Preme para voltar á portada
Filed under

Cabo de Cruz

 

Boiro: este sábado 17, primeiro acto de Boiroverde e V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro"

Boiroverde_actos_17_marzo

Boiro, 16 de marzo de 2012. Boiroverde comeza este sábado 17 coa súa xeira de actos de sensibilización da cidadanía de cara ao medio ambiente. Na rúa peonil, dende as 12 do mediodía haberá actividades de reciclaxe.

Media_httpfarm5static_pjeax

Por outra banda, e xa en Cabo de Cruz, vai ter lugar a V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro". Competirán sobre 70 equipos que arrexuntarán a uns 300 regatistas. Non sabemos que pasará, pero de cumprirse os pronósticos, o club anfitrión, o de Remo de Cabo de Cruz, pode que sexa de novo o gañador -logo de levarse as catro anteriores-. As probas comezan ás 16:15 e supoñen a oitava da liguiña previa do Campionato Galego, que se vai celebrar en abril.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Boiroverde   Cabo de Cruz   regata  

Boiro: a asociación de nais e pais do colexio do Castro organiza un mercadillo e un festival benéficos para a nena Paula

  • O domingo 4, xa na Pobra do Caramiñal, outro festival benéfico no seu favor

Mercadillo_paula

  • O mercadillo será no parque de Cabo de Cruz durante a tarde deste sábado 3 de decembro. Se chovera, pasa á lonxa
  • O festival terá lugar o sábado 10 de decembro no centro social de Cabo de Cruz

Nena_paula

Imaxe tomada do grupo de Facebook "Paula necesita ayuda"


Boiro, 25 de novembro de 2011. A asociación de pais e nais "Loureda", do colexio boirense de Santa María do Castro acordou na última asemblea xeral de socios organizar un mercadillo benéfico o vindeiro sábado 3 de decembro para axudar á pequena Paula, a nena boirense que se está a tratar en Alemania da súa agnesia sacra.

No mercadillo vanse vender xoguetes, roupa, antigüidades, etc,  novos e de segunda man. Será toda a a tarde do sábado 3 de decembro no parque de Cabo de Cruz e, se lle dera por chover, pasaría á lonxa. Os socios agardan que a xente se anime e participen mercando o exposto á venta.

Festival de Nadal, o seguinte sábado, 10 de decembro

     Ademais, tamén acordaron pais e nais, convertidos en monitores, ensaiar cos cativos una serie de números artísticos que o público poderá disfrutar o día 10 de decembro ás 18:00h. no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz. O festival será benéfico xa que os cartos recadados das entradas serán aportadas para o tratamento da pequena Paula.

O domingo 4, festival solidario na Pobra

O festival titúlase "Yo Canto Por PAULA" e está organizado por Mar Davila e amigos.Será no polideportivo Venecia a partires das 17:30

Actuarán:
“Grupo de Baile Batudance”
“Grupo de Gaitas Xiada”
“O Son Das Ferreñas”
“Sara Ramallo”
“Ana Paz”
“Ana Angueira”
”Sito Sedes”
"Miguel" (Combarro)
“Tita Lijo”
“Banda de Nash”
“Ángel Rodríguez”

“Cantareiras de Ardebullo”

“Lucia Pérez”

Presenta “Sevi Martínez”.

Media_httpa6sphotosak_ygcox

Tamén hai á venda un calendario solidario (6 euros) para axudar a esta nena. En varias tendas de Boiro e Pobra.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   solidaridade  

Boiro: o Bng critica no Parlamento o retraso das obras do peirao de Cabo de Cruz

  • O deputado do BNG Bieito Lobeira afirma que Portos de Galicia está a incumprir o cronograma de actuacións previsto para a ampliación e abrigo do Porto de Cabo da Cruz  mentres as melloras dos espazos destinados á náutica recreativa foron rematadas 

Media_httpfarm4static_ygbxe

Boiro, 17 de novembro de 2011. O BNG leva ao Parlamento galego o retraso das obras de ampliación e melloras do porto do Cabo da Cruz que está a provocar, segundo os nacionalistas, "graves prexuízos aos sectores produtivos".

