Preme para voltar á portada
Filed under

Boiro

 

Boiro: ata o 31 de maio, exposición do alumnado do Bacharelato de Arte no Centro Social

  • Inaugurouse a mostra o mércores 16 de maio
    Boiro_expo_bacharelato_arte

Tamén, en Boiro:

 

E no concello veciño:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   centro social   exposición  

Boiro: o sábado 26 de maio, roteiro a Sálvora, Jidoiro e Rúa en Ribeira

Boiro_roteiro_faiado_26

O V Roteiro “Entre o mar e a terra”, que organiza a asociación cultural e etnográfica "O Faiado 2" de Boiro  visitará a costa de Ribeira desde o mar, con visita a Sálvora, Jidoiro e Rúa. Explicacións con guía local e do Parque das Illas Atlánticas.

O día é o 26 de maio as 17:00 h con saída desde o porto de Aguiño.

É necesario confirmar a asistencia. Non poderá ir ninguén que non estea anotado (plazas limitadas). Formas de contacto no cartel que abre a información.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   Ribeira   roteiros  

Boiro: obradoiros e seminarios para maio e xuño

  • O sábado 12 de maio, un de hip-hop e outro de expresión plástica. Prazo para inscribirse ata este venres 11
  • O 1, 8 e 15 de xuño, seminario sobre avaliación de ideas empresariais para a mocidade
  • O 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2 de xullo, obradoiro de fotografía

 Boiro, 10 de maio de 2012. Vén cargado, como ten que ser, este maio de actividades culturais, tamén en Boiro. Este sábado, 12 de maio, vanse realizar dous obradoiros en Boiro no local Leñaverde (Centro Social de Boiro).

1.- Obradoiro de hip-hop impartido por García MC, Dios Ke te Crew, consistente en:
-    Historia xeral da cultura hip-hop
-    Dinámica introdutoria. Creación de rimas
-    Elaboración de letras por grupos
A temática a utilizar será libre, os rapaces elixirán o tema no que se atopen máis cómodos á hora de elaborar os textos. O seu mundo é o que mellor funcionará á hora da temática.

2.- Obradoiro de Expresión plástica “construción dun monicreque que cante” impartido por Viravolta.

Construción dun boneco sinxelo que poida ter algún movemento propio (boca, brazos) a partires de materiais sinxelos coma cartón, vasos de plástico, calcetíns, papel…guiados por monitores a construcción vaille resultar fácil e divertida e os mozos e mozas poderán enriquecer o monicreque coas suas aportacións  particulares.

Os obradoiros son gratuítos e para inscribirse o prazo está aberto ata o día 11 de maio as 14h. Os lugares para inscribirse ou ampliar a información son:

Oficina de Información Xuvenil Boiro(centro Social 1º Andar), tlf 981842635 e mail omix@boiro.org

Casa da Cultura Ramón Martínez López, tlf 981848425 e mail cultura@boiro.org

Seminario sobre ideas empresariais

O departamento de Emprego do Concello de Boiro organiza, en colaboración ca Oficina de Información Xuvenil, un  seminario gratuíto para a xuventude de avaliación de ideas empresariais. O seminario realizarase no Centro Social en 3 sesións: 1, 8 e 15 de xuño (de 16.00 a 21.00 horas).

Sesión 1: Xeración de ideas (1 de xuño)
Sesión 2: Maduración de ideas (8 de xuño)
Sesión 3: Avaliación cualitativa da idea (15 de xuño)

Os obxectivos son: crear, analizar e rendibilizar unha idea empresarial, a través do coñecemento da dita idea e da súa maduración, que permita a aproximación á viabilidade económica do proxecto de empresa e do seu potencial como negocio.

As inscricións pódense facer ata o 24 de maio de 2012 no Departamento de emprego do Concello de Boiro (2º andar).

Obradoiros fotográficos

O seminario "Fotografiar o movemento" vaise impartir os días 4-11-18 e 25 de xuño e o 2 de xullo de 19.30h a 21h e ten como obxectivo dotar aos participantes dos recursos técnicos e as ocpións idóneas de cámara para resolver de forma creativa situacións onde o movemento sexa o protagonista da imaxe.

O de macrofotografía vaise impartir os días 6-13-20 e 27 de xuño e 4 de xullo de 20 a 21.30h e ten como obxectivo dotar dos coñecementos e técnicas básicas para a fotografía de aproximación e os primeiros planos.

