Preme para voltar á portada
Filed under

bng

 

A Pobra: o equipo de Goberno sométese á Xunta e faille pagar os gastos do centro de saúde aos veciños

Media_httpfarm8static_cmiya

A Pobra, 7 de maio de 2012. O grupo municipal do BNG  da Pobra do Caramiñal rexistrou hoxe no Concello unha iniciativa para debate e resposta no vindeiro pleno ordinario deste mes no que critica ao goberno popular  de Isaac Maceiras pola súa mala xestión dos gastos do centro de saúde.

"Trátase de saber a razón pola cal o Concello, dende marzo do 2010 que se aprobou, aínda segue a asumir os gastos de mantemento do centro de saúde. Estes están a ser soportados por todos os veciños e veciñas da Pobra grazas á ineficiencia e submisión do Goberno Municipal ao da Xunta", sinalan os nacionalistas que comanda Rosana Pérez.

"Mentres que a Xunta, supoñemos que pola situación económica, segue sen asumir os gastos de mantemento do ambulatorio, arredor de 23.000 euros ao ano, o alcalde está anunciando “a bombo e platillo” a construción dun novo centro de saúde na nosa localidade. Mentres a Xunta segue incumprindo os seus compromisos cos concellos e coa cidadanía, o alcalde aproba un plan de axuste por 1.500.000 euros para pagar o que debe, que suporá un importante incremento dos impostos aos veciños e veciñas da Pobra nos vindeiros anos", argumentan dende o Bng, onde conclúen que "éstas son algunhas das consecuencias da xa tristemente famosa austeridade do PP".
 

Iniciativa completa:

(download)
Antes, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   centro de saúde   iniciativas  

Dodro: o Bng critica ao alcalde por ser éste "o único concello da zona suspendido polo Ministerio"

Media_httpfarm4static_eckka

Dodro, 7 de maio de 2012. O grupo nacionalista no concello de Dodro considera "un escándalo a mala xestión do actual goberno presidido por Valentín Alfonsín, e o feito máis grave é o SUSPENSO do propio Ministerio de Administracións Públicas.

Sinalan dende o Bng de Dodro que "ata o de agora pensabamos que a súa definición máis acaída era mintireiros pero agora vemos que por enriba de todo son uns malos xestores. O Plan de Saneamento presentado por tódolos concellos ao Ministerio para poder solicitar o crédito de pagamento a proveedores foi aprobado na maioría dos casos con contadísimas excepcións, e unha delas foi o noso concello, coa peculiaridade de que o alcalde contratou unha asesora económica como persoal de confianza, que previamente estivera como secretaria sustituta no concello, cobrando 40.000 €, argumentando a súa especialización (mentras a seis traballadores/as do concello lles reducía a xornada e o salario). Deste xeito foi o único concello que con 3.000 habitantes fixo o Plan contando cunha asesora económica, e polo que vemos agora non mostra gran competencia a pesar do salario que lle puxo o alcalde. Curiosamente dannos a coñecer a non aprobación do Plan de Axuste ao mesmo tempo que a marcha da “asesora”, co cal non podemos deixar de relacionar os dous acontecementos. Certamente o axuste proposto era incoherente cando se contrataba a unha persoa nova por 40.000 €. Hoxe mesmo solicitamos ao alcalde por rexistro copia da comunicación do Ministerio para saber cales son as causas de este suspenso, pois unha vez máis non nos fiamos das súas palabras á prensa. O que está claro é que a este goberno non lle interesa o concello de Dodro nin a súa xente máis que para utilizalo como plataforma para outros intereses".

Concello sumido no caos

Ademais, os nacionalistas dodrenses aseguran que nesta ocasión "non van poder mirar atrás para culpar ao bipartito unha vez máis, porque:

  1. Na relación de facturas certificadas para pedir o crédito 175 son de catro anos de xestión do bipartito e 287 de medio ano de goberno do PP.
  2. O Plan elaborárono na súa integridade eles seguindo as directrices do PP no gobernocentral e contando con persoal da súa confianza.
  3. Agora a persoa que o elaborou baixo a responsabilidade do alcalde márchase".

