Preme para voltar á portada
Filed under

cultura marítima

 

Noia: a Asociación Joaquín Vieta pide manter a escolleira para o balandro e 20 metros de altura na ponte da ría

(download)

Noia, 23 de maio de 2011. A Asociación Balandro Joaquín Vieta  reclama, en nota de prensa, "a posibilidade e o dereito de que o balandro Joaquín Vieta, patrimonio de todos os noieses e noiesas, poida entrar e atracar ou fondear nun futuro próximo no porto de Noia, para desfrute de todos. Noia non pode, non debe renunciar á  potencialidade turística que supón a presenza do noso veleiro nas suas aguas, no seu porto".

Segundo esta entidade, "cando a nosa asociación decidiu rehabilitar o balandro, entre as suas motivacións estaba o reclamo que ía supoñer para a xente de fóra. O noso veleiro debe estar no seu porto natural, que é o de Noia. Para poder levar a cabo isto é preciso que Noia recupere o seu porto. Por iso é necesario conservar a canle de acceso ao porto e, por suposto, a escolleira. Tamén sería imprescindible que a futura ponte sobre a Ría acadara no seu arco central a altura de 20 metros. A Asociación Joaquín Vieta, pídelle ás institucións implicadas (Concello de Noia, Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente) e ao conxunto da sociedade noiesa, que cadaquen, dentro do seu ámbito e as súas competencias, poñan os medios necesarios para conseguir este obxectivo. Agora é o momento; ainda estamos en tempo. Se se retirara a escollera ou se se construíra a ponte tal e como contempla o actual proxecto da Xunta, Noia deixaría fóra e para sempre esta xoia do seu patrimonio, que é o veleiro Joaquín Vieta", conclúen.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Joaquín Vieta   Noia   Ría de Muros e Noia   cultura marítima  

Cultura: pódese consultar na Rede ou descargar o libro "As dornas no marisqueo e na pesca artesanal na Arousa Norte", de Santiago Páramo

Ribeira, 4 de febreiro de 2011. Unha publicación complicada de atopar (como tantas que se editan nos nosos concellos e logo esmorecen no esquecemento en estantes de bibliotecas) que volta á circulación grazas á Rede. Trátase de "As dornas no marisqueo e na pesca artesanal na Arousa Norte", un traballo etnográfico sobre esta embarcación que escribiu no seu día Santiago Páramo Aller, coñecido ribeirense e reflotador da Festa da Dorna, a máis multitudinaria na actualidade de toda Barbanza.

Segundo conta o autor, "foi escrita no 1991: xa choveu...pero daquela a chuvia era alimento!". A publicación en realidade nunca estivo catalogada "porque se editou sen depósito legal. Foi cunha subvención destinada a facer un tríptico e xa vedes o que da de si facer as cousas por interese non económico. Logo ofrecéronme facer unha mellor edición por parte da Consellería de Pesca pero a min gústame así e habería que replantear algunhas cousas e a verdade nunca tiven moito tempo. Pode que dentro dun tempo faga outra pero non unha nova edición, senón unha vía distinta sobre o mesmo tema".
Santiago Páramo agradece a difusión que lle está a dar na Rede Arousa Norte (o usuario que a subiu a Issuu é NellRiveira) "aínda con todas as súas eivas e imprecisións. E sobre todo gustaríame destacar a colaboración de Carlos Iglesias, Antonio Millares, Fidalgo e Ramona e José Alborés pola dedicación prestada e o pouco recibido a cambio".

Quen é Santiago Páramo?
Santi Sentado

Foi o noso primeiro entrevistado, e aínda se pode ler a entrevista na vella web de Certo, aquí
Se queres baixar o libro, tes que ir aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festa da Dorna   Ribeira   cultura marítima   internet   publicacións  

Outes: IV Muiñada para exaltar o Patrimonio cultural, do 15 ao 17 de outubro

Media_httpuploadwikim_dvchb

Francisco Añón, poeta outiense, será obxecto de varias charlas e un roteiro

Programa completo:

IV MUIÑADA

XORNADAS DE EXALTACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL


      VENRES, 15 outubro

            19 h. : Inauguración das xornadas

            19.30 h: Proxección do DOCUMENTAL Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

            20 h.: CHARLA: O IX Encontro de embarcacións tradicionais celebrado en Muros no 2009. Por Manuel G. Sendón, organizador do evento.

