Preme para voltar á portada
Filed under

castro de Taramancos

 

Noia: case medio millón de euros á Confraría como compensación polas obras da variante

  • O conselleiro de Medio Ambiente e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia asinaron esta mañá un acordo de colaboración

  • Agustín Hernández, en plena precampaña, aproveitou a ocasión para facer propaganda doutras obras comezadas polo seu departamento pero non deu nin chío sobre a desfeita do milenario xacemento arqueolóxico de Taramancos


O 14 de outubro, así estaban as obras da variante en Taramancos, por onde vai voar o viaduto sobre a Ría de Noia

Noia, 26 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, Santiago Cruz Martínez, asinaron hoxe en San Caetano (sede da Xunta de Galicia en Santiago) un acordo polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha cantidade de 467.200 euros para compensar a afección temporal aos recursos marisqueiros mentres duren as obras da a variante de Noia. As obras consisten na execución dunha ponte sobre a ría que enlazará a VAP Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos, e conta cunha inversión de máis de 40 millóns de euros.

O acordo establece compensacións económicas debido á ocupación temporal da zona coa plataforma de traballo, ademais dunha posible afectación na produción marisqueira. A vixencia do mesmo é de tres anos. As afectacións derivadas das obras foron determinadas na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se especifica que se nos estudos da dinámica litoral da ría de Muros e Noia afectados pola construción do viaduto se derivasen afeccións a hábitats produtivos, se elaborará unha memoria de medidas compensatorias.

Fíxose un estudo da dinámica litoral para coñecer os recursos marisqueiros e a produción da ría. En relación coa calidade das augas e co sedimento realizáronse tamén campañas de mostraxe en consenso coa Confraría e coa Dirección Xeral de Xestión dos Recursos Mariños. Os resultados obtidos determinaron que non se producen afeccións directas sobre os bancos marisqueiros existentes pero si sobre as autorizacións marisqueiras C-1028, C-1030 e C-1032; polo que a superficie afectada sumaría un total de 108.000 m² (no que estaría contida a superficie ocupada de forma temporal, uns 21.000 m2).

Media_httpfarm7static_gykhg

A Xunta segue sen informar sobre o achado en Taramancos

Estado das obras da Variante
A Consellería de Medio Ambiente está a executar as obras da Variante de Noia que implican un investimento de máis de 40 millóns de euros, dos cales 10 millóns correspóndense coa anualidade para o exercicio de 2012.

Unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de 3.000 vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos. Isto implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano, que aforrarán mais de 4 quilómetros respecto do percorrido actual.

Cómpre recordar que dende o pasado 26 de setembro ata finais do mes de xaneiro estanse a levar a cabo cortes puntuais na glorieta de Orro (a Xunta insiste en que é Pontenafonso), que une a localidade de Taramancos con Noia no punto quilométrico 69,5, como consecuencia da execución das obras.

Colectores de Noia
Outra das actuacións que mellorarán a calidade das augas desta ría son as obras da primeira fase da rede de colectores no Concello de Noia, que comezaron o pasado 17 de outubro, e que contan cun orzamento que se eleva a 3,8 millóns de euros.

A rede de sumidoiros actual é unitaria nun 95%, polo que é necesario xestionar as augas en tempo de choiva. Só o casco histórico conta cunha rede separativa. Na actualidade, a rede de colectores ten graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións, tramos en contrapendente, bombeos inutilizados, ou colectores por praias ou marxes de ría.

A finalidade deste proxecto é mellorar as condicións de funcionamento da rede de saneamento de Noia, co fin de acadar o saneamento e a depuración das verteduras, evitándoas á ría de Noia. En definitiva, estas obras permitirán rehabilitar os treitos existentes, recollendo case toda a rede de saneamento municipal e garantir o seu funcionamento ao illala das infiltracións.

O proxecto recolle a execución dun colector interceptor xeral que permita derivar todas as augas fecais á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Noia. Tamén se proxecta a implantación dunha primeira fase de rede de colectores de augas pluviais que posibilite a evolución cara unha rede de saneamento separativa.

Media_httpfarm7static_vfwmf

A aldea de Taramancos é unha xoia etnográfica que se pode perder co despoboamento

O que Agustín Hernández cala sobre a variante: destrución e agochamento de patrimonio milenario


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos


Pleno: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos


Arqueoloxía: o alcalde critica á Xunta por eliminar o castro de Taramancos

 

Relacionada coa confraría:


Salmóns: Greenpeace reaviva esperanzas fronte á teimudez da Xunta



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   obras   variante  

Noia: a variante, entre as primeiras obras públicas que blinda a Axencia Galega de Infraestruturas

  • Agustín Hernández presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, da que Ethel Vázquez pasa a ser a directora

  • Case 460 millóns de euros blindan a continuación de obra pública en marcha, como é o caso da Autovía da Costa da Morte, a Autovía de Celanova ou a Variante de Noia, así como o remate da Terceira rolda da Coruña ou a Variante de Marín

  • A Xunta di que a Axencia Galega de Infraestruturas é unha fusión de Aceousa e a SPI que aforrará arredor dun millón de euros por ano

  • O silencio sobre os achados de Taramancos segue a ser clamoroso
(download)
Imaxes do xacemento que vai quedar soterrado de seguir como ata o momento as obras da variante de Noia. Uns achados que poderían ser máis interesantes mesmo que o castro de Baroña, co que teñen que estar relacionado por proximidade, pero sobre o que Patrimonio garda o máis absoluto silencio, como xa fixera no caso de Punta Langosteira para facer o porto exterior de Coruña

Noia, 21 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá os primeiros orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas, que entra en funcionamento en xaneiro de 2012, que permitirán a mobilización de 665 millóns de euros para continuar co impulso á obra pública en Galicia, o que se traduce nun incremento dun 8% respecto do investimento destinado en 2011.