E conclúen sinalando que o PP de Dodro "non ten ningún proxecto para o presente e o futuro do concello de Dodro, non fan máis que tomar medidas improvisadas en moitos casos tan só para desfacer o que fixo o anterior goberno, e facerlle favores as súas amistades e teñen ao concello sumido no caos".

Relacionada:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   bng   política  

A Pobra: o Concello pon unha centraliña en castelán, incumprindo a lexislación en materia lingüística

Media_httpfarm4static_lxbls

Pintada vista na Pobra en 2008. Ignoramos se continúa

A Pobra, 30 de abril de 2012. O Bng vén de presentar no Concello unha serie de preguntas para o seu debate e resposta no pleno do vindeiro mes de maio. Desta volta refírense ao incumprimento, por parte do Goberno Municipal, da lexislación vixente en materia lingüística. No escrito faise referencia "a outras épocas xa vividas no noso concello e que, moitos e moitas non queremos revivir pero a verdade é que, dende hai xa tempo, percibimos que o Goberno local do PP é cada vez máis laxo nesta cuestión. Non é a primeira vez, por exemplo, que o BNG pon de manifesto que se está a incumprir a normativa lingüística vixente e, polo tanto, a impedir á cidadanía e aos seus representantes nas distintas Administracións, o seu dereito a comunicarse coa Administración na súa lingua", aclaran os nacionalistas.

"Informes técnicos, contratos da administración local, discursos dos representantes públicos, publicidade, etc., só en español son exemplos que se veñen sucedendo e que agora teñen continuación coa centraliña telefónica instalada no Concello. Consideramos que, nestes tempos complexos para os galegos e galegas, para o desenvolvemento e total normalización da nosa lingua á que o PP pon cada vez máis impedimentos, non debemos obviar ningunha acción, por pequena que sexa, para reclamar o que nos pertence: Podermos vivir en galego na nosa propia Terra", rematan.

Escrito coas preguntas:
(download)
Antes, en Certo:

 









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lingua galega   bng   denuncia  

Muros e Noia: o Bng presentou tres emendas aos Orzamentos do Estado para esta bisbarra

  • Para Noia piden que se cambie o destino dos cartos que ían para retirar a escolleira e se adiquen a estudos para rexenerar o esteiro do interior da ría noiesa, para facelo navegable e aproveitable para o marisqueo
  • Para Muros solicitan que se rehabilite o vello cine París e se recupere a praia de Parameán en Esteiro

Media_httpfarm7static_cvweb

A retirada ou non da escolleira segue a ser un cabalo de batalla entre os partidos do panorama político noiés


Muros-Noia, 29 de abril de 2012. Das 177 emendas formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para o presente ano 2012, tres delas versan sobre cuestións desta bisbarra. Trátase de actuacións que lle afecta aos Concellos de Muros e Noia.

No relativo ao Concello de Noia, os deputados nacionalistas en Madrid defenderán unha emenda destinada á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio de Agricultura, mediante a cal solicítase da citada Dirección Xeral o abandono do proxecto de demolición da escollera de acceso ao Peirao do Marqués, cambiando a finalidade orzamentaria do mesmo, a fin de destinala á elaboración dos estudos que permitan unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos fangos e limos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión non é outro que o da recuperación da navegabilidade pola mencionada contorna, e ao mesmo tempo que se recuperen espazos produtivos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do aterramento da ría. A contía que se solicita engadir aos orzamentos deste ano é de un millón de euros.

Muros: un cinema e unha praia

Cine_paris
No caso de Muros as emendas fan mención a partidas correspondentes ao Ministerio de Cultura e ao de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A primeira delas, a que corresponde ao Ministerio de Cultura, vai dirixida á rehabilitación do Cine Paris. O citado inmoble foi mercado na pasada lexislatura con fondos que proviñan do propio Ministerio e tamén da Deputación de A Coruña. O Cine París é un inmoble situado na fachada marítima do casco histórico muradán e data da década dos anos 40 do pasado século. Constitúe unha mostra de arquitectura ecléctica e a contía que se demanda do Ministerio para a súa recuperación é de 500.000 euros.