O prezo dos obradoiros é 35 euros cada un e inclúen saídas prácticas. Para realizar a inscrición  débese acudir a Oficina de Información Xuvenil no Centro Social de Boiro(1º andar) ou no teléfono 981842635.

Boiro_mago-xacobe
Outras actividades culturais para estes días:

  • O vindeiro venres 11 de maio de 2012 ás 20:00h espectáculo de maxia na Casa da Cultura de Boiro a cargo do mago Xacobe Sanz. Destinado ao público infantil e familiar
  • Maxia no Centro Social de Cabo de Cruz, este sábado 12 de maio de 2012 ás 18:00. Co  MAGO TETO, xentileza de Supermercados Claudio de Cabo de Cruz que celebra o seu 8º aniversario, apta e gratuita para todos os públicos, ademáis esta empresa repartirá agasallos entre todos os asistentes.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   programación cultural  

Boiro: a asociación de pais e nais Loureda programa obradoiros e outras actividades durante maio e xuño

Media_httpfarm5static_mejhf

Boiro, 9 de maio de 2012.  Tódolos sábados do mes de maio a asociación de nais e pais Loureda, do colexio de Santa María do Castro de Cabo de Cruz, está a impartir de xeito gratuíto un obradoiro de manualidades baixo o epígrafe: “Reciclaxe: confección de xogos e instrumentos musicais con material reciclado”.

Os cativos comezaron a actividade o sábado 5 e dado que o día 6 era ao Día da Nai. Decidiron facer unhas fermosas flores con cartóns de ovos e uns paos para agasallalas. A partir dos seguintes sábados está programado que confeccionen, monecos, huchas, ratiños, coches, prismáticos, maracas, instrumentos de choiva, tambores etc.

I Mostra de Aprendizaxe, o 2 de xuño

O sábado 2 de xuño ás 20:00h. terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz, grazas á colaboración do concello de Boiro, a I Mostra de Aprendizaxe APA Loureda: Actividades extraescolares. Consiste nun “minifestival” onde os rapaces das clases de baile, teatro, pandeireta e informática amosarán o aprendido o longo do curso. A entrada é gratuíta e está aberta a tódolos públicos.

Última reunión, o sábado 12 de maio

Asemade, a directiva ten convocada a última reunión para o sábado 12 onde se ultimarán os detalles para o peche do curso e se redactarán os temas e fixarase a data da 2ª Asemblea Xeral de Socios deste curso 2011-212 e, tamén, onde se acabará de planificar a V Romaría de socios que terá lugar o sábado 16 de xuño.




Tamén en Boiro:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   cultura  

Boiro: Xuventudes Socialistas acusa ao alcalde de ocultar a verdade no da privatización das pistas deportivas

  • Dende a Agrupación explican a intención realista do PP de cobrar polo uso das pistas deportivas despois de que o Alcalde boirense os culpase de alarmistas
  • Califican esta privatización futura -comezará en xullo a non ser que Dieste recúe- como "taxazo"

 

Boiro, 8 de maio de 2012. A Agrupación Local de Boiro das Xuventudes Socialistas, en base ás declaracións realizadas a pasada semana polo alcalde do PP, Juan José Dieste, quere manifestar que a intención de cobrar polo uso das pistas deportivas "é unha realidade que si pretenden levar a cabo dende o Goberno Local".

Os socialistas boirenses lémbranlle ao rexedor do Partido Popular a medida levada a cabo no Plan de Axuste Municipal onde realmente consta que si cobrarán unha taxa polo uso das pistas deportivas e que comezaría a aplicarse a partires do mes de xullo.

Que se rebaixe o soldo o alcalde antes

A Secretaria Xeral das XSG boirenses, Adriana Castro, denunciou que “se o goberno local quere recadar fondos que comecen por reducir o soldo do Alcalde e non por recortar en instalacións públicas que afecten aos cidadáns. Consideramos que os rapaces e rapazas boirenses non teñen por qué pagar para facer deporte mentres o concello fai negocio”. É por iso, que dende este colectivo consideran que a presenza de este tipo de taxas, ao igual que as que quere aplicar ao PP a nivel estatal ás matrículas dos graos universitarios "favorece a desigualdade social entre os cidadáns, e en especial entre os mozos".

Dende a Agrupación socialista quixeron incidir tamén, e en relación ás declaracións de Dieste, que continuarán en alerta "ante o intento de impoñer calquera tipo de taxa por parte do goberno local, esixíndolle ao rexedor claridade e transparencia ante as políticas de recortes que pretende aplicar".