O responsable de Infraestruturas, acompañado pola recentemente nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), Ethel Vázquez, informou esta mañá das previsións orzamentarias no decurso da sesión constitutiva do Consello Reitor da AGI, onde recordou que –en virtude do principio de austeridade defendido polo actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo- os orzamentos para os capítulos de xestión e persoal desta nova entidade redúcense en máis dun dun millón de euros (1.075.908 euros), o que supón un 4% dos orzamentos de gasto corrente do presente ano. Este aforro prodúcese porque a axencia asumirá a tutela funcional da Sociedade Pública de Investimentos, ademais de Aceousa e a Dirección Xeral de Infraestruturas.

A nova estrutura organizativa da Axencia terá como obxectivos principais para o ano 2012 continuar coas obras en marcha, tal e como se comprometeu o Goberno galego cando este mesmo verán tivo que asumir os axustes orzamentarios, como Autovía da Costa da Morte, Sarria- Monforte, Variante de ortigueira, Variante de Marín, Enlace de Curro, Variante de Noia, Autovía de Celanova, desdobramento do Morrazo; así como rematar importantes infraestruturas estratéxicas, como son a Terceira Rolda da Coruña e a Vía Ártabra, e iniciar novas actuacións como a reordenación da glorieta de Sabón e o proxecto de Abrir Ferrol ao Mar. Todas estas actuación implican un investimento de case 460 millóns de euros (458,43 M€)

O conselleiro de Medio Ambiente destacou o investimento en materia de seguridade viaria que programa a Axencia Galega de Infraestruturas para o vindeiro ano, xa que é o dobre que os destinado no exercicio anterior, xa que a partida orzamentaria elévase a case 45 millóns de euros.

Recordou que outro dos compromisos asumidos á hora de elaborar as contas do seu departamento foi blindar a conservación da actual rede de estradas de titularidade da Xunta de Galicia. Nese senso, para o mantemento e conservación ordinaria da rede autonómica de estradas e para fixar o desenvolvemento do Plan de Viabilidade invernal destinaranse un total de 34,75 millóns de euros ao longo de 2012.


Sesión constitutiva, con Ethel Vázquez movendo a súa cadeira de novo

Coa celebración esta mañá da sesión constitutiva da Axencia Galega de Infraestruturas, cuxa entrada en funcionamento está prevista para xaneiro do ano 2012, a a directora xeral de infraestruturas, Ethel Vázquez, que non hai moito foi tamén directora de Augas de Galicia, pasa a ser a directora da Axencia.

Neste senso, o Consello da Xunta aprobou na xuntanza de onte a orde pola que se nomea a persoa responsable da axencia, un ente que concentrará nun único centro directivo todas as obras de infraestruturas viarias. A directora da axencia será Ethel Vázquez, Mourelle, actual directora xeral de Infraestruturas, quen tamén asumirá a vicepresidencia do Consello Reitor. A creación da axencia fundaméntase en tres principios básicos que son o da unidade de xestión e de actuación; os de funcionalidade, eficacia e eficiencia; e o de austeridade.

Coa Axencia Galega de Infraestruturas, constituída como unha axencia pública autonómica, proponse rematar coa situación organizativa composta pola Dirección Xeral de Infraestruturas e os servizos de Infraestruturas dos departamentos territoriais, dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e por dúas sociedades públicas que dependían da Consellería de Facenda: a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A (SPI), e a Sociedade Pública Autoestrada Alto de San Domingos-Ourense, S.A (Aceousa).

Coa nova estrutura a Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a tutela funcional da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A, que absorbeu a Sociedade Pública Autoestrada Alto de San Domingos-Ourense, S.A.

A Xunta de Galicia promove a creación da Axencia Galega de Infraestruturas como unha medida máis para acadar un novo modelo de xestión en materia de infraestruturas máis flexible, máis eficaz e máis austero. Coa entrada en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas e grazas á fusión, por absorción, de Aceousa e a SPI, producirase un aforro, que se estima en 1,1 millóns de euros por ano.

A axencia estrutúrase en catro áreas: de Planificación e Programación, de Obras e Explotación, de Seguridade Viaria, e de Contratación e Administración. Tamén contará cunha asesoría xurídica propia e coas delegacións en cada provincia ademais de asumir a tutela funcional da SPI.

O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno da Axencia Galega de Infraestruturas e estará integrado pola Presidencia (que é asumida polo titular da Consellería en materia de Infraestruturas), a Vicepresidencia (que é asumida pola Dirección da axencia) e catro vogais.

Relacionadas:

 


Variante: o atopado en Taramancos, mero trámite


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos a causa da variante de Noia


Pleno: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos para que pase o viaduto da variante


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   variante  

Noia: o Bng leva ao Parlamento unha proposición non de lei sobre os restos arqueolóxicos de Taramancos

Media_httpfarm7static_kgsiq

Noia, 11 de outubro de 2011. As deputadas Ana Luisa Bouza Santiago, Ana Pontón Mondelo e Teresa Táboas Valeiro, veñen de presentar unha proposición non de lei para o seu debate no pleno da Cámara Galega. 

A iniciativa parlamentar versa sobre a necesidade de revisar a actuación do Goberno galego no relativo aos restos arqueolóxicos aparecidos en Taramancos como consecuencia das obras de construción da estrada variante de poboación. 

A proposición, non de lei, lembra que o pasado día 30 de setembro, o Concello de Noia, debateu e aprobou por maioría absoluta unha moción que, a maiores de solicitar unha serie de actuacións por parte da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras, entre elas a posibilidade de modificación do proxecto técnico desta obra pública a fin de preservar para o futuro os achádegos, tamén puña en cuestión todo o procedemento seguido pola Administración galega desde a data na que apareceron os restos mencionados. 

As parlamentarias instan ao Goberno galego a que se investigue a situación na que se atopa o xacemento de Taramancos, igualmente a que se informe ao Concello de Noia sobre a evolución das excavacións, e por último a revisar o proxecto técnico da estrada a fin de que os restos aparecidos fiquen á vista para a súa posterior posta en valor.

