Preme para voltar á portada
Filed under

cultura

 

Boiro: a asociación de pais e nais Loureda programa obradoiros e outras actividades durante maio e xuño

Media_httpfarm5static_mejhf

Boiro, 9 de maio de 2012.  Tódolos sábados do mes de maio a asociación de nais e pais Loureda, do colexio de Santa María do Castro de Cabo de Cruz, está a impartir de xeito gratuíto un obradoiro de manualidades baixo o epígrafe: “Reciclaxe: confección de xogos e instrumentos musicais con material reciclado”.

Os cativos comezaron a actividade o sábado 5 e dado que o día 6 era ao Día da Nai. Decidiron facer unhas fermosas flores con cartóns de ovos e uns paos para agasallalas. A partir dos seguintes sábados está programado que confeccionen, monecos, huchas, ratiños, coches, prismáticos, maracas, instrumentos de choiva, tambores etc.

I Mostra de Aprendizaxe, o 2 de xuño

O sábado 2 de xuño ás 20:00h. terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz, grazas á colaboración do concello de Boiro, a I Mostra de Aprendizaxe APA Loureda: Actividades extraescolares. Consiste nun “minifestival” onde os rapaces das clases de baile, teatro, pandeireta e informática amosarán o aprendido o longo do curso. A entrada é gratuíta e está aberta a tódolos públicos.

Última reunión, o sábado 12 de maio

Asemade, a directiva ten convocada a última reunión para o sábado 12 onde se ultimarán os detalles para o peche do curso e se redactarán os temas e fixarase a data da 2ª Asemblea Xeral de Socios deste curso 2011-212 e, tamén, onde se acabará de planificar a V Romaría de socios que terá lugar o sábado 16 de xuño.




Tamén en Boiro:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   cultura  

Ribeira: medio cento de asociacións poderían sumarse ao "Xuño da Cultura e as Artes"

(download)

Ribeira, 7 de maio de 2012.- Representantes de 54 asociacións sociais e culturais de Ribeira participaron esta mañá no salón de plenos do Consistorio nunha reunión de traballo convocada polo Executivo co fin de recabar a implicación das mesmas na elaboración do programa do que se vai denominar “Xuño da Cultura e as Artes” (non confundir o mes coa parroquia de Porto do Son, que xa non é a primeira vez). Trátase dunha ambiciosa proposta que ten intención de executar o Concello este ano e neste mes, no que non adoita haber nada especial -ata xullo en que a Festa da Dorna enche de ocio as rúas- co propósito de inzar o municipio de actividades e fomentar a cultura entre a poboación no máis amplo sentido do termo.

Cada día algunha actividade cultural

O encontro estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz, e contou tamén coa participación da concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e dos técnicos do seu departamento Unai González e Segundo Chiqui Durán.  A pretensión do Concello é que, buscando a colaboración activa das asociacións, se consiga que todos os días do mes de xuño haxa algún tipo actividade, non só en instalacións municipais senón na medida do posible nas prazas e rúas (“temos que ser capaces de sacar a cultura á rúa”, aseverou o rexedor). Este propósito de xerar contidos non só se cingue á cidade senón que é extensivo a todas as parroquias do municipio.

A tal efecto, a Área de Cultura xa elaborou unha proposta de programa que sirva de base ao calendario de eventos que integran este “Xuño da Cultura e as Artes”: proposta na que se conteñen tanto actividades organizadas directamente polo Concello como outras iniciativas promovidas a instancia de asociacións que -dende que a portavoz municipal Herminia Pouso anunciara a mediados de marzo a intención de levar á práctica esta idea-, xa amosaron a súa disposición a ser partícipes no desenvolvemento da mesma.

Durante a reunión de hoxe acordouse que as asociación interesadas en participar no deseño do programa formulen as súas suxestións ao longo da presente semana.

Ribeira, Cultura Mariñeira

O alcalde tamén avanzou que para o mes de agosto está prevista a celebración doutra nova iniciativa titulada “Ribeira, Cultura Mariñeira” coa que poñer en valor o patrimonio do municipio vinculado ao mundo do mar.

