diferentes actividades que se están a desenvolver como de novas propostas . 

Entre estas últimas inclúese un ciclo de cine solidario, un magosto ou distintos cursos de costura, doces típicos de Nadal, decoración de mesas de festas, etc... 

Todos os socios interesados poderán acudir o citado 4 de novembro, ás 20 horas, ao Café  Bombón, no parque García Bayón de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro: o luns 7 de novembro, sobre alimentos para diabéticos


Arrecó: programación deste trimestre


Mostra de Teatro: cada venres, ata o 2 de decembro. Programa



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo  

Ribeira: ludoteca para os do Banco de Tempo en Semana Santa, promovida por Trapallada

Haberá obradoiros de maquillaxe facial, cancións, xogos cooperativos, multideporte e xogos de distensión

Media_httpfarm5static_bbiww

Ribeira, 14 de abril de 2011.- Grazas á Asociación Trapallada na súa calidade de membro do Banco do Tempo de Ribeira, este servizo organiza unha acción que ten como obxectivo permitir a conciliación da vida familiar e laboral das súas persoas socias. Concretamente, unha ludoteca que se desenvolverá os próximos días 18, 19 e 20 de abril nas aulas que os Servizos Sociais teñen na rúa Cristóbal Colón. 

“Esta iniciativa nace coa intención de desenrolar un dos obxectivos do Banco do tempo, que é facilitar a conciliación familiar e laboral –manifestou a concelleira de Acción Social, Esther Patiño Rey- pois aínda que as nenas e nenos non teñen colexio, as nais e os país si teñen que traballar sendo unha problemática moi presente na nosa sociedade”. A edila riveirense (que estivo acompañada da secretaria do Banco, Estela Saa) agradeceu durante a presentación da actividade a implicación e colaboración do colectivo xuvenil que dirixe Sabela Crujeiras . Ademais, desculpou a ausencia de representantes de Trapallada por serlles imposible acudir por motivos académicos.

Ludoteca_banco_do_tempo

Está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Hai 30 prazas convocadas. O único requisito para poder tomar parte é que un dos familiares (pai, nai, avó...) sexa socio do Banco do tempo. As persoas que non sexan socias aínda están a tempo de inscribirse mañá e poder beneficiarse así desta iniciativa. Para isto, deben acudir ao CIM (Centro de Información á Muller) e deixar os datos pertinentes.

A ludoteca terá lugar en horario de mañá, de 10 a 13, e constará das seguintes actividades:

    * Maquillaxe facial: mediante a cal as nenas e nenos participantes se poidan meter no rol do seu personaxe favorito.

    * Xogos cooperativos: que englobarán actividades nas cales os obxectivos só poidan ser conseguidos en equipo.

    * Xogos de distensión: a través dos cales as nenas e nenos poderán liberar enerxía, rirse e estimular o movemento.

    * Xogos multideporte: abarcan os xogos populares (tales como o pano, pita cega, etc.)

    * Taller de cancións.

A Asociación Trapallada naceu no ano 2009 e está composta actualmente de 30 socios e socias con idades de 15 a 30 anos.

Polo que respecta ao Banco de Tempo, conta a día de hoxe con 31 socios e ofrece múltiples servizos de intercambio, como clases de cociña e de inglés, manualidades, manicura...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo  

Ribeira: o Banco de Tempo oferta obradoiro de masaxes terapéuticas

Masaxe_1

Ribeira, 31 de marzo de 2011. O Banco do Tempo de Ribeira informa de que comezou un obradoiro de masaxes terapéuticas para socias e socios do banco do tempo. Este obradoiro terá unha duración de 3 sesións. A primeira celebrouse o pasado sábado, mentres que a segunda está programada para o sábado 2 de abril e a última para o sábado día 9. 

No transcurso do curso, impartido por dúas persoas con ampla experiencia en distintas técnicas alternativas, cada un dos participantes poderá consultar e aprender a paliar algunha dor ou relaxar algunha zona a través destas técnicas,  polo que o desenrolo do mesmo irá marcado maioritariamente polos participantes. 