(download)
Relacionada:


Pleno de Noia: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos


Pode que tamén lle interese:


Homenaxe: A Subela, en Santiago este sábado 15 de outubro, no de "Morgan"


Urbanismo en Noia: van derrubar o inmoble da rúa Laxe, nº 17



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Parlamento de Galicia   bng   castro de Taramancos   polémica  

Noia: moción de urxencia pola desfeita do xacemento de Taramancos

  • Reclámanlle á Xunta información sobre o atopado e o que se está a facer
  • Piden unha liña de subvencións para poder facer estudos arqueolóxicos, etnográficos e históricos nos concellos con patrimonio antigo
  • Tamén lle piden á Xunta que se manteña informados a todos os Concellos galegos onde se realizan escavacións
  • A moción foi aprobada. Cando se votou xa estaba fóra do salón de sesións o grupo municipal do Partido Popular, que decidiu abandonar o mesmo pola marcha do debate, e polos reproches que o Alcalde lle fixo ao seu portavoz municipal, Antonio Pérez Insua.

Media_httpfarm7static_myefn


Chegarase a salvar este xacemento? Ou veremos de novo política de feitos consumados como pasou en Punta Langosteira?

Noia, 30 de setembro de 2011. Hoxe levouse ao pleno de Noia unha moción para intentar parar a desfeita do castro de Taramancos Vello. Como é habitual en Certo, e logo das informacións que ofrecemos estas semanas pasadas, reproducimos a moción íntegra:

URXENCIA

Ante o coñecemento pola prensa nestes dias que durante a escavación en Taramancos se procedeu a retirar parte dos elementos edificatorios sen ter coñecemento oficial desta actuación, faise preciso presentar unha moción urxente para reclamar información antes de que se retiren todos os restos.

MOCIÓN

Nas últimas datas  a prensa local recolle a polémica suscitada pola actuación da Xunta no relativo ao xacemento arqueolóxico aparecido en Taramancos. Da inspección visual do lugar, así como das declaracións feitas por representantes da Xunta de Galicia aos medios de comunicación dedúcese que se retiraron parte dos elementos construtivos, en concreto a cimentación dunha edificacion circular na
parte inferior do xacemento e un muro na parte superior.

O Concello de Noia só ten coñecemento oficial de que se vai facer unha escavación neste lugar e que posteriormente se comunicou a ampliación temporal do prazo de escavación, sen que se nos aporte máis información oficial ningunha ao respecto. Ante a interese público creado polas novas difundidas na prensa  de que se trata de asentamentos de restos de distintos periodos que abarcan desde a Idade
de Bronce ata o século IV, o Concello de Noia de xeito oficial diríxese á Xunta para solicitar a posible conservación dos restos  aparecidos, e mostrámonos parte no expediente.

A única contestación obtida é por parte da Consellería de Medio Ambiente. O conselleiro de Medio Ambiente durante a súa visita á obra indica que é un procedemento habitual, que en Galicia pasa porque hai moitos (castros), e logo por carta indícasenos que o tema está en Patrimonio, e que se está seguindo o trámite.

A pesar de que a Xunta dispón de informes previos desde Maio, en ningún momento se lle informa ao concello de Noia de ningún resultado, nin de ningún informe dunha escavación importante que se está
realizando dentro do termo municipal noiés. Ademais, o Concello de Noia non ten coñecemento de que en ningún momento se analizara a posible conservación dos restos.

Esta actuación, carente de transparencia e da máis mínima e necesaria colaboración interadministrativa é unha mostra máis da falla de sensibilidade do goberno autonómico presidido por Feijóo cara ao noso
Patrimonio, a nosa Historia e a nosa Cultura.

O Concello de Noia, dentro dos limitados recursos económicos, está a facer un enorme esforzo para a conservación do Patrimonio, tentando, na medida das nosas escasas posibilidades, facer estudios previos de investigación, etnográfica e histórica antes de realizar o proxecto e a obra, destinando para iso importantes recursos económicos ou ben conseguíndoos de outras administracións máis preocupadas polo patrimonio que o goberno Popular de Feijóo na Xunta de Galicia. Como exemplos de actuación son a intervención de rehabilitación nos Muiños da Pedrachan, onde a Conselleria de Vivenda dirixida naquel intre por Teresa Táboas, non só financiou o proxecto e a obra senón que tamén asumiu o custe da investigacion arqueolóxica, etnográfica e histórica do lugar e das súas xentes. E de igual xeito na intervención no lugar da Chainza, onde o Ministerio de Cultura tamen custeou os mesmos estudos para o proxecto: "Fabricas da Chaynça" e que non só vai permitir conservar unha fábrica de curtidos do século XVII e a recuperación dunha ponte medieval senón que vai posibilitar ter un mellor coñecemento da nosa historia e das nosas xentes.

Dada a enorme importancia que este xacemento ten para o coñecemento da nosa historia, o noso patrimonio cultural e a importancia económica que ten un xacemento sobre todo de cara ao turismo, o grupo de goberno propón que o pleno da corporación de Noia

ACORDE

1. Solicitar que desde a administración autonómica se informe periodicamente aos concellos onde se realizan intervencións arqueolóxicas por parte da Xunta de Galicia da marcha dos traballos.

2. Solicitar que de xeito inmediato a Xunta de Galicia comunique ao concello de Noia a información e o expediente íntegro relativos á escavación de Taramancos.

3. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia dos estudos feitos para a conservación dos restos aparecidos no xacemento de Taramancos.

4. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia se durante a execución das obras se derrubou parte dos restos arqueoloxicos antes de comezar a escavación, en concreto se se afectou
aos posibles elementos defensivos da zona inferior da escavación, onde apareceron as cimentacións das edificacións circulares.

