Preme para voltar á portada
Filed under

cinema

 

Medio Ambiente: Isabel Coixet estrea "Marea blanca", homenaxe aos voluntarios que limparon o chapapote do Prestige, o mércores 16 de maio

  • A estrea será no cinema Callao de Madrid
  • O documental é patrocinado por unha firma cerveceira que está a protexer praias
  • Rodouse na Costa da Morte

Media_httpfarm4static_wnrlc

A traxedia do Prestige inspirou a artistas como Laxeiro

Barbanza-Noia, 11 de maio 2012: A varias veces premiada cineasta Isabel Coixet vén de rematar o documental “Marea Blanca” e procederá á súa estrea o vindeiro mércores 16 de maio ás 21:00 horas no Cine Callao de Madrid. Esta iniciativa insírese dentro do proxecto que Save The Beach leva a cabo este ano para homenaxear aos miles de voluntarios e voluntarias que contribuíron de xeito desinteresado e ante a pasividade do goberno do PP de entonces, nos labores de limpeeza durante a catástrofe do petroleiro Prestige. En 2012 cúmprese o décimo aniversario daquela desgraza que aínda está por xulgar e pola que ningún político de entón dimitiu: é máis, Rajoy, entón vicepresidente do Goberno, o de "los cuatro pequeños hilitos, me dicen, regueros solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical" é hoxe presidente do Goberno e Cascos, entón ministro de Fomento, está a piques de dirixir outra vez a autonomía asturiana-.

  

Rajoy: "Del Prestige salen unos pequeños hilitos" (5/6/2002)


Protagonistas
Isabel Coixet desprazouse co seu equipo ata a Costa da Morte para entrevistar a algúns dos voluntarios máis activos durante o desastre medioambiental e aos que o Prestige lles mudou a vida. Entre eles atópase Sole Méndez, extremeña que chegou a
Galicia hai 10 anos para limpar praias de Fisterra e xa quedou aquí, onde naceu a súa filla, á que puxo de nome Alegría Fisterra.
Tamén conta a historia de Nacho Castro de Muxía, que se namorou dunha voluntaria catalana, coa que hoxe comparte vida e familia. Sven Schwebsch, un voluntario alemán, explica o xeito de impulsar, logo do desastre, a Rede de Voluntario Libre de Europa e o seu seguimento da costa anos despois.

Media_httpfarm5static_fpoac

A plataforma Nunca Máis aínda hoxe en día ten os seus carteis por todo o país

Galicia en Color – Rede de reencontros 10 anos- é unha iniciativa da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) que nace con motivo deste décimo aniversario do naufraxio do Prestige para darlle as grazas -sen meterse en política, pola conta que lles trae- ás numerosas voluntarias e voluntarios que axudaron a limpar as praias galegas. O proxecto pretende deixar atrás a visión bicor (branco-negro) do desastre para demostrar ao mundo que Galicia "está chea de cor grazas aos voluntarios".

Pódese facer seguimento deste proxecto en dúas webs: www.galiciaencolor.es e www.coronasavethebeach.org/marea-blanca

280 quilómetros de fotos da Costa da Morte

Un dos elementos máis sorprendentes que se pode atopar en www.coronasavethebeach.org/marea-blanca é unha das fotos máis longas do mundo, unha imaxe dos 280 quilómetros de litoral máis afectado da Costa da Morte. A imaxe está realizada dende o mar e mediante un sistema de xeoreferenciación o voluntario pode deixar a súa mensaxe e lembranzas xusto no punto no que sacou chapapote hai 10 anos.

E o mesmo día, pero en Carballo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Costa da Morte   cinema   documentais  

Cinema: o boirense Toño Chouza gañou o primeiro premio na categoría de Microfilms do Festival Europeu de Curtmetratges de Cambrils

<p>Seule from Toño Chouza on Vimeo.</p>

Boiro, 16 de marzo de 2012. Suma e segue. Imparable. O cineasta boirense Toño Chouza vén de levar un novo recoñecemento por un traballo cinematográfico, Seule, que presentou á XIV Edición do Festival Europeu de Curtmetratges de Cambrils (Catalunya). No apartado de Microfilms acadou o primeiro premio, polo que gañou 1.000 euros.