Á primeira sesión acudiron 6 socios do banco, entre eles a concellala  de Igualdade, Acción social, Maiores e Dependencia, Mª Esther Patiño Rey, quen acudiu tamén en calidade de socia. O principal tema que alí se tratou foi o dos puntos de presión: a maneira de relaxar as distintas zonas nas que no día a día se van acumulando as tensións.  

Para a segunda sesión cóntase con máis participantes e se tratará maioritariamente o tema da reflexoloxía podal.  

O único requisito para a asistencia a estes e outros obradoiros organizados polo Banco do Tempo será pertencer como persoa socia. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo  

Ribeira: o Banco de Tempo cambia o día de atención ao público, que será agora os mércores

Banco_de_tempo_entroido_ribeir

Ribeira, 7 de marzo de 2011. A Secretaría do Banco do Tempo de Ribeira informa de que cambia o seu horario de atención e, dende agora, este servizo estará aberto os mércores en lugar dos luns como viña sendo habitual. Con esta modificación preténdese facilitar a asistencia aos socios do banco e ás persoas, entidades e institucións que estean interesadas en colaborar ou obter información para facerse socias.  

O horario será de 11 a 13 horas da mañá. A secretaría seguirá situada na sede do Centro de Información á Muller (CIM). 

No caso de que a algunhas persoas non lles veña ben este novo horario, deberán chamar ao departamento dos Servizos Sociais, e deixar os seus datos persoais xunto co teléfono para que a secretaría se poña en contacto.  

Obradoiro postres Entroido

A imaxe que acompaña esta información é unha fotografía do grupo que tomou parte no obradoiro de postres típicos de Entroido que se realizou hai unha semana a iniciativa do Banco.
Os nomes dos socios son Mª Dolores Crujeiras (asesora xurídica CIM), Xose Alberte Lorenzo, Mª Teresa, Pilar Pereiro, Juanita (mestra do obradoiro, colaboración das amas de casa de Riveira), Mónica Chaves, Marisa Arnoso, Juanita Vilar, Esther Patiño (concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia), Estela Saa ( Secretaria do banco do tempo) e Dolores García.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo  

Ribeira: magosto autoxestionado este sábado 20 no parque de San Roque para promocionar o banco de tempo

Media_httpfarm4static_mfedi

Queres participar neste magosto? Pois a levar as túas castañas!

Ribeira, 16 de novembro de 2010. O programa de difusión do Banco de Tempo de Ribeira, actividade dependente do CIM (Centro de Información á Muller), ten no  Parque Periurbano este sábado día 20 de novembro unha nova cita. A partir das 12 do mediodía organízase un magosto no que tomarán parte os socios do Banco do Tempo, así como todos os que teñan interese en recibir información sobre esta iniciativa de intercambio de pequenas tarefas por tempo. 

Cada participante deberá levar castañas e algo para beber. Así mesmo, no transcurso do magosto exporanse distintas receitas de postres típicos de Galicia elaborados con castañas. A actividade rematará en torno  ás 14 horas 

Os interesados en participar só teñen que pasarse polo parque periurbano.

Antes publicamos:


Micoloxía: 27 aprendices do banco de tempo polo Iroite


Banco de tempo: actividades que se intercambian



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo   magosto  

Ribeira: 27 persoas foron á excursión micolóxica ao monte Iroite organizada polo Banco de Tempo

Setas_banco_do_tempo

Ribeira, 26 de outubro de 2010. Un total de 27 persoas participaron o pasado sábado na actividade “Imos ás setas” que levou a cabo o Centro de Información á Muller de Ribeira dentro da súa campaña de divulgación do Banco do Tempo. Entre eles, estiveron presentes a directora do CIM, Dolores Crujeiras, e a secretaria do Banco, María Saa, así como o experto en micoloxía pertencente á asociación Refungando Jesús Miniño. 