5. Solicitar que a Xunta de Galicia cre unha liña de subvencións para concellos e particulares para financiar estudos e proxectos arqueolóxicos e para estudos etnográficos e históricos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   moción  

Noia: o PSOE eleva ao Parlamento o desmantelamento do castro de Taramancos

  • O deputado socialista noiés Lage Tuñas considera "gravísima a actuación da Xunta contra o patrimonio e a historia de Noia" 
  •  "As explicacións públicas dadas polo goberno galego xustifican a agresión ao patrimonio cultural deste País e significan un ataque brutal á historia de Noia e a patrimonio do noso pobo”
  • José Manuel Lage indica que “a realidade demostra que se pode estar diante dunha perda irreversible para Noia e para toda Galicia. O goberno galego manifesta indiferencia diante da demanda de protección do noso patrimonio cultural e arquolóxico.”
  • Concepción Burgo, portavos de Cultura do grupo socialista, pide explicacións ao Conselleiro de Cultura e ao responsable de Patrimonio
  • Namentres, o máximo responsable desta desfeita, Agustín Hernández, fachendea de que imos ter "novas ferramentas que garantan a protección e defensa do patrimonio urbanístico e ambiental"
  • O seu colega de gabinete no goberno de Feijóo, o conselleiro de Cultura Roberto Varela, ousa dicir hoxe tamén que "aposta por “unha colaboración institucional plena para garantir as mellores condicións de conservación dos bens históricos e preservar o patrimonio cultural galego"
  • Neste mesmo día, a Deputación da Coruña, agora nas mans do PP, gábase de que o dolmen de Dombate tivo récord de visitas

Media_httpfarm7static_cdeak

O castro de Taramancos o 30 de agosto. Hoxe xa non poden ver isto...

Noia, 28 de setembro de 2011. O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas tense interesado a través de diferentes iniciativas parlamentarias sobre “as actuacións do goberno galego en relación coa proteción e conservación do asentamento castrexo de Taramancos-Noia, descuberto o pasado mes de maio durante as obras de construción da variante de Noia”.

José Manuel Lage, deputado noiés do PSdeG-PSOE considera “inaceptable a forma de proceder da Xunta de Galicia en relación co patrimonio cultural de Noia” e pedirá “as correspondentes explicacións sobre o desmantelamento do castro de Taramancos-Noia”. Lage Tuñas ve na actuación da Xunta “un ataque frontal ao patrimonio cultural galego e á historia de Noia, provocando un dano irreparable” e recorda que “esta acción evita un rendemento turístico cultural no futuro e perxudica seriamente os intereses culturais e económicos do concello de Noia”.

O parlamentario socialista considera que “as explicacións públicas dadas polo goberno galego xustifican a agresión ao patrimonio cultural deste País e significan un ataque brutal á historia de Noia e a patrimonio do noso pobo. É gravísimo o que está facendo a Xunta ao renunciar á protección e conservación do asentamento castrexo de Taramancos-Noia”, indica Lage Tuñas.

E engade que “a realidade demostra que se pode estar diante dunha perda irreversible para Noia e para toda Galicia. O goberno galego manifesta indiferencia diante da demanda de protección do noso patrimonio cultural e arquolóxico.”

O deputado noiés José Manuel Lage ten presentado xa iniciativas parlamentarias na cámara galega para pedirlle explicacións ao goberno e coñecer “os informes da Dirección Xeral de Patrimonio que avalan o brutal ataque ao patrimonio e á historia do noso pobo, do pobo de Noia”, finaliza na nota de prensa o Psoe.

Concepción Burgo: "nin sequera foi ben analizado"

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciou que rexistrou diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama explicacións ao Goberno de Feijóo sobre a eliminación do xacemento arqueolóxico na localidade coruñesa de Noia.  

Dixo que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de quen depende a obra, afirmou estar realizando as escavacións e estudos pertinentes, pero tan só tres meses despois, un período claramente insuficientes para realizar os estudos necesarios, a deputada denuncia que a Xunta “decide eliminar este importante xacemento arqueolóxico sen máis explicacións”. 

Así as cousas Burgo cualifica de “inaceptable” o desprezo que está a manter a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xunto coa Consellería de Cultura, xa que advirte que esta Consellería “ten as máximas competencias sobre o patrimonio cultural de Galicia e que non fixo en ningún momento unha soa manifestación ao respecto”, espetou. E replicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en solitario, foi o organismo que deu a coñecer a decisión de non conservar in situ o xacemento e dar por terminados os estudos. 

Burgo afirma que a Dirección de Patrimonio está desaparecida, sen asumir as súas obrigas de conservación e protección do patrimonio  e deixando que a Consellería de Medio Ambiente decida segundo os seus propios intereses. Por iso subliña que esta actuación só se pode cualificar como “deixación de competencias por parte do conselleiro de Cultura e do director Xeral de Patrimonio”, espetou. 

A deputada dixo que é necesario que o conselleiro de Cultura e o director Xeral de Patrimonio expliquen a súa actuación e responsabilidade nuns feitos que van concluír ca desaparición dun importante patrimonio e que nin sequera foi ben analizado. 

Por último Burgo sinalou que apoia as reivindicacións do PSdeG de Noia nas que reclaman que se conserve este xacemento arqueolóxico.

Restos_romanos_de_taramancos
Parte dos restos romanos que xa non se poden ver

A Xunta predica proteción pero practica destrución

Namentres están a levar por diante con pás retroescavadoras o que esforzados -e mudiños- arqueólogos levantaron con coidadiño á man, os responsables da Xunta de Galicia, en concreto os maiores responsables desta desfeita, comezando polo Jano Bifronte -porque leva unha consellería con dous departamentos totalmente incompatibles, Medio Ambiente e Infraestruturas- Agustín Hernández predican, paradoxalmente, proteción. Hernández dixo hoxe no Parlamento: "a Xunta segue a traballar para dotar a Galicia de novas ferramentas que garantan a protección e defensa do patrimonio urbanístico e ambiental. Neste senso, durante a súa intervención no Parlamento indicou que de cara ao vindeiro ano intensificarase o desenvolvemento de novos instrumentos de protección, coa posta en marcha dos Catálogos e as Directrices da Paisaxe, que garantirán a protección dos seus valores e recursos e terán carácter vinculante para a planificación sectorial e urbanística que se desenvolva no futuro". Que futuro, nos preguntamos? Un futuro no que o castro de Taramancos non exista porque este departamento autonómico o arrasou?