Esteiro
A segunda emenda que lle afecta ao Concello de Muros, vai dirixida ás partidas do  Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Concretamente trátase de inserir nas mesmas unha consignación orzamentaria por importe de un millón de euros para destinar á recuperación ambiental da praia de Parameán, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros.

Antes, en Certo:

Muros: tamén se desfai o Bng actual





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ría de Muros e Noia   bng   emendas   orzamentos  

Ribeira: o Bng alerta sobre a necesidade de depuradora para o polígono de Xarás

Media_httpfarm5static_owjnu

Na zona de Xarás tamén hai vivendas protexidas, ademais de empresas

Ribeira, 29 de abril de 2012. O responsable local e o portavoz municipal do BNG de Ribeira explicou esta semana en rolda de prensa a presentación da alegación do BNG á Estación Depuradora de Residuos de Ribeira.

"É unha vella demanda do BNG, e para nós algo prioritario, que Ribeira conte co necesario saneamento integral das súas augas residuais. Augas de Galicia non ten previsto facer a depuradora para os residuos do Polígono de Xarás. A pesares de recoñecer e saber que teñen unha alta carga contaminante e que son, polo menos, a metade das augas residuais do concello de Ribeira", argumentan os nacionalistas ribeirenses.

"A solución que se ofrece é levalas por separado ó emisario do Touro e botalas directamente a ria sen depurar. Lembremos que na actualidade o emisario está roto e contamina zonas de marisqueo e baño. O BNG considera que pretender depurar só as augas residuais urbanas, deixando sen depurar as augas industriais, dista moito de ser unha depuración integral e tamén unha solución racional dos vertidos neste concello", continúa o Bng. 

Desde o BNG demandan do alcalde e do seu equipo de goberno que "antepoñan os intereses dos cidadáns de Ribeira ós do seu partido e esixan ante a Xunta de Galicia e a Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente, como fai o BNG na súa Alegación, que a depuración das augas residuais se faga con todas as garantías e que se respecte o acordo acadado por unanimidade de todos os grupos  (PP, BNG, PSOE, IPdR) polo Pleno do Concello de Ribeira do día 30 de Xullo do 2007, que incluía entre outros puntos,” que se solicite da Xunta de Galicia unha depuradora específica para o Polígono Industrial de Xarás”, xa que é a expresión da vontade de toda a cidadanía de Ribeira".

Demandan tamén o cumprimento do compromiso tal como se recolle na acta do dia 25-03-2010: “O Sr. Alcalde asegura que a solución dos vertidos urbanos irá de forma paralela á solución e confirmación da depuración industrial”

"Se todos os Grupos Municipais fomos capaces de chegar a este acordo de mínimos, non se entendería agora posturas contrarias por parte do goberno local e autonómico. Consideramos que Ribeira ten unhas enormes potencialidades tanto no ámbito dos sectores vencellados ao mar, á industria e ao turismo e que a vía de desenvolvemento económico ten que asentarse en converter eses sectores en punta de lanza para crear emprego. A vertedura directa ó mar sen depurar non contribúe a iso", rematan Vicente Paz e Xosé Antonio Vázquez.










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   bng   denuncia   saneamento  

A Pobra: denuncian o depósito de entullos nas Xunqueiras, zona de alto valor ecolóxico

Media_httpfarm4static_ucetl

O monumento máis emblemático da zona das Xunqueiras é o pazo-torre que leva ese mesmo nome

A Pobra, 29 de abril de 2012. O BNG  da Pobra rexistrou esta semana no Concello unha iniciativa e dirixiu á Demarcación de Costas un escrito a respecto dos entullos de obras que se están a depositar nas Xunqueiras, a carón do centro de saúde. "Unha actuación que, sen ningún tipo de autorización, se está a levar a cabo co consentimento do Goberno Municipal do PP, nun entorno de alto valor ecolóxico e a carón mesmo do centro de saúde. Nun entorno, en definitiva, polo que o Goberno Municipal endexamais amosou interese e contribuíu –por acción ou por omisión- a degradar e a dexenerar cada vez máis", explican os nacionalistas.