O deputado do BNG Bieito Lobeira rexistra diversas iniciativas ao fin de coñecer as razóns do que cualifica “retraso escandaloso” das obras do Porto do Cabo da Cruz comprometidas por Portos de Galicia.

O parlamentario considera que, “non é de recibo” que estas obras padezan un grande retraso mentres as melloras dos espazos para a náutica recreativa xa están rematadas e reclama a posta en marcha de medidas urxentes para a execución das obras do porto destinadas ao sector pesqueiro.

Lobeira explica que a ampliación e mellora de abrigo deste porto é unha vella reivindicación do sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro que opera dende esta  dársena e que despois de catorce anos de estudos e retrasos, finalmente foi redactado un proxecto que resolvía os problemas das instalacións portuarias.

Asemade, unha presión política e social constante e unha Comisión de seguimento das obras impulsada polo concello de Boiro cando contaba coa alcaldía nacionalista, acadaron mellorar algúns aspectos construtivos do porto.

Na actualidade, as obras de ampliación e mellora de abrigo foron retrasadas e non cumprirán co calendario aprobado que fixaba o mes de decembro de 2011 como prazo de remate das instalacións da 3ª e 4ª lista.

Lobeira preguntará  na Cámara galega que motivos xustifican o retraso destas obras, “fundamentais para a economía e emprego no Cabo da Cruz para Boiro e a súa comarca”.

Click here to download:
Pregunta Oral Porto Cabo de Cruz.pdf (111 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cabo de Cruz   Portos de Galicia   bng  

Boiro: operativo contra o furtivismo en Cabo de Cruz nun establecemento no que se identificou a cinco persoas e se comisaron máis de mil quilogramos de marisco

  • Di a Xunta que esta acción se desenvolveu nun establecemento de Esteiro e qu e o marisco comisado carecía de documentación de procedencia e o local no que se requisou non está autorizado para a venda
  • Este golpe engádese aos 4 operativos especiais que os Gardacostas realizaron ao longo deste mes nas zonas de Cabo de Cruz e Rianxo xunto con corpos e forzas de seguridade do Estado
Media_httpfarm6static_bdkeg

Entre o marisco comisado había berberechos, navallas, ostras e nécoras, pero sobre todo ameixas. A imaxe, de arquivo, é da Festa do Berberecho de Foz

Boiro, 22 de setembro de 2011.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Unidade do Corpo de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), realizaron ao longo desta mañá un operativo nun establecemento de Esteiro, en Cabo de Cruz (Boiro) no que os Gardacostas comisaron arredor de 1.300 quilos de distintas especies de marisco, na súa maioría ameixa, e identificaron a 5 persoas.

O resto das especies comisadas foron berberecho, navalla, ostra e nécoras. Parte da mercadoría comisada estaba depositada nas 3 piscinas que contén o establecemento e o resto estaba sendo empaquetado para destinar á venda. Este marisco foi requisado por carecer de documentación de procedencia e por manipularse para a venda nun local non autorizado para esta actividade. Tralo comiso, os Gardacostas procederán á destrución de todo o marisco.

Este golpe contra o furtivismo é froito do seguimento e control que a Xunta realiza para garantir a trazabilidade do produto e vense engadir aos 4 operativos especiais que os Gardacostas realizaron ao longo deste mes nas zonas de Cabo de Cruz e Rianxo xunto con corpos e forzas de seguridade do Estado. Nestas zonas, a Consellería do Mar intensificou os controis deste tipo de operativos tras detectar un repunte do furtivismo.

Unha vez máis, a Consellería do Mar quere facer un chamamento aos cidadáns para que só consuman o marisco adquirido de forma legal xa que, o contario, pode supór un risco para a súa saúde. A Xunta lembra que só aquel produto que sexa extraído e comercializado seguindo os cauces legais será óptimo para o seu consumo, por iso apela á concienciación dos consumidores e comercializadores para que adquiran os produtos do mar a través dos cauces legais.

