Preme para voltar á portada
Filed under

Borobó

 

Boiro: este venres 23 de marzo, mesa política, poesía salvaxe con dez vates e primeiro concerto do Curota Sound

Boiro_mesa_redonda
Boiro, 20 de marzo de 2012. O venres desta semana, o día 23, está ateigado de actos culturais. En primeiro lugar haberá unha mesa política na Asociación Boirense de Empresarios (ás oito da tarde), logo celébrase, xa no pub Pousada das Ánimas, a primeira Noite de Poesía Salvaxe (ás nove da noite) e, para rematar, dende as once da noite, poderase escoitar neste mesmo pub o balbordo dos dous primeiros grupos en participar no Curota Sound, que serán  DUSTYBOOTS e CRISTINIÑA.
Boiro_noite_de_poesia_salvaxe

Na lectura colectiva de poemas participarán 10 poetas e será presentada por Lucía Aldao e María Lado. Na primeira e na última actividade organiza a asociación cultural Borobó.

Boiro_cartel_curotasound

Namentres, este mesmo venres, en Noia:
Homenaxe a Avilés de Taramancos no seu vixésimo cabodano





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   programación cultural  

Boiro: corenta e cinco mozos foron á estación invernal leonesa de San Isidro coa asociación cultural "Borobó"

  • Recuncarán en marzo, pois xa hai nova viaxe prevista na primeira fin de semana

(download)
Boiro, 13 de febreiro de 2012. A asociación cultural "Borobó" vén de organizar unha viaxe á estación invernal de San Isidro (León) durante a pasada fin de semana, á que asistiron corenta e cinco mozas e mozos, a práctica totalidade menores de 25 anos, para disfrutar de dous días de práctica de esquí ou snowboard e unha experiencia de convivencia con outros xoves.

Puideron gozar dunha boa climatoloxía ao longo dos trinta quilómetros esquiables nas pistas da estación leonesa. A saída realizouse o venres á unha e media da madrugada e o regreso levouse a cabo na noite do domingo. Desta forma permitiuse que calquera persoa interesada en asistir, estudante ou traballador, non tivera problemas coa incompatibilidade de horarios.

A experiencia repítese trala boa aceptación que tivo no pasado ano, sendo
xa ésta a terceira ocasión na que se organiza esta viaxe, aínda que desta vez a
meirande parte dos asistentes pertencían ao municipio boirense, salvo seis persoas. O presidente da asociación, Jorge Campaña, quixo incidir nos beneficios destas actividades nas que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno, e destacou especialmente “o ambiente de respeto e educación entre tódolos integrantes así como o feito de que cada vez resulta menos complexa a planificación pois a xente colabora nas distintas labores, como o reparto de forfaits, o reconto da xente, a organización das comidas ou o aluguer de equipos”. Como consecuencia da boa acollida da actividade, Borobó xa ten cerrada unha nova data, a fin de semana do tres e catro de marzo, pois xa comezan a contar cun grupo fidelizado dunhas vinte persoas a estas actividades, que agradeceron á entidade a oferta deste tipo de servizos e iniciativas para a xente nova.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   viaxe  

Boiro: a Ong Contacto e a asociación cultural Borobó entregan xoguetes o xoves 22

Media_httpfarm7static_uicjh

Boiro, 20 de Nadal de 2011. A asociación cultural Borobó xunto coa ONGD Contacto farán entrega dos xoguetes doados polos asistentes ao concerto solidario “Xoguetes X Música” organizado por estas entidades o pasado venres 9 de decembro. O acto terá lugar o vindeiro xoves 22 de decembro na sede de Contacto (os antigos xulgados de Boiro), ás 20:00 horas.

A asociación cultural Borobó aproveita para desexar a todo o mundo unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2012.

Pode que tamén lle interese:


Primeira novela gráfica: do boirense Martín Romero


Cultura: nova expo ata o 15 de xaneiro


Viaxe á neve: de A.C. Borobó, do 13 ao 15 de xaneiro


Atletismo: resultados carreira Memorial Pepe Buceta

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   ConTacto   Nadal   solidaridade  

Boiro: o colectivo Borobó organiza unha nova viaxe á neve do 13 ao 15 de xaneiro

Neve

 

Boiro, 16 de Nadal de 2011. A asociación cultural "Borobó" organiza a primeira viaxe -teñen pensado facer tres este curso- á neve, concretamente a Estación invernal de San Isidro en León.

