Preme para voltar á portada
Filed under

charla informativa

 

Ribeira: o venres 26 de maio, charla sobre o afundimento do Titanic

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ateneo Valle Inclán   Ribeira   charla informativa  

Ribeira: o xoves 31 de maio, xornada informativa sobre empresas de inserción laboral

  •  O 2 de xuño haberá a mesma charla en Rianxo

Media_httparousanorte_bxezb

Ribeira, 15 de maio de 2012.- A Aula Multimedia (paseo do Malecón de Santa Uxía) vai ser escenario o xoves día 31 de maio dunha xornada de promoción das empresas de inserción laboral.

Organizada pola Mancomunidade Arousa Norte, esta acción pretende informar aos asistentes sobre este modelo de empresa e vai dirixida en especial aos seguintes colectivos:

        Técnicos e membros da directiva de Asociacións, Ongs.

        Técnicos de servizos sociais, de xuventude, de emprego e   orientadores laborais dos concellos.

        Orientadores laborais de centros integrados de formación profesional, de formación ocupacional e do Servizo Galego de Colocación.

        Persoas en situación ou en risco de exclusión social.

        Emprendedores.

        Calquera persoa con interese.

A xornada terá lugar de 16 a 20 horas. Ten carácter gratuíto. Os interesados poden inscribirse na oficina de desenvolvemento local do Concello (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981835417) ou na Mancomunidade de municipios Arousa Norte (Concello de Boiro)

Na seguinte ligazón pódese atopar máis información ao respecto: http://arousanortemprego.wordpress.com/xornadas-sobre-a-e-i-l/




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Ribeira   charla informativa   emprego   empresas  

Ribeira: o venres 8 de xuño, "Nomes de aquí e de acolá", charla e libro sobre toponimia galega

  • No Ateneo Valle-Inclán

Toponimia_ateneo
https://twitter.com/#!/Certo/status/202021253970804736



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ateneo Valle Inclán   charla informativa  

Ribeira: Carreira acolle este venres 11 unha charla sobre compostaxe e separación de lixo

  • Vanse entregar bolsas separativas aos veciños que se acheguen ao acto
  • Imparte a charla Protección Civil

Cartel_compostaxe_reciclaxe

 

Ribeira, 10 de maio de 2012.- En liña co anunciado o pasado o luns en canto á implantación no municipio de Ribeira dun programa de compostaxe doméstica da man de Sogama, mañá venres ás 21 horas terá lugar a primeira das charlas informativas previstas para divulgar entre os veciños as vantaxes da práctica da compostaxe, así como os beneficios da separación de residuos.

 

Esta primeira charla terá lugar na Casa de Cultura da parroquia de Carreira e será impartida por membros de Protección Civil de Ribeira, os cales previamente recibiron un curso específico de formación a fin de contar cos coñecementos necesarios.

 

O acto é público e gratuíto para quen queira asistir. Os veciños que acudan ao citado centro cultural recibirán, en sintonía co contido da actividade, bolsas de cores de 20 litros de capacidade que teñen por finalidade facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe (amarelas para depositar os envases de plástico, latas e briks; azuis, para o papel e cartón; e verdes para o vidro).

 

Composteiros

Ademais, os que así o desexen poderán aspirar a recibir un dos 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado, que Sogama entregou ao Concello nesta primeira fase do programa, co fin de seren distribuídos entre vivendas rurais e outorgarlles así a posibilidade aos seus ocupantes de transformar a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo.

 

Dende o Concello se tomará nota de todos os veciños interesados en percibir un destes composteiros, tanto na charla de mañá como no resto de charlas que se sucederán proximamente. No caso de que a demanda excedese á oferta, estes recipientes serían entregados priorizando a aqueles peticionarios que cumprisen unha serie de requisitos (como criar animais nas súas casas, etc...).


Antes, en Certo:







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   charla informativa   compostaxe  

Ribeira: vinte cativos aprenderon os segredos de ser escritora

  • O xoves 10 de maio comezan charlas para mozos nos que aprenderán a comunicarse e comunicar, dentro do obradoiro "Comunícate"

 

(download)

Ribeira, 7 de maio de 2012.- Unha vintena de pequenos e pequenas de ata dez anos de idade participaron o pasado sábado na actividade  “Que é iso de ser escritor?”, coa que se daba inicio á programación do Maio Cultural 2012, organizada polo Concello a través das súas áreas de Educación e Cultura.

A Biblioteca Municipal foi, de novo, o escenario elixido para desenvolver esta acción, que impartiu a poetisa galega Eli Ríos (Londres, 1976), e na que os nenos tiveron a oportunidade da achegarse ao mundo da literatura dende unha perspectiva lúdica e divertida.