            21 h.: CONFERENCIA: A Ría do poeta Francisco Añón, por Xoán X. Mariño, historiador e escritor

      SÁBADO, 16  outubro

            11 h: VISITA AO ASTELEIRO tradicional de Abeijón hermanos (O Freixo-Outes)

            12.00 h.: CONFERENCIA: A carpintería de ribeira e os asteleiros no concello de Outes, por Xoán F. García, investigador e escritor.

            17 h.: LECTURA DE POEMAS de Añón, por parte dos alumnos do IES Poeta Añón de Outes.

Media_httpfarm5static_bpidg

Ramón Blanco, a quen poden ver neste vídeo

            19 h.: CONFERENCIA: Francisco Añón poesía e libertade, por Ramón Blanco, escritor e profesor

      DOMINGO, 17 outubro

            11.00 h.: ROTEIRO LITERARIO Polas terras de Añón, coa guía de Ramón Blanco, escritor e profesor.

            12 h.: CONFERENCIA: A poesía amorosa de Añón: os epitalamios. Por Manolo do Río, profesor e escritor.

            13 h: PRESENTACIÓN DA REVISTA “Terra de Outes”

            13.30 h.:  CLAUSURA

      LUNS, 1 novembro

            19 h.: Inauguración da EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS de Outes, recollidas polos alumnos do IES Poeta Añón.

Outes_muiada
Quen era Francisco Añón? Nas charlas enteraraste de máis, pero namentres, Galipedia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Outes   Serra de Outes   cultura galega   cultura marítima   muiñada   poesía  

Cultura: a revista Dorna convirte en fotonovela imaxes de "Mar Libre", a película rodada na illa de Sálvora

Dorna_12

Captura da páxina 21 da revista Dorna do verán 2010

Ribeira, 18 de agosto de 2010. No seu día informamos da rodaxe desta película nunha das illas do Parque das Illas Atlánticas, a de Sálvora, que pertence a Ribeira. Ao consultar o blog Ilha de Orjais, do músico e mestre José Luís do Pico Orjais, descubrimos a interesante reciclaxe destas imaxes nunha fotonovela na revista Dorna, que realiza a asociación cultural da Illa de Arousa co mesmo nome. Teñen que ollar a revista en pdf nesta ligazón.

Tamén paga a pena, por suposto, o artigo "O senhor Colao", de Orjais, no que aparecen imaxes de Castelao en Bealo (ou era Cespón, Neixón en concreto?) e se fala dun músico de Taragoña que emigrou para Arousa logo da Guerra Civil. E non se perdan o excelente artigo adicado aos muíños, a historia dos últimos telefonistas de Arousa, as colaboracións de Séchu Sende e a entrevista con Ramón Neto. Vamos, que van ter que lela toda!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Sálvora   cinema   cultura galega   cultura marítima   medios de comunicación  

Muros: o 22 e 23 de xullo, seminario de verán "Innovación e coñecemento no sector da pesca industrial"

(download)
Díptico co programa e actividades

Mapa

Mapa de Muros (ao pé de Doçon, actual Porto do Son) atopado en Amsterdam (1672)

M_glez_2
Manuel González, profesor de Economía Aplicada na USC, é o director deste seminario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   cultura marítima  

A Pobra do Caramiñal: o Psoe pregunta no Parlamento que ocorre coa programación de Portos Xacobeos

Soneira reclama explicacións polo "plantón" da Xunta a Vapores del Atlántico e denuncia que de xeito sorpresivo e sen ningún tipo de aviso á empresa, a Consellería de Cultura e Portos de Galicia, veñen de prescindir do vapor Hidria II como escenario de distintas actividades do programa Portos Xacobeos, entre eles A Pobra do Caramiñal

Media_httpfarm5static_gexrp

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2010. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista Marisol Soneira anunciou que rexistrara diversas iniciativas autonómicas na que reclama explicacións polo “plantón e o abandono”, da Xunta á empresa “Vapores del Atlántico”, encargada de xestionar o programa dos portos xacobeos.