O cómplice, Roberto Varela, tamén predica pero non dá trigo

Noutra incrible nota da Xunta -incrible se nos atemos ao que está a acontecer- dise hoxe que Roberto Varela -o que dixo que a cultura galega limita- "aposta por unha colaboración institucional plena para garantir as mellores condicións de conservación dos bens históricos e preservar o patrimonio cultural galego". Estaba a falar sobre o Códice Calixtino desaparecido, pero tan patrimonio é un castro -un castro raro ademais, como xa manifestaron especialistas- como un libro do século XII. O conselleiro "subliñou a importancia de que no borrador da nova lei do Patrimonio se inclúe un maior control dos bens de carácter cultural, tanto sexan da Igrexa como de particulares". Por que non controla xa aos seus entón? Ou non é tan importante facer desaparecer un castro como un libro que ocultaba a Igrexa (lembremos que non o deixaban nin para expoñer na Cidade da Cultura, ese enorme burato negro económico no que nos meteu Fraga e o anterior conselleiro de Cultura).

Outro dato para reflexionar: a Deputación congratúlase hoxe tamén en nota de prensa que se bateron récords de visitantes do dolmen de Dombate. Que criterio hai para conservar este patrimonio e non outro, como o de Taramancos? Onde está a liña vermella para empregar un de recheo de estradas innecesarias e ao outro facerlle unhas instalacións de luxo? Alguén o pode explicar?

O patrimonio galego como leira particular dos políticos

As contradicións na política cultural e patrimonial da Xunta -se é que a hai e non é todo unha improvisación- son arrepiantes. Esta semana están a destinar fondos para descubrir patrimonio subacuático en varias rías (Corcubión, Viveiro, Ribadeo) e mentras, Taramancos, ao pé do mar, un xacemento que pode cambiar a nosa concepción da historia de Galicia, e que xa cambiou a de Noia, é destruído por un viaduto que achegará máis axiña á xente ás praias pero é calquera cousa menos respetuoso coa paisaxe.

Non contentos con estas leas, a Xunta enriba métese noutras nas que se fai o diretamente o ridículo, como a multa que lle quere impoñer a unha asociación asturiana por facer un anillamento científico dunha aguia pescadora dentro da reserva da Biosfera de Río Eo, Oscos e Terras de Burón (que partillan Galicia e Asturias). Namentres os dirixentes da nosa comunidade autónoma non protexen apenas nin teñen plans axeitados para reservas naturais e espazos protexidos como esta reserva da biosfera -mesmo as agreden con plans acuícolas, sexan da cor política que sexan-, intentan castigar aos que pretenden protexelas. Sería o que nos pasaría a calquera galego se fósemos alí a parar as pás escavadoras para protexer o noso patrimonio: seríamos identificados e multados, mentres os políticos que están a destruílo se rin de nós nas súas poltronas.

 

(download)

Onte, en Certo:

Noia: o alcalde critica á Xunta con dureza por eliminar o castro de Taramancos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   patrimonio galego   polémica  

Noia: o alcalde amosa a súa preocupación pola pouca transparencia da Xunta sobre o castro de Taramancos e acúsaa de "tentar agochar que a decisión de eliminar os restos tomouse dende o inicio"

  • "A eliminación do xacemento é un mero trámite administrativo para a Xunta de Galicia, mentres para os noieses e noiesas supón unha enorme perda do noso patrimonio e da nosa historia, ademais de supor a perda dun enorme atractivo turístico", critica o alcalde Rafael García Guerrero
  • Os socialistas pediron no Parlamento información e copia dos informes do achado neste enorme poboado de Taramancos Vello, sito no lugar da Espiñeira

Media_httpfarm7static_svpvf

Imaxe de onte do castro sen unha das estruturas circulares que antes se podían ver (abaixo)
Media_httpfarm7static_beddk

Noia, 27 de setembro de 2011. O concello de Noia amosa "a súa preocupacion pola falla de información e transparencia por parte da Consellería de Medio Ambiente no tratamento dos xacementos de Taramancos", comeza nunha nota de prensa o alcalde, o socialista Rafael García Guerrero.

O alcalde engade que "desde a administración municipal noiesa considérase que desde a Xunta de Galicia non están mantendo a necesaria colaboración entre as administracións, sen información e tentando agochar que a decisión de eliminar os restos está tomada desde o primeiro intre que apareceron. Non se buscou en ningún momento alternativas que permitiran as conservación dos restos arqueolóxicos. A eliminación do xacemento é un mero trámite administrativo para a Xunta de Galicia, mentres para os noieses e noiesas supón unha enorme perda do noso patrimonio e da nosa historia, ademais de supor a perda dun enorme atractivo turístico".

Para García Guerrero, "baixo a escusa de escavar baixo as edificacións castrexas e romanas, estase a desmontar todo coa perda irreversible que supón, e só ten sentido se se parte dunha premisa: a eliminación do xacemento".

Desprezo ao patrimonio e ao medioambiente do Goberno Feijóo

O alcalde noiés non dubida en afirmar que "o goberno de Feijóo amosa nas súas políticas un total desprezo da conservación do patrimonio e do medioambiente. Créanse proteción de espazos naturais e do patrimonio, pero á hora da verdade só son de aplicación para os particulares. As administracións, no canto de dar exemplo, empregamos de xeito abusivo o recurso do "interese xeral" para obviar as protecións e amoldalas aos intereses politicos".

E remata: "Para Concellos como o de Noia, onde a propiedade privada está tan afectada por lexislacións sectoriais resulta difícil explicarlle aos veciños e veciñas a razón de que nas súas fincas non poden facer certas cousas e as administracións si. Para os que temos que aplicar un plan especial de proteción dun Casco Histórico, non é doado abrir un expediente sancionador a un veciño porque pinta dunha cor incorrecta unha fiestra, mentres as administracións eliminamos un xacemento arqueolóxico".

A repercusión desta destrución, no portal do Consello da Cultura Galega

"O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, denunciou onte no seu perfil de Facebook a desaparición de parte dos sectores escavados no sitio arqueolóxico de Taramancos, incluíndo unha vivenda completa da Idade do Ferro, polo que se aprecia na fotografía publicada por Guerrero. Tratábase dunha escavación de urxencia debido á aparición de restos antigos no trazado do novo vial de Noia, e que paralizara as obras do vial. Os achados desvelaron a existencia dun poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño. culturagalega.org solicitou información ao respecto á Consellería de Cultura, responsable da liberación da cautela administrativa sobre o sitio arqueolóxico, pero o departamento autonómico non contestou ata o momento".