Da actuación formarían parte propostas xa  asentadas como a Feira Artesanal e Mariñeira (aínda que rexistrando certos cambios no seu plantexamento) e outras novas, entre as cales se inclúen por exemplo dous cursos de verán das Universidades de Santiago de Compostela e Menéndez Pelayo, e unha gran festa para potenciar a promoción de produtos pesqueiros que a día de hoxe non gozan dunha gran saída comercial, como o lirio ou o congro.

A este respecto, Manuel Ruiz convidou ás asociacións a que aporten a súa colaboración neste proxecto. Así mesmo, o alcalde manifestou a idoneidade de promover periodicamente este tipo de reunións coas asociacións a fin de poder escoitar as súas suxestións, problemas e aportacións.
 
Audición aberta o martes 8 de maio

Mañá martes 8 de maio terá lugar ás 19.30 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Riveira unha audición a cargo de catro alumnos do Centro que van representar ao Concello na III Mostra Musical do Eixo Atlantico: evento que se vai desenvolver esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa.
 
A audición é libre e gratuíta para os que queiran asistir.

Os catro alumnos participantes son:

1. Manuel Jesus Montero González (Piano - 4º de Grao Profesional)

2. Amaro Sampedro López (Saxofón -5º curso de Grao Profesional)

3. Lois Pimentel Iglesias (Trompeta - 1º curso de Grao Profesional)

4. Michelle Pena González (Piano - 3º curso de Grao Profesional)





Pode que tamén lle interese:

Libros no Ateneo: o 18 de maio, "Vigo a 80" e o 24, "Herdeiros pola forza"

Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo

 


Semáforos do Malecón: os máis modernos, a partir de xuño



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cultura  

Ribeira: presentan o venres 27 de abril un libro da xornalista Beatriz Manjón

Beatriz_ateneo_2012

 

Tamén, en Ribeira:


Cultura: "Abril, mes dos libros", programación


Canicultura: xornadas sobre cans ata xuño

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ateneo Valle Inclán   Bar Plaza   Ribeira   cultura   presentación libro   xornalismo  

Ribeira: o mes de xuño será este ano "Mes da cultura" local

  •  Contarán coas asociacións para elaborar o programa de actos e intentarán acometer algún récord Guinness

Media_httpfarm3static_dvqef

Unha escultura efémera de Gonzalo Sarasquete. Ramón Púa foi un dos "Homes de cal"

Ribeira, 20 de marzo de 2012.- O vindeiro mes de xuño vai ser erixido a partir deste ano 2012 en Mes da Cultura de Ribeira. Así foi decidido durante a reunión do Órgano de Goberno desenvolvida hoxe, de cuxos principais asuntos dou conta a voceira Herminia Pouso Maneiro.

Con esta iniciativa, o Executivo presidido por Ruiz Rivas pretende que as rúas e as distintas instalacións culturais radicadas no municipio sirvan de escaparate das moitas potencialidades artísticas que Ribeira posúe, a través da confección dunha completa programación na que teñan oco todo tipo de disciplinas: dende a pintura ata o baile, dende a música á arquitectura, pasando pola escultura, a literatura ou o gravado.

Para isto, e segundo destacou Herminia Pouso, vai resultar fundamental contar coa colaboración das asociacións con fins culturais radicadas no municipio. Neste sentido, a voceira municipal manifestou que o Concello está aberto a través da súa Delegación de Cultura a recibir todas as suxestións e achegas que poidan aportar os moitos colectivos interesados e poder consolidar así o mes de xuño nunha gran festa cultural nunha época coincidente cos primeiros síntomas de afluencia turística de verán.

Día da Mancomunidade

Herminia Pouso avanzou que un dos eventos cos que xa se está a traballar de cara á programación do Mes da Cultura 2012 é o Día da Mancomunidade, que terá lugar a mediados de xuño no municipio ribeirense (cabe lembrar que esta iniciativa ten carácter rotatorio, de tal xeito que en vindeiros anos a efeméride celebrarase noutros concellos de Arousa Norte).

Busca do Guinness (o dos récords, non a cervexa)

Asemade, a edil anticipou que un dos retos que se pretende acometer durante este mes é o de superar algún tipo de récord Guinness relacionado co eido cultural para que esta acción sirva de reclamo para captar a interese do exterior.

