Preme para voltar á portada
Filed under

Consello da Cultura Galega

 

Ribeira: Quico Cadaval dirixe a nova comedia de terror de Producións Teatrais Excéntricas


PRODUCCIóN TETRAIS EXCéNTRICAS PRESENTA UNHA COMEDIA DE TERROR SOBRE OS DEFUNTOS

Non todos os cranios están furados


21 / 10 / 2010
Santiago. Redacción

 

AUDIO
Quico Cadaval avanza a sinopse de Un Cranio furado, "unha comedia policial de aldea"

 

 

 

É unha historia irlandesa, dun autor irlandés (Martin McDonagh), ambientada nese país pero que poderia ser, perfectamente, unha historia galega. Un enterrador ten que trasladar os restos da súa esposa aos sete anos da súa morte, ante a mirada expectante dos veciños. Precisamente porque eles pensan que o enterrador estivo implicado no seu falecemento. No medio, un policía local con ansias de progresar inicia unha particular investigación. Avelino González traduce (que non adapta) ao galego esta historia que conta coa colaboración de Dorotea Bárcena e de Santi Romay xunto co equipo de Producións Teatrais Excéntricas (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), coa dirección de Quico Cadaval. A obra, é o resultado da coprodución de PTExcéntricas co Festival de Outono de Carballo.

 

Montaxe:Un cranio furado
Compañía: Producións Teatráis Excéntricas, S.L.

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval
Tradución: Avelino González
Escenografía: Kukas Producións Artísticas, S.L.
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Piti Sanz
Música: Piti Sanz
Elenco: Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Santi Romay

Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

 

 

Media_httpprogramacio_fagba
A comedia na web do Xacobeo, aquí

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   Quico Cadaval   Ribeira   teatro  

Rianxo: o Consello da Cultura Galega presentou o I Roteiro sobre Castelao en Barbanza e Pontevedra

Media_httpfarm5static_qwhcg

Máscara de "Os vellos non deben de namorarse" feita por Castelao e depositada en Vigo, no museo Paco del Riego

O Barbanza foi a terra natal de polifacético artista e político Daniel A. Rodríguez Castelao. A través da nosa aplicación Roteiros da Cultura Galega, queremos propoñervos unha viaxe ata o norte da Ría de Arousa para coñecer a formación vital de Castelao.

Rianxo, berce do escritor, preserva os lugares que manteñen viva a memoria biográfica do escritor. Paseando polas súas rúas, poderemos mergullarnos no universo familiar, pero tamén cultural e simbólico que enche as obras de ficción do escritor e político. O noso itinerario permite comprender as referencias gráficas, visuais, humanas e mesmo lingüísticas que enchen libros como Cousas ou Retrincos, a través dos concellos arousáns de Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal. Temos lugares da memoria do autor, pero tamén pazos, romarías, cruceiros, escolas, castros, embarcadoiros...

A páxina deste novo roteiro pódese ver aquí

O roteiro por Pontevedra, co mesmo autor, xa está aquí

Relacionada:

Carta aberta a Castelao, por Blanco Gey

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Castelao   Consello da Cultura Galega   Rianxo   roteiros  

Boiro: continúan en agosto as escavacións en Neixón, con estudantes de Historia

Media_httpfarm4static_kijwo

Exploran unha área intermedia nos castros de Neixón


23 / 7 / 2010
Santiago. Redacción

Enviar a Chuza   Enviar a Delicious   Ver blogs que enlazan aquí    Traducir   Imprimir   Enviar  

O equipo científico responsable actual das escavacións nos castros de Neixón realizará este ano unha escavación na área situada entre os dous castros que se localizan nesta península do fondo da ría de Arousa, en Cespón (Boiro). Así o manifestaron onte na rolda de prensa que presentou no concello de Boiro o novo campo de traballo con estudantes de Historia.

Os castros de Neixón teñen unha peculiar disposición: nunha península conviven dous castros de épocas distintas. O máis antigo, o Castro Pequeno, está no cabo da Península, e é o máis antigo dos dous, dos inicios da época castrexa e o grande, un recinto moi monumental, nunca foi habitado, pero nel atópase moitos restos cerámicos que evidencian o contacto comercial das comunidades do Barbanza co mundo mediterráneo.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Consello da Cultura Galega   arqueoloxía   castros de Neixón  

Boiro: entrevistan ao comiqueiro Martín Romero no portal do Consello da Cultura Galega

Media_httpwwwculturag_edbth

Martín Romero é de Xión, Boiro. Está en Francia preparando unha novela gráfica, becado por Alhóndiga Bilbao. Toda a entrevista en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17201

Nós entrevistámolo hai xa case tres anos, cando comezou a gañar premios por un tubo: http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=martin-romero



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Consello da Cultura Galega   banda deseñada  

Cultura: Atalaia, novo portal do Consello da Cultura para a arte contemporánea en Galicia

