Preme para voltar á portada
Filed under

blogs

 

Política: Novas Xeracións do Partido Popular de Ribeira organiza unha campaña a prol da movida e hostalería local

Novas_xeracins_ribeira

Ribeira, 9 de decembro de 2010. Logo das continuas mobilizacións de Psoe e Bng contra a retirada do servizo do Noitebús, as Novas Xeracións de Partido Popular, alomenos en Ribeira, contraatacan.
"Os Xóvenes ribeirenses somos quen de opinar sobre a irrealidade que certos partidos nos están obrigando a tragar. Queremos dar unha alternativa moi lóxica e necesaria para a nosa cidade. O lema é “QUE DEIXEN DE MAREARNOS, QUÉDATE DE MARCHA EN RIVEIRA”, xa que contamos coa mellor Hosteleria, co mellor Concello e cos mellores Xóvenes", explican os mozos do Partido Popular de Ribeira no seu blog.

Blog de Novas Xeracións de Ribeira:
http://www.nuevasgeneracionesriveira.es

Relacionada:


Noitebús: o Bng presenta emenda de catro millóns de euros para que non o supriman



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noitebús   Novas Xeracións   PP   Ribeira   blogs   política  

Porto do Son: o PP lamenta que o goberno non chamara a empresas especializadas da bisbarra para o servizo de bicicletas

TOMÉ ACUSA O GOBERNO DO PSOE E BNG DE “AMAÑO” NA ADXUDICACIÓN DA XESTIÓN DA REDE MUNICIPAL DE BICICLETAS

* EMPRESAS ESPECIALIZADAS DA COMARCA ESTABAN INTERESADAS EN PARTICIPAR.

*O GOBERNO SONENSE DO PSOE E BNG NON INVITOU A NINGUNHA EMPRESA DA COMARCA, ALGO QUE OUTROS CONCELLOS SÍ FIXERON.

ESTE PROXECTO SUPRAMUNICIPAL ESTÁ INTEGRAMENTE FINANCIADO POLO INEGA E CONQUERIUNO O EX ALCALDE MANUEL TOMÉ.

O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, acusou ao Goberno bipartito do PSOE e BNG de “facer o concurso a medida” da adxudicación da dotación, instalación e xestión do sistema de bicicletas de uso público no Concello sonense.

Hai que lembrar que este Proxecto ten ámbito supramunicipal e abarca os Concellos de Lousame, Noia e Porto do Son. Esta iniciativa parte do anterior rexedor, o popular Manuel Tomé, que acadou os apoios dos rexedores dos concellos limítrofes anteriormente citados.

Este proxecto será o primeiro que se desenvolva dentro da nosa Comunidade e que englobe a máis dun concello, xa que tódolas anteriores iniciativas desenvolvéronse nas Grandes Cidades de Galicia. O importe desta subvención, que é integramente financiada polo INEGA, elévase ata os cento corenta mil euros e a súa posta en servizo deberá ser antes que finalice este ano 2010.

Durante o Goberno Popular Sonense, o ex alcalde Manuel Tomé Piñeiro reuniuse con distintas empresas da comarca especializadas no sector das dúas rodas, os que lle agradeceron a iniciativa e plantexaron a posibilidade de constituir unha sociedade para presentarse á xestión de ditas instalacións.

A raíz da Moción de Censura o pasado Novembro 2009, o proxecto mantúvose vivo gracias a solicitarlle Manuel Tomé unha prórroga para cumprir o compromiso dos prazos dados polo ente autonómico.

Desgraciadamente (di o PP), distintas empresas da comarca dirixíronse ó Departamento de Deportes sonense co gallo de interesarse polo tema, pero non conquerindo que se lle informase nin se lle dese a opción de poder presentarse a dito concurso.

"Está claro que este Goberno do PSOE e BNG non lles importa nada como se atopen as empresas de bicicletas da comarca e despreciándoas a non invitalas a dito concurso, cousa que outro Concello dentro do proxecto sí que tivo a sensibilidade e a interese de preocuparse polas empresas de bicicletas da comarca. O Goberno Local Sonense volta a demostrar coas súas actuacións o desprezo ás empresas da comarca e con máis preocupación, as da noso concello.