A portavoz socialista explica que as Consellerías do Mar, a través de Portos de Galicia, e de Cultura e Turismo, presentou no pasado mes de marzo o programa de actividades denominado Portos Xacobeos, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010. Sinala que no acto de presentación contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana. Relata que o obxectivo deste programa, segundo as declaracións feitas polos membros do goberno galego, é “o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns a través de máis de 60 actividades pretenden  dar a coñecer os nosos portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago...”.
A deputada advirte que na programación orixinal figuraba a participación da empresa VAPORES DEL ATLÁNTICO S.L. A través da súa embarcación HIDRIA II, e así figuraba na páxina web creada a tal efecto coa denominación de www.portosxacobeos.com ate fai escasos días. En concreto esta participación figuraba vinculada os actos que se celebrarían nos portos de Pontevedra, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Fisterra, Muxía e Ribadeo entre os meses de xuño e setembro.

Nese senso indica  que a empresa propietaria do HIDRIA II levou a cabo importantes obras de mellora da embarcación, e fixo unha planificación acorde coa programación deste programa e mesmo, polas súas propias declaracións públicas, ten recorrido a fontes de financiamento externas para poder facer fronte a  este proxecto.

Soneira denuncia que de xeito sorpresivo e sen ningún tipo de aviso a VAPORES DEL ATLÁNTICO S.L., a Consellería de Cultura e Portos de Galicia, veñen de prescindir do vapor Hidria II como escenario de distintas actividades do programa Portos Xacobeos. Asegura que tomaron esta decisión “sen mediar ningunha explicación”, e unha semana antes de que o Hidria II atracase en Pontevedra, para iniciar a súa participación neste evento cultural.

A empresa amosou o seu estupor


Pola súa banda a empresa VAPORES DEL ATLÁNTICO S.L emitiu un comunicado no que sinala “o estupor por unha decisión unilateral, que nos colle totalmente de sorpresa, cando levamos varios meses traballando para cumprir a nosa previsión”.


Por todo esto Soneira quere saber;

1.ª) Por que mecanismo legal incorporou a Xunta de Galicia a VAPORES DEL ATLÁNTICO S.L.  a programación de PORTOS XACOBEOS 2010?
2.ª) Por que a Xunta de Galicia incorporou a súa páxina web a embarcación HIDRIA II na programación dos actos a celebrar nos portos de Pontevedra, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Fisterra, Muxía e Ribadeo?

3.ª) Cales foron as razóns que fixeron prescindir dos servizos desta empresa da programación anunciada no seu día con tanto boato e profusión de medios de comunicación?

4.ª) Que acordos se acadaron  coa empresa que denuncia o incumprimento do mesmo, por quen, en base a que precepto legal?

5.ª) En caso de existir o acordo que denuncia a empresa, que medidas compensatorias ten previsto conceder a Xunta de Galicia polos danos económicos, de imaxe e empresariais ocasionados?
6.ª) En todo caso, cal foi a razón última que levou a Xunta de Galicia a renunciar os servicios desta empresa, despois de incluíla na programación, e a escasos días do inicio dun programa tan anunciado?