 
O subliñado é noso.

Noutros blogs:

Que pasa en Noia titula "Hoy tengo ganas de vomitar"

(download)

Onte, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Rafael García Guerrero   castro de Taramancos   nota de prensa   patrimonio galego  

Noia: cortes discontinuos na glorieta de Orro debido ás obras da variante. Taramancos, arrasado

  • Por mor das actuacións na Variante de Noia, cortarase un dos carrís da glorieta e outro do ramal de incorporación á VAP dende hoxe luns 26 de setembro ata finais de xaneiro

  • O Castro de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte que sobrevoa Testal. Xa finiquitaron o muro da parte romana e hoxe xa non había unha estrutura circular das cabanas castrexas
  • As obras, que se farán en dúas fases, realizaranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos
  • A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico

Media_httpfarm7static_cvgzt

Noia, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza cortes parciais na glorieta de Pontenafonso, concretamente na conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP) Brión-Noia coa estrada AC-550 que une as localidade de Taramancos con Noia, concretamente no punto quilométrico 69,5, como consecuencia das obras da Variante de Noia. Estas restricións levaranse a cabo dende este luns, día 26, ata finais do mes de xaneiro.

As ocupacións parciais da vía desenvolveranse en dúas fases, posto que ao principio, na Fase I, requerirase cortar os carrís interiores da glorieta e do ramal da Vía de Altas Prestacións e, posteriormente na Fase II, será preciso cortar os exteriores. Os cortes de tráfico executaranse de modo alterno e sen coincidir nunca no tempo.

As obras nas súas dúas partes e o paso dunha a outra faranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos.

Esta actuación, que levará a cabo a empresa Puentes Infraestruturas S.L.U., suporá a finalización da execución de cimentacións e alzados do viaduto 4+560 que voa sobre á estrada Taramancos-Noia e conecta coa glorieta de Orro.

A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico.

Destrución do castro de Taramancos

Taramancos_arrasado

Media_httpfarm7static_dfjdp

Esta imaxe é do 30 de agosto. A superior, de hoxe mesmo. Aló vai a estrutura circular

Segundo conta o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, están a destruír todo o atopado en Taramancos. O outro día acabaron co muro da parte romana e agora xa non se ve a estrutura circular dunha cabana castrexa que fotografamos no seu día. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Tampouco agardamos que condenen este atentado como si o fixeron por un artefacto explosivo na casa de Manuel Fraga. Lóxicas deste país. Os únicos, que saibamos, que se pronunciaron para que non se destruíse este valiosísimo patrimonio -unha miudeza para Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, que dixo que castros había moitos en Galicia- foron o Concello de Noia (PSOE, BNG e N.O.I.A.) e a asociación cultural "Terra de Outes". O Psoe a nivel galego ou o Bng, nin chío. A Xunta do PP é a que está a levar a cabo a desfeita, sen demasiada oposición dos noieses polo que vemos.

Antes, en Certo:


Variante: o atopado en Taramancos, mero trámite


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Taramancos   castro de Taramancos   polémica   variante  

Noia: o conselleiro de Medio Ambiente visitou as obras da variante. A Xunta non se pronuncia sobre o achado en Taramancos

  • Agustín Hernández só aclarou que se ampliou a escavación (só hai que ir e miralo), que logo Patrimonio emitirá informe "como un trámite habitual, que por aquí temos moitos castros".
  • Á Consellería só lle parece importar o tempo "que se aforra" para chegar de Santiago a Noia
  • O viaduto máis impactante, entre O Testal e A Barquiña. rematarase no 2012
  • Ao seu remate esta infraestrutura desviará máis dun millón de vehículos ao ano, que xa non terán que pasar polo centro da vila

 

(download)

Noia, 9 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe as obras da Variante de Noia, onde destacou que o remate desta infraestrutura suporá "un importante aforro de tempos e de mellora na seguridade vial ao conectar o actual corredor Brión-Noia coa AC-550 en Taramancos, actuando de variante das estradas AC-543 e AC-540 e evitando o paso pola vila de Noia. Hernández sinalou que, na actualidade, xa se executou case o 20% desta actuación. Os tres viadutos contemplados no proxecto supoñen o 88% da lonxitude da variante".

Ante as declaracións do conselleiro, que actúa de Jano bifronte ao ter no mesmo departamento asuntos tan incompatibles como Medio Ambiente e Infraestruturas, temos que lembrar as verbas de Manuel Gago en Capítulo 0 hai uns días:

"Nos últimos anos, estamos vendo como unha das máis fermosas e sen dúbida mellor preservadas rías galegas, a de Muros e Noia, está sendo obxecto dun acoso absoluto, promovido polos poderes públicos, que está destrozando de xeito irreversible unha importante fonte de recursos económicos que son os esteiros de desembocadura dos ríos que levan a ela. Xa se fixo coa construción da Ponte do Engano e as obras de desmantelamento desa fermosa franxa de litoral, e agora quérese facer co vial de ampliación de Noia; e cando volva haber orzamentos públicos retomarase a autovía a Muros.