Día da Árbore, este venres 23

Media_httpfarm6static_gffej

Imaxe do ano pasado do Día da Árbore

Outro dos asuntos explicados por Pouso Maneiro é a celebración este venres 23 da tradicional Día da Árbore, na que participarán alumnos dos colexios Galaxia, Bayón, Sagrado Corazón de Castiñeiras, A Milagrosa de Oleiros e CEIP Frións, así como usuarios de Ámbar.

Os actos da Día da Árbore terán lugar no parque natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Está prevista a chegada dos escolares participantes ao CIELGA ás 11 horas, e acto seguido tomarán parte activa nunha xornada didáctica composta por unha plantación de árbores, unha charla sobre o parque natural e as súas especies, e actividades con monitores e xogos de natureza.

Por outra parte, e enmarcada tamén dentro da programación do Día da Árbore, o sábado 24 alumnos da gardería Barbanziños da Hospital Comarcal farán unha nova plantación no parque periurbano de San Roque.

Semáforos definitivos

Media_httpfarm7static_upure

Tamén anunciou Pouso Maneiro a saída a licitación de semáforos definitivos para a avenida do Malecón. Esta actuación ten un orzamento de 80.800 euros e adscríbese ao proxecto Ribeira Atlántica dentro do apartado de mobilidade.

Substituiranse os semáforos existentes e engadiranse a maiores puntos de semáforo no paso de peóns máis cercano á praza da Concordia, así como no carril interior situado fronte ás instalacións de Capitanía Marítima.

Avenida de Ferrol

Por último, avanzou que o acondicionamento da zona verde da avenida de Ferrol está prácticamente ultimada, a falta da instalación do rego e outros pequenos detalles.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cultura  

Boiro: a asociación de empresarios acubillou o Pecha Kucha




Boiro, 10 de febreiro de 2012. En colaboración co departamento de Cultura do Concello de Boiro a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) contribúe dende hai anos nesta idea organizando foros e xornadas na que se explora como a creatividade pode ser un factor de innovación e crecemento  empresarial.
Coa organización deste evento titulado A INNOVACIÓN EMPRESARIAL ASOCIADA Á CREATIVIDADE pretenden:

  1. Por unha banda, amosar que a creatividade potencia a economía e o desenvolvemento local.
  2. E por outra dar a coñecer ao tecido empresarial e cultural do Barbanza, con iniciativas emprendedoras que souberon conxugar INNOVACIÓN +CREATIVIDADE +CULTURA + EMPRESA.

O obxectivo é que sirvan de referencia e aliciente para outras empresas e emprendedores a hora de iniciar unha aventura empresarial.

Qué é Pecha Kucha?

Creado en Tokio de 2003, Pecha Kucha xorde como un espazo interdisciplinar onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. O evento converteuse nunha celebración masiva expandíndose a máis de 400 cidades. Pecha Kucha diferénciase doutros eventos polo seu formato rápido de presentación baseado nunha simple idea: 20 imaxes x 20 segundos = 6 min 40 segundos para cada orador, sen dúbida una potente dose de creatividade comprimida. Cada participante propón 20 imaxes, que se proxectan durante 20 segundos cada unha, e sobre elas fai a súa presentación. É similar ao TED, só que éste achégase máis ben ao mundo da divulgación científica.

Máis vídeos do Pecha Kucha de Boiro na canle de Arousa Norte en Youtube.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   cultura   empresas  

Barbanza: os concellos de Arousa Norte acordan poñer en marcha un programa cultural conxunto

  • A Mancomunidade Arousa Norte -Barbanza- está composta por Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira

(download)
Ribeira, 30 de xaneiro de 2012.- A Casa Consistorial ribeirense acolleu esta mañá a primeira das reunións programadas polos concellos da Mancomunidade Arousa Norte para desenvolver estratexias conxuntas de colaboración e coordinación en distintas áreas municipais.  

Concretamente, o grupo de traballo de hoxe incidiu no eido cultural. Con este fin, déronse cita no Consistorio situado en Santa Uxía os alcaldes de Boiro, Rianxo e Ribeira (Juan José Dieste, Adolfo Muíños e Manuel Ruiz, respectivamente), así como os técnicos municipais de Cultura correspondentes aos catro concellos que forman parte de Arousa Norte. 