Antes publicamos:
Se alguén esperaba de pé ao Hidria, que se vaia sentando
Media_httpwwwculturam_xeswo

"A Consellería de Cultura e Portos de Galicia prescindiron da presencia do Hidria no programa de Portos Xacobeos, de forma unilateral, sen explicacións, e unha semana antes de empezar", contan en Culturamaritima.org, xunto coa nota de prensa dos armadores deste vapor, auténtica xoia que aínda suca os nosos mares. Un dos portos onde ía recalar para este programa de Portos Xacobeos, que comezou con moi mal pé ao deixar fóra Noia (menos mal que rectificaron hai uns días), era o de A Pobra do Caramiñal. Semella que non vai poder ser, nun acto de improvisación máis ao que nos ten acostumados a consellería de Roberto Varela.
Toda a nova aquí

Se estaban pendentes da programación de Portos Xacobeos, ollo, hai moitas cousas que agora (sen aviso aos medios) están pendentes ou sen determinar. Boten un ollo aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Portos de Galicia   Xacobeo   cultura marítima  

Ribeira: a dorna local Áncora, gañadora do Campionato de Primavera de Dornas a Vela

Media_http2bpblogspot_tgbcb

A crónica e unhas fotos que da gloria velas, no blog dos organizadores, en http://lajareu.blogspot.com/2010/05/finaliza-o-campeonato-de-primavera-de.html



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cultura marítima   embarcacións tradicionais  

Cultura marítima: entidades de Noia e Barbanza apoian manifesto a prol do patrimonio marítimo flotante

Media_httpfarm5static_spbbf

Balandro Joaquín Vieta, que conta cunha asociación en Noia

Noia, 19 de maio de 2010. En Xixón, no marco do Día Europeo do Mar, que se celebra este 20 de maio (http://mas.lne.es/dia-europeo-del-mar) o Museu Maritím de Barcelona e o Museo do Mar de Galicia, en representación de entidades e asociacións españolas defensoras do patrimonio marítimo flotante, fixeron unha declaración pública, que conta co apoio de European Maritime Heritage. Este manifesto é apoiado por un grande número de colectivos, tanto españois como europeos, entre os que se poden contar varios destas bisbarras, como a asociación "Balandro Joaquín Vieta" de Noia ou "Lajareu por Barlovento" (http://lajareu.blogspot.com) de Ribeira.

Este manifesto en favor do patrimonio marítimo flotante do estado español ten como obxectivo a incorporación dunha enmenda á futura Lei de Navegación Marítima Española, que actualmente está en fase de redacción, para que recoñeza o carácter cultural do patrimonio marítimo a flote e promova a súa conservación en uso, de xeito que se preserven os saberes inmateriais asociados a ela.

A Federación Galega Pola Cultura Marítima (de cuxa web tomamos esta nova) está a participar activamente na campaña para lograr a incorporación da enmenda, e forma parte dos grupos de traballo formados para tal fin.

Media_httpfarm5static_ggznp


Neste momento as entidades que apoian a enmenda son:

GALICIA

1) Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Escrito de apoyo conjunto de las 42 asociaciones de Galicia dedicadas a la conservación del patrimonio marítimo y fluvial de Galicia y que mueven 150 embarcaciones.
2) Museo do Mar de Galicia.
3) Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos de Galicia.
4) Asociación Galega de Carpinteros de Ribeira (AGALCARI)
5) Asociación de Amigos do Museo do Mar de Galicia.
6) Clube Maritimo Marisma da Ramallosa (Pontevedra).
7) Vapores del Atlántico SL. «Vapor Hidria Segundo». O Grove. (Pontevedra)
8) Asociación Cultural e Deportiva Amigos da Dorna Meca. O Grove.
9) Asociación Balandro Joaquín Vieta. Noia.
10) Asociación de Amigos das Gamelas—Mar da Pedra. Cangas do Morrazo.
11) Asociación Cultural Lajareu por Barlovento.
12) Amigos da Dorna de Portonovo.
13) Grupo Etnográfico Mascato.
14) Agrupación Cultural Deportiva Xuvenil Fasquía.
15) Clube Mariño A Reiboa.
16) Sección de Vela Tradicional do Club do Mar do Ferrol.
17) Club Marítimo de Redes.
18) Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”.
19) Asociación Cultural e Deportiva Dorna.
20) Asociació Gameleiros.
21) Concello de O Grove.
22) Concello de A Illa de Arousa.
23) Concello de Ferrol.
24) Concello de Sanxenxo.
25) Concello de Vilagarcía de Arousa.
26) Asociación Deportiva e Cultural de Embarcacions Tradicionais “Rabandeira” de Vilanova de Arousa.
27) Concello de Sanxenxo.
28) Concello de Poio.
29) Asociación Cultural Lefre de Caldereta