Estou convencido de que os obxectivos da Administración galega son bastante escuros e inconfesables: por diante sinálase o beneficio para a poboación local (que aforrará, dependendo de onde, algúns minutos que non compensan, nin de lonxe, o investimento económico público, como argumentaría calquera xestor minimamente serio dun país civilizado), pero calquera persoa con perspectiva, intelixencia e algo de coñecemento local sabe o que hai detrás: os proxectos de urbanización turística en Portosín, nas proximidades de Muros, en Tal, en Monte Louro, etc. Proxectos de construción incontrolada que destruirán fontes de riqueza e emprego cualificado a medio prazo, economía rapaz e imbécil, mesmo se a miraramos desde unha perspectiva netamente liberal. O futuro da ría de Muros e Noia podería ser magnífico, pero políticos e, por desgraza, numerosos veciños, queren estragar e despilfarrar esta custosa infraestrutura natural nunha xeración". (Vía)

Na nota de prensa da Xunta non hai nin unha referencia ao importante achado de Taramancos Vello:

O responsable de Medio Ambiente destacou que, neste momento, atópanse rematados os traballos de desbroce dos terreos ocupados polo vial, así como os saneos e as cimentacións dos principais terrapléns. Así mesmo, estase avanzando co movemento de terras no inicio de obra (entre a conexión coa AC-550 en Taramancos ata o porto de Testal); e, nos vindeiros meses, empezarase coas escavacións na parte final da actuación. A drenaxe transversal está practicamente rematada, a lonxitudinal iniciouse recentemente. Na parte estrutural, a campaña xeotécnica iniciada en xuño, case se atopa rematada e o paso de fauna xa está executado.

Traballos actuais
Neste momento, estase a traballar na cimentación do enlace da Variante co corredor e atópase case rematada a península artificial para a construción do viaduto sobre a ría. A variante conta cunha lonxitude de 4.929 metros, cun tronco con tres carrís de 3,5 metros cada un, dúas beiravías de 1,5 metros e dúas bermas de 0,75 metros cada unha. Pola súa banda a sección da glorieta de onde parte esta nova infraestrutura componse de dous carrís de 4 metros cada un; dúas beiravías, unha interior e outra exterior, ambas dun metro; e dúas bermas de 0,75 m. A velocidade de proxecto é de 60 km/h e a rampla máxima do 7 %.

Así mesmo conta con dous pasos superiores e un inferior, ademais de dispoñer de tres viadutos. Destas tres estruturas, está en execución un viaduto de 350 metros de lonxitude, que serve de unión entre o novo vial é o corredor Brión-Noia ( p.k. 4+560); está composto por un tronco principal e dous ramais de incorporación e saída á glorieta existente. Os traballos rematarán en 2012.

A seguinte estrutura é o viaduto que se sitúa nas proximidades do aparcadoiro dun centro comercial (PK 3+200) e que serve para que o novo vial se cruce a distinto nivel coa estrada de acceso ao porto de A Barquiña. Unha vez rematados os traballos previos de retranqueo de servizos afectados, comezaranse coa execución de pilotes en outubro de 2011.

A principal estrutura da obra é o viaduto que cruza a ría dende o Porto de Testal ata A Barquiña. O comezo dos traballos de cimentación está previsto para o mes de outubro. Se non se presenta ningún imprevisto, estímase que os traballos se prolongarán (tanto nos viadutos de acceso coma no vano central atirantado) ata o último trimestre de 2012.

A construción das estruturas complétase coa execución dun paso inferior, que se prevé comezar este mes, e dous pasos superiores nos que se empezará a traballar nunha fase máis avanzada do movemento de terras. Ao mesmo tempo que se van executando as estruturas iranse rematando os traballos de movemento de terras e de drenaxe lonxitudinal. As tarefas de afirmado, sinalización e balizamento da obra prolongaranse uns dous meses máis, polo que a data de finalización prevista é decembro de 2012.

Máis seguridade vial en Noia
Concretamente, esta vía suporá eludir o paso polo núcleo de Noia, onde existe unha elevada intensidade de tráfico, circulación de vehículos pesados, afección ao viario urbano e problemas de seguridade vial.

A posta en servizo deste tramo producirá un aforro estimado de 4 minutos nos desprazamentos e evitará o paso pola vila de Noia cara a localidade de Porto do Son. Ademais, mellorará as comunicacións do eixo Santiago-Brión-Noia. A poboación directamente beneficiada por esta infraestrutura é de máis de 40.000 persoas, que actualmente viven na comarca.

A alternativa da ría ten unha lonxitude de 4.929 metros e unha anchura de 11,5 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil de 3 metros de ancho, que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña. A variante parte do núcleo de Taramancos, onde se separa da AC-550 e se da prioridade á nova vía. Unha vez superado o enlace, o trazado discorre ao norte do núcleo e presenta un paso superior sobre a variante para restituír un camiño de conexión entre a costa e Taramancos.

A continuación sitúase o semienlace de Punta Rebordiño, que permite o acceso e saída dos vehículos da zona do Testal co norte de Noia. O trazado continúa coa ponte sobre a ría, cunha lonxitude de 1.470 metros, que salva ademais a estrada de acceso ao Testal. Por outro lado, o desembarco da estrutura na zona nordés de Noia pasará por riba da actual rede viaria existente nesta zona.

A variante xira cara ao nordés evitando, mediante un viaduto, a zona de aparcadoiro do centro comercial existente neste núcleo e unha rúa próxima. No final do trazado, construirase un enlace tipo glorieta baixo a estrada, que servirá de conexión coa C-550. A obra mellorará as comunicacións entre Porto do Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros, e entre Porto do Son e Santiago, reducindo en 4 quilómetros a distancia actual.

Cabe sinalar que para a execución dunha das infraestruturas máis singulares desta vía, a ponte sobre a ría, mantivéronse contactos coa Confraría de Pescadores de Noia e coa Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; e autorizouse un convenio de colaboración para compensar a afección aos recursos marisqueiros. A construción da variante de Noia incorpora as medidas ambientais e construtivas necesarias para minimizar o impacto na ría. Ademais, a Xunta de Galicia sacou a contratación unha asistencia técnica específica para o control ambiental da variante.

A Xunta de Galicia adxudicou as obras da Variante de Noia por un importe de máis de 38 millóns de euros (38.254.451) á empresa Puentes y Calzadas Infraestruturas, S.L.U.

Obra de colectores en Noia

Por outra banda, na localidade de Noia, a Consellería de Medio Ambiente iniciará a finais deste mes de setembro a primeira fase dos colectores desta vila, unha obra que conta cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros e que levará a cabo a UTE Movex Vial, S.L. & Abeconsa S.L.U. As actuacións teñen un prazo de execución de 36 meses.

