Unha actividade dividida en tres etapas, a facer os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Participan varias asociacións e outros dous concellos, Lousame e Negreira
Imaxes da presentación da actividade Ribeira, 11 de outubro de 2010.- Con motivo do Ano Xacobeo, o Concello está a organizar unha ruta de sendeirismo na modalidade campo a través e cunha distancia de 100 quilómetros que descorrerá entre Ribeira e Santiago de Compostela. Esta actividade, denominada Camiño de Outono, celebrarase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, e conta coa colaboración da Asociación As Miñoteiras e a Asociación de Veciños de Carreira, ademais da dos Concellos de Lousame e Negreira. O concelleiro de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé, e o representante de As Miñoteiras Moncho Sampedro presentaron a iniciativa na Casa Consistorial.
As dúas primeiras etapas terán unha distancia aproximada de 40 quilómetros, mentres que a última será de 20. A saída do día 30 terá lugar en dous lugares distintos. Por unha parte, na praza do Concello ás 8.15 horas e, por outra, na Capela da Guía, na parroquia de Carreira, ás 8 horas. Ambos grupos converxerán no parque periurbano de San Roque e atravesarán o Monte Curota, a Serra de Barbanza, o Parque Arqueolóxico das Chans e o Monte Iroite. Esta primeira etapa finalizará no poliderportivo de Lousame.
O roteiro pasará polos arredores de Toxosoutos, espectaculares para o sendeirismoA segunda etapa partirá da aldea de A Silva, lugar onde está enclavado o polideportivo, e pasará por Portobravo, o río San Xusto, o mosteiro de Toxosoutos, a central do Tambre, a devesa do Nimo e o embalse do Tambre. Os participantes pernoctarán no pavillón polideportivo de Negreira. Por último, a terceira etapa equivalerá aos 20 primeiros quilómetros do camiño oficial de Fisterra. O punto máis emblemático desta ruta é Pontemaceira.
Inscricións, a 50 euros
Este mércores habilitarase unha páxina web (caminodeoutono.blogspot.com) para que se poidan inscribir os interesados en participar. O prezo é de 50 euros, e da dereito as comidas, un coche de apoio (onde no que se poderán trasladar as equipaxes para facer menos dura a ruta) e o retorno dende Santiago en autobús.
Ademais, os familiares dos participantes poderán ir a bordo deste autobús o domingo 31 ata Santiago para reunirse cos camiñantes, sempre en función do número de prazas dispoñibles.
Ribeira, 8 de xuño de 2010. Logo de 1.250 quilómetros e 11 xornadas, o alpinista e garda civil noiés Andrés Villar alcanzou a praza do Obradoiro de Santiago, no reto que se propuxo de percorrer calzado cuns patíns a ruta francesa do Camiño de Santiago, partindo dende a cidade de Toulouse, do que informamos cumpridamente en Certo estes días.
A pesares de que a etapa de hoxe foi a máis curta de todas, con só 42 quilómetros de lonxitude, fíxose bastante dura para Villar Murillo por mor do mal tempo reinante, xa que tivo que encarar a chuvia durante todo o traxecto dende a súa saída en Arzúa.
Unha vez chegou á praza do Obradoiro, arredor das 10.45 horas, Andrés Villar foi recibido por distintas autoridades do Concello de Ribeira, patrocinador desta fazaña: concretamente, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Vicente García; a tenente de alcalde Lola Elorduy; a concelleira de Educación, Juana Ermitas Crugeiras; e o edil municipal de Cultura, Luciano Fernández. Tamén quixo estar presente o xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, quen felicitou a Villar Murillo pola súa proeza.
Asemade, moitos dos peregrinos e turistas que se atopaban na praza compostelá quixeron ser partícipes do acto e recibiron entre aplausos ao patinador noiés, que xa colleitou na súa traxectoria outras fazañas salientables, como a de ostentar o récord de rutas abertas ao Pico Urriellu (Naranjo de Bulnes) en Picos de Europa, con 16, así como expedicións de montaña en Alpes, Dolomitas, Atlas e Himalaia, e ascensións en patíns ao Monte da Curota, ao Monte Iroite, ao Monte Enxa, aos Lagos de Covadonga e ao Mirador do Ézaro.
O próximo reto será o Aconcagua
Aconcagua na Wikipedia
Un dos vindeiros retos que afrontará Andrés Villar ao longo ano será o de escalar o cerro Aconcagua, nos Andes, tamén co patrocinio do Concello de Ribeira.
En primeiro termo, lauda do Peregrino na igrexa de Santa María a Nova, o maior depósito de laudas gremiais de Europa Noia, 2 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG, José Manuel Lage pide á Xunta de Galicia nunha proposición non de lei que "recoñeza a historia de Noia como porto Xacobeo e un dos camiños a Santiago, dada a chegada de milleiros de peregrinos xacobeos á vila de Noia camiño de Compostela".