Disque papeis calan barbas:

(download)
https://twitter.com/#!/masaenfurecida/status/199497623521075200




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Xuventudes Socialistas   denuncia  

Boiro: a onda privatizadora do PP tamén podería chegar ás pistas deportivas de Barraña

  • Así o denuncian as Xuventudes Socialistas locais

Media_httpfarm7static_wlywu

Boiro, 29 de abril de 2012. A Agrupación Local de Boiro das Xuventudes Socialistas amosa o seu "rexeitamento e preocupación ante a intención de privatizar o uso das pistas deportivas da Avenida da Constitución por parte do actual goberno local, rexido por Juan José Dieste, alcalde do PP". Ante a creba técnica do Concello, cunha débeda que non se dá pagado dende o despilfarro do anterior equipo de goberno do PP, que fora presidido polo conserveiro conservador Xesús Alonso, o actual equipo, tamén do PP, busca por todos os medios pagar, á costa dos impostos e taxas dos boirenses unha vez máis. A semana pasada anunciárase a intención de privatizar auga e sumidoiros e agora Xuventudes Socialistas comenta este novo capítulo da onda privatizadora que vai camiño de converterse nun tsunami de impostos e gravámenes para os boirenses.

Dende este colectivo socialista consideran que a posibilidade dos cidadáns de disfrutar destas instalacións de forma gratuita "é un dereito", polo que esixen ao goberno local "non só o mantemento e conservación destas pistas senón tamén o fomento da actividade deportiva para tódolos boirenses garantindo o seu uso gratuíto".

A Secretaria Xeral da agrupación da mocidade socialista, Adriana Castro, sinalou que “o Partido Popular de Boiro amosou nesta última semana claras intencións de privatizar o uso da zona deportiva situadas na praza de Boqueira de A Negral coa finalidade de que se convirta nunha actividade de rendemento económico para o municipio e o seu uso sexa selectivo para aqueles usuarios e usuarias que paguen pola súa utilización”. É por iso que, dende as Xuventudes Socialistas de Boiro denuncian a pretensión do actual executivo de realizar un negocio con estas instalacións públicas, reducindo dereitos a tódolos cidadáns pero véndose máis perxudicados o colectivo de xóvenes.

Media_httpfarm7static_aefxe

As pistas foron nos últimos tempos pintarraxeadas por túzaros
 
Adriana Castro tamén quixo incidir en que “unha vez máis, dende a agrupación socialista boirense rexeitamos a política do Partido Popular baseada na desigualdade social, e no interese político de fomentar a privatización dos bens públicos e dos dereitos dos cidadáns”.  Estas instalacións —que naceron no ano 2010 financiadas con Fondos Estatais de Inversión Local do anterior goberno socialista polo que, en consecuencia, non lle supuxo ningún gasto ao Concello de Boiro— xurdiron coa finalidade de cubrir a necesidade existente no municipio de dispoñer dun espazo para a práctica deportiva ao aire libre.

Relacionada:

Tamén, en Boiro:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Xuventudes Socialistas   denuncia  

Boiro: o Psoe denuncia que o concello quere privatizar auga e rede de sumidoiros

Boiro, 26 de abril de 2012. O grupo socialista boirense deu hoxe unha rolda de prensa na que denunciou a intención do equipo de goberno de privatizar auga e rede de sumidoiros nunha concesión de 30 anos que lle reportaría uns 4 millóns de euros ao Concello pero que suporía unha suba elevadísima nas cotas que cada boirense paga por estes conceptos. Escoiten as explicacións neste corte de audio:

(download)





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   PSOE   denuncia   privatización  

Boiro: o Curota Sound volta este venres 27 con "Hijas de Ribera" e "The Lákazans"

Media_httpfarm8static_efrxi

Imaxe dun dos concertos da semana pasada

Boiro, 26 de abril de 2012. Unha semana máis celébrase outra eliminatoria do I Curota Sound, certame-festival para dar a coñecer os novos valores da música moderna no Barbanza.

Mañá, venres 27 de abril, o combate musical será éntre o grupo "Hijas de Ribera", de Boiro, e a formación, tamén boirense, The Lákazans. Será na Pousada das Ánimas ás 23 horas como vén sendo habitual. Cabe recordar que os concertos son de balde e o público exerce de protagonista ao facer de xurado co seu voto.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Curota   certame   música  

Boiro: o escándalo das preferentes das vellas caixas galegas, a debate nun acto do Bng este venres 27

Participacins_preferentes_004

 

Boiro, 26 de abril de 2012.  Mañá, venres 27 de abril, organiza o Bng en Boiro un acto con Carlos Aymerich no que se tratará o tema das "participacións preferentes". Será a partires das 20:30 no salón social da casa da cultura "Ramón Martínez López", na Cachada.