Blog de Toño Chouza: http://disparodenieve.blogia.com

A súa canle en Vimeo: http://vimeo.com/chouza



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Toño Chouza   cinema   festivais  

Ribeira: "Marzo de Cinema" trae tres longametraxes os venres 16, 23 e 30 deste mes

  •  Os títulos a proxectar son "Blackthorn", "Cinco metros cadrados" e "Plans para mañá"

Ribeira_marzo_cinema

Marzo_de_cinema_1
Técnico de cultura e concelleira presentaron Marzo de Cinema esta mañá

  

Ribeira, 12 de marzo de 2012.- Achegándose novamente ao mundo do audiovisual, o Concello programa unha serie de longametraxes actuais baixo o título “Marzo de Cinema” e que ten a pretensión de achegar unha escolma das mellores producións cinematográficas españolas de recente creación. Tal e como referiu a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, na presentación desta programación, trátase de longametraxes de distinto xénero que contaron con poucos espectadores nas salas comerciais pese á participación de elencos de actores e actrices consagrados no mundo da interpretación.

 

Deste xeito, a Concellería de Cultura e Festexos, en colaboración co Ministerio de Cultura, súmase por segundo ano consecutivo ao programa “Cine Español en Ruta” para pór en valor filmes laureados en distintos festivais e achegar á cidadanía o traballo artístico que de non ser por este tipo de iniciativas quedaría no esquecemento: unha proposta centrada nos venres de marzo, con horario nocturno dirixido de xeito libre e gratuíto ao público adulto (maior de 13 anos) e que se incrementa nesta ocasión con sesións matinais orientadas aos adolescentes mediante a colaboración cos centros educativos e institutos do municipio.

 

O programa Marzo de Cinema ofrécese como unha actividade lúdica e interesante dende o aspecto cultural para trasladar dende un drama social que trata o tema da vivenda e a crise económica (“5 metros cuadrados, pasando por un western ao antigo estilo cunha mestura de nacionalidades na súa produción e gran peso español (“Blackthorn”) ata a historia cotiá na vida de catro mulleres calquera que poder ser reflexo da sociedade e modos de vida actuais contribuíndo dende a Área de Cultura a conmemorar de xeito audiovisual o mes de marzo, dedicado ás mulleres (“Planes para mañana”).

 

Libro de Antonio Piñeiro


Precisamente incidindo no mundo da muller e como oferta cultural previa á esta última proxección audiovisual, o escritor riveirense Antonio Piñeiro vai celebrar a presentación do seu libro “As fiandeiras” na Sala Museo Municipal o venres 30 de marzo ás 20 horas.


Ficha das longametraxes

 

Venres 16 de marzo

 

BLACKTHORN. SIN DESTINO

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 1 de xullo de 2011                                          Dirección: Mateo Gil

Guión: Miguel Barros                                          Música: Lucio Godoy

Reparto: Sam Shepard, Eduardo Noriega, Stephen Rea, Magaly Solier, Nikolaj Coster-Waldau, Dominique McElligott, Padraic Delaney, Cristian Mercado, Luis Aduviri, Raúl Beltrán, Erika Andia, Maria Luque, Claudia Coronel, Daniel Aguirre, Luis Bredow.

Duración: 98 minutos                                          Xénero: Western

Nacionalidade: España-Estados Unidos-Bolivia-Francia

Premios: Goya 2011; Fotografía, Vestiario, Dirección Artística e Producción e 11 nominacións, vestuario, dir. artística e de producción, e 11 nominacións. Festival de Tribeca; nominada a Mellor Película na sección oficial competitiva internacional.
 

Sinopse: Tras a súa fuxida dos Estados Unidos, o lendario fuxido Butch Cassidy e o seu amigo Sundance Kid morreron en Bolivia en 1908, nun tiroteo. Isto é o que di a versión oficial. Este filme, en cambio, móstranos que, logo de vivir acochado  durante vinte anos, o que Cassidy desexaba era volver ao seu país. Con todo, cando coñece a un novo enxeñeiro español que acaba de roubar unha mina que pertence ao empresario máis importante de Bolivia, cambia os seus plans.

 

 

Venres 23 de marzo

 

5 METROS CUADRADOS 

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 11 de novembro de 2011                                          Dirección: Max Lemcke  

Guión: Daniel e Pablo Remón.                                           Música: Fernando Velázquez

Reparto: Fernando Tejero, Malena Alterio, Manuel Morón, Secun de la Rosa, Emilio Gutiérrez Caba, Jorge Bosch.

Duración: 91 minutos             Xénero: Drama social                   Nacionalidade: España

Premios: Festival de Málaga 2011; Mellor Película, Actor (Fernando Tejero), Actor de Reparto (Jorge Bosch), Guión e Premio da Crítica.