Media_httpfarm4static_jiefa

Vixiancia contra o furtivismo
A propósito da vixiancia, a Consellería do Mar quere lembrar que a maiores da exercida polos Gardacostas en colaboración coa UPA, nas zonas suxeitas a plans de explotación son as propias confrarías as que se fan cargo de asexar a través da contratación directa de gardapescas. A Xunta colabora coas confrarías cofinanciando esta contratación no marco dos convenios de vixiancia, nos que se crea unha comisión de seguimento da que forman parte membros da Consellería do Mar e das confrarías para o control do cumprimento deste convenio.

Pode que tamén lle interese:


Fondos para Paula: teatro este domingo 25 na Cachada


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


  Cursos de fotografía: en outubro e novembro, por Olláparo


Espectáculo infantil: este venres 23 de setembro, Ola, ola, la!


Libro: este sábado 24, "Lume de Cobiza" en Aturuxo!


Presentación de libro: o 30 de setembro, "Máxico Tear Natural"


Inauguracións preelectorais: o colector de Barraña


O Faiado 2: o III Roteiro será o 8 de outubro e sae da Pobra



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   mar furtivismo  

Boiro: Pablo Carreira, do Museo do Mar de Galicia, pronunciou unha conferencia sobre as embarcacións tradicionais

(download)
Fotos: Alén Pérez

Dentro do programa da Festa da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz, que segue ata este domingo.

Todo o programa en:


 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cabo de Cruz   Fotos de Alén Pérez   mexillón  

Boiro: doce millóns de euros para a dársena de Cabo de Cruz, que está a punto de rematarse

  • O novo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, reuniuse o venres pasado co alcalde de Boiro e visitou as obras que se están a desenvolver na zona
  • O organismo portuario está a realizar un seguemento do asentamento dos diques de abrigo da nova dársena, para rematar o espaldón e o pavimento

(download)

Boiro, 15 de agosto de 2011.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo un encontro institucional co alcalde de Boiro para profundar nas actuacións que o ente público está a desenvolver no municipio. Posteriormente, Durán comprobou a marcha das obras de dotación da nova dársena e construción de instalacións náutico recreativas no porto de Cabo de Cruz. Respecto á obra da nova dársena, que se atopa na súa fase final, Durán explicou que o organismo portuario está a realizar un seguemento mensual do nivel de asentamento dos diques de abrigo para, unha vez obtida a estabilidade definitiva, poder rematar o espaldón e o pavimento. A Xunta de Galicia investiu no global da obra da nova dársena máis de 12 millóns de euros.

Así mesmo o presidente de Portos anunciou que o seu departamento proxecta completar, a medio prazo, esta instalación coa construcción de pantaláns profesionais. Actualmente, o ente público ten elaborado xa un proxecto para a habilitación de 125 prazas para embarcacións pesqueiras, e está en estudio outro pantalán para bateeiras.

En canto ás obras de construcción de instalacións núatico recreativas, Durán Hermida anunciou que a previsión do ente é que a primeira fase desta actuación, que incluiría a instalación dos pantaláns, a creación de novas superficies de uso e a instalación de servizos básicos, estea rematada antes de final deste ano. Deste xeito quedarían habilitadas 200 prazas de amarre para a sétima lista.

En canto á segunda fase do proxecto deportivo de Cabo de Cruz, que comprende a construción dun edificio de servizos, remataría, segundo as previsións, no verán de 2012. As obras están a ser executadas mediante unha concesión outorgada ao Club Náutico Boiro, que será tamén o encargado de explotar as instalacións polos próximos 25 anos.

Portos de Galicia ten tamén en execución outras instalacións náutico recreativas en Boiro, neste caso en Escarabote. Esta actuación estase a desenvolver, tamén, baixo o réxime concesional, neste caso polo Club Náutico Barraña. Comprende 175 prazas de amarre e un edificio de servizos.