A invitacion a empresas foráneas e a “causalidade” do concurso adxudicándose a unha empresa de Albacete e non presentándose ningunha das outras dúas ás que se lle invitou,demostra o presunto amaño premeditado do mesmo.

O Partido Popular Sonense acusa de forma directa ó BNG por ser os máximos responsables da área en que se engloba dito Concurso.

Está claro que os nacionalistas sonenses voltan a demostrar cada día de forma máis notoria o seu interese polo país e máis especialmente polas empresas comarcais e locais (finalizan con retranca os do PP).

Relacionada:


Bicidadáns
: Noia, xunto con Lousame e Porto do Son, no programa para incentivar o uso da bicicleta. Vexa todas as condicións e características aquí

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PP   Porto do Son   blogs   nota de prensa  

Boiro: o presidente da Xunta visitou a zona do gran incendio forestal deste verán, que será recuperada para evitar a erosión

Alberte Núñez Feijóo dixo que xa se está a actuar nas primeiras 90 hectáreas, “para evitar escorrentías e evitar que os bancos marisqueiros se vexan afectados por elas e polas erosións que se producen coas primeiras chuvias”

(download)
Fotos: Xunta de Galicia. Autora: Ana Varela

Boiro, 21 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá, durante a visita, xunto ao Conselleiro do Medio Rural, ao monte afectado polo incendio de Boiro, o inicio das labores de recuperación das zonas afectadas polos incendios con máximo risco de erosións e de afectación a outros cultivos.

O responsable do Goberno galego explicou así que, neste momento, a Xunta está a traballar nunha zona “moi complicada, como foi o incendio de Boiro. Neste incendio de 499 hectáreas –dixo- estamos actuando nas primeiras 90 hectáreas para evitar escorrentías e evitar que os bancos marisqueiros se vexan afectados por elas e polas erosións que se producen coas primeiras chuvias”.

Neste sentido, Feijóo avanzou que “o Centro de Investigación Forestal de Lourizán está estudando, en colaboración cos departamentos de agricultura dos Estados Unidos e doutros países, cáles son as técnicas de plantación e de reforestación, tanto forestal como herbáceas, para manter as capas do solo e evitar as erosións que sofren coas primeiras chuvias”.

Así mesmo, destacou que o centro de Lourizán está a analizar, tamén, cáles son as actuacións que procede facer noutro incendio como foi o de Laza, aínda que o 99% da superficie queimada foi de monte raso.

O titular do Executivo galego agradeceu de novo o labor das 6.000 persoas que este verán están a traballar contra os incendios. “Quero dar as grazas a un dispositivo que funcionou e que está a funcionar de forma exemplar, nunhas condicións climatolóxicas excepcionais como as que estamos a vivir desde fai meses, con ventos de 70 nudos e cunha falta de auga continuada, semana tras semana, practicamente na totalidade de Galicia e moi especialmente en Ourense”. E destacou o traballo do Exército, tanto nas labores de extinción como na súa labor de vixilancia.

Feijóo tivo, tamén, un recordo especial para os dous brigadistas que perderon a vida este verán extinguindo un lume en Fornelos de Montes. “O dispositivo e o operativo das 6.000 persoas que, este verán, fixeron fronte aos lumes e que seguen a traballar ata o final da campaña non van a esquecer en ningún caso este feito irreparable e desde aquí queremos trasladarlle ás familias a nosa solidariedade e o noso recordo permanente”.

Durante a súa visita, o presidente da Xunta destacou o compromiso da sociedade galega co monte, cos bosques galegos e co medio ambiente. “Sentímonos arroupados en todo momento pola sociedade galega tanto nas tarefas de prevención, como nas tarefas de extinción e nas tarefas de denuncia aos incendiarios”. Por último, Feijóo lembrou que, a próxima semana, o Conselleiro do Medio Rural comparecerá no Parlamento para explicar o alcance e o contido desta campaña.