Lage Tuñas e Fernández Leiceaga recordan na súa iniciativa, rexistrada no día de hoxe, que "Noia é un lugar natural de paso hacia Fisterra dende Santiago e entrada ata o século XVI de boa parte das embarcacións galegas que comerciaban co Mediterráneo, cando a ría era máis navegable." Aseguran que presentan "unha proposta en positivo, constructiva, que busca o apoio do conxunto dos grupos políticos para facer xustiza con Noia, coa súa historia, e coa hospitalidade dos seus cidadáns", e que Noia se incluíse neste programa de Portos Xacobeos "sería un feito de xustiza, propio dunha administracción rigorosa e seria nas súas accións, e permitiría que se coñecera mellor o conxunto de laudas gremiais máis importante de Europa, en Santa María a Nova."
Dende o PSdeG agardan "que o Parlamento aprobe a nosa proposta e Noia sexa recoñecida como porto Xacobeo e un dos camiños a Santiago. A historia está aí e demostra con feitos reais os vinculos directos de Noia coa peregrinación a Compostela." Tamén quixeron os parlamentarios socialistas amosar o seu recoñecemento para a corporación local de Noia e para as tres asociacións de empresarios da vila noiesa, Noia Histórica, Punto Comercial San Lázaro e a Asociación de Actividades Económicas e Empresarias "que uniron as súas forzas para esixir que se faga xustiza recoñecendo o papel de Noia como porto clave no camiño de Santiago".
Ribeira, 2 de xuño de 2010. Seguindo o guión previsto, o experimentado montañeiro noiés Andrés Villar Murillo alcanzou na xornada de hoxe a comunidade da Rioxa (concretamente, a localidade de Nájera) no seu reto de percorrer sobre patíns en dez etapas a ruta francesa do Camiño de Santiago (1.250 quilómetros entre Toulouse e Compostela).
A Villar Murillo só lle restan 684 quilómetros para culminar a súa fazaña de chegar á praza do Obradoiro o vindeiro martes día 8 de xuño (unha iniciativa patrocinada polo Concello de Riveira). Na etapa de hoxe percorreu un total de 112 quilómetros entre Puente La Reina (Navarra) e Nájera, previo paso por Mañeru, Cirauqui, Lorca, Villatuerta, Estella, Los Arcos, Viana, Logroño ou Navarrete, entre outros lugares.
Dura etapa pirenaica
Especialmente dura foi a etapa pirenaica que finalizou o pasado luns na localidade oscense de Jaca, pois á dificultade inherente a atravesar eses montes engadíronse dúas circunstancias meteorolóxicas inesperadas: moita chuvia e moita néboa, que non despexou ata coroar o porto de Sompor. Máis lixeira foi a etapa de onte (Jaca-Puente La Reina) cun perfil máis plano.
Vídeos en Youtube sobre o traxecto:
Na etapa anterior:
Transcrición completa do blog de Villareto:
"Toulouse- Oloron, 226 km.
Etapa recorrida íntegramente en territorio francés y la más larga de las 10 que tengo previsto hacer, jornada durísima y muy larga, a pesar de ser la primera etapa del Camino pensando en que llegaría con fuerzas y ser una etapa llana supuse que no debería tener muchos problemas a pesar de la longitud, también pensé que sería una etapa casi de transición y cómoda, pero me equivoque en mis apreciaciones, encontré mas cuestas de las que en principio había calculado, ese fue el motivo principal por el que adelante mi salida al viernes, al poco tiempo de llegar a ToulouseLa jornada la inicio a las 12’00 h. de la mañana, llegamos a Toulouse muy pronto, así que por qué no adelantar también la salida, cuantos más kilómetros hiciera este día, menos habría que hacer al siguiente, la salida de la ciudad de Toulouse, no fue problemática, al ser domingo y a esta hora, no encontré muchos coches en la carretera, pero si en la gran plaza del Capitol donde dimos la nota, los primeros 40 km. fueron sin parar, 2 h, hasta las 14'00 h., que paramos a comer algo y recuperar, a las 15´00 h, reinicio la marcha, a pesar de encontrar varias cuestas largas, pasado la ciudad de Mielam, a 112 km, del inicio en Toulouse ya rodaba a una media de 16 km/h., al final fueron 8’30 h. patinando con solo una parada larga.No había muchas horas de luz, así que a las 21’00 h. paramos en un área de descanso donde pasamos la noche, las cuentas no salieron como esperaba, 226 km y no 178 km, como había calculado, fue el resultado final, menos mal que el viernes pude hacer 140 km y el domingo los 85 restantes que fueron un puro trámite.Como aún era muy temprano una vez en Pao y quedaba mucha tarde asi que decidimos continuar hasta Oloron, a 40 km., esperaba que la jornada fuese más llana, pero fue todo lo contrario, un terreno muy ondulado y un asfalto muy abrasivo y rugoso que impedía circular con velocidad, también con poco arcén, la climatología fue muy variable y cambió a lo largo del día, calor, bochorno y finalmente algunas gotas de aguaLos números de esta primera etapa fueron estos: 226 Km., viernes 140 km. en 8’30 h., sábado 85 km., en 5 h., no esperaba hacer esta etapa partida en 2 días, pero me asustaba tanta distancia y dudaba que al día siguiente pudiera ascender los Pirineos, al final las cosas salieron bien y siguen como antes en vez de finalizar en Pao lo hice en Oloron y 40 km., más cerca de mi meta".