Agardamos que non lles pase a estas dársenas como á de Laredo, en Cantabria, onde investiron 90 millóns de euros -en tempos da burbulla- e agora está baleira, pola mala costume dos políticos de non rectificar en tempo e forma.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   obras  

Deportes: Mudega denuncia o descarado machismo e discriminación da Federación de Remo

(download)
Imaxes de arquivo, de cando gañaron a Bandeira da Concha en Euskadi

Boiro, Cabo de Cruz, 7 de agosto de 2011. Cumpríronse as previsións e a embarcación feminina "Rías Baixas" -Rianxeira- proclamouse vencedora no Campionato de España Feminino “I trofeo FER”, que se disputou esta tarde na localidade de Pedreña. A regata disputouse por primeira vez a catro longos e tres ciabogas, o mesmo percorrido que as embarcacións masculinas.  
Pero o trato desde esta federación, á hora de repartir os premios non é igual. Para os mozos: Trofeo e recompensa económica. Repartíronse 44.000 euros.  "O premio para as nosas campionas: TROFEO SOAMENTE.  Cansámonos de esixir, A IGUAL ESFORZO, IGUAL RECOMPENSA. Miles de quilómetros temos que percorrer, para conseguir a igualdade,  é incrible, que nestas datas nos atopemos con discriminacións desta índole", explican dende Mudega (Mulleres Deportistas Galegas).  

   "Felicitamos ás campionas porque é un orgullo para o deporte galego contar cun equipo como  a SD Rías Baixas que engade un título máis (neste caso o Trofeo Federación) á súa colección de éxitos desde que saltaron ao mar na Concha no verán do 2008", rematan no seu comunicado.

 

Nos foros de Todoremo.com tamén hai bastante malestar ante esta sinvergonzonería da Federación de Remo, machista como case todas as deste país que din que ten a pel de touro...Ollen: http://www.todoremo.com/foro/index.php?topic=3579.0

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cabo de Cruz   deportes   machismo   mudegá   remo  

Boiro: do 18 ao 21 de agosto, Festa de Exaltación do Mexillón en Cabo de Cruz

Media_httpfarm7static_zhpei

Media_httpfarm7static_cjdig

Media_httpfarm7static_cgqzk

Media_httpfarm7static_nfkrh



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   Festas   mexillón  

Boiro: as festas de Cabo de Cruz, este venres 15 e sábado 16, na honra da Virxe do Carme

Festas_cabo_da_cruz

Para seguir as actividades, o mellor é consultar a páxina de Facebook destas festas, aquí

Se é un/unha festeiro/a, pode que tamén lle interese saber:





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   Festas  

Boiro: Verdegaia acusa de neglixencia á Consellería de Medio Ambiente polos portos deportivos de Escarabote e Cabo de Cruz

Media_httpfarm4static_cxjai

Boiro, 14 de abril de 2011. Verdegaia e Ecoloxistas en Acción esixen que se respecten a Avaliación de impacto ambiental (EIA) como trámite garante da adecuada xestión dos espazos litorais ante infraestruturas portuarias sumamente impactantes que antepoñen os intereses privados aos públicos. Ambos colectivos consideran que eximir dos trámites de Avaliación ambiental aos proxectos de Portos deportivos en Escarabote e o Cabo de Cruz coa escusa de que o dano xa está feito "supón un desprezo e unha forma de desvirtuar a lexislación ambiental así como un impedimento á hora de garantir a adecuada xestión e protección dos valores naturais".

"Con este discurso baleiro de contido -continúan os de Verdegaia-, a Consellería de Medio Ambiente mediante Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental eximen aos proxectos de someterse a EIA. As Administracións públicas competentes dan cobertura a infinidade de urbanizacións, portos deportivos, construción de paseos, naves industriais, chairas, espigóns, portos exteriores e outros que de forma irracional e desordenada fóronse situando no litoral galego. Deste xeito, deixan actuar libremente aos intereses privados sen ningún tipo de ordenación e racionalización do sector e control dos problemas que esta actividade representa para a protección daquelas zonas de valor ecolóxico ou social".