"Decidimos voltar a apostar por este tipo de actividades dado o éxito acadado o inverno pasado, con máis de 70 usuarios", explica a directiva.

Pode que tamén lle interese:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   neve   viaxe  

Boiro: o concerto "Capaces", este venres 8 de abril, a prol de Amicos e Ámbar

Concerto_solidario_009

Click here to download:
nota de prensa concierto CAPACES.pdf (1.86 MB)
(download)

Relacionada:


III Festa da Xuventude: en Exipto o 16 de abril. O 8, concerto solidario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   concerto  

Boiro: o venres 11 de marzo, IV Festa Audiovisual co gallo do Día da Muller Traballadora

Media_httpfarm6static_djbqa

Boiro, 9 de marzo de 2011. Este venres, 11 de marzo, a Asociación Cultural Borobó ten prevista a súa IV Festa Audiovisual, nesta ocasión co gallo Día Internacional da Muller Traballadora. O acto, que terá lugar no pub Ese / A Pousada das Ánimas a partires das 21:30 horas, contará coas proxecións do documental “Señora de” e a curtametraxe “Camiño da memoria”, un coloquio posterior e, por último, un concerto a cargo dos grupos Malandrómeda e La Maldita.

A Secretaria da Asociación Cultural Borobó, Silvia García Mirón, quixo salientar que “esta actividade, enmarcada baixo a denominación de “Festa Audiovisual” xa ben sendo unha constante na dinámica da nosa entidade, pero se nas anteriores ocasións quixemos focalizar a oferta das proxecións en torno ao formato ou xénero das pezas (curtas de ficción, documentais de corte social e curtas de animación) nesta ocasión buscamos centrarnos nunha temática concreta, a muller, e por isto proxectamos dúas pezas dirixidas, producidas e protagonizadas por mulleres, como apoio ao Día Internacional da Muller celebrado o pasado 8 de marzo”.

As proxecións consistirán nas pezas de corte documental “Señora de”, de Patricia Ferreira, e “Camiño da memoria” de Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera.

PATRICIA FERREIRA: “Señora de…” (2009, documental, 80 min) “Señora de” está formado polas testemuñas de varias mulleres de todo tipo: do campo, da cidade, do mar e da terra adentro que se enfrontan aos seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, de hábitos hoxe intolerables na sociedade occidental pero que constituiron a vida das mulleres na Galicia e a España dunha historia moi recente.

LUCÍA CALVO, VALENTINA ALONSO, ALBERTE MERA: “Camiño da memoria” (2010, curtametraxe documental, 5 min) A Obdulia acábanlle de diagnosticar un principio de Alzheimer polo que todas as mañás a súa neta axúdalle con ejercicios para ralentizar a pérdida de memoria. O seu desexo é non esquecer un camiño que realmente lle importa.

Tras as proxecións levarase a cabo un coloquio que constará de dúas partes. Por unha banda intervirán representantes das pezas: Lupe Lloves, que participou na produción e rodaxe de “Señora de” e Valentina Alonso, directora e guionista de “Camiño da memoria” para tratar temas relacionados coa muller no audiovisual e, pola outra, contarase cunha mesa redonda participada por Silvia Fraga, Parlamentaria de Igualdade do grupo socialista, Natalia Laíño, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, e Begoña Urgoiti, Presidenta das Amas de Casa de Boiro, que aporarán a súa perspectiva sobre o papel e situación da muller na sociedade actual.

Tras este coloquio darase paso a un concerto a cargo de Melandrómeda e La Maldita, ambos de hip hop.

O mesmo día, en Boiro:


Inauguración: o venres 11, do viveiro de empresas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   Día da Muller Traballadora   audiovisual galego  

Boiro: corenta mozos participaron na segunda viaxe á neve organizada por Borobó

Dsc03189

Boiro, 1 de marzo de 2011. A Asociación Cultural Borobó organizou outra nova viaxe á neve, concretamente á estación invernal de San Isidro (León) durante a pasada fin de semana, á que asistiron un total de corenta mozos e mozas de diferentes puntos de Galicia. Nesta ocasión, contouse cun grupo de persoas procedentes non só dos municipios do Barbanza, senón tamén de Vilagarcía, Cerceda, Santiago ou A Coruña. O presidente da entidade, Jorge Campaña, tamén presidente de Xuventudes Socialistas de Boiro, afirmou sentirse “moi satisfeito porque asemade axudamos a que a nosa vila se coñeza en Galicia ao traverso da labor realizada polas asociacións locais”. Dacordo cos datos ofrecidos, tan só oito persoas se mantiveron no listado de asistentes ás dúas viaxes, co cal un total de 70 persoas pudieron disfrutar deste tipo de iniciativas levadas a cabo pola entidade.