Moitos dos nais e pais dos cativos participantes puideron asistir á actividade, na que tamén estivo presente a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya.

 

Charlas na casa da Xuventude


O Concello tamén informou da celebración o vindeiro 10 de maio, de 20 a 21.30 horas, dunha conferencia titulada “Comunícate”, coa que se da inicio a un ciclo de charlas que, promovidas pola Concellería que dirixe Aroa Fernández, vanse desenvolver en distintos xoves na Casa da Xuventude.

Este primeiro obradoiro, “Comunícate”, enmárcase no programa Activa que a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia ten en marcha. O contido do obradoiro “Comunícate” é o seguinte:


      Introdución: É imposible non comunicarse?.

      Comunicación verbal.

      Comunicación non verbal.

      A importancia de saber transmitir: Para qué sirve a oratoria?

      A comunicación no grupo.

      A preparación do discurso: cómo transmitir ideas.

      Xesticulación.

      Voz.

      Movemento.

      Estratexias para perder o medo escénico.

A charla vai destinada a mozos e mozas menores de 30 anos, técnicos/as locais de emprego, animadores/as xuvenís, concelleiros/as de xuventude, asociacións, grupos informais e en xeral calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.

O prazo de inscrición xa está aberto. Aqueles mozos e mozas que estean interesados poden pasar pola Casa da Xuventude, chamar ao número de teléfono 981 83 52 89 ou mandar un correo electrónico a xuventude@riveira.com

Todas as charlas organizadas dentro do programa, que será presentado proximamente na súa totalidade, serán gratuítas.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   biblioteca   charla informativa   obradoiros  

Noia: este venres 4 de maio, charla-homenaxe a Rosalía na casa de cultura

Media_httpfarm5static_dzdai

Panteón de Rosalía en Santiago, en San Domingos de Bonaval

Noia, 3 de maio de 2012. Este venres, día 4 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Noia, Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, impartirá unha charla- coloquio baixo o título "Nace a escritora" en homenaxe a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento.

A charla está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Noia.

Pode que tamén lle interese:

Cultura: programación prevista ata maio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Mes das Letras   Noia   Rosalía de Castro   casa da cultura   charla informativa  

Cultura: o Paz-Andrade máis poliédrico, no último Xoves Literario de Ribeira

  •  Xesús Manuel Valcárcel foi o encargado de glosar a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas
  • Xerais vai sacar nos vindeiros días a poesía completa do autor

(download)

Ribeira, 29 de abril de 2012.- Satisfacción na Concellería de Educación ante o resultado colleitado pola iniciativa Xoves Literarios que se estreou este ano, no marco da programación do Abril Mes dos Libros do Concello.

Para poñer fin a este ciclo de charlas literarias, o escritor Xesús Manuel Valcárcel disertou sobre a figura multifacética de Valentín Paz-Andrade, o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. O relator fixo partícipe ao público congregado no Conservatorio da intensa actividade despregada por Paz-Andrade nos campos empresarial, intelectual, político e literario e a súa contribución ao progreso de Galicia.

A disertación de Valcárcel estivo acompañada por unha proxección foto-biográfica con interesante material sobre o homenaxeado, que incluíu unha curiosa fotografía na que Paz-Andrade posa en xesto de amizade cun xoven Carlos García Bayón.

A responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, fora a encargada de presentar ao conferenciante (fundador de Sentimentalismo, Vangarda Artística Galega), mentres que a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, pechou o evento agradecendo ao público congregado -nesta e nas outras dúas conferencias de que constou a iniciativa- a súa sensibilidade para coa temática literaria que se quixo poñer en valor a través deste ciclo.

Xerais, coa súa Poesía Completa

Xerais publicará, nos próximos días, sete poemarios inéditos de Valentín Paz-Andrade, que se darán a coñecer coa edición da súa Poesía completa, Descripci&oacute;n: <a href=http://xerais.blogaliza.org/files/2012/04/Poesia-completa1.jpg" width="149" />un volume de 752 páxinas preparado polo profesor Gregorio Ferreiro Fente que agrupa tamén os seus «Poemas soltos» e dous poemarios inéditos máis, pero fragmentarios. Este feito, pola súa significación e relevancia, convértese, sen dúbida na noticia literaria do ano dedicado a Valentín Paz-Andrade.

Ata o de agora, como poeta, Valentín Paz-Andrade só era coñecido por tres títulos: Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1977). Xa que logo, prevaleceu a idea de que a escrita poética foi para Paz-Andrade o acto de evasión ou de divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda máis ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios.