 

Sinopse: Álex e Virginia compran un piso, sobre plano, nos arredores dunha gran cidade porque non poden permitirse grandes luxos. Cos seus aforros pagan a entrada e aceptan unha hipoteca a 40 anos. Cando só faltan uns meses para a entrega da vivenda, o edificio aínda está sen terminar. Un día, inesperadamente, precintan a zona e paran as obras. Os compradores forman unha plataforma de protesta e denuncian á construtora. Así é como Álex coñece a Toño, outro afectado, que traballa na construción, e que está convencido de que se trata dunha manobra para desfacerse deles. Un ano despois, os afectados deixaron de reunirse. Alex, cada vez máis tenso e deprimido, empeza a descoidar o traballo e a ter problemas con Virginia, pero négase a renderse e decide actuar para atopar unha solución.

 

 

Venres 30 de marzo

 

PLANES PARA MAÑANA

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 19 de novembro de 2010                                                         Dirección: Juana Macías

Guión: Juana Macías, Juan Moreno e Alberto Bermejo              Música: VV.AA.

Reparto: Carmen Elías, Goya Toledo, Ana Labordeta, Aura Garrido, Jorge Bosch, Brendan Price, Adrián Marín, Pablo Viña, Christophe Miraval, Maite Blasco.

Duración: 96 minutos              Xénero: Drama                            Nacionalidade: España

Premios: Goya 2010; nominacións a Dirección Novel e Actriz Revelación. Festival de Málaga 2010; Dirección, Actriz de Reparto e Guión Nóvel e nominada a Mellor Película.

 

Sinopse: No transcurso dun día, Inés, Antonia, Marian e Mónica, mulleres con idades e circunstancias moi diferentes, deberán tomar importantes decisións que poden cambiar as súas vidas para sempre: Decidirá Inés seguir adiante co seu embarazo en contra de todo e todos? Entenderá Marian que a relación co seu marido está acabada e actuará en consecuencia? Que fará Antonia cando o verdadeiro amor da súa vida lle pida  unha segunda oportunidade, agora que é unha muller felizmente casada e con fillos? Que ocorrerá coa impotencia e o desexo de vinganza de Mónica cando a súa familia se derrube?

 

 

Sesións Matinais:

Ás 11:00 h para alumnado de 2º Ciclo da ESO e Bachiller dos Centros Educativos de Riveira.

 

Sesións Nocturnas:

Ás 21:00 h. Entrada libre gratuíta ata encher aforo.

Non recomendadas a menores de 13 anos.

As entradas poderánse retirar ½ h antes das proxeccións

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cinema   programación cultural  

Porto do Son: os escolares do obradoiro de cinema do instituto difunden o lugar de Tarrío e o Río Maior na Rede

(Actualizado o 7 de febreiro)


Estas imaxes e sons do mozo gaiteiro en contraluz cos fieitos non teñen prezo... Velaquí a información do vídeo:
A rede das augas e a rede dos sons. O Río Maior desde as fontes, os afluentes, os escorros ata a morre na Praia do Dique. O son da auga e a música que interpreta Eliot, que leva dentro a música nosa, coma un río. Unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20, sen paraventos. Desculpade o audio. Non se pode máis co que temos.

Antes, dixemos:


Pode parecer unha aldea como outra calquera pero non: cada aldea galega é un mundo. Cada unha está configurada dun xeito distinto: cos seus bimbios, os bugallos dos seus carballos, as súas corredoiras coas silveiras nos arredores, os seus regatos pequenos e grandes, as súas fontes monumentais ao pé de muros inzados de hedriñas... Cada aldea nosa é segundo a miremos. Velaquí a visión, xa dispoñible para todo o mundo na Rede, dos alumnos de audiovisual de SonCine, o obradoiro de cinema do instituto de Porto do Son. Un xeito exemplar de aprender a empregar a linguaxe audiovisual e fixar na pantalla o patrimonio etnográfrico e natural do lugar onde tiveron a sorte de nacer.

 


Pode que tamén lle interese comprobar como viron estes outros lugares:



Antes, en Certo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   cinema   cultura galega  

Rianxo: actos programados para o que resta de xaneiro dentro do Ano Castelao

Click here to download:
Xaneiro castelao2012.pdf (914 KB)
(download)

Tamén hai un ciclo de cinema os venres:

Rianxo_cinema

https://twitter.com/#!/Certo/status/158665711689007106



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ano Castelao   Rianxo   cinema   programación cultural  

Ribeira: a longametraxe "Sinbad", rodada en parte neste municipio, está a ser proxectada por toda Galicia

Media_httpfarm3static_ejkvc

Actualización 16 de decembro:

En Ribeira, aínda quedan prazas para asistir á proxección de "Sinbad" este martes 20 de decembro ás 10:30 da mañá. Será no auditorio municipal, pensada para o profesorado e colexios en xeral.