Campaña tamén incidiu nos beneficios destas actividades nas que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno ao mesmo tempo que disfrutan da Natureza e da convivencia con outros mozos. Por outra banda, tamén sinalou que “estas actuacións van na liña da entidade de ofertar distintos servizos á sociedade, de diversidade cultural e de ocio”. A saída realizouse o venres ás 24:00 horas e o regreso levouse a cabo o domingo, aproximadamente ás 23:00 horas. Desta forma permitiuse que
calquera persoa, estudante ou traballador, non  tivera problemas de incompatibilidade de horarios para poder asistir.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   neve   viaxe  

Boiro: nova viaxe á neve na última fin de semana de febreiro, organizada pola asociación 'Borobó'

Viaxe_neve_boiro_febreiro

Boiro, 1 de febreiro de 2011. A asociación cultural Borobó e a Omix de Boiro organizan unha nova excursión á neve, á estación de San Isidro de León os días 25, 26 e 27 de Febreiro. O prazo para inscribirse chega ata o 12 de Febreiro. Ten un custe de 92 euros, aínda que pode variar -baixar- se hai moitos inscritos.

inclúe transporte dende Boiro ou Santiago ata León, aloxamento no Albergue de Bustiello(con comida e cea) e Forfait para toda a fin de semana. Sáese dende a casa da Cultura as 24.00h do Venres 25 de Febreiro e retórnase o domingo 27 de Febreiro as 16.00 horas. Inscricións no no Centro Social, no teléfono 981842635. Dende a Omix din: Animádevos xa quedan poucas prazas!!!

Antes publicamos:


Viaxe: a a.c. Borobó foi á neve a León



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   neve   viaxe  

Boiro: o mércores 15 de decembro a asociación "Borobó" e a ong "Contacto" repartirán xoguetes

Media_httpfarm6static_fpzjv

Momento do concerto "Xoguetes x música", celebrado a pasada fin de semana

Boiro, 14 de decembro de 2010. Este mércores 15 de decembro, a partires das seis da tarde, a ong Contacto e a asociación cultural "Borobó"  farán un reparto de xoguetes ás familias con menos recursos de Boiro.

 

O reparto terá lugar na sede de Contacto a partires das seis da tarde. A entidade cultural "Borobó" conseguiu recolectar máis de douscentos xoguetes durante a celebración do concerto Xoguetes x música a través das entradas en forma de xoguetes dos asistentes. Gracias ás actuacións de varios grupos da comarca (Lizard Crash, Little Stones e Belfastt acompañados de O Coro do Loreto, xunto coa banda Marcos Pin Jazz Quartet, conseguiuse atraer a un establecemento hostaleiro a preto de douscentas persoas que pagaron un ou varios xoguetes como entrada e colaboraron así con esta causa.
Media_httpfarm6static_vlghu

Todos aqueles interesados aínda están a tempo de entregar xoguetes na sede da
ONGD Contacto, na rúa Principal Nº3, Edificio Polivalente de Cimadevila, explicou Silvia García Mirón, secretaria da asociación "Borobó".



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   ConTacto   asociacionismo   ong   solidaridade  

Boiro: a asociación cultural Borobó organiza unha festa con maxia, concerto de Agoraphobia e campionato de baile o venres 5 de novembro

A asociación Borobó e as Xuventudes Socialistas de Boiro organizan un campionato de Just Dance, un xogo de emulación de baile para wii

Festa_just_dance

O gañador levarase como premio unha videoconsola Wii

Boiro, 31 de outubro de 2010. A Asociación Cultural Borobó conxuntamente coas Xuventudes Socialistas de Boiro teñen preparado para a vindeira fin de semana, concretamente para o venres día 5, unha nova xornada de entretemento no Pub Ese / A Pousada das Ánimas. Durante esta noite, o colectivo levará a cabo o I Campionato de Just Dance, é decir, un campionato de baile a través dun coñecido videoxogo da Wii que xa vai pola súa segunda parte.