"Ésta, por desgraza, non é a primeira vez que o BNG se ve na obriga de denunciar atentados ecolóxicos deste tipo. Ademais de todas as verteduras industriais producidas nos últimos anos que afectan ás Xunqueiras, no 2010 ocorreu algo moi semellante nas propias Xunqueiras e que, a raíz da denuncia do BNG, se viron na obriga de retirar e repoñer a legalidade.Neste caso o agravante é que se están depositando entullos a 20 metros dun centro de saúde a onde acudimos todas e todos. As escouras que se están retirando dos arranxos da estrada xeral son, entre outras, as que van a parar ás Xunqueiras cando, calquera sabe que se fai unha pequena obra na súa casa está na obriga de levar ou encargar que leven os entullos das obras a un lugar autorizado. Neste caso, a empresa que leva a cabo as obras tiña que ter previsto, e comunicado á autoridade competente, onde depositaría os entullos. Pois ben, parece que aquí o Goberno Municipal do PP non é tan esixente como cos veciños e permite que se depositen, sen ningún tipo de rubor, nun lugar de dominio público marítimo terrestre e nun entorno que calquera administración sensata e cun mínimo de sensibilidade vixiaría e coidaría polo seu valor ecolóxico e polo seu potencial turístico, económico e de uso e desfrute público", remata o Bng na súa nota de prensa.

Escritos:
(download)
(download)




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   denuncia  

Boiro: o escándalo das preferentes das vellas caixas galegas, a debate nun acto do Bng este venres 27

Participacins_preferentes_004

 

Boiro, 26 de abril de 2012.  Mañá, venres 27 de abril, organiza o Bng en Boiro un acto con Carlos Aymerich no que se tratará o tema das "participacións preferentes". Será a partires das 20:30 no salón social da casa da cultura "Ramón Martínez López", na Cachada.

Por se queren ir poñéndose ao día co asunto:






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   bng   charla informativa  

Noia: o PP oponse no Parlamento de Galicia a que se abra expediente pola mala execución do saneamento de 1994

  • Tereixa Paz (BNG) afirmou que está "máis que demostrado o mal funcionamento do sistema dende a súa posta en marcha polo que a Xunta non pode eludir esta cuestión”

 http://farm5.staticflickr.com/4033/4372800669_e944765b94.jpg

Noia, 22 marzo de 2012.- Os votos do PP impediron hoxe sacar adiante unha proposición non de lei do BNG reclamando responsabilidades polos defectos na execución das obras de saneamento da ría de Noia.

A deputada Tereixa Paz explicou que andado o tempo, logo de terse construido a estación depuradora, constatouse que o sistema só funciona nunha proporción mínima, atopándose os maiores problemas no colector xeral e nos pozos de bombeo.

A deputada nacionalista lembrou que se trata dun sistema de saneamento deseñado para o concello en 1994, que xa vén arrastrando eivas dende ese ano, polo que a Xunta, a través de Augas de Galicia, decidiu a posta en marcha dun novo procedemento administrativo para redactar un novo proxecto técnico, que obtivo o respaldo unánime do pleno do concello o 15 de Novembro do pasado ano.

O novo proxecto describe unha situación segundo a cal nestes momentos só funciona, conectada á EDAR, a conca que verque ao interceptor sur dende a piscina municipal. O resto dos tramos do colector sofren distintos problemas que impiden o seu funcionamento correcto; o sistema de bombeo que se sitúa sobre o colector está fóra de servizo e só está en funcionamento o bombeo previo á EDAR, situado no Cruceiro de Barro.

Perante esta realidade, e tendo en conta que o concello aprobou unha resolución a favor de reclamar, Tereixa Paz explicou que era lóxico traer este asunto ao Parlamento, “pois hai base suficiente para esixir unha reclamación. Estamos ante unha obra moi necesaria para a vila, mal feita, e a Xunta non pode mirar para outro lado”.