CANTABRIA

1) Fundación Villas del Cantábrico.

EUSKADI

1) Untzi Museoa-Museo Naval de San Sebastián.
2) Albaola Elkartea. Asociación para la difusión del patrimonio marítimo vasco.
3) Euskal Batel Eroak Elkartea. Asociación de propietarios y usuarios de bateles.
4) Astilleros de Bermeo SL
5) Asociación de municipios Udalarrantz, integrada por:
5.1 Bermeo
5.2 Elantxobe
5.3 Getaria
5.4 Hondarribia
5.5 Lekeitio
5.6 Lemoiz
5.7 Mundaka
5.8 Mutriku
5.9 Ondarroa
5.10 Orio
5.11 Pasaia
5.12 Santurtzi
5.13 Zierbena
5.14 Zumaia.
6) Asociación Itsasplanet.
7) Itsas Gela-Aula del Mar (Pasaia).

CATALUNYA

1) Xarxa de Museus Marítims de la Costa Catalana, integrada por:
1.1 Museu Comarcal del Montsià
1.2 Museu d'Història de Cambrils
1.3 Museu del Port de Tarragona
1.4 Ajuntament de Vilanova i la Geltrú
1.5 Museu Marítim de Barcelona
1.6 Consorci el Far
1.7 Museu Municipal de Nàutica El Masnou
1.8 Museu de la Marina de Vilassar
1.9 Museu de Mataró
1.10 Museu del Mar de Lloret de Mar
1.11 Museu d'HIstòria de Sant Feliu de Guíxols
1.12 Museu de la Pesca de Palamós
1.13 Museu de la Mediterrània Torroella de Montgrí
1.14 Museu de l'Anxova i de la Sal de L'Escala
1.15 Consell General dels Pirineus Orientals Castell Reial de Cotlliure.
2) Institut Català de Recerca en Patrimoni Cultural (ICRPC).
3) Federació Catalana per la Cultura i el Patrimoni Marítim i Fluvial.
4) Associació per la Conservació d’Embarcacions Tradicionals de Castelldefels.
5) Veles e Vents Navegació Tradicional SL.
6) A Tot Drap. Associació per la recuperació del patrimoni marítim.
7) La Mar d’Amics. Associació per la difusió de la navegació tradicional i la recuperació del patrimoni marítim de Palamós.
8) Associació dels Amics de la Vela Llatina de Calella de Palafrugell.
9) Associació d’Amics de la Vela Llatina de l’Escala.
10) Projecte Ninam SL.
11) Associació Persones Inquietes Kul-Actiu de Lloret de Mar.
12) Bergantín Cyrano.
13) Associació DeLaMar.
14) Asociación Catalana de Capitanes de la Marina Mercante.
15) Amics del Museu de la Pesca de Palamós (Girona).
16) L’Estrop Associació de la Costa Brava per el Patrimoni Marítim.
17) Associació L’Arjau. Vela llatina Cambrils (Tarragona).
18) Drassanes Despuig. (Cadaqués-Girona).
19) Associació Bricbarca – Barca de mitjana “Sant Ramon”.