Os concursantes terán que amosar as súas destrezas na pista de baile e baterse en reto para conseguir o premio: unha videoconsola Wii de Nintendo. A concesión deste premio é posible grazas aos patrocinadores. O evento comezará a partires das 23:00 horas, primeiro coa actuación de mago Joan –chegado dende Barcelona- e, tras o concurso, un concerto a cargo do grupo boirense, integrado só por rapazas, Agoraphobia. Con esta actividade estas dúas entidades queren apoiar este tipo de videoxogos que favorecen o deporte e a mobilidade de todos, e non só dos máis pequenos. Xogos sinxelos que se basean no movemento. Os interesados aínda están a tempo de apuntarse para este concurso. Poden facelo no pub Ese.

Just Dance tamén é o título desta canción de Lady Gaga:

O mesmo día, na Pousada das Ánimas:


Cafés científicos: venres 5 de novembro, último



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   baile   concerto   maxia  

Boiro: a asociación cultural Borobó nomea Presidenta de Honra a Carlota Paz Barreiro

Media_httpfarm3static_tqhox

Busto de Borobó na casa de cultura de Boiro

Boiro, 18 de agosto de 2010. A asociación cultural  Borobó,  de  Boiro, nomeará  esta  semana  a  Dona  Carlota  Paz Barreiro, viúva do xornalista   Raimundo García "Borobó”, como Presidenta de Honra da entidade.   

 

O acto vaise celebrar o vindeiro domingo, día 22 de agosto, ás oito da tarde no Centro   Social deste municipio. Asistirán os familiares da homenaxeada e, asemade,  están  invitados  a  corporación  municipal  do  Concello ao completo,  o Presidente  da  ABE,  tódolos socios do colectivo Borobó, e o  historiador Xoán Guitián, entre  outros.

   Por  outra    banda,  contarase  coa  presenza  do  cantante  e  compositor  Manu  Clavijo que  amenizará  o  acto  con  varias  pezas  a  violín, segundo informou Silvia García Mirón, secretaria da Asociación Cultural Borobó.

Manu Clavijo, arxentino-galego, ten blog en http://cantautorloserastu.blogspot.com

Quen era Borobó? No portal do Consello da Cultura Galega pódese consultar esta peza de Xabier Baltar, que aparece nun libro (Homenaxe a Borobó) que foi editado por un dos que van participar no acto deste domingo, o historiador Xoán Guitián.

Click here to download:
Borobó por Xabier Baltar.pdf (192 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   cultura galega  

Boiro: o primeiro premio adicado ao seu fillo adoptivo, Borobó, fallado

Borobó contra Wallace Souza, artigo de Xavier Lama, gañador do I Premio Raimundo García Domínguez, Borobó.

Foi un xornalista que facía agromar as palabras dun raro manancial no que converxen a dignidade e o sentimento gozoso da cultura. Nada que ver cos espadachíns do abrente que segan pescozos desde as columnas xornalísticas de neón. Tampouco pertencía á estirpe dos mefistofélicos que se venden ao mellor postor cun aceno cínico e un pasador inzado de billetes na gravata.

 

Raimundo García Domínguez, “Borobó”, foi un sobrevivente da vida e do xornalismo, cun lirio eterno de brancura na alma. Nin os expedientes trala guerra civil, nin os azares dunha profesión moralmente perigosa, segaron a súa bonhomía. El representa un xeito de vivir o xornalismo, de anaco en anaco, que nada ten que ver con esta feira mordaz das vaidades e dos estragos.

As televisións énchense de pseudoxornalistas que escrutan, coma lobos frecuentadores, os sumidoiros do mundo rosa. Iso por non falar dos moitos tertulianos e discutidores afeitos a manexar o látego a piñón fixo. Despois da nobre arte da dialéctica quédanos a demagoxia pseudoideoloxizada.

Hai, claro está, profesionais irreductibles que fan o seu traballo coas armas fráxiles da decencia. Pero iso é difícil nestes tempos de cruzadas con hematomas colaterais. Demasiada xenreira entre empresas xornalísticas que reducen a política a unha guerra de titulares oportunistas.