Media_httpculturagale_dnjat

En http://culturagalega.org/atalaia
Non atopamos ningún artista das bisbarras de Noia e Barbanza. Imaxinamos que os irán engadindo... ou non hai? Hai algún artista contemporáneo lendo isto? Que rebula!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   arte   cultura galega  

Fotografía: a manifestación de hoxe, dende o balcón do Consello da Cultura Galega

Media_https3amazonaws_megod

Temos ao becario contador de baixa por depresión... Alguén se anima?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   Lingua galega   Queremos galego   fotografía   manifestación  

Cultura: o Consello da Cultura Galega celebra este xoves 10 o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Media_httpfarm3staticflickrcom2747417161554407961503fcjpg_qovjjdmahlijlem

  10 DE DECEMBRO

61 ANIVERSARIO DA DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

ACTO CÍVICO CONMEMORATIVO

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

11:00 HORAS

        O Seminario Galego de Educación para a Paz, en colaboración con UNICEF Galicia, o Colexio de Abogados de Santiago e o Consello da Cultura Galega, organiza un ACTO CÍVICO CONMEMORATIVO no 61 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948-2009), mañán, 10 de Decembro, a partir das 11:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi), segundo o seguinte:

PROGRAMA

11:00 horas: Apertura Musical:

Xoan Curiel

11:15: Saúdas institucionais

11:30: Leitura Pública dos Artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e da Convención dos Dereitos de Nenos e Nenas (por personalidades do mundo da cultura, política, sociedade civil, nenas e nenos dos colexios e institutos de Santiago)

12:00: Conferencia: Sobre o uso militar de nenas e nenos

Karen Maron, Xornalista especializada en conflitos armados

12:30: Presentación do libro: 1325 mujeres tejiendo la paz

Manuela Mesa, Directora de CEIPAZ, coordinadora da publicación.

13:00: Clausura: Coro do Alumnado do IES Antón Fraguas

 Entre as persoas confirmadas para a Leitura da Declaración están, entre outras:

Francisco Díaz Fierros

Vicepresidente do Consello da Cultura Galega

Enrique Monteagudo

Secretario do Consello da Cultura Galega

Xan María Castro

Ex- Secretario Xeral de CC.OO de Galicia

Suso Mosquera

Director da Fundación Luis Tilve

Estela Mouriño

Coordinadora de UNICEF Galicia

Media_httpfarm3staticflickrcom255040257854632c4049230cjpg_ciilbkzqaffpjpi

Avelino Pousa Antelo

Socio de Honra do Seminario Galego de Educación para a Paz

Presidente da Fundación Castelao

Mabel Rivera

Actriz

Helena Villar Janeiro

Poetisa, directora da Fundación Rosalía de Castro

Xosé Antón Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago

Roberto Castro

director xeral de relacións institucionais da Xunta de Galicia

Marta González Vázquez

Secretaria Xeral para a Igualdade

Mar Martín

Concelleira de Benestar Social

Mercedes Rosón

Concelleira de Educación

Socorro García

Concelleira de Cultura

Guadalupe Rodríguez

Concelleira de Participación Cidadá

Dolores Galobart

Vicevaledora do Pobo

Domingos Merino

Vicevaledor

Así como nenas e nenos dos: CEIP López Ferreiro, Colexio Compañía de María, IES Antón Fraguas, CEIP Fontiñas

Seminario Galego de Educación para a Paz

FUNDACION CULTURA DE PAZ

Rúa do Valiño 13- 1º

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno: 981-561956

www.sgep.org



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   Santiago de Compostela   paz  

Lingua galega: proposta do Consello da Cultura Galega ao Parlamento Galego

Click here to download:
proposta_institucional_ccg_lingua_galega.pdf (72 KB)
(download)

Media_httpfarm4staticflickrcom34383815326247e6a0e4f9b7bjpg_kdazhwhfeagjscx

Destacamos o punto 4:

Ao entender do Consello da Cultura Galega, as liñas xerais da política lingüística en Galicia deben apoiarse nunhas bases firmes, que non son outras que un amplo consenso social e político –coma o que serviu de base para a aprobación no seu día da Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega–, e o respecto ao conxunto da nosa lexislación lingüística básica, en particular a devandita Lei de Normalización Lingüística. Nela queda asentado que o galego,
como lingua propia de Galicia, é a que a representa politicamente. Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espiñazo desta Lei:

Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espiñazo desta Lei:

Art. 1.- “O galego é a lingua propia de Galicia.”

Art. 4.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma.”

Art. 10.- “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.”

Art. 12.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en tódolos niveis educativos.”

Art. 18.- “O galego será a lingua usual das emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma.”

Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Galicia:

1. Fomentar a produción, dobraxe, a subtitulación e exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.
2. Estimular as manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.
3. Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.”



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   Lingua galega   Parlamento de Galicia   Xunta de Galicia   cultura galega