Vídeo: se quere ver un extracto do que dixo o presidente da Xunta en Boiro, aquí

En CabodeCruz.net:

Feijóo dalle as costas aos Grumir de Boiro e Ribeira



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PP   Xunta de Galicia   blogs   nota de prensa   política  

Porto do Son: U-Tres da un concerto nas festas patronais o venres 10 de setembro

Torno_021

Porto do Son, 1 de setembro de 2010. O grupo de rock U-Tres, formado por Dennis Romero como voz e guitarrista; Arturo Sieira no baixo e Sergio Sieira na batería, darán un concerto o vindeiro día 10 de setembro, venres, na explanada do porto de Porto do Son, con motivo das festas patronais desta localidade. A hora de comezo estímase sobre as doce e media da noite.

Ligazón recomendada:

O blog Porto do Son y su gente publica enteiro o libro de festas e o cartel das mesmas, aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Porto do Son   blogs   concerto  

Internet: Blogaliza acubilla Fillos.org para que non desapareza a maior comunidade on line da diáspora galega

Debido á carencia de recursos, a asociación Fillos de Galicia decidiu integrar a comunidade Fillos.org en Blogaliza, o servizo de blogs pioneiro en galego

Media_httpfarm5static_uxgkj

Apartado de emigración no Museo do Pobo Galego

Barbanza-Noia, 18 de agosto de 2010. A empresa Algueirada, responsable do servizo de blogs en galego Blogaliza, asinou un convenio de colaboración coa asociación responsable da maior comunidade online da diáspora, Fillos.org, que conta xa con case sete mil usuarios rexistrados.

Grazas a este acordo evítase a desaparición deste proxecto histórico da Internet galega, que naceu en 1997 como ponte entre Galiza e os galegos do exterior, nomeadamente fillos e netos de emigrados. A falta de recursos económicos, agravada tras a cambio de goberno na Xunta de Galicia, e a carencia de persoal técnico capaz de xestionar unha rede social en continua expansión levaran á asociación Fillos de Galicia a facer un chamamento tras outro para acharen quen continuase co proxecto.
Aínda que estes chamamentos fracasaron e algúns medios apresuráranse a anunciar a morte do proxecto, abriuse unha derradeira oportunidade da man da consultoría tecnolóxica Algueirada: o traballo de actualización do portal Fillos.org realizado cos últimos recursos da asociación, facilitou a compatibilidade técnica con Blogaliza, o coñecido servizo ofrecido por Algueirada.

Media_httpfarm4static_ljyou

Deste xeito faise posible a supervivencia do proxecto, que agora fará parte de Blogaliza, quedando outros coñecidos proxectos de Fillos de Galicia como Atopadoiro.org fóra do acordo e baixo a xestión directa da asociación, xa cun custo moito menor. Os responsables de ambas organizacións felicítanse polo acordo e agardan poder sentar así as bases para novos proxectos a prol da cultura e a lingua galega no exterior.

En outubro de 2009 publicamos:
Fillos.org, sétimo centro galego no mundo




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Fillos.org   Lingua galega   blogaliza   blogs   internet  

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro organizan unha consulta popular acerca do abandonado campo de fútbol

Media_httpsanpedroblo_cadln

"Hoxe atopámonos cunhas instalacións totalmente abandonas; cascallos amoreados, lixo por tódolos recunchos e un campo ateigado de xestas e pinos. Qué nos pasou para esquecernos deste espazo que integrabamos na nosa vida cotiá como punto de encontro; un espazo de referencia deportiva; un espazo de desfrute ao aire libre; un espazo do que estar orgullosos e orgullosas.

Sen menosprezar o esforzo e traballo daquelas persoas que contribuíron dalgunha maneira a que este campo de fútbol vivise uns anos dourados, hoxe queremos facer unha consulta popular para saber qué podemos facer con este espazo xa que, os tempos cambian e quizais hoxe as necesidades sexan outras.

Na última asemblea da comunidade de montes, acordouse colocar unha urna na casa de cultura de San Pedro de Muro para que, de xeito totalmente anónimo, calquera persoa poida deixar a súa proposta acerca do futuro do campo de fútbol. De entre todas as propostas estudarase a viabilidade das tres máis repetidas", contan os comuneiros no seu blog.

