Lousame: a Banda de Música organiza este sábado 12 a súa cea anual de socios e amigos
![]() |
Barbanza-Noia, 30 de marzo de 2012. A Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica, sendo a data límite de presentación de obras o 28 de setembro de 2012.
O éxito acadado nestes catro anos pode verse nas obras premiadas para banda sinfónica:
ou para banda de música:
O concurso consta de tres categorías ás que poder presentarse:
* 1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos)
* 2ª categoría (até 70 músicos)
* 3ª categoría (até 50 músicos)
Bases:
Máis info: http://fgbmp.net
Relacionada:
Comentarios [0]
Actualización coa nota de César García Traba, director da Banda de Lousame:
Lousame, 29 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participou esta pasada fin de semana no V Certame Galego de Bandas de Música, organizado pola Federación de Bandas de Música de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia.
A Banda de Lousame acadou o segundo premio na categoría terceira (para bandas de ata 50 músicos) por detras da Banda A Lira de Ribadavia, da que só a separaron 18 puntos (316 Ribadavia frente a 298 Lousame). A Banda de Louame conseguiu tamén o premio á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega, coa obra “O demo de Carboeiro” de Manuel Blanco Dosil.
O certame tivo unha grande calidade nas bandas participantes e unha notable asistencia de público que encheu o Auditorio de Galicia. Destaca o público asistente de Lousame e Noia para apoiar á nosa banda que foi o que máis se deixou notar, o que máis apladeu e que o celebrou por todo o alto cando deron os resultados.
A directiva da Banda de Lousame quere agradecer a tódalas persoas que nos apoiaron para conseguir este grande éxito, xa que era a primeira vez que participabamos nun evento deste tipo. Agradecemos tamén as numerosas mostras de felicitación recibidas nestes días que nos fan sentirnos moi queridos e con ánimos para seguir traballando na consecución de logros coma este.
Antes, en Certo:
Lousame, 26 de novembro de 2011. Onte pola tarde celebrouse no Auditorio de Galicia a primeira xornada do V Certame Galego de Bandas de Música. O xurado, formado por Juan Durán, Pilar Vañó, Mercedes Padilla e Xosé Carlos Seráns Olveira entregou o primeiro premio, dotado con 1500€, á Banda de Música La Lira de Ribadavia, que interpretou a obra obrigada Monte Medulio de Andrés Álvarez e a obra de elección libre Cabaleiros de Santiago de José Luís Represas, conseguindo un total de 316 puntos. O xurado, que deliberou durante case unha hora, destacou a calidade sonora da banda gañadora.
A Banda Municipal de Música de Lousame acadou a segunda posición, con 298 puntos, e un premio de 1000€. O terceiro lugar recaeu na Agrupación Musical de Belesar, con 233 puntos, que levou un premio de 500€.
A Banda Municipal de Música de Lousame gañou o premio do xurado á mellor interpretación da obra de libre elección de autoría ou temática galega coa obra O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco Dosil, cunha dotación económica de 600€.
Aposta pola temática galega
Nesta xornada hai que facer unha mención especial ó feito de que catro das bandas participantes elixiran como obra de libre elección unha de autoría ou temática galega, destacando a estrea da obra O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco Dosil, interpretada pola Banda Municipal de Música de Lousame.
As redes sociais tamén foron protagonistas nesta xornada. A través do Facebook e do Twitter e do hashtag #vcertamegalego, os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares puideron seguir minuto a minuto o devir do certame. Mañá, as bandas pertencentes á sección segunda competirán por acadar un premio neste V Certame Galego de Bandas de Música. A cita será a partir das 18.00h no Auditorio de Galicia.
Pode que tamén lle interese:


Comentarios [0]
Lousame, 14 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participa o día 25 de novembro no V Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Este concurso, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é o máis prestixioso en Galicia no ámbito das bandas de música.
A Banda de Lousame compite por primeira vez neste certame facéndoo na sección terceira que agrupa ás bandas de ata 50 músicos. Xunto coas bandas de Arteixo, Lira de Ribadavia, Belesar e Airiños do Morrazo, a Banda de Lousame aspira a acadar algún dos premios que se darán ás mellores interpretacións.
Con motivo deste encontro o Concello de Lousame pon a disposición de tódolos veciños do concello e arredores un autobús que sairá da Praza do Concello ás 6 da tarde do día 25 para chegar ó comenzo do certame as 8 da tarde, xa que ademáis a Banda de Lousame actúa en primeiro lugar. Os interesados en acompañar á banda e darlle ánimos para acadar un premio deben inscribirse chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 825780). O custo da viaxe é de 4 €.
Programa completo do V Certame Galego de Bandas:
Comentarios [1]
Rianxo, 14 de novembro de 2011. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao 2º Concerto do Ciclo de Outono, adicado a Sta. Icía, e que dentro das actividades do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo, ofrecerán a Banda de Música Municipal de Lousame e a Banda da Escola de Música de Rianxo:
Comentarios [0]
Noia, 25 de outubro de 2011. Segundo informou hoxe César García, presidente da Banda de Música de Lousame, o vindeiro domingo, 30 de outubro, haberá un concerto na igrexa de San Martiño (ía ser na praza do Tapal pero mudouse o lugar, pode que polo tempo) ás cinco e media da tarde como presentación do Certame Galego de Bandas de Música, que este ano homenaxea ao fundador dos míticos Los Tamara, o noiés Prudencio Romo.
O local de ensaio de Noia leva o nome de Prudencio Romo
Primeira vez de Lousame na Sección Terceira (o venres 25 de novembro)
O Certame Galego de Bandas de Música celebra este ano a súa V edición e está organizado pola Federación Galega de Bandas de música populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela os días 25, 26 e 27 de novembro e a Banda de Lousame participa este ano por vez primeira na sección terceira, que inclúe as bandas con ata 50 músicos federados e que se celebrará o venres 25 de novembro a partir das 8 da tarde.
No concerto interpretaranse as obras “Monte Medulio” (obra obligada) de Andrés Álvarez e “O demo de Carboeiro” (obra libre) de Manuel Blanco Dosil, que se estrea neste concerto. Tamén participarán a Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de Esperanza Filgueira e Fernando Docampo para interpretar varios arranxos de temas de Los Tamara, e así homenaxear a figura de Prudencio Romo.
Pode que tamén lle interese:

Exposición en Noia: Ata o 31 de outubro, "Rosalía sempre viva"
Comentarios [0]


Comentarios [0]
Rianxo, 3 de agosto de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao 3º concerto do VII Ciclo de Bandas:
Comentarios [0]
Rianxo, 29 de xullo de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao 2º concerto do VII Ciclo de Bandas:
Comentarios [0]
Lousame, 18 de xullo de 2011.- A Banda Municipal de Música de Lousame realizará unha viaxe a terras murcianas entre os días 20 e 24 de xullo. Esta actividade enmárcase dentro do intercambio que se realiza este ano coa Agrupacion Músico-Cultural Las Musas de Guadalupe, que devolverá a visita a Galicia o próximo ano.
En Murcia a Banda de Lousame realizará un concerto o día 23 de xullo na Praza de Belluga ás 10 da noite, así como diversas actividades lúdicas e culturais acompañados pola Agrupacion Músico-Cultural Las Musas de Guadalupe, banda gañadora da Sección Segunda do Certamen Nacional de Bandas de Música “Ciudad de Murcia” en 2010.
Comentarios [0]
Rianxo, 6 de xullo de 2011. Esta fin de semana están de noraboa os afeccionados á musica de bandas.
O concerto está enmarcado no VII CICLO DE BANDAS, e organizado conxuntamente coa Escola de Música de Rianxo. No caso de choiva o concerto trasladarase ao Auditorio. O Ciclo completarase cos concertos que de seguido se detallan:
30 xullo - BANDA DE MÚSICA “ARROYO DE LA ENCOMIENDA” (VALLADOLID)
7 agosto - BANDA DE MÚSICA DE PONTELEDESMA
Pendente confirmar data - BANDA DE MÚSICA DAS PONTES
27 Agosto - BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
Pode que tamén lle interese:


IV Festival Antrospinos: xa hai cartel e grupos teloneiros!
Comentarios [0]
En Certo puidemos asistir só ao comezo da homenaxe:
Pero Paco do Martelo estivo e gravou moito máis:
Teñen máis vídeos na súa canle: http://www.youtube.com/user/Arben1312
E, co tempo, toda a homenaxe debería estar na web da Banda de Música de Lousame, en http://bandadelousame.com
Antes, en Certo:
Lousame, 11 de maio de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame, xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Lousame, organiza o día 17 de maio ás 5 da tarde unha homenaxe ao eminente musicólogo, vinculado a este concello, José López Calo. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Portobravo e irá seguido dun concerto ás 6 e media da tarde na Praza do Concello a cargo da Banda de Música de Padrón e rematará coa actuación da Banda Municipal de Música de Lousame.
Quen é López Calo?
José López Calo é unha figura clave no estudio e análise da música a nivel español. De formación eclesiástica titulouse en Musicoloxía no Pontificio Instituto de Música Sagrada de Roma e é Catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela. Ten escrito máis de 60 libros de musicoloxía e artigos nas principais revistas de musicoloxía del mundo, así como en enciclopedias e nos principais diccionarios de música do mundo. Atesora numerosas distincións entre as que destacan o seu nomeamento como Académico Numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia das Artes de San Fernando. Ten a Medalla de Ouro ó Mérito das Belas Artes, que S. M. el Rey lle impuxo en maio de 1989. En 2002 a Xunta de Galicia outorgoullele o Premio das Letras e Artes de Galicia. Nacido en Nebra (Porto do Son), pasou a súa infancia no Concello de Lousame, onde aínda reside parte da súa familia na parroquia de Vilacoba.
No acto de homenaxe falarase da súa figura, proxectarase un video e inaugurarase unha exposición con parte dos seus traballos.
Comentarios [0]
Comentarios [0]