A reunión foi cualificada de moi frutífera polos integrantes da mesma. No seu transcurso acordouse traballar en común cara a confección dun programa cultural comarcal conxunto. Con este obxectivo, o grupo de traballo emprazouse a unha próxima reunión na que cada Concello informará con detalle dos seus recursos materiais, técnicos e económicos de que dispón en materia de Cultura. A idea é actuar dende catro ámbitos diferenciados: museos, teatro, música e outros recursos.  

A reunión serviu tamén para que se decidise a posta en marcha dun Día da Mancomunidade de carácter rotatorio, cuxos detalles serán estudados en próximas reunións. 

Reparto do traballo

Tamén se acordou que a dirección e coordinación do grupo de traballo de Cultura corra a cargo do correspondente departamento do Concello de Ribeira. Rianxo coordinará o grupo de traballo de Deportes; A Pobra, o de coordinación de Policías Locais; e Boiro, o de Servizos Sociais.










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Arousa Norte   cultura  

Ribeira: intentarán coordinar as áreas de Cultura dos municipios de Barbanza

Media_httpfarm3static_jyerf

Boa parte da programación cultural dos concellos galegos máis próximos entre si solápase cada fin de semana

Ribeira, 25 de xaneiro de 2012.- A Casa do Concello de Ribeira vai dar cabida o vindeiro luns, día 30 de xaneiro, a unha reunión entre representantes das Corporacións Locais de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo  co fin de desenvolver e implementar fórmulas de colaboración que redunden na valorización das rúas respectivas Áreas de Cultura e a coordinación de actividades. 

Este labor coordinador de Áreas Municipais, que ten lugar a proposta de Manuel Ruiz Rivas tras a súa toma de posesión da presidencia da Mancomunidade Arousa Norte, vaise facer extensiva a outros departamentos, como Servizos Sociais, Deportes e Policías Locais. Así, está prevista a próxima celebración doutras tres reunións sobre estas temáticas nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, respectivamente. 

Suxiren argallar un "Día da Mancomunidade"

Co mesmo espírito de optimizar a colaboración entre os municipios de Arousa Norte, proximamente vaise estudar tamén, a suxestión de Ruiz Rivas, a posta en marcha dun Día da Mancomunidade que tería frecuencia anual e carácter rotatorio polos distintos concellos de Arousa Norte. Trataría dunha xornada que daría cabida a actividades preferentemente de índole cultural e deportiva con participación dos catro municipios.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Arousa Norte   Barbanza   cultura   mancomunidade  

Ribeira: o conselleiro de Cultura participou no soterramento da cápsula do tempo que se debería levantar en 2061


  • Nela inclúense obxectos representativos da sociedade actual, os xornais do día -en papel- e os traballos gañadores do concurso escolar Barbanza 2061, organizado polo Club Exxpo Press
  • Roberto Varela, fiel á era Gutenberg, escolleu meter prensa en papel, namentres que os estudantes apostaron polo dixital

Roberto_varela_e_suso_souto
Imaxe do Facebook de Suso Souto, presidente de Exxpo Press

Ribeira, 11 de novembro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, participou esta mañá na iniciativa xornalístico-escolar ‘Cápsula do tempo’, na que se soterraron no Paseo Marítimo de Coroso materiais didácticos e informativos para ser recuperados dentro de cincuenta anos. Nesta iniciativa, organizada polo Club Exxpo Press, participaron escolares de educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato do Concello de Ribeira. No acto, o conselleiro estivo acompañado polo alcalde Manuel Ruíz Rivas, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o presidente do grupo conserveiro Frinsa, Ramiro Carregal.

Na cápsula soterrada hoxe introducíronse diversos obxectos representativos da sociedade actual (entre eles, un teléfono móbil, un Pen-drive ou un DVD sobre Ribeira), así como os traballos gañadores do concurso escolar Barbanza-2061 convocado polo club para todos os escolares da comarca (formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Boiro) e patrocinado por Frinsa. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo (na nota da Xunta ascenden a Unai González a concelleiro do mesmo ramo, felicitacións!) elixiu soterrar na cápsula a prensa do día 11-11-11. Neste concurso participaron alumnos de Educación Infantil, que levaron a cabo murais, estudantes de Primaria, que presentaron xornais, e rapaces de Educación Secundaria e Bacharelato, que realizaron traballos audiovisuais. Todos estes traballos presentados a concurso debían de incluír ou representar a temática "Cómo imaxinas o mundo en 2061?"