Aínda que non sexades de San Pedro de Muro: tedes algunha boa idea para que este espazo sexa recobrado para a vida cotiá dos veciños? Pois contádella en http://sanpedro.blogaliza.org
Cantas máis cabezas matinen, seguro que mellores propostas sairán!
Nós non sabemos se xa o teñen, pero ao mellor un viveiro con sementes autóctonas para repoboar podería ser interesante... Iso como idea sensata. Como idea tola, e xa que era un campo de xogo, convertilo no primeiro campo oficial de lanzamento de sacho da comarca... Ou nunha pista polideportiva só para xogos tradicionais (billarda, bolos, rá, petanca...)
Veña, que non decaia!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   San Pedro de Muro   blogs   comuneiros  

Ribeira: blogs de Jontxu Argibay e imaxes da súa última creación

Media_httpfarm5static_hjjlo

A placa antes de ser colocada

Ribeira, 22 de xullo de 2010. O pasado 16 de xullo, festividade do Carme, tivo lugar a colocación dunha placa en conmemoración do aniversario do salvamento do Debonair. Un barco do que lles contamos a historia aquí. O artista que fixo esta placa é Jontxu Argibay, que actualiza cos seus traballos dúas bitácoras en Blogger:

http://arteleira.blogspot.com  (partíllaa co seu socio, José Gude)

http://pindrions.blogspot.com (o blog das súas creacións persoais)

Media_httpfarm5static_kkojv

A placa, no lugar onde se pode ollar agora en Corrubedo

Se quere saber máis de Jontxu Argibay (curriculum completo), aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Corrubedo   Ribeira   arte   blogs  

Arte: figuras mundiais vectorizadas ao mínimo

Algunha silueta pode levar a erro. Das oito que se poden ver en http://reflectionof.me/simple-public-figures-0 case todas están mortas (agás Maradona e Larry King). A da imaxe é un dos falecidos... ou non?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   arte   blogs  

Rianxo e Boiro: Aquele día que recebí carta de Castelao, por J.L. Pico Orjais

Media_httpfarm4static_kegfs

Unha das casas de Castelao

Na altura eu era estudante em Compostela. Um amigo do que não consigo lembrar o nome, véu falar comigo para me amostrar um livro que com certeza eu saberia apreciar. Tratava-se duma primeira edição do Sempre em Galiza, assinada pelo seu autor, a personagem histórica que mais admirava então e que mais admiro a dia de hoje.
Abri a capa e li a dedicatória: «a Ramón Fernández Mato, con moito agarimo Castelao»

 via ilhadeorjais.blogspot.com

Boiro, porque o persoeiro aludido xunto con Castelao (Rianxo) é Ramón Fernández Mato (xornalista nado en Cespón).
O artigo completo aquí

Se quere ampliar un pouquiño máis sobre as relacións entre Mato e Castelao, Xurxo Ayán cóntao nas páxinas 8, 9 e 10 deste documento:

Click here to download:
Neixon1925.pdf (1.62 MB)
(download)

Media_httpfarm5static_agtgk

Busto de Castelao donado por emigrantes uruguaios



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Castelao   Rianxo   blogs  

Noia: a moción do Bng e o PP sobre a rexeneración da Ría xenera debate no Facebook do alcalde

Media_httpfarm5static_swhft

No pleno ordinario de Xuño o PP e o BNG presentaron por urxencia unha moción, a moción da vergoña, para pedir que se retire o proxecto de rexeneración da ría de Noia cun orzamento de 2.7 millóns de euros e unha tramitación de tres anos.

A "intelixente" proposta de populares e nacionalistas pretende que se inicie todo de cero e que se redacte un proxecto de menor cuantia económica.
O PP e o BNG de Noia, así como Portos de Galicia está tratando por todos os medios de impedir que se realice o proxecto de rexeneración, plantexan que se tire pola borda unha tramitación de tres anos e unha partida de 2,7 millóns de euros para empezar de cero.
Cada vez que se pretende investir en Noia o PP e o BNG tentan dilatar ou impedir que se faga, e xa son varias as ocasións en que o amosaron. Lamentable.