Agora, o volume de Poesía completa, que publica Xerais da man coidadosa e experta de Gregorio Ferreiro Fente, dá á luz unha copiosísima e relevante obra poética inédita que redimensiona completamente a súa figura literaria. Son distintos poemarios escritos entre 1937 (en plena Guerra Civil, o que os reviste de especial interese para a literatura galega) e 1984: A serra. Cantos do desterro branco (1937); Sangue na neve: Etopeia da serra (1937);  Cantos da aguia e do lobo (1937); Canto do pobo disperso (1955); Canto reuncial de Galiza (1980); Áurea ora de Galiza (1984); Canto en catro ao conde de Andrade (1985); Poemas soltos (1937-1984); así como os textos fragmentarios Canto do liño e da la (1937-1939) e Os sete salmos da remigración (1955).

Estes libros, que agora se dan a coñecer no volume Poesía completa supoñen un labor poético ininterrupido ao longo de corenta anos, escrito, en palabras de Gregorio Ferreiro Fente, «con empeño e inspiración».

Así pois, e tamén en palabras do responsable desta edición «o lector desta Poesía completa, segundo vaia pasando as súas páxinas, irá facendo o periplo que transcorre, dunhas épocas a outras do século XX, sobre un mar de palabras no que se abriron paso e naufragaron tendencias, actitudes e linguaxes poéticas moi diversas».

Este achádego, que o profesor Gregorio Ferreiro Fente realizou durante o proceso de dixitalización fondos de Paz-Andrade do Consello da Cultura Galega, ten unha importancia trascendental non só para a valoración da obra literaria de Valentín Paz-Andrade senón tamén para o propio corpus, estudo e consideración da literatura galega durante a guerra, o franquismo e a transición.

Click here to download:
Poesía_completa_Valentín_Paz_Andrade.pdf (585 KB)
(download)





 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Valentín Paz Andrade   Xerais   charla informativa   cultura galega  

Boiro: o escándalo das preferentes das vellas caixas galegas, a debate nun acto do Bng este venres 27

Participacins_preferentes_004

 

Boiro, 26 de abril de 2012.  Mañá, venres 27 de abril, organiza o Bng en Boiro un acto con Carlos Aymerich no que se tratará o tema das "participacións preferentes". Será a partires das 20:30 no salón social da casa da cultura "Ramón Martínez López", na Cachada.

Por se queren ir poñéndose ao día co asunto:






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   bng   charla informativa  

Ribeira: o último Xoves Literario, mañá 26, está adicado a Valentín Paz Andrade

  •  A charla corre por conta de Xesús Manuel Valcárcel, ás oito da tarde no conservatorio

Media_httpvalentinpaz_lklsm

Valentín Paz na páxina web na súa  homenaxe

 

Ribeira, 25 de abril de 2012.- A programación dos Xoves Literarios chegará mañá ao seu fin coa conferencia que Xesús Manuel Valcárcel vai impartir en torno á figura de Valentín Paz-Andrade, homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas.

Baixo o título de "O multifacetismo emprendedor de Paz-Andrade", Valcárcel disertará mañá ás 20 horas no Conservatorio Municipal sobre unha persoa que nun municipio pesqueiro como Ribeira é moi coñecida como impulsor dunha das flotas máis importantes do mundo, pero non tanto pola súa faceta de intelectual e de poeta culto e sensible.

O acceso será, como de cote, libre e gratuíto. Os Xoves Literarios forman parte da programación do Abril Mes dos Libros (coorganizado polas Concellerías de Educación e Cultura) e adscríbese tamén ao programa Letras Vivas da Xunta de Galicia.

Xesús Manuel Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas de EEMM, foi profesor das universidades de Granada e Santiago de Compostela, cidade na  que exerce actualmente a súa actividade profesional.

Fundador de Sentimentalismo, Vangarda Artística Galega, Valcárcel conta cunha intensa produción literaria na que figuran títulos como Emaín (Premio Celso Emilio Ferreiro), Rosa clandestina  (Premio Leliadoura, da Editorial Sotelo Blanco), A porta de lume (Premio Esquío, da Fundación Caixa Galicia),  Contos nocturnos (Premio Galicia de Narrativa), O capitán Lobo Negro (Premio da Crítica Española), Os ollos da sentinela, As grandes carballeiras, etc.


En 1997 publica as tres primeiras obras teóricas sobre o sentimental_ISMO (Animal sentimental, Dialéctica sentimental e Práctica sentimental) nas que propón unha nova, e revolucionaria, concepción da literatura, a arte e o ser humano.