Relacionada:

Saneamento en Noia: o conselleiro de Infraestruturas presentou a obra dos colectores e aproveitou para cargar contra o Bipartito

Antes, en Certo:


Saneamento de 1994: lévano ao Parlamento para pedir responsabilidades




 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   bng   saneamento  

Boiro: Carlos Branco segue a ser o responsable do BNG local

  • Así o revalidou a asemblea do BNG, namentres incorpora a Santos Saborido Chouza como vicerresponsable

 

Media_httpfarm6static_bvczi

O anterior alcalde de Boiro, Xosé Deira, era do Bng

Boiro, 19 de marzo de 2012. A asemblea local do BNG de Boiro, reunida o pasado sábado 17 de marzo, vén de renovar os seus órganos. Re-escolleu a Carlos Branco Ansoar como responsable local, que repite de novo no cargo e incorporou a Santos Saborido Chouza como vice-responsable local. Estas designacións enmárcanse dentro da renovación habitual das responsabilidades orgánicas do BNG despois da celebración da XIII Asemblea nacional. Ambas as propostas contaron co referendo unánime do conxunto da militancia de Boiro.

A propia asemblea marcou "como obxectivos inmediatos recuperar a tensión militante para combater as políticas regresivas do PP, polo que quer amosar o seu apoio e convida á cidadanía a participar das seguintes iniciativas:

-Iniciativa lexislativa popular promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que recollerá sinaturas na comarca esta semana

-Folga Xeral do 29/03/2012 en contra da reforma laboral promovida polo Partido Popular", segundo explicaron en nota de prensa.

Relacionada:






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   bng   política  

Ribeira: o Bng local anóvase e deixa paso a outra xente coa dimisión dos seus concelleiros

Media_httpfarm6static_dbpfb

O 22 de maio do ano pasado presentáronse estes candidatos polo Bng

Ribeira, 15 de marzo de 2012. Como continuación da XIII Asemblea Nacional do BNG, a Asemblea Local do BNG de Ribeira procedeu na tarde de onte á renovación do seu Consello Local que estará formado polas seguintes persoas:

- Vicente Paz Carou (Responsable Local)
- Dores Vidal Peón
- Xosé Antón Vázquez Cobas
- Silvia Varela Rodríguez
- Xosé Antón Parada Fernández
- Luís Pérez Barral
- Dominga Brión Sanmiguel
- Xavier Seco González
- Tareixa Prol
- Luís Teira Parada
- Xosé L. Groveiro

A Asemblea tamén recibiu notificación da renuncia aos seus cargos por parte
dos actuais concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal do BNG por motivos
persoais.

Media_httpfarm3static_jktvo

Vázquez Cobas, á esquerda, é ata o de agora presidente da A.C. Altofalante

Procedeuse ademais a nomear os e as integrantes que formarán o novo Grupo Municipal e que, unha vez cumpridos os trámites legais, serán:

- Xosé Antón Vázquez Cobas (Voceiro Municipal)
- Antón Parada Fernández
- Dores Vidal Peón e
- Luís Pérez Barral

Últimas iniciativas presentadas polo Bng en Ribeira:
Moción para que non se privaticen as Galiñas Azuis
Moción para tomar medidas contra os desafiuzamentos
Iniciativa en defensa da Sanidade Pública







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   bng   política  

Muros: o Bng cuestiona a credibilidade da alcaldesa e o novo asesor xurídico do Concello

Rolda_prensa_contestacin_deman
Parte do Bng de Muros


Muros, 14 de marzo de 2012. Segundo explican hoxe en nota de prensa dende o Bng de Muros, "o escrito que presenta a alcaldesa socialista Caridad González ante o xulgado do contencioso-administrativo nº 3 dos da Coruña, por medio do asesor xurídico que contratou para o concello é unha mostra máis da nula credibilidade que merece".