 

Nin un comentario no blog de Rafael García Guerrero sobre a dura nota acerca desa moción, pero foi poñer unha liña no seu Facebook e sucedeu isto:


Rafael García Guerrero pp e bng unha mocion para que pedir que non se rexenere a ria de Noia
Venres ás 20:55 a través de Facebook para BlackBerry ·

Amosar comentarios (16)

Loli Rodríguez Amoroso:
Hainos ben impresentables!
Venres ás 21:01 ·

Manuel González-lópez
home, sen ánimo de discrepar, discrepo. Eu creo que a moción é máis ben para o contrario...
Venres ás 21:45

Enrique Martinez
No puede ser, nadie en su sano juicio puede no estar conforme con la regeneración/limpieza/saneamiento de la ría, no estarán conformes con los medios o con algúna parte del proceso, pero no con el fin.
Venres ás 22:55 ·

Isabel Veiras Manteiga
Non tente confundir o touciño coa velocidade, Ningún partido político se opón á rexeneración da ría, non faga crernos tal bestialidade. Tanto BNG coma PP expuxeron uns argumentos sobor do que consideran o mellor proxecto para a rexeneración, que eu saiba o PSOE local aínda non explicou públicamente por qué o proxecto que pretende levar a cabo a mellor opción.
Venres ás 23:08 ·

Rafael García Guerrero
A moción aprobada por pp e bng pide que o ministerio de medio ambiente pare o proxecto de rexeneración da ría de Noia.
Onte ás 1:12 ·

José Manuel Lage
Creo que se pode decir de moitas maneiras, pero despois de 40 anos agardando que algún goberno mire a Noia e faga un proxecto serio para limpar a ría, o goberno socialista de España redacta o proxecto fai 2 anos e medio, e fai un ano decide invertir 3 millóns de euros e levar adiante o ansiado proxecto. O que fan PP e BNG é opoñerse, con tódolos matices que cadaquen queira expoñer
Onte ás 1:13 ·

José Manuel Lage
PP e BNG piden que o Goberno de España paralicen o proxecto de rexeneración, cando o proxecto comezou a tramitarse no ano 2007. E agora en 2010 piden que se pare. É un escàndalo maiúsculo a irresponsabilidade coa que estàn actuando porque de facer caso ao que din PP e BNG, Noia perdería a oportunidade que durante moitos anos outros gobernos lle negaron
Onte ás 1:18 ·

Isabel Veiras Manteiga
Falla a participación. Falta a conexión Goberno local-cidadanía ¿Cando van a convencernos de que é mellor o saneamento unitario ca o separativo que propón o BNG?
As actuacións por impulsos non convencen señor Lage.
A información é o pan de cada día para os demócratas. Unha información detallada de cada actuación é o mellor que un Goberno local pode ofrecer.
Temos que descabalgar do burro dunha vez por todas ¿De que serven obras faraónicas para museos se despois non se sabe cómo enchelos?
Onte ás 1:45 ·

Cristina Fernandez Nuñez
Isto é o colmo dos colmos.
Onte ás 10:13

Enrique Martinez
Soy vecino de Noia desde hace casi 17 años y desde el primer día he escuchado que "por fin" se va a limpiar la ría, esta es la primera vez que parece que ese "por fin" va en serio, teniendo en cuenta el estado dramático en el que se encuentra nuestra costa igual debería ser factible permitir alguna irregularidad para conseguir el fin y de una vez por todas zanjar este problema que tiene a Noia ahogado en una cloaca. Sería muy triste llegar a pensar que esto es solo una maniobra de dos partidos para evitar que "el otro" se lleve la medalla de haber conseguido lo que hasta ahora nadie ha podido conseguir.
Onte ás 10:22

Guillermo A. Baquero
Non coñezo polo miudo a situación, pero a demagoxia cheira de lonxe. Un tema como o da limpeza da ría, que levante enfrontamentos é un claro fracaso da política. Consensuar un proxecto entre os tres partidos,pode ser dificultoso, pero polo menos haino que intentar, e quen lidera a politica local non pode caer no victimismo, dicindo que malos son os outros. Sinto, pero non todos somos parvos.
Onte ás 10:35 ·