Neste momento, existen problemas en época de chuvia, posto que a rede de sumidoiros existente é unitaria nun 95 por cento, só o Casco Histórico conta con rede separativa. Esta rede de colectores presenta graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións; treitos en contrapendente; bombeos inutilizados; colectores por praias ou marxes da ría e algún vertido directo do efluente da EDAR á costa sen condución de vertido.

Por esta situación faise moi necesaria a intervención que vai a levar o Executivo autonómico, que significará a rehabilitación dos treitos existentes, recollendo case toda a rede de saneamento municipal, e garantirá o seu funcionamento ao separala das infiltracións da auga do mar.

Concretamente, as actuacións constan de:dúas redes de colectores de residuais; un colector interceptor norte: dous colectores cun total de 423 m., bombeo con capacidade para 41 m3/h. e unha impulsión de 453 m.; outro colector interceptor sur: dez colectores cun total de 2.888 m., cinco bombeos cunha capacidade de 74, 370, 120, 66, 58 m3/s e 1.108 m. de tubaxe de impulsións. Así mesmo, levaranse a cabo colectores para separar as pluviais dende o orixe: 17 treitos, que suman 1.656 m. de tubaxe.

Borrar paisaxe e patrimonio por aforrar uns miserentos minutos dous meses ao ano

E ata aí a nota da Xunta. Ou sexa, sospeitamos que Taramancos Vello, o poboado da Espiñeira dos primeiros ancestros que habitaron de xeito civilizado esta bisbarra, vai ser aniquilado, unha vez máis, por unha obra pública de dubidosa utilidade en relación custo/impacto ambiental e paisaxístico e patrimonial. Polo de agora non vemos na zona, agás o Concello e a asociación cultural "Terra de Outes", nin unha soa voz crítica contra esta actuación. Agardan aos feitos consumados? Queda pouco entón: menos dun ano. Chegaremos todos á praia e ás troulas festeiras máis cedo, si, pero a conta de que?

Antes, en Certo:


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xunta de Galicia   castro de Taramancos   variante  

Arqueoloxía: a asociación "Terra de Outes" pronúnciase a favor de que se preserve todo o achado en Taramancos

  • "A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un cámping ou unha estación de esquí acuático", argumentan no seu comunicado.


Noia, 3 de setembro de 2011. A asociación cultural "Terra de Outes" vén de pronunciarse sobre os recentes achádegos no poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, na parroquia noiesa de Boa, que corren perigo ao ir situado ao seu carón o viaducto e ponte da variante de Noia. Como é xa tradición en Certo, publicamos o comunicado íntegro:

"Terra de Outes cre que de proseguir coas obras de Taramancos tal como están trazadas se consumará un gravísimo atentado contra o patrimonio histórico galego e, en particular, da comarca Muros-Noia, e por conseguinte as consecuencias serán nefastas para un territorio, no que se inclúe o noso concello, que ten no turismo cultural unha importantísima fonte de ingresos.
Todo achado arqueolóxico debe ser preservado. A ninguén se lle pasa pola cabeza hoxendía que cando empezaron a aflorar os restos do castro de Baroña se taparan para construir enriba unha urbanización, un camping ou unha estación de esquí acuático, ou que se arrasara o dolmen de Axeitos para facer unha estrada máis ampla de Ribeira a  Corrubedo e os bañistas chegaran antes á praia, ou as mesmas dunas para ampliar o parking. por razóns de comodidade as propias murallas de Lugo estarían xa derrubadas.

Os gobernantes deben pensar non só en función das constructoras e a opinión pública debe empeñarse en que os representantes da nación non se aparten do cometido para o que foron elexidos".

Relacionadas:



Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos

Pode que lle interese:


Ponte da Chaínza: están a destapala. Dous metros de altura no arco. Formaba parte do antigo Camiño Real que pasaba pola vila


Memoria histórica: quen era Luis Barrena?


Xardín da memoria: onde asasinaron a Barrena


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Terra de Outes   arqueoloxía   castro de Taramancos   patrimonio galego  

Imaxes do castro de Taramancos. 10 de agosto de 2011

Noia: o Concello pídelle a Medio Ambiente que paralice e modifique a obra da ponte da variante ante os achádegos de Taramancos

Media_httpfarm7static_nipho
Noia, 11 de agosto de 2011. O Concello de Noia vén de solicitar de xeito formal ao conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, a modificación do proxecto técnico da variante de Noia na zona de Taramancos, a fin de preservar os achádegos arqueolóxicos que están a aparecer no castro alí ubicado.

Media_httpfarm7static_chqhn

Media_httpfarm7static_gkkgl

Media_httpfarm7static_wgrlf

Media_httpfarm7static_cokvy

Media_httpfarm7static_bgyde

Media_httpfarm7static_vzagx

Media_httpfarm7static_gmszu

Media_httpfarm7static_gcqdq

O castro de Taramancos ten substratos de varias épocas, e pode que haxa restos romanos e da cultura castrexa, aínda por valorar. Imaxes tomadas o 10 de agosto.

No escrito que se lle enviou ao concelleiro (adxunto na fin desta información), o alcalde en funcións e á súa vez concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio, Bieito González, lémbralle ao Conselleiro que “consideramos que a importancia dos restos é unha cuestión que non deberíamos obviar, o que obligaría ao departamento que vostede dirixe a sopesar a posibilidade dunha modificación do proxecto técnico da obra que se está a executar”.

Máis adiante o escrito solicita formalmente a modificación do proxecto técnico no ámbito onde apareceron os achádegos arqueolóxicos a fin de que os mesmos poidan ser visitables. Todo isto tendo en conta que nos últimos anos a relevancia da arqueoloxía como disciplina científica, potenciou a súa consideración social e incrementou a conciencia cidadá polos restos que constitúen a nosa identidade cultural, impoñéndose cada vez máis, a noción de que non son só depósitos do pasado senón auténticos recursos culturais que deben ser preservados en beneficio de toda a comunidade e do futuro.

Click here to download:
11081112540.pdf (382 KB)
(download)

Antes, en Certo:

Pode que tamén lle interese:


 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   arqueoloxía   castro de Taramancos   variante