Pendentes de pechar datas en:


Mondoñedo
Ames
… e seguen traballando na distribución.

Pode que tamén lle interese:


Xosé M. Olveira, "Pico" fixo de "Sinbad" en teatro e agora no cinema. Entrevista de F.J. Portela


 

E as afortunadas localidades nas que se estreou foron:

En COMPOSTELA, nos Multicines Compostela, a partir do 28.10.2011

En FERROL, nos Cines Duplex, a partir do 28.10.2011

En LUGO, nos Cines Centro, a partir do 28.10.2011

Na ESTRADA, nos Minicines Central, a partir do 28.10.2011

En VIGO, nos Cines Norte, a partir do 1.11.2011

SINBAD  é unha adaptación da novela de ÁLVARO CUNQUEIRO Si o vello Sinbad volvese ás illas...

Escrita e dirixida por Antón Dobao, está interpretada por Xosé Manuel Olveira Pico, Mariña Sampedro, Sara Casasnovas, Antonio Durán Morris, Laura Ponte, César Cambeiro, Manuel Cortés, Luís Zahera, Mela Casal, Miquel Insua, María Tasende entre outros.

É unha coprodución de TELEVISIÓN DE GALICIA e FICCIÓN PRODUCCIONES.

Máis adiante, é intención do equipo da película levala polas casas de cultura de Ribeira e de toda a bisbarra, e por Galicia enteira.

Antes, en Certo:
Ribeira, plató de "Sinbad"
Remata a rodaxe de "Sinbad"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Sinbad   audiovisual galego   cinema  

Cinema: "Mar libre", rodada en parte en Sálvora, galardonada como mellor serie de televisión no Festival Europeo de Cine de Marbella

  • Dirixida por Dani de la Torre, Mar Libre segue acumulando galardóns nos festivais internacionais
  • Aínda que pareza mentira, foi a primeira serie galega en abordar a temática da salazón, e a súa traxectoria sitúaa ao lado de grandes e multimillonarias producións de tv
  • O novo galardón será entregado o vindeiro 26 de Novembro no Gran Teatro de Marbella

Ribeira, 10 de novembro de 2011. Un novo galardón para a xa tan galardoada miniserie MAR LIBRE, producida por Ficción Producciones e TVG, e que contou coa axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dirixida por Dani da Torre, Mar Libre recibirá o 26 de novembro próximo o Premio á Mellor Serie de tv, no marco do Festival Europeo de Cine que se celebra en Marbella, o Euro Film Festival, e que este ano homenaxea a traxectoria profesional do actor de orixe cubana Andy García. Ademais, entregarase o Premio á Mellor Produtora europea, a El Deseo, dos irmáns Almodóvar, e o Premio de Honra Eurofilm, ó actor de orixe galega, Sancho Gracia.

Media_httpfarm6static_niizz

"Mar Libre" foi a primeira serie galega en abordar a temática da industria que xerou o proceso de salgadura do peixe en Galicia no século XVIII, con todo o que este marcou a idiosincrasia, a economía e as relacións sociais na costa galega. O Xurado do Euro Film Festival de Marbella, non o tivo fácil á hora de outorgar o premio, pois a competencia foi importante, o que con todo, non evitou que Mar Libre sume un novo galardón á súa longa lista nos festivais de ámbito internacional.

O Euro Filme Festival

É o Festival Europeo de Cine de Marbella, a gran gala do cine e o punto de encontro para produtoras e profesionais do mundo da sétima arte cun interese común: a difusión da cultura a través de obras cinematográficas. O cine é recoñecido como un dos factores impulsores de valores no noso mundo, ten a capacidade innegable e a responsabilidade de emitir mensaxes , entreter e ensinar. Euro Film Festival aposta decididamente polo cine, apoiando este sector da comunicación a través duns premios que permitan ás mellores películas ser recoñecidas como pezas de gran valor cultural e social.

Este novo premio reafirma a posición de Mar Libre nos ámbitos europeo e internacional como un dos grandes da cinematografía, outorgando neste caso ás empresas produtoras, Ficción Produciciones e TVG, un maior peso e prestixio profesional.

A Gala de entrega de Premios do Euro Film Festival -que se celebra do 23 ó 26 de novembro- será este último día, o 26, no Gran Teatro de Marbella.