Un conselleiro ancorado na era Gutenberg

Durante a súa intervención previa ao soterramento da cápsula, o conselleiro de Cultura e Turismo invitou aos rapaces a “imaxinar o futuro”, xa que, segundo asegurou, “permítennos aprender dos erros, úrxenos a cambiar de dirección e fainos recobrar a confianza”. Roberto Varela explicou que elixiu introducir na cápsula do tempo a prensa do día porque “dalgún xeito, os xornais son o símbolo máis acaído do ‘hoxe’, do tempo que me tocou vivir e da xeración á que represento”. “Vós, en cambio, sodes o futuro: os protagonistas da era dixital”, destacou o conselleiro, quen subliñou que os avances tecnolóxicos son “ferramentas formidables para acceder á información”. Con todo, instou aos estudantes a pensar que “son un medio e nin o fin en si mesmas, xa que detrás delas seguen atopándose o coñecemento, o pensamento, a arte e a cultura”.

Nesta liña, Roberto Varela subliñou que “a cultura non pode ser allea aos avances tecnolóxicos e ás transformacións da sociedade”. “Pola contra, ten que afrontalas e mesmo lideralas, sempre desde o respecto ao legado milenario que herdamos e que constitúe a nosa meirande riqueza”. O titular de Cultura e Turismo engadiu que “a cultura é a esencia do que somos”, destacando a súa conviccións de que “dentro de cincuenta, cen ou douscentos anos seguirá a ser o punto de encontro de todos os galegos”. Por último, reflexionou sobre o papel da cultura como “a canle coa que nos comunicamos e nos proxectamos cara o exterior”. Por esta razón, asegurou que “para que Galicia siga medrando é preciso que conservemos a nosa cultura e que sexamos capaces de modernizala e difundila nun constante diálogo con todos os pobos do mundo”.

Relacionada:

Cápsula Barbanza 2061: este venres 11 de novembro en Coroso



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   conselleiro   cultura  

Noia: achegan a cultura á terceira idade do rural, con visitas ao patrimonio e teatro este sábado 15 de outubro

  • As actividades deste sábado, 15 de outubro, consistirán nunha excursión guiada polo máis sobranceiro patrimonio noiés e unha obra de teatro

Click here to download:
cartaz terceira idade.pdf (818 KB)
(download)
Noia, 11 de outubro de 2011. Co programa de Extensión Cultural para a Terceira Idade, o Concello de Noia, a través da concellería de Servizos Sociais, dirixida pola nacionalista Sofía Caamaño Lado, está a desenvolver en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña un achegamento da terceira idade do rural á cultura.

Sdc10406
Sofía Caamaño é concelleira de Servizos Sociais

Preténdese achegar a cultura ás persoas da terceira idade do rural noiés, incidindo especialmente no patrimonio histórico e no teatro. Para isto proponse organizar unha visita ao casco histórico de Noia e posteriormente a representación dunha obra teatral.
Media_httpfarm3static_qrttg

Pazo Dacosta

O sábado, dia 15 de outubro, varios autobuses recollerán ás persoas nos distintos lugares do termo municipal, trasladándoas ao centro da Vila. Esta visita será guiada por persoal técnico do concello.
Unha vez na Vila, entregarase unha guia a cada un dos asistentes, farase un pequeno percorrido polo casco histórico onde se lles irá explicando a historia dalgún dos principais monumentos e edificios de Noia: Muiños de Pedrachán, Cemiterio Sta. Maria a Nova, Coliseo Noela, Casa da Xouba, Pazo Dacosta, Igrexa de S. Martiño, Praza do Tapal e restos da Muralla medieval.
Click here to download:
tarxeton.pdf (634 KB)
(download)

A continuación os asistentes poderán presenciar a representación da obra de teatro "En busca da chacha perdida", do grupo de teatro noiés Candelexas, con guión e dirección de Víctor Vez.