O anterior Xoves Literario:

Os ritos de fecundidade nos Xoves Literarios, por Vidal


 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Valentín Paz Andrade   charla informativa   cultura galega  

Noia: a vindeira charla da Aula de Saúde, sobre coidados do corazón, este xoves 26 de abril

Noia: 55 mozos participaron na xornada sobre o dereito á Información da mocidade

  • Hoxe ás 11,00 h. tivo lugar no Espazo Xove de Noia unha Xornada de información xuvenil , dentro da campaña que a Axencia de Europa de Información e Asesoramento para os Mozos (ERYCA), lanza sobre o Dereito á Información Xuvenil 2012

093

 

 

Noia, 18 de abril de 2012. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, uniuse á campaña ‘O Dereito a Información Xuvenil’ con motivo do Día Europeo deste eido, coa posta en marcha de seminarios e xornadas dirixidas á visualización da información especializada e á figura do informador xuvenil. Na Xornada de hoxe no Espazo Xove de Noia participaron ao redor de  55 mozos e mozas de 16 a 30 anos. Participaron Jesús Antelo García, director do Centro coordinador de información xuvenil de Galicia, os responsables dos Espazos Xove de Betanzos, María Doporto Sabín, Curtis, Eduardo Vázquez Sánchez e Pontedeume, Maria Isabel Pena Gregorio, todos eles moderados pola directora da Casa da Xuventude de Noia, Almudena Suárez Torrado.

 

Estas xornadas, que xa tiveron o seu inicio onte no Centro Coordinador de Información Xuvenil  de Santiago, celebrouse hoxe no Espazo Xove da Rede Galega de centros xuvenís de Noia, que está destinada a mozos e mozas de 16 a 30 anos, co obxecto de darlles a coñecer os seus dereitos sobre a información xuvenil e as actuacións que se levan a cabo desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e desde o propio Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Noia .

A campaña, posta en marcha pola axencia europea ERYCA en colaboración co Consello de Europa, pretende sensibilizar á mocidade e aos medios de comunicación sobre o papel especial da información para os mozos e mozas con respecto ao acceso destes  aos  seus dereitos. Tamén se pretende sensibilizar sobre o acceso á información como un dereito en si mesmo para toda a xuventude.  Así mesmo e como requisito previo, establécese o respecto á democracia, aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, así como o dereito a que todos os mozos e mozas teñan acceso a unha información completa, obxectiva, comprensible e fiable sobre todas as súas dúbidas e necesidades.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   casa da xuventude   charla informativa  

Ribeira: Francisco Antonio Vidal fala nos Xoves Literarios sobre festas e fastos

  •  Ás oito da tarde no conservatorio, este xoves 19 de abril

Media_httpfarm7static_bijjv

A festa máis sonada hoxe en Ribeira é a Dorna, sen discusión

Ribeira, 18 de abril de 2012.- Mañá xoves, día 19 de abril, ás 20 horas, terá lugar no Conservatorio a segunda das xornadas dos Xoves Literarios que promove o Concello no marco da programación do Abril Mes dos Libros 2012. Nesta ocasión, será o escritor nado en Palmeira en 1957 Francisco Antonio Vidal Blanco o que imparta unha conferencia e trace un percorrido visual polos mitos de antano e a súa conexión cos festexos da actualidade.

Baseándose no seu libro “Dos Fastos aos Festexos”, publicado en 2009 en colaboración con Rosa B. Vizcaya, Francisco Antonio Vidal vai analizar na disertación de mañá as principais festas galegas seguindo a orde que marca o calendario. O autor pretenderá e amosar os paralelismos existentes entre as celebracións de hoxe e os fastos dos que xa falaban Ovidio e outros autores clásicos, demostrando así como son herdeiros dunha tradición de máis de dous mil anos.

Ritos de Ribeira

Tamén se aproximará a algúns dos ritos e celebracións propios do municipio de Ribeira, moitos perdidos xa ou en proceso de esquecemento, pero dalgún xeito tiveron unha clara influencia na maneira en que as persoas se relacionan co medio.

Francisco Antonio Vidal ten publicado oito novelas (a última delas, “As deusas do Calvario” en 2010) e diversos ensaios e obras de teatro. Entre os seus premios literarios cabe destacar o premio do Concello de Vilalba de novela nos anos 1992 e 1998, o Premio de Literatura Infantil Olisbos en 1993, o da Casa de Galicia de Baracaldo en 1997, o do Concello de Viveiro en 2003 ou o Terra de Melide en 2007.

 

Moita máis información sobre este autor na Galipedia 

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   charla informativa   programación cultural