Antes, en Certo:
"Mar Libre", seleccionada para dous festivais internacionais

Tamén lle pode interesar:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Sálvora   cinema   televisión  

Boiro: no festival "Acción" deuse a coñecer o vídeo gañador do certame "Barbanza 2061"

Boiro, 7 de novembro de 2011. O premio do concurso escolar convocado polo Club Exxpo Press deuse a coñecer o pasado sábado na última sesión do festival "Acción". A curta gañadora foi a das tres alumnas de 3ºA do instituto A Cachada de Boiro, Loreto Abalo, Sara Hermo e Ángela Pouso que se titula "A escultura no 2061". O agasallo para as tres é unha viaxe á Cidade das Ciencias de Valencia.

Este traballo levou unha mención especial (tamén do IES A Cachada de Boiro):

Antes, en Certo:

  • AMBAR invita a debater sobre emprego para persoas con diversidade funcional
  • Tamén se van proxectar os filmes presentados ao certame  escolar "Barbanza 2061"

 

Media_httpfarm5static_bpgyi

O ano pasado Ámbar incidira na autonomía persoal

Boiro, 3 de novembro de 2011. A ASOCIACIÓN AMBAR súmase á petición dunha nova Lei de Inclusión Laboral das Persoas con Discapacidade, que sente unhas bases renovadas para conseguir a máxima empregabilidade e activación deste sector da poboación. 

Cunha taxa de emprego do 25 por cento fronte á taxa xeral que alcanza o 60 por cento, as persoas con diversidade funcional necesitan dispor dunha normativa forte que regule e fomente o emprego, máis aínda nunha época de crise económica na que sempre son os colectivos máis vulnerables os que máis se ven afectados.

“O emprego para unha persoa con diversidade funcional significa moito máis que unha fonte de ingresos, é unha vía de acceso a un nivel de vida digno, visibiliza e serve ó recoñecemento social e é un factor de inclusión real mediante as relacións sociais e persoais”, destaca a presidenta de AMBAR, Milagres Rey.

 

Cartel_accion2011

VIDEOFORUM EN BOIRO

Desde AMBAR considérase imprescindible o desenvolvemento de programas de formación profesional ocupacional e continua, e cualificar para o traballo; potenciar o emprego desde as administracións públicas como acción pedagóxica e factor de visibilización e normalización.

Por iso, no marco do festival audiovisual de Boiro, celébrase o videofórum NADA SOBRE NÓS SEN NÓS, no que se proxectará a obra de realización propia “7 historias para 4 alcaldes”, na que se recollen as experiencias de sete persoas con diversidade que desempeñaron traballos en centros públicos da comarca, así como as impresións dos seus compañeiros de traballo e familiares. Tras a proxección abrirase un coloquio sobre o binomio persoa con diversidade - emprego.

Segundo Milagres Rey, “Se se respecta a cota de reserva de emprego do 2% nas empresas de 50 ou máis traballadores, que a pesar de que foi aprobada fai 28 anos aínda incumpren dúas de cada tres empresas, a inclusión laboral sería moito máis notable”. 

Por último, “desde AMBAR crese que o traballo en rede con outras entidades e empresas tamén son liñas de acción que poderán producir bos resultados”, conclúe Milagres.

A asociación AMBAR convida a toda a cidadanía a participar neste evento que terá lugar mañá venres  4 de novembro ás 20:00h.  no Centro Social de Boiro.

Que é "Acción"?

É un festival que se desenvolve no Centro Social de Boiro e acubilla sesións de cinema social e xuvenil

Cando? 4 e 5 de novembro
Hora? os dous días comeza ás 20 horas
Lugar? Centro Social de Boiro

Este ano colaboran no festival: Asociación Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi, Expopress e Anestesia films.

Concurso escolar

O Centro Social de Boiro acolle tamén este sábado día 5 a partir das 20.00 horas a proxección dos traballos audiovisuais presentados por escolares de Educación Secundaria e Bacharelato da comarca do Barbanza ó concurso Barbanza-2061, que organizou o Club Exxpopress. A proxección de ditos traballos enmárcase no festival  de cinema social e xuvenil Acción! que organiza o Concello de Boiro e co que este ano colabora o Club Exxpopress xunto con Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi e Anestesia films.

Entre o público asistente atoparanse os membros do xurado da categoría Secundaria-Bacharelato do concurso Barbanza-2061, que farán público o veredicto ó remate das sesións.

No certame escolar participaron tamén alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda a comarca; os primeiros realizaron murais e os segundos, portadas de xornais. Nas tres categorías, a temática era a mesma: Como imaxinas o mundo en 2061?