O mesmo día, en Outes:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   cultura   terceira idade  

Boiro: Cruz Vermella organiza "Veráns educativos" en agosto

Boiro_verns_educativos

Actividades culturais para esta semana:

Espectáculo de maxia.
Xoves 28 de xullo. 12.00 h na Casa da Cultura "Mago Martín"

Festival de bandas de música
Sábado 30 de Xullo
. 20.00 h na Rúa Peonil.

As bandas convidadas que acompañarán nesta edición pola Banda Municipal de Boiro son a Banda de música de Barbadás Banda de música S.R. de Calo.

Proxección do filme Avatar
Sábado 30 de xullo. 22.00h. Praza de Cabo de Cruz.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cruz Vermella   cultura  

A Pobra: todo preparado para la visita y apadrinamiento del periodista José María Íñigo al club de periodistas comarcal "Exxpopress"

  • El popular periodista y presentador de TV hará una ruta turística por la comarca con alcaldes y empresarios
  • Visitará una exposición sobre el Rey y presentará su último libro, que versa sobre el Príncipe
  • Finalmente acudirá a una gala con casi cien invitados

Jmi

A Pobra, 14 de junio de 2011. El popular periodista y presentador de TV José María Íñigo, que acaba de ser galardonado por la Academia de la Televisión con el Premio Toda una Vida, pasará la jornada de mañana miércoles en la comarca del Barbanza, donde le espera una apretada agenda.

José María Íñigo llegará al mediodía a Ribeira, donde mantendrá un almuerzo privado con los alcaldes de Barbanza, un grupo de empresarios y la directiva del Club Exxpopress. Por la tarde, la comitiva realizará una ruta turística por la comarca, visitando las Dunas de Corrubedo, el Monte de A Curota, los Castros de Neixón y las inmediaciones de la isla de Sálvora (a bordo de una embarcación desde la que podrán ver también cómo faenan los percebeiros y cómo se cultivan los mejillones en las bateas).

A las 20.00 horas, Iñigo visitará en la Casa Consistorial de Boiro la exposición Crónica de la Monarquía Española, formada por periódicos y revistas históricos. Desde allí se dirigirá a pie hasta el Centro Social de Boiro, donde presentará a las 20.30 horas su último libro, Cien españoles y el Príncipe, en un acto en el que estarán presentes el alcalde, Juan José Dieste, y el presidente del Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez. El acto será presentado por la periodista Eva Ortega, locutora de Radio Boiro. Iñigo firmará ejemplares de su obra entre los asistentes (la librería Ler de A Pobra montará allí un puesto de venta).

Finalmente, a las 21.30 horas dará comienzo en el restaurante Chicolino de Boiro la Gala de Presentación del Club Exxpopress, a la que asistirán casi un centenar de personas y en la que José María Íñigo será nombrado Padrino del Club y recibirá la primera Insignia de Oro.

El Club Exxpopress es un colectivo cultural, de ámbito autonómico y sin ánimo de lucro, creado y promovido por periodistas de prensa, radio, televisión y medios digitales, pero abierto a toda la sociedad. Sus objetivos son, por un lado, la organización de actividades que resulten de interés para el colectivo de periodistas y, por otro, la promoción turística, cultural y empresarial de Galicia.

Más en

http://www.josemariainigo.com

Y si quiere notar su sentido del humor, sígalo en twitter, en https://twitter.com/#!/josemariainigo

Antes, en Certo:

A Pobra. 6 de Mayo de 2011. El popular periodista y presentador de televisión JOSÉ MARÍA ÍÑIGO asistirá el próximo miércoles día 15 de junio en la localidad de A Pobra (A Coruña) a la gala de presentación del Club Exxpopress, un colectivo cultural de ámbito autonómico creado y promovido por periodistas, pero abierto a toda la sociedad. La cena-gala, en la que José María Íñigo será nombrado PADRINO del Club, tendrá lugar a partir de las 21.30 horas en el restaurante A Terraza de Chicolino. En el transcurso de la gala, en la que habrá sorpresas musicales, José María Íñigo recibirá la primera INSIGNIA DE ORO del Club. 

     Previamente, durante su estancia en la comarca del Barbanza, el popular periodista realizará una ruta turística por algunos de los principales puntos de interés de la zona, acompañado de diversas autoridades y empresarios. 

