Preme para voltar á portada
Filed under

Carreira

 

Ribeira: presentada a IX Carreira Virxe da Guía, que se celebra este xoves 17 de maio

  • 5.200 metros que forman parte do Circuito de Carreiras Populares de Ribeira

Foto_presentacion_carreira

Ribeira, 14 de maio de 2012. A Presidenta da Asociación de Veciños de Carreira, Marivén Sampedro, e Abraham Benítez, organizador da proba, presentaron ós veciños a IX Carreira Virxe da Guía, que se disputará na data na que adoita celebrarse, este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 11:00 horas. A proba, coorganizada tamén pola Cofradía da Dorna, Centro Recreativo de Artes e Concello de Ribeira, conta coa colaboración de varias empresas locais. Homenaxea, como cada ano a un coñecido atleta destas terras (Nespereira ou Ramón Folgar, xa o recibiron en anos previos). Neste caso rendirase un cálido recordo a Juan Vidal Pérez, atleta local finado fai uns anos en tráxico accidente. 

As inscricións dos atletas a partir de 13 anos deberán realizarse antes do luns, día 14, ás 14:00 horas, a través da web www.championchipnorte.com , mentras que os menores desa edade poderán facelo na web www.virxedaguia.org. Precisamente entre estes menores de 12 anos, sortearanse dúas bicicletas, á parte da entrega de trofeos e medallas para os gañadores das distintas categorías.


A organización espera unha abundante participación ó tratarse dunha carreira curta, de tan solo 5.200 metros, que discorren por lugares de Carreira e de Aguiño.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   atletismo   carreiras  

Ribeira: Carreira acolle este venres 11 unha charla sobre compostaxe e separación de lixo

  • Vanse entregar bolsas separativas aos veciños que se acheguen ao acto
  • Imparte a charla Protección Civil

Cartel_compostaxe_reciclaxe

 

Ribeira, 10 de maio de 2012.- En liña co anunciado o pasado o luns en canto á implantación no municipio de Ribeira dun programa de compostaxe doméstica da man de Sogama, mañá venres ás 21 horas terá lugar a primeira das charlas informativas previstas para divulgar entre os veciños as vantaxes da práctica da compostaxe, así como os beneficios da separación de residuos.

 

Esta primeira charla terá lugar na Casa de Cultura da parroquia de Carreira e será impartida por membros de Protección Civil de Ribeira, os cales previamente recibiron un curso específico de formación a fin de contar cos coñecementos necesarios.

 

O acto é público e gratuíto para quen queira asistir. Os veciños que acudan ao citado centro cultural recibirán, en sintonía co contido da actividade, bolsas de cores de 20 litros de capacidade que teñen por finalidade facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe (amarelas para depositar os envases de plástico, latas e briks; azuis, para o papel e cartón; e verdes para o vidro).

 

Composteiros

Ademais, os que así o desexen poderán aspirar a recibir un dos 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado, que Sogama entregou ao Concello nesta primeira fase do programa, co fin de seren distribuídos entre vivendas rurais e outorgarlles así a posibilidade aos seus ocupantes de transformar a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo.

 

Dende o Concello se tomará nota de todos os veciños interesados en percibir un destes composteiros, tanto na charla de mañá como no resto de charlas que se sucederán proximamente. No caso de que a demanda excedese á oferta, estes recipientes serían entregados priorizando a aqueles peticionarios que cumprisen unha serie de requisitos (como criar animais nas súas casas, etc...).


Antes, en Certo:







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   charla informativa   compostaxe  

Ribeira: preto de corenta participantes no roteiro polos montes do Vilar

Cimg0766

 

Ribeira, 18 de abril de 2012. Xente de tódalas idades participou no roteiro de sendeirismo polos montes do Vilar, que organizou o pasado domingo a Asociación de Veciños de Carreira, presidida por Marivén Sampedro.

Segundo a organización, foi "unha ruta cortiña, de apenas 12 quilómetros, que  descorría por paraxes espectaculares que resultaron do agrado dos perto de 40 participantes". Entre os asistentes, carreirenses coñecidos como José Manuel Pena, Jaime López, Pachicho Reiriz ou a anterior presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo, que disfrutaron tanto do percorrido como das curiosas e personais explicacións do guía, Moncho Sampedro.




 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   asociacionismo   roteiros   sendeirismo  

Ribeira: veciños de Carreira estiveron de excursión polo norte da Coruña

Dsc_3539

Ribeira, 10 de abril de 2012. Dentro da filosofía da Asociación de Veciños de Carreira de dar a coñecer o patrimonio natural e cultural de Galicia, un grupo de máis de 50 personas adicouse a visitar as terras do norte da provincia de A Coruña estes pasados días.

Visitaron lugares como o casco antigo de Pontedeume, onde coincidiron coa multitudinaria procesión do Domingo de Ramos, que alí chaman “a procesión da Borriquiña”. As fermosas paisaxes de Cedeira foron o seguinte punto de interese da excursión, que tivo o punto álxido nun dos lugares máis lendarios de Galicia: San Andrés de Teixido. Un numeroso grupo atreveuse co derradeiro tramo peregrino do Camiño de San Andrés que os levou ata a mesma igrexa de Santo André.