O fallo do xurado das categorías de Infantil e Primaria farase público o vindeiro luns día 7. Os premios consisten nunha MACRO FESTA INFANTIL no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Ribeira para os gañadores ca categoría de Infantil; UNHA VIAXE A MADRID PARA VISITAR O PARQUE WARNER (para os gañadores da categoría de Primaria) e UNHA VIAXE A VALENCIA DUNHA FIN DE SEMANA PARA VISITAR A CIDADE DAS ARTES E AS CIENCIAS (para os gañadores da categoría de Secundaria-Bacharelato).

Cápsula do tempo

Os tres traballos gañadores serán introducidos na CÁPSULA DO TEMPO que o Club Exxpopress vai soterrar o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas no Paseo Marítimo de Ribeira, nun acto no que participarán centos de escolares e que estará presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. No acto participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e o empresario Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa, empresa patrocinadora do concurso Barbanza-2061. Dende o mediodía, os escolares disfrutarán dunha pequena festa con actividades dirixidas por monitores e sorteo de agasallos no polideportivo de Coroso.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Acción   Boiro   cinema   festivais  

Cinema: o María Assumpta, de Noia, e o IES A Cachada, de Boiro, premiados no Festival Internacional de Cinema de Ourense

Maria_assumpta_noia_ouff
Barbanza e Noia, 21 de outubro de 2011. A creatividade audiovisual dos estudantes das nosas bisbarras resultou premiada esta fin de semana pasada no Festival Internacional de Cinema de Ourense. A curtametraxe (apenas 11 minutos) presentada polos alumnos de cuarto da ESO do colexio María Assumpta, de Noia, levouse o primeiro premio dos "Ouff Escola 2011". Baixo o título "Love Songs" agóchanse cinco historias que se poden ver a continuación:
Love Songs from Ourense Film Festival on Vimeo.

Esta curta xa fora premiada, en varias categorías, noutro certame, o Recurta 2010. Foi artellado polo Equipo de Normalización Lingüística do "María Assumpta" e o xurado valorou nel a promoción de valores da democracia e da tolerancia, ademais da calidade do guión.

O pasado 17 de outubro acudiu a Ourense a recoller o premio unha representación do colexio encabezada por Mónica Maseda (directora do centro), Josema Glez. Canabal (coordinador da actividade e ex concelleiro de Cultura de Noia, onde levou en varias ocasións a organización da Mostra de Curtas) e tres dos alumnos participantes: Ana Moas (actriz e coautora da música), Adrián Suárez (actor) e Marta González (coautora da música).

Mención especial do instituto A Cachada

Ademais, os boirenses do IES "A Cachada" acadaron unha mención especial do xurado "pola calidade dos tres traballos presentados".

Máis información:
http://www.ouff.org
http://www.colexiomariaassumpta.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Ourense   cinema   premio  

A Pobra: o cinema insírese tamén nas Xornadas de Homenaxe a Valle este xoves 13 e venres 14

  • "Divinas palabras" proxéctase o xoves 13 de outubro
  • "Tirano Banderas" pasarase o venres 14 de outubro

Cartel_jornadas_cine

A Pobra, 13 de outubro de 2011. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, cualificou a obra de Ramón María del Valle-Inclán como “singular e exuberante” e destacou que constitúe “un dos tesouros máis prezados das letras españolas”. Así o subliñou esta tarde na Pobra do Caramiñal, onde, xunto co alcalde, Isaac Maceiras, inaugurou un ciclo de cine, impulsado e asesorado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), centro dependente da Secretaría Xeral de Medios, dedicado ao escritor galego con motivo do 75 aniversario do seu pasamento.

Segundo explicou o secretario xeral de Medios, o ciclo cinematográfico, que se desenvolverá os días 13 e 14 de outubro no Auditorio-Museo Valle-Inclán, permite interaccionar “cine e literatura”, amosando a relación co escritor galego. Para estas sesións seleccionáronse dous títulos: Divinas palabras (1987) e Tirano Banderas (1993), ambas películas dirixidas polo adaptador máis prolífico da obra de Valle-Inclán, José Luis García Sánchez. Cineasta admirador do seu legado teatral, analista do esperpento como subversión da realidade, García Sánchez detecta en Valle-Inclán concomitancias e unha escritura moi próxima á do cine, o que lle leva mesmo a realizar en datas recentes a triloxía Martes de Carnaval (2009).