A actividade desenvolveuse no monte Iroite, punto no que, e despois dunha sucinta exposición sobre o banco do tempo, o experto Jesús Miniño comezou a súa clase práctica-introdutoria acerca do mundo dos cogomelos, divulgando as características das distintas especies coas que se ían encontrar. 

O perfil dos participantes foi moi variado, dende xente xoven e de mediana idade ata xubilados. Os participantes recolleron algúns exemplares de varias clases de cogomelos que despois lles serviron para facer un arroz no parque de San Roque da cidade, dando por rematada así a actividade.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo   micoloxía  

Ribeira: O Banco de Tempo programa "Imos ás setas" para o vindeiro 23 de outubro

Media_httpfarm5static_jhdej

Ribeira, 13 de outubro de 2010. O Banco do Tempo de Ribeira, coa colaboracion de expertos da asociación micolóxica Refungando invitan a asistir á "I saida Imos ás setas". Consistirá nunha sesión introductoria á micoloxía facendo unha saida ao monte e despois unha comida picnic (se o tempo o permite). Esta actividade está aberta a tódalas persoas que estean interesadas, sexan ou non socios do Banco do Tempo de Ribeira. Tamén se pretende incentivar aos socios nas actividades conxuntas, atraer a futuros socios e desenvolver actividades conxuntas coas distintas asociacións ribeirenses. Para máis información hai que poñerse en contacto coa secretaría de banco do tempo no teléfono 626907299 ou no Cim de Ribeira. O periodo para anotarse a esta actividade rematará o venres 22 de outubro. Tamén é posible poñerse en contacto co Banco de Tempo na rede social Facebook, aquí
 
Os que queiran participar poden cubrir o formulario no facebook do Banco do tempo de Ribeira e envialo ou ben achegarse ao Centro de Información á Muller da Rúa de Correos. A actividade -se o tempo acompaña- vaise facer en Iroite (entre Boiro e Noia). Alí chegarase en coches (a xente que non dispoña de coche será ubicada en calquera dos que teñan algunha praza libre). A hora de saída serán as nove e media da mañá no aparcadoiro do Lidl e cada participante levará a comida para xantar todos xuntos unha vez remate a recolleita. Se o tempo non acompaña adiarase a actividade ata que sexa posible. Faranse grupos, dependendo do número de participantes, e os expertos de Refungando irán acompañando e facendo unha introducción a medida que se vaia organizando a actividade.

O formulario que se require encher no Facebook contén as seguintes cuestións:

NOME: APELIDOS:
D.NI./NIE:
ENDEREZO:
TELÉFONO:
¿Tes coche para desplazarte á actividade?
¿SABES O QUE É O BANCO DO TEMPO?
¿A través de quen ou de que coñecestes o banco do tempo de Ribeira?
¿Tes alguna suxestión que facer ao Banco do Tempo de Ribeira?

Web de referencia
http://bancodotempo.com/

Nota do Concello:

Ribeira, 19 de outubro de 2010. O Banco do Tempo, iniciativa adscrita ao Centro de Información á Muller (CIM), organiza para este sábado día 23 de outubro a “Primeira Saída Imos Ás Setas”: unha saída introdutoria á micoloxía con destino ao Monte Iroite, para cuxa posta en marcha recíbese a colaboración de espertos en setas da Asociación Refungando.

Esta actividade está aberta a todas as persoas que teñan interese no mundo da micoloxía, tanto se son socios coma non do Banco do Tempo. O que se pretende é incentivar os socios nas actividades conxuntas, atraer a futuros socios e desenrolar actividades conxuntas coas distintas asociacións de Ribeira.  A acción dará  comezo ás 9.30 horas no parking do Lid´l, punto de encontro dos participantes. Dende alí se desprazarán en coche ata o Iroite (a xente que non dispoña de coche será ubicada en calquera dos que teñan algunha praza libre). Cada participante levará a comida para xantar todos xuntos unha vez remate a recolleita. Se o tempo non acompaña, se chamará os participantes e posporase a acción ata que  o tempo o permita. 