     Asimismo, visitará en la Casa Consistorial de Boiro (20.00 horas) la exposición multimedia ‘Crónica de la Monarquía española’, formada por decenas de periódicos históricos y revistas de todo el siglo XX, que se complementa con la proyección de vídeos y una colección de imágenes de gran tamaño. 

     La agenda de José María Íñigo durante su estancia en la comarca del Barbanza incluye la presentación, en el Centro Social de Boiro (20.30 horas) de su último libro, titulado ‘Cien españoles y el Príncipe’, del que firmará ejemplares.

     José  María Íñigo Gómez (Bilbao, 1942) dio sus primeros pasos en el mundo de la comunicación en Radio Bilbao y, posteriormente, fichó por la Cadena Cope. A los 18 años trabajaba ya en el Servicio de Reportajes Especiales de la Agencia EFE. Poco después se trasladó a Londres, donde siguió abriéndose camino en las ondas colaborando con varios programas musicales de la Cadena Ser. A su regreso a España se instaló en Madrid y colaboró con los programas El Musiquero, El Gran Musical y Los 40 Principales. Paralelamente, escribía para distintas publicaciones musicales, como Mundo Joven y El Musiquero.

     Su debut en TVE se produjo en 1968, en el programa Último Grito, un espacio musical pionero en la época dedicado a las nuevas tendencias artísticas y musicales del momento. Más tarde presentó el programa Ritmo 70 (1970) en TVE. En 1972 se estrenaba Estudio Abierto, el programa que le encumbró como presentador de televisión (se emitió hasta 1974 y, en una segunda etapa, de 1983 a 1985).

     En los años siguientes fue el conductor de otros espacios de similar formato en los que, además de convertirse en plataforma para numerosos artistas hoy consagrados, Íñigo realizaba entrevistas a los personajes más famosos de la época y a personas anónimas con historias curiosas o divertidas. Programas como La gente quiere saber (1973) en TVE; Hoy 14,15 (1974-1975) en TVE; Directísimo (1975-1976) en TVE; Esta noche, fiesta (1976-1977) en TVE y Fantástico (1978-1981) en TVE.

     Con la llegada de las cadenas privadas, lejos de pasar a un segundo plano, José María Íñigo volvió a la actualidad en televisión. Primero, acompañando a Laura Valenzuela en el programa Las Mañanas de Telecinco (1993-1994); después, en los más diversos programas de entretenimiento, concursos y reality shows, como ¿De qué partes estás? (1994-1995) en Telecinco; El Show de Flo (2002-2003) en TVE; Vivo cantando (2003) en Telecinco; Carta de ajuste (2004) en TVE; Supervivientes: Perdidos en el Caribe (2006) en Telecinco; El Club de Flo (2006) en La Sexta (como concursante) y Eurovisión: Destino Oslo (2010) en TVE (como jurado).

     Desde el año 2000 colabora en el programa de Radio Nacional de España No es un día cualquiera. En 2011, Televisión Española le encomendó la retransmisión del LVI Festival de la Canción de Eurovisión, que se celebrará en Düsseldorf (Alemania) del 10 al 14 de mayo.

     Por otra parte, tiene publicados más de una veintena de libros, entre ellos Música pop, música folk, Enciclopedia de la música 1900-1970, Estudio Abierto, Mundo Fantástico, Ahora hablo yo, Cuando éramos jóvenes o Cien españoles y el Príncipe.

     Además, edita y dirige las revistas Viajes y Vacaciones, Vinos y Restauración, Hoteles del siglo XXI y Lo Mejor de Madrid.

     Su trayectoria profesional fue reconocida con el Premio Ondas al Mejor Presentador de Televisión en 1971; la Antena de Oro en 1979, 1983 y 2009; y el TP de Oro en 1975, 1976, 1978, 1979 y 1983.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   cultura  

Noia: A Subela presenta o seu novo disco no Coliseo este sábado 30

Avatar

Este vindeiro sábado 30 de abril ás 21:00h terá lugar no Coliseo Noela a presentación do cd do grupo de Música tradicional da Sociedade Liceo de Noia "A Subela".



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   cultura   música