Certo que sempre existiron os comisarios na profesión e as prumas alugadas, molladas no alcol do cinismo. Pero en medio deste panorama enteirámonos de que un famoso presentador televisivo do Brasil, un tal Wallace Souza, provocaba crimes para ofrendalos como gran primicia no seu programa de sucesos. Pagaba para que os mercaderes da morte segasen vidas por un pouco máis de share. Velaí unha representación simbólica dunha nova fronteira para o xornalismo infamante. Un eco cruel desa filosofía de que todo vale para alimentar a serpe golosa e omnívora da audiencia.

Por iso é necesario volver a aqueles que sentiron o xornalismo como unha forma de observar e relatar o mundo, con culta lucidez e sen estridencias sensacionalistas. Falo de Borobó, que foi tamén Don Gallego, Uriel ou o impagable Ánxelo Novo, pseudónimos dunha obra con múltiples vasos comunicantes. Convén revisar ese legado para saber que o xornalismo tamén pode ser un eido plural, luminoso e reconfortante.

Boiro: busto de BorobóBusto de Borobó na casa da cultura "Ramón Martínez López", no parque da Cachada de Boiro.

Gañou Xabier Lama. O mesmo que perdera o Garcés de poesía contra Estévez pero o recuperara cunha apelación.

Wallace Souza xa acadou artigo na Wikipedia inglesa. Un fenómeno.

Tamén conseguimos o artigo que mereceu o segundo premio, do escritor Francisco Castro, que o publica no seu blog "A canción do náufrago":

"Este é un artigo simple e pouco elaborado. Directo. Alguén dira: simplista e demagóxico. Tirádeo ao lixo. Este artigo quixera ser coma un Anaco. Que escribo, iso si, pola noite. E que quere falar de Borobó e do xornalismo que facemos hoxe. Ou igual non quero falar diso e do que quero falar é da crise. Da económica e da do xornalismo. Non o sei ben. En calquera caso é un anaco arroutado que nace dunha pregunta: ¿tería cabida un borobó nos medios de comunicación de hoxe en día?

Intúo que non. Entre outras cousas, porque os medios foron literalmente papados por un sistema, hoxe en crise, que os arrastra ao abismo. Por iso agora reclaman –e reciben-  axudas públicas. Tales axudas, inexistentes na época de La Noche (máis ben a Administración facía o posible por dinamitar –e con éxito- certos proxectos xornalísticos), supoñen, ademais dun cepo económico que vencella a supervivencia dos medios aos avatares políticos de cada momento, a vulneración do espírito democrático e de vixía dese propio sistema que paradoxicamente o alimenta. Se Borobó se xogaba a pluma, e non só a pluma, dándolle aire fresco aos rapazolos galeguistas que querían comezar a intervir na realidade, hoxe os medios viven amedrentados diante da posibilidade de non gustar ou molestar a quen detente o poder, e xa que logo, perder certos favores económicos. Así que é imposible deixar de facer outra pregunta, a segunda xa, ¿a quen pertencen hoxe as cabeceiras? Probablemente xa non a un editor ou grupo editor, senón aos que moven os orzamentos públicos. Xa avisei no subtítulo deste artigo que este era un texto crítico coa profesión. A quen lle proa que rañe. É o espírito Borobó que me invade. É o espírito dos vellos xornalistas, que gozaban de respectabilidade e, como consecuencia, de influenza. Hoxe, nas redaccións dos grandes medios fálase sen escrúpulo de que tal ou cal directivo é un home de tal ou taloutro poder político, partidista, ou o que sexa. E así o xornalismo prostitúese e perde nivel. E reláxase todo. Os soldos dos xornalistas para empezar. E o rigor. E por suposto, a credibilidade.

Cando Borobó morreu, todos os sectores xornalísticos, empresariais, políticos (de todos os bandos)… amosaron o seu respecto unánime á súa figura. Porque Borobó vivía na verdade ou, cando menos, nunha certa idea da verdade. Hoxe, o único certo é que Borobó duraría pouco nun xornal dos nosos".

Por se queren ver algunha curiosidade relacionada con Borobó, no blog Pontecesures.net hai unha entrada ben vizosa (oxalá puxeran o discurso enteiro) sobre a saga caciquil montada no Barbanza, que o ousado Raimundo García Domínguez tivo a ben contar nun pregón en Ribeira. Miren


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   premio