A actividade será  en grupos. Os expertos de Refungando irán acompañando e facendo unha introdución a medida que se vaia desenrolando a actividade. Despois xantarán todos xuntos e darase por rematada a actividade. Pódese obter máis información ou acceder ao cuestionario de inscrición da actividade na sede do CIM (sita na rúa Correos, teléfonos 981 874 131 - 981 873 409) ou ben na páxina de facebook do Banco do Tempo.

Antes publicamos:


Charla: hai fungos nos ecosistemas dunares? O 16 de outubro saberémelo


Micoloxía: Luns refungueiros, ata 29 de novembro


Banco de tempo: actividades que se intercambian



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo   micoloxía  

Ribeira: recados, chapuzas domésticas, maquillaxe ou clases de informática, entre as tarefas ofrecidas no banco de tempo

(download)
Imaxes da reunión mantida o 30 de xuño en San Roque

Ribeira, 1 de xullo de 2010. Tras a aprobación en Pleno Municipal o pasado luns do regulamento Banco de Tempo de Ribeira, este servizo xa está oficialmente en funcionamento no obxectivo de favorecer os intercambios gratuítos de tarefas e traballo entre a cidadanía, axudando a resolver necesidades da vida diaria das persoas participantes e facilitando a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 

Con tal motivo, o Centro de Interpretación do Parque Periurbano de San Roque foi escenario na tarde de onte dunha presentación, na que a concelleira municipal de Igualdade e Acción Social, Esther Patiño, a directora do Centro de Información á Muller, María Angeles Crujeiras, e dúas representantes da entidade que elaborou o estudo de diagnose previo á posta en marcha da actividade, Consultora Sánchez-Albornoz, expuxeron as principais características do Banco de Tempo. Ante elas atopábanse parte dos 17 veciños (15 mulleres e 2 homes) que xa están anotados na iniciativa, e que recolleron diversa documentación, como o regulamento e os talonarios necesarios para efectuar as prestacións. 

Entre as tarefas ofrecidas polos usuarios anotados figuran a realización de clases de informática, de internet ou de idiomas (castelán, inglés, francés ou árabe), a axuda con aparellos electrónicos, tarefas de albanelería ou fontanería; facer recados ou xestións, facer pasteis, a restauración de mobles, recoller receitas na farmacia, maquillaxe, masaxes terapéuticos, punto de cruz ou manualidades. 

Por outra parte, hai unha serie de tarefas e servizos que aínda que son demandadas polos usuarios do servizo, a día de hoxe non hai oferta: clases de alemán e galego, de perruquería, traballos de costura, poda e enxertos de árbores, desprazamentos en coche, consellos para tratar as persoas maiores... 

Páxina web

O acto deu cabida tamén  á prestación dunha páxina web específica da actividade e que se ben aínda está en construción xa recolle diversa información valiosa para os que estean interesados en participar no banco. A súa dirección é www.bancodotempo.com.  

O funcionamento do servizo vai estar coordinado a través dunha Secretaría do Banco de Tempo que estará ubicada na sede do CIM (rúa Correos nº 5 de Santa Uxía; teléfonos: 981 874 131, 981 873 409; fax: 981 873 955, cim@riveira.com). Tanto os usuarios do Banco como os que estean interesados en anotarse no mesmo poden poñerse en contacto con esta Secretaría, cuxo horario de atención ao público vai ser polo momento os luns de 17.00 a 18.00 horas. A partir de mediados de xullo e con ocasión do período de verán este horario será trasladado ás mañás. 

Despois da exposición, os usuarios que se achegaron ao parque de San Roque puideron disfrutar dunha visita guiada pola zona exterior do mesmo baixo a guía da técnica de Turismo do Concello, Sandra Fernández.

Relacionadas:

En Noia houbo banco de tempo ata o ano pasado. Máis

En Rianxo, tamén

En Dodro, web

En Boiro, tamén



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   banco de tempo