Na xornada de mañá luns, 31 de maio, Villar Murillo pretende percorrer sobre os seus patíns os quilómetros que distan de Oloron a Jaca (Aragón).
Nas imaxes, Torres Colomer (á esquerda), Andrés Villar e o concelleiro de Turismo, Vicente García
Subido nuns patíns, sae este domingo 30 de maio de Toulouse e ten o reto de chegar o 8 de xuño a Santiago, cunha media de 8,2 horas diarias de patinaxe
Ribeira, 27 de maio de 2010.- Co fin de conmemorar o Ano Santo Xacobeo 2010 e baixo o patrocinio do Concello de Ribeira, o montañeiro noiés Andrés Villar Murillo emprenderá a partir deste vindeiro domingo, día 30 de maio, o Camiño de Santiago Francés subido nuns Patíns. Os detalles deste reto foron presentados hoxe na Casa Consistorial do referido municipio barbanzano polo propio alpinista, quen estivo acompañado no acto polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e polo concelleiro municipal de Turismo, Vicente García Rivas.
O obxectivo de Villar Murillo é percorrer os 1.250 quilómetros que distan entre Tolouse e Santiago en dez etapas, comezando na citada localidade francesa o domingo 30 de maio e finalizando na praza do Obradoiro da capital compostelá o martes 8 de xuño.
En total, pretende investir neste reto un total de 82 horas (8,2 horas ao día) afrontando un desnivel acumulado de 11.790 metros. As dez etapas previstas son: Tolouse-Pao, Pao-Jaca, Jaca-Puente de la Reina, Puente de la Reina-Nájera, Nájera-Burgos, Burgos-Sahagún, Sahagún-Astorga, Astorga-O Cebreiro, O Cebreiro-Arzúa e Arzúa-Santiago de Compostela.
Aínda que a etapa máis longa do percorrido será a primeira (Burgos-Sahagún) con 178 quilómetros, o experimentado montañeiro teme máis á segunda (Pao-Aragón), xa que terá que soportar os 1.800 metros de desnivel que supón o feito de cruzar os Montes Pirineos. De feito, Villar Murillo considera que esta xornada vai ser un “punto de inflexión” á hora de calibrar se terá folgos suficientes para culminar o seu reto.
Dentro do mesmo acordo de patrocinio co Concello de Ribeira, o escalador emprenderá a finais de ano unha nova empresa, consistente nunha expedición ao cerro Aconcagua, de 6.962 metros de altitude e situado na cordilleira dos Andes.
Actualmente é profesor do Centro de Adestramentos en Montaña da Garda Civil, membro activo do Grupo de Alta Montaña Español, instrutor da Escola Española de Alta Montaña e instrutor de espeleoloxía, barranquismo e escalada. Cabe apuntar tamén que participou no programa de TVE “Al Filo de lo Imposible”, desenvolvendo labores de realización, subindo e baixando cámaras e facendo os preparativos das tomas.
Outros logros seus son a apertura de escaladas en Picos de Europa, Pirineos, Francia e Andes (Perú), expedicións de montaña en Alpes, Dolomitas, Atlas e Himalaia, ascensións en patíns ao Monte da Curota, ao Monte Iroite, ao Monte Enxa, aos Lagos de Covadonga e ao Mirador do Ézaro.
Segundo expresou José Luis Torres Colomer, todas estas fazañas conseguidas na súa vida profesional e como deportista, fixeron que o Concello de Ribeira decidise apostar por el na conquista dos seus dous seguintes retos e para transmitir aos mozos e mozas en xeral, e aos mozos e mozas ribeirenses en particular, os valores da superación, do esforzo, do sacrificio, da tolerancia, da honestidade, do respecto, do traballo, da responsabilidade,... “Todos eles valores e virtudes dos deportistas e nos que cree profundamente o Concello de Ribeira”.
Pola súa parte, Vicente García Rivas manifestou a importancia que reviste turisticamente para Ribeira o feito de que Andrés Villar faga promoción do municipio ao longo do Camiño Francés.
Comentarios [0]