Para os nacionalistas muradanos, "este escrito é a oposición á demanda que a nacionalista María Xosé Alfonso lle ten interposto á alcaldesa por ter sido expulsada do pleno celebrado o 7 de xullo de 2011 no que, grazas a esta expulsión, o grupo socialista tivo a maioría suficiente para aprobar as súas retribucións como equipo de goberno municipal. Non hai máis que ler este escrito e ler a acta do citado pleno para ver as claras contradicións nas que incurre a alcaldesa no seu afán de xustificar o inxustificable.Na acta dese pleno celebrado o 7 de xullo de 2011, acta aprobada posteriormente polo grupo socialista, pódese comprobar con só leela como a alcaldesa Caridad González expulsa á concelleira nacionalista María Xosé Alfonso durante o debate do 5º punto da orde do día, sen ningunha advertencia previa e estando a concelleira no uso do seu turno de palabra.  Pois ben, por medio da oposición á demanda, Caridad González di ter expulsado á citada concelleira porque ésta non estaba no seu turno de intervención, porque a estaba insultando e ameazando a súa integridade física e que fora advertida dúas veces. Pero o curioso do tema é que ao mesmo tempo di que non comezara o pleno, algo totalmente contradictorio coa afirmación de que fora advertida dúas veces".

 

"Isto non é máis que outra proba da maneira de actuar da alcaldesa de Muros, para xustificar un claro abuso de poder expulsando a un membro da corporación para quedarse coa maioría suficiente e sacar adiante as súas retribucións agora míntelle descaradamente ao xulgado", aseguran os do Bng.

 

Case 3.000 euros ao mes por traballar dous días á semana

 

Os nacionalistas de Muros tamén cuestionan o soldo e a idoneidade do novo asesor xurídico: "Vemos tamén cal é o estilo do novo asesor xurídico contratado pola alcaldesa pola frioleira de case 3000 €/mes por acudir ao concello dous días á semana:  pode estar contenta e tranquila a cidadanía de Muros con este “asesor”?", pregúntanse.

 

Escritos mencionados:

(download)

Click here to download:
Borrador pleno 07.07.2011.ppt (19.21 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   PSOE   bng   polémica  

A Pobra: a oposición solicita cambio da data do vindeiro pleno ao cadrar coa folga xeral do 29 de marzo

Media_httpfarm5static_gyrdl

A Pobra do Caramiñal, 13 de marzo de 2012. A oposición na Pobra, constituída por Bng e Psoe, vén de cursar escritos ao Concello para que se mude a data do pleno deste mes de marzo, que cae en xoves 29, xusto o día da folga xeral convocada primeiro polo sindicato nacionalista CIG e logo polos sindicatos maioritarios a nivel español, CCOO e UXT..

Para os nacionalistas, "o vindeiro xoves 29 de marzo a CIG do noso país ten convocada unha folga xeral para parar o derrubo dos dereitos no traballo que está a levar a cabo o PP. O Bng, por coherencia e por xustiza, porque sempre estivo e segue estar ao carón da clase traballadora, apoia esta folga xeral e anima á cidadanía en xeral a que resposte con toda a forza necesaria para impedir a consumación desta agresión brutal que, moito nos tememos non vai ser a derradeira". Por esta razón, o Bng solicita que se cambie a data do pleno ordinario e incluso sostén que as corporacións municipais deberan "apoiar a reivindicación dos traballadores e traballadoras, tamén dos do seu concello. Os representantes do pobo teñen que estar co pobo e non defendendo intereses partidarios que só benefician a uns poucos. Aí tamén se amosa con quen está cadaquén e nonsó facendo obras. A defensa dos dereitos da clase traballadora é imprescindible para que a economía e o país funcionen e non ao contrario, como pensan algunhas organizacións políticas".

A CIG xa ten web para informar desta folga: http://www.folgaxeral.info

Escrito presentado polo Bng:
(download)
O Psoe quere mudar a data e que se retire a reforma laboral
Click here to download:
Moción_reforma_laboral.docx (46 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   bng   folga