Media_httpfarm6static_gvxag

Os viaxeiros non puideron ver a marabilla dos cantís da Capelada pola néboa

A única mágoa que trouxeron foi non poder divisar as panorámicas dos acantilados máis altos da Europa Occidental, A Vixía da Herbeira, xa que a espesa néboa que cubría a Serra da Capelada impediu tal visión. Con todo, a actividade resultou todo un éxito quedando á espera da vindeira saída, que posiblemente leve ós membros da Asociación presidida por Marivén Sampedro, a coñecer diversos paraxes da provincia de Pontevedra.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   asociacionismo   viaxe  

Ribeira: este domingo 15 de abril, ruta de sendeirismo polo Vilar

Cartel_sendeirismo_polo_vilar_

Ribeira, 10 de abril de 2012. O vindeiro domingo, 15 de abril, a asociación veciñal de Carreira organiza un roteiro de sendeirismo polos montes do Vilar. Será unha ruta de 12 quilómetros, a ritmo lento e cunha duración aproximada de 4 horas.

A saída será da capela da Guía ás 10:00 horas. Non fai falta inscribirse pero nin que dicir ten que se prega puntualidade.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   andaina   asociacionismo  

Ribeira: charla sobre a prevención do alcoholismo en Carreira o venres 30 de marzo

Charla_alcohol_carreira

Ribeira, 22 de marzo de 2012. A AAVV de Carreira organiza a charla "Prevención do Alcoholismo" o venres 30 marzo ás 21:00 na Casa de Cultura de Carreira.




Ribeira: queren converter xuño nun mes de cultura con récord e todo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   asociacionismo   charla informativa  

Ribeira: o venres 16 de marzo hai unha charla sobre reciclaxe na casa da cultura de Carreira

Click here to download:
cartel charla reciclaxe.pdf (243 KB)
(download)

Ribeira, 12 de marzo de 2012. A  asociación veciñal de Carreira organiza unha charla sobre reciclaxe o venres 16 de marzo ás 21:00 na Casa de Cultura de Carreira. Colaboran o Concello e Protección Civil de Ribeira.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   charla informativa  

Ribeira: a parroquia de Carreira celebra o seu Entroido o sábado 18

Cartel_entroido

Ribeira, 15 de febreiro de 2012. A asociación veciñal de Carreira organiza a Festa de Entroido este sábado 18 de febreiro a partires das cinco da tarde na casa da cultura.

Os asistentes van colaborar na elaboración dos pratos típicos de Entroido dos que logo darán boa conta. Nin que dicir ten que se prega e roga acudir disfrazado.

Colaboran: ANPA SAN ROQUE
                    ANPA A GUIA 
                    CONCELLO  DE RIBEIRA

Pode que tamén lle interese:


Entroido en Ribeira 2012: programación prevista


Viaxe á neve dende Ribeira: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Carreira   Entroido  

Ribeira: veciños de Carreira achegáronse a Marcelle e a Lugo, nunha visita lúdica

535

Ribeira, 25 de novembro de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira prosegue coa liña de visitas de tipo lúdico e cultural que ven desenvolvendo. Na pasado fin de semana un grupo dunhas coarenta personas disfrutou da visita ó parque de Marcelle, localidade pertencente ó concello lucense de Outeiro de Rei.

No parque, os asistentes deleitáronse coa visión de animales tan exóticos como os bisontes americanos, dromedarios, e así hasta cincuenta especies diferentes, entre as que salientaban entre os máis pequenos animales coñecidos dos debuxos animados, como os lémures da película infantil “Madagascar”  ou os suricatos, como o famoso Timón, do “Rei León”.

Media_httpfarm5static_afpgb

Posteriormente os participantes desprazáronse a Lugo, onde pasearon por diversas rúas da “cidade das murallas”.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   AAVV   Carreira   Ribeira   viaxe  

Ribeira: a asociación veciñal de Carreira crea e estrea con éxitos o equipo de atletismo "Virxe da Guía"

Cimg1962
Os gañadores en Dodro

Ribeira, 17 de outubro de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira, que preside Ana Gómez Hermo, vén de crear unha nova sección dentro da mesma: o equipo de atletismo “Virxe da Guía”. O grupo atlético inaugurou as suas andanzas coa participación de 14 atletas de diferentes edades, na carreira pedestre de Lestrobe, celebrada o pasado mércores 12 de outubro.

Cimg1947

Aínda que a intención da nova sección sexa fundamentalmente o fomento da práctica deportiva dun xeito lúdico, sen ter como metas o acadar resultados destacados, o feito foi que o grupo carreirense volveu de terras dodrenses con sendos trofeos conseguidos por Xavi Regueiro e Lorena Calviño, ao rematar ambos no 3º posto nas categorías xuveniles masculina e femenina respectivamente.

Relacionada:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Lestrobe   Ribeira   atletismo  

Ribeira: do 16 de setembro ao 7 de outubro, mostra de escultura de alumnos de Jontxu Argibay en Carreira

Expo_de_alumnos_en_carreira

A inauguración é este venres 16 na mesma casa de cultura de Carreira.

Relacionada:


Obradoiro de escultura en Boiro con Jontxu Argibay: comeza en outubro. Vaite anotando!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Jontxu Argibay   exposición  

Ribeira: este venres, 9 de setembro, conferencia en Carreira sobre a historia desta parroquia na tradición oral

Carreira_charla_historia

Ribeira, 8 de setembro de 2011. Mañá, venres 9 de setembro, ás 21:00 na casa de cultura de Carreira terá lugar a Conferencia "Historia de Carreira segundo a tradición oral", a cargo de Juan Francisco Ramallo Dorca. Organiza a activa asociación veciñal de Carreira.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Historia   conferencia