Gomorra Growshop
Divide y vencerás.
Onte ás 11:32

Mary Dominguez
1º Demostración de madurez e altura de miras, apoyo das tres forzas políticas a este Proxecto,sin fisuras. XA
2º Debate democrático con criterio e coherencia para consensuar a mellor maneira de facelo. Por favor,non usen o rendimento político como óbice para levar a cabo o Proxecto mais esperado de Noia. Sería lamentable.
Onte ás 12:57 ·

Patricia Fernández
Era o que faltaba para demostrar a incompentencia dos grupos da oposición!!! Aínda non se enteraron de que non se trata de unha competición contra o grupo de goberno senon que é o que Noia precisa e leva pidindo a gritos moitos anos??? Por favor o único que fan con esas moción de pacotilla é demostrar a todo o mundo o único que realmente desexan, o afán de lograr a cadeira da alcaldía a toda costa. Aínda despois de eles tamén prometer na pasada campaña a limpeza e rexeneración da Ría... Meu Deus que vergoña!!!!
Onte ás 13:16 ·

Guillermo Salas Suárez
Fuera de toda polémica política, está más que demostrado por Ingenieros Químicos y Ambientales que el mejor sistema de tratamiento de aguas residuales para un municipio como Noia considerando sus características, es el separativo. Lo demás implica sobredimensionamientos de la EDAR innecesarios y mas gastos de gestión. En cuanto al sistema de depuración, existen otras alternativas menos costosas, de menor impacto y más sostenibles a largo plazo. Por h o por b, lo que necesita Noia es que haya consenso en este punto y se proceda con el saneamiento de la Ría, que de un modo u otro, le da de comer a mucha gente.
Onte ás 13:18 ·

Isabel Veiras Manteiga
Que era unha maniobra política xa o temiamos os veciños porque contaminar está a orde do día. A clase política non deixa de contaminar e iso de que nada ten prezo e todo se merca e se vende, é tan real como a vida mesma. Do mesmo xeito, as xergas dos políticos soen levar unas doses contaminantes. A clase política, hoxe por hoxe, sexa dunha ou doutra cor, ten abandeirada a credibilidade para sí.¿Cómo podemos confiar nunha clase política que non está á altura da cidadanía?
É certo, señor Alcalde, que no 2007 o actual Goberno iniciou o polémico proxecto da rexenaeración da ría, pero tamén é certo que o proxecto iniciose cando o BNG-PSOE compartían “cama”. Logo, cando decidiron que para a cidadanía o máis convinte era o “divorcio” atopámonos con que o proxecto non é o adecuado, contándonos contos coma se fósemos párvulos. Unha falta de sensibilidade terrible por parte de Castro, dirixente do BNG. Aínda así foi o único que se atreveu a dar a cara e explicar o motivo polo que o proxecto que primeiramente era o mellor, agora é aberrante. Con este enfangado panorama teño que dicir que a credibilidade non se gaña de boquilla.
A cidadanía está defraudada desta clase política que só sabe xogar ó engano e á degradación da democracia que tanto anhelábamos.

-Comentarios de Facebook ata o domingo 27 de xuño. Non se desbota que haxa máis. Como saben vostedes, Facebook é unha plataforma pechada, onde só se ven as publicacións dos contactos agregados. Se estes comentarios estivesen no blog do alcalde, plataforma de Blogger (Google) e aberta, poderíaos ler todo o mundo e mesmo quedarían indizados para a posteridade-

O alcalde tamén escribiu sobre o pleno de xuño, aquí

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Facebook   Noia   blogs   escollera   limpeza   política  

Boiro: entroido en Cures, con fotos dos anos 50 do século pasado, por Laíño

Media_http3bpblogspot_diire
Media_http4bpblogspot_zsedx

Impresionante documento etnoarqueolóxico sobre o entroido na zona de Boiro. A primeira parte, polo momento, está en http://25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com/2010/06/o-entroido-en-cures-...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cures   Entroido   blogs   etnoarqueoloxía   etnografía  

Noia: están a poñer elevadores no club de xubilados e na Oficina de Rehabilitación




Están en estas datas en obras os ascensores do Clube de Xubilados e da Oficiña do Casco Histórico, para mellorar a accesibilidade dos edificios municipais.

E quéixanse dos carteis, que son moi grandes (un lector no blog do alcalde, de onde foi tomada esta información).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   blogs   obras