A relación de Valle-Inclán co cine
A relación de Valle-Inclán co cine é complexa. Chega a escribir e reflexionar sobre o fenómeno artístico e cultural do século XX. Incluso aparece fugazmente en La malcasada (1926) de Francisco Gómez Hidalgo, unha reportaxe xornalística –precedente do docudrama televisivo- con compoñentes de ficción que agrupa e permite a aparición dalgúns dos personaxes do momento, como Wenceslao Fernández Flórez, Julio Camba, Pedro Muñoz Seca, Azorín, Concha Espina, Juan Belmonte, Alejandro Lerroux ou Juan de la Cierva.

No tempo flutúan versións fílmicas das súas obras, desde a eficaz Sonatas (1959) de Juan Antonio Bardem até a versión de Luces de bohemia que dirixe Miguel Ángel Díez en 1985 ou a adscrición a diferentes modas, do relato de terror en Beatriz (1976) de Gonzalo Suárez, inspirada en dous contos do literato galego, ao proveito do escenario rural en Flor de Santidad (1972) de Adolfo Marsillach.

Divinas Palabras (España, 1987)
Este filme, de 101 minutos de duración, está ambientado en Galicia, en 1920, concretamente, na aldea de San Clemente, onde se vive de modo precario. Non hai sacerdote, só un sancristán, Pedro Grailo, que comeza a valerse dun anano mendigo para obter cartos. A súa muller pasea ao anano e comeza a establecerse un mundo de cobiza e adulterio que parece condenado ao fatalismo.

A película, dirixida por José Luis García Sánchez e guionizada tamén por el, xunto con Enrique Llovet e Diego Santillán, sobre a obra de Ramón María del Valle-Inclán do mesmo nome, foi gañadora de 4 premios Goya (fotografía, montaxe, son, e actor de reparto, Juan Echanove). Está producida por Lolafilms e Lux Film; a fotografía corre a cargo de Fernando Arribas; a música é de Milladoiro; e os actores principais Ana Belén, Francisco Rabal e Imanol Arias.

Tirano Banderas (España-México-Cuba, 1993)
Esta peza cinematográfica, de 91 minutos de duración, está dirixida por José Luis García Sánchez, e baseada na novela de Ramón María del Valle-Inclán. O filme comeza o día de Defuntos, na capital dun imaxinario país latinoamericano, Santa Fe De Tierra, e ofrécenos a figura do sátrapa Santos Banderas e as divisións no seu entorno. Precedente literario da novela “de ditador” que construirá unha importante veta da literatura hispoanoamericana, un melodrama con ribetes históricos cheo de personaxes poderosos.

Tirano Banderas, interpretada por Gian María Volonté, Juan Diego e Ana Belén, gañou 6 premios Goya (vestiario, maquillaxe, montaxe, dirección artística, dirección de produción e guión adaptado). O guión é de Rafael Azcona e José Luis García Sánchez; está producida por Cinematográfica del Prado S.A. (México), ICAIC (Cuba), Ion Producciones e Septembre Productions; e a fotografía corre a cargo de Fernando Arribas.

Antes, anunciamos:

A Pobra, 11 de outubro de 2011. Con motivo da celebración da XIII edición de xornadas de homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, vanse celebrar dúas xornadas dedicadas á adaptación cinematográfica de dous dos títulos máis emblemáticos do escritor: “Divinas palabras” e “Tirano Banderas”, que serán proxectadas respectivamente os días 13 e 14 deste mes de outubro.

Para inaugurar esta sección dedicada ó cine, o xoves día 13 ás 20:00 horas estarán no auditorio do Museo Valle-Inclán acompañando ó alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, o Director da CGAI, Guillermo Escrigas, e o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro.

Antes, en Certo:


Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Valle-Inclán   cinema   programación cultural  

Boiro: presentan "Lume de Cobiza" este sábado 24 de setembro. Logo, debate co autor, Miguel Anxo Fernández

Miguel_anxo

Boiro, 22 de setembro de 2011. Este sábado 24 de setembro terá lugar a presentación da última novela de Miguel Anxo Fernández, titulada "LUME DE COBIZA". Será ás 21.00 horas no local social de Aturuxo (r/Principal nº118 Boiro). Prometen dende este colectivo xuvenil ter "un interesante debate arredor da produccion literaria e do mundo do cinema na Galiza e ao remate teremos uns pinchos".

Nota biográfica do autor:

O Carballiño, Ourense, 1955.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, escritor, ensaísta e director da revista trimestral Audiovisual Galego .

Crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia .

Colaborador do programa Planeta Cine (Televisión de Galicia) e do espazo Diario cultural (Radio Galega).

Membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega .

Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia desde 2003.

Director do curso de verán promovido anualmente pola Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005, especializado en audiovisual.

Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España, á Academia Audiovisual Galega, ó Patronato del Museo do Pobo Galego e ó Pen Club de Galicia.

Foi presidente-fundador da Federación de Cine Clubs de Galicia e vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual .

Dirixiu entre 1984 e 1995, as Xornadas de Cine e Video en Galicia, Xociviga.

Presentou e dirixíu na Televisión de Galicia o programa Galicia no cine e Versión orixinal nos anos 1986 e 1987.

Asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987).

En 1989 foi comisario en Vigo da mostra única Cinegalicia na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de ficción: "Sempre Xonxa" (Chano Piñeiro), "Continental" (Xavier Villaverde) e "Urxa" (Alfredo G. Pinal/Carlos A.L. Piñeiro).

Autor de numerosa obra de ensaio, entre os seus títulos destacan Crónica de Cine. O Carballiño 1900-1994 (I Premio ex-aequo Historia Cinematográica de Galicia, CGAI, 1994), Carlos Velo. Cine e exilio (A Nosa Terra, 1996), As imaxes de Carlos Velo (Premio Sempre en Galiza, A Nosa Terra, 2001), A Bella Otero, pioneira do cine (V Premio Historia Cinematográfica de Galicia, CGAI, 2003), Emilio Baños Santos. Unha vida entre películas (Xunta de Galicia/Festival de Cine de Ourense, 2003),Rodado en Galicia (Consorcio Audiovisual de Galicia, 2005, 2007), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007) e Las huellas del exilio (VV AA., Tébar, 2008). Tamén editou Os amigos de Chano Piñeiro (Xunta de Galicia, 2007) e 25 anos de Mamasunción (Xunta de Galicia, 2008). Coordinador xunto a José Luis Cabo de Diccionario del Cine en Galicia 1896-2008(CGAI, 2008).

Como escritor de ficción en galego, é autor da triloxía protagonizada polo detective privado Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (Premio de Novela García Barros, 2002), Un luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008), publicadas na editorial Galaxia. Tamén escribiu O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004) e O sangue dos Cortiña(2004).

Entre os numerosos recoñecementos recibidos, destacan o premio de honra Fernando Rey concedido pola Academia Galega do Audiovisual en 2001 e o Premio Honorífico da Fundación AISGE no 2004.

Pode que tamén lle interese:


Fondos para Paula: teatro este domingo 25 na Cachada


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


  Cursos de fotografía: en outubro e novembro, por Olláparo


Espectáculo infantil: este venres 23 de setembro, Ola, ola, la!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aturuxo   Boiro   cinema   presentación libro  

Cinema: comeza a gravación do documental "Desde dentro do corazón/o mar"

Dscf8158
Barbanza/Noia, 22 de agosto de 2011. O FAIADO DA MEMORIA e a productora audiovisual NOVA COMUNICACIÓN acaban de comenzar a gravación do documental, subvencionado polo Agadic, Desde dentro do corazón/o mar.

Este traballo relata a vida e a relación co mar da xente de Vilagarcía. Distintas historias, co nexo común do mar, vanse entrelazando co día a día de dúas persona, irmáns elas e que levan mais de cincoenta anos traballando xuntos nos viveiros de Carril: Manuel e Verino Diz, os Nachos.


Dscf8141

Un dos temas principais, e que se está a gravar estes días, é o naufraxio do Cabo Razo, feito que tivo lugar a noite do 4 ao 5 de agosto de 1958 e que conmocionou a toda a bisbarra. Por un lado pola cantidade de mortos que houbo naquel accidente, 13, e por outro as circunstancias nos que aconteceu, o que levantou unha forte rumoroloxía no Salnés e Barbanza. O traballo está levando aos seus autores a desplazarse por varios puntos de Galicia e de España en percura de testemuñas vivas daquel suceso. O documental está dirixido por Antonio Caeiro e producido pola productora santiaguesa NOVA COMUNICACIÓN.

Dscf8212

O teatro de Rianxo, en Ourense

O Faiado da Memoria tamén estará presente no festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e 23 de outubro deste ano, dentro da PANORAMA GALICIA 2011, co documental Esta noite, velada que mostra a historia do grupo de teatro aficionado Airiños de Asados, Rianxo.


Dscf8219
 

Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.


Non deixen de visitar o blog
:
damemoria.com

Pode que tamén lle interese:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   cinema   documentais   memoria histórica