Por se queren ir poñéndose ao día co asunto:






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   bng   charla informativa  

Boiro: os ribeirenses de Lizard Crash e as boirenses Agoraphobia pasan a cuarta eliminatoria do Curota Sound

  • O vindeiro sábado 28 de abril enfrontaranse as bandas The Lakazans e Hijas de Ribera, na Pousada das Ánimas as 23,30h.

Pict0013
Pict0018
Os gañadores Lizard Crash
Pict0053
Pict0056

A C-550 quedoulles o consolo do voto do público (xogaban na casa)


Lizard Crash practica o heavy metal máis clásico

Pict0035
Agoraphobia leva xa anos dando guerra nos escenarios

Pict0047
Entrelíneas forma parte do enorme ecosistema de grupos de Barbanza que saíron de Ribeira

(download)

Hai que salientar que o certame tivo un cheo absoluto nestas eliminatorias. Os organizadores están moi satisfeitos.

Pode que tamén lle interese:


Amadriñamento de árbores: o 28 de abril en Praia Xardín

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Curota   certame   música  

Boiro: o sábado 28 de abril, amadriñamento de árbores no paseo de Praia Xardín


A actividade, se non chove, será fronte a este edificio en Praia Xardín

Boiro, 20 de abril de 2012. O vindeiro 28 de abril, a asociación de sensibilización medioambiental Boiroverde ten previsto realizar un amadriñamento de árbores. Terá lugar no Paseo Marítimo en Praia Xardín fronte ao Instituto Social de la Marina,(C/ Praia Xardín, 58) ás 12 da mañá.

Neste amadriñamento cada recén nado recibe unha árbore á cal se lle pon unha placa co seu nome e deberá  encargarse do seu coidado para os restos.


O ano pasado (24-02-2011) houbo un acto semellante

Esta actividade levouse a cabo o ano pasado con gran éxito e púidose comprobar o compromiso da xente no coidado das árbores e da demanda que tivo durante todo o ano, por este motivo decidiuse repetir a experiencia. Aprazaríase a actividade en caso de mal tempo e avisaríase con suficiente antelación.

Boiroverde no 2012 é a reanudación do proxecto iniciado no 2011 no Concello de Boiro para a dinamización e sensibilización medioambiental da cidadanía. Pretenden chegar a un amplo abano de público e idades dende unha perspectiva multidisciplinar. Retoman este proxecto a maior parte dos integrantes do CMTL de Boiro no marco da súa preparación práctica con grandes expectativas de logro na sensibilización, mobilización e cambio de actitudes cara o medio ambiente.

Tamén, en Boiro:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Boiroverde   medio ambiente   árbores  

Boiro: a II Romaría das Letras no Barbanza será o xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas

  • O escritor ribeirense Antonio Piñeiro estará asinando exemplares da súa novela "As fiandeiras"

Boiro_ii_romara_das_letras
Boiro_ii_romara_das_letras_pro
Transcorrerá entre a Rúa Peonil e o Pazo de Goiáns

Boiro, 14 de maio de 2012. Este xoves, 17 de maio, no marco dos actos culturais da II Romería das Letras no Barbanza, e do día das Letras Galegas, Antonio Piñeiro estará asinando exemplares da novela As Fiandeiras, Premio de novela García Barros, nos stands que estarán instalados dentro dos espazos para exposicións, no Pazo de Goiáns (Lampón, Boiro).

O autor da obra, recentemente publicada por Galaxia, departirá tamén sobre esta historia que recolle o episodio emancipador dunhas mozas da Galiza interior e rural do século XIX; nuns actos que lles valerán a persecución dos poderes dominantes, pero que non borrarán da memoria da máis nova delas, unha nena aínda, nin tales feitos nin o motivo que os inspirou.

Unha fábula que bebe nas fontes da mitoloxía clásica, ambientada no clima romántico das revoltas cantonais da Gloriosa, contada nunha linguaxe de ton lírico que lle otorgou o recoñecemento unánime do xurado do García Barros.

Antes, en Certo:

Velaquí unha serie de imaxes da primeira Romaría das Letras:
ow/

Click here to download:
II Romaría das Letras no Barbanza.pdf (3.9 MB)
(download)



 

  

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbantia   Boiro   Letras Galegas   romarías