Para Ecoloxistas en Acción e Verdegaia estes proxectos deberían ser avaliados con rigorosidade, tendo en conta a necesidade de amarres para a pesca de baixura e produción de moluscos e non obviar a favor de barcos de recreo que supón un modelo de desenvolvemento baseado nun turismo depredador de recursos. Non debemos esquecer que estes dous portos deportivos atópanse a escasos 3km un do outro e nunha zona onde non existe a día de hoxe esa demanda. Primeiro créase a oferta e despois a necesidade na xente. Isto, en contraposición á cultura e riqueza que achegan á zona o marisqueo e a pesca.

Estas actuacións provocan que se vaia mudando o perfil da costa, que se altere a dinámica de correntes mariñas e que se vexa afectada irremisiblemente toda a ecoloxía da zona: praias, bancos marisqueiros, zonas de cría . . coa conseguinte perda de biodiversidade e recursos pesqueiros e a diminución na economía da zona.

Os efectos máis negativos son: a ocupación e desaparición de lámina de mar, dispersión de áridos e terras pola superficie do mar provocando turbidez nas augas, perdida da achega natural de area ás praias e a sedimentación da mesma fora do seu leito natural, perdida de biodiversidade dentro da flora e fauna mariña pola degradación e desaparición de hábitat mariño. En definitiva a perda de toda unha economía sostible e respectuosa co medio. Estamos ante unha política de destrución que cada vez atenta máis e máis gravemente contra os indiscutibles valores naturais, produtivos, culturais e paisaxísticos das rías galegas.

Por iso, Verdegaia e Ecoloxistas en Acción, instan ás Administracións competentes en materia de medio ambiente a que velen polos intereses públicos garantindo o cumprimento da lexislación vixente de maneira que o futuro da costa galega, os seus valores e costumes non se vexa gravemente alterada.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   Escarabote   Verdegaia   medio ambiente  

Boiro: programa oficial de Antroido 2011 e cartel do Enterro do Óso de Abanqueiro

Media_httpfarm6static_cmrye

O domingo 13 de marzo, en Abanqueiro

Media_httpfarm4static_cstih

Foto de Diego Romero, do 2009

Click here to download:
Boiro Antroido 2011.pdf (246 KB)
(download)

Click here to download:
Boiro 2 Antroido 2011.pdf (370 KB)
(download)

Relacionada:

Entroido Apa Loureda: este venres 4, con tema medieval, en Cabo de Cruz



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   Entroido  

Portos: Ribeira e Cabo de Cruz, entre os primeiros que contarán con heliportos de emerxencias diurnas

Búscase reducir as sombras de cobertura de navegación aérea por falta de infraestruturas. Funcionarán como puntos de base supletorios

Media_httpfarm5static_hbhis

Porto de Cabo de Cruz, en Boiro

Barbanza, 30 de xaneiro de 2011.- Na súa aposta pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas, Portos de Galicia, ultima un proxecto de reforzo da actividade de navegación aérea na franxa costeira. O ente público está a ultimar a posta en marcha dun proxecto de habilitación de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa.

Así, un total de once portos da xeografía galega contarán próximamente cunha destas instalacións, que permitirá reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimitarase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permitirá reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

En concreto, os portos nos que comezará a posta en funcionamento deste proxecto serán os de Ribadeo, Burela, Ortigueira, Cedeira, Laxe, Camariñas, Muros, Ribeira, Cabo de Cruz, O Grove e A Guarda. Estas localidades pasarán a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permitirá a execución de maniobras ou repostaxe a helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento polo mapa de bases existentes, agora incrementado.

Estas instalacións estarán autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación, dependente do Ministerio de Fomento. Para a súa habilitación total, resta agora eliminar elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocar cataventos que faciliten as tarefas de despegue e aterraxe aos helicópteros. Así mesmo, nas próximas semanas procederase á marcación e sinalización da zona, para delimitar definitivamente e deixar listos para a súa entrada en funcionamento estes heliportos de emerxencias diurnos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cabo de Cruz   Portos de Galicia   Ribeira