BALEARES

1) Club Nàutic Cala Gamba.
2) Associació França a la Vall de Sóller.
3) Barques de Fusta.
4) Associació de la Vela Llatina de Mallorca.
5) Al.lots de Barca. Associació de Patrimoni Marítim.
6) Associació d’Amics de N’Agustina.
7) Associació d’Amics del Museu Marítim de Mallorca.
8) Amics de la Mar de Menorca.
9) Velero “Rafael Verdera”.
10) Asociación Reflotar el pailebote «Thöpaga».
11) Associació Marítimo Cultural d'Eivissa i Formentera.
12) Associació de Mestres d'Aixa de Mallorca.
13) Amengual Artesà Nàutic.
14) Associació Revitalització Centres Antics, de Mallorca.
15) Club Nàutic S'Arenal.
16) Grup per l’Estudi de les Fortificacions de les Balears.

COMUNIDADE VALENCIANA

1) Museu Arqueològic i Etnogràfic Municipal Soler Blasco de Xàbia (Alicante).
2) Astilleros Artimar. Valencia.
3) «Goleta Morena». Alicante.
4) Associació de Barques Tradicionals de Xàbia (Alicante).
5) Grupo d’Esplai Esportiu “Vela Latina de Torrevieja” (Alicante).
6) Fundación Un Mar Sin Barreras.

ANDALUCÍA

1) Federación Andaluza por la Cultura y el Patrimonio Marítimo y Fluvial, representando a:
1.1 Fundación Nao Victoria
1.2 Asociación Ecomuseo Astilleros Nereo
1.3 Fundación Bergantín Galveztown
1.4 Excelentísimo Ayuntamiento de Coria del Río
1.5 Asociación de Vecinos del Balneario de los Baños del Carmen
1.6 Asociación Cultural de amigos de los Baños del Carmen
1.7 Asociación de Pescadores de Málaga – Este
1.8 Astilleros de Adra
1.9 Cofradía de Pescadores de Cádiz
1.10 Hermandad de la Virgen del Carmen de Pedregalejo
1.11 Cobarja.
2) Astilleros Nereo.
3) Liga Naval de Andalucía.
4) Asociación Baética Nostra.
5) Asociación Cultural Aula Gerión de Sanlúcar de Barrameda.
6) Asociación Andaluza de Antropología.

CANARIAS

1) Fundación Correillo La Palma.
2) Asociación Pro-Restauración del Correillo «La Palma».

Outras institucions que manifestaron o seu apoio:
1) Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España.
2) Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos de España.
3) Il.lustre Col.legi d’Advocats de Barcelona.
4) Consejo General de la Abogacía Española.
5) Facultat de Nàutica de Barcelona (UPC).
6) Cluster Marítimo Español, en nombre de todo el sector marítimo español.

FRANCIA

1) Société Nautique de Narbonne.
2) «Les amis du deux frères», embarcación centenaria.

PORTUGAL

1) Associaçao Barcos do Norte. Viana do Castelo.

Manifesto (en castelán)

Click here to download:
Manifesto_Xixon.pdf (33 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Noia   cultura marítima  

Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, designados "Portos Xacobeos". Noia, o vello porto de Compostela, non

A iniciativa “Portos Xacobeos” pretende dar a coñecer os nosos portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago

Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira

Media_httpfarm5static_gtfyi

Noia ten unha lauda chamada "do peregrino" e mesmo tivo hospitais para eles

Noia, 3 de marzo de 2010.- Segundo acaba de informar a Xunta, as Consellerías do Mar, a través de Portos de Galicia, e de Cultura e Turismo presentaron hoxe o programa de actividades denominado Portos Xacobeos, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010. O acto de presentación contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana. As consellerías de Mar e Cultura van da man “nun momento no que todos formamos parte dun proxecto común que nos envolve e no que debemos estar implicados todos os galegos: o Xacobeo”, sostiveron ambos conselleiros.

O obxectivo deste programa é o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns. A través de máis de 60 actividades, preténdese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica, o uso social e cultural dos portos de xeito harmónico.

Esta aportación da Consellería do Mar ao fenómeno Xacobeo en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo supón, sempre segundo a Xunta, unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes.

Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos. Cada porto será identificado cun monolito e con cartelería específica co lema dos portos xacobeos: “Hai camiño polo mar”. Ademais, toda a información, programación e actos figurarán na páxina web www.portosxacobeos.com.

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Conferencias, exposicións e concertos

Dentro desta oferta cultural inclúense quince conferencias de prestixiosos coñecedores e estudosos dos diferentes Camiños, os que falarán desde unha perspectiva histórica sobre as rutas xacobeas. Nomes como os de Celestino Lores, presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués, ou José de la Riera, presidente da Federación Galega Amigos dos Camiños, entre outros, amosarán as súas experiencias e coñecementos.

Haberá exposicións que serán itinerantes e estarán dedicadas en cada porto á vinculación específica da instalación co Camiño correspondente. Outras tantas exposicións estarán unha semana en cada lugar nunha vistosa e orixinal forma de presentación abordo do Hidria II, un barco de vapor reconstruído en museo “itinerante”.
No apartado musical, o programa tamén inclúe 15 concertos de música de cámara relacionada co Camiño. Incorporan música antiga, barroca, clasicista e século XX, con grupos de diversas especialidades que amosarían a heteroxeneidade da cultura galega. O feito de utilizar diversas especialidades camerísticas, amosa un repertorio no que se conxugan distintos rexistros culturais que inclúen músicas propias e tradicionais xa ben sexa en arranxo feito para a ocasión como propiamente obra orixinal.

As explanadas portuarias serán o lugar elixido para a realización dos 14 concertos de pop e rock. Concertos que terán unha duración de tres horas con dúas bandas. Un tributo musical á música dos anos 60 e 70 e tamén pop/rock de plena actualidade, será tamén a oferta musical para todos os públicos.

Noia, Porto de Compostela, quedou excluída


Aínda que o outro día Portos de Galicia fixo unha defensa do porto de Noia por se desaparecía coa eliminación da escollera, como lles informamos aquí, semella que se esqueceu do pasado deste porto histórico en relación coas peregrinaciónse e non aparece o porto de Compostela (mesmo hai unha publicación de Xosé Agrelo na editorial noiesa Toxosoutos que se titula así) como porto xacobeo neste Ano Santo.

A vinculación de Noia e o seu porto co Camiño de Santiago vén de moi lonxe. Cómpre lembrar que a actual Noia (no sitio onde está) foi fundada en 1168 e que o descubrimento do tombo do Apóstol Santiago en Compostela fíxoo un tal Paio en 813, polo que a vila noiesa colleu xusto os primeiros séculos de fama do Camiño Xacobeo.

Media_httpfarm4static_jgcfd

Sartego do bispo Teodomiro I en Santiago, a quen Paio lle revelou o lugar onde estaba soterrado o Apóstol
 
Hai restos arqueolóxicos que dan testemuño. Aínda que non podemos ver xa o antigo hospital de peregrinos, que un alcalde tirou na súa ignorancia por se lle caía enriba a alguén, si se pode contemplar a lauda do Peregrino, da que teñen cumprida información aquí. Que Noia se incluíse neste programa de Portos Xacobeos sería fantástico para que máis xente -e algún político- redescubrise o conxunto de laudas gremiais máis importante de Europa, en Santa María a Nova.

Noia foi sitio de paso -e segue a ser- de peregrinos polo Camiño Francés no seu roteiro ata Finisterre. Os camiñantes ían hacia a parroquia de San Orente de Entines, na Serra de Outes e logo desviávanse pola liña da costa e aproveitaban os restos que aínda quedan da calzada romana Per Loca Marítima por esta zona. Curiosamente, en Outes hai un lugar chamado Labacolla (lembren que o aeroporto de Santiago leva este nome por ser o lugar onde tradicionalmente os peregrinos se lavaban os testículos antes de chegar a Santiago).

Tamén hai historiadores que relacionan o porto de Noia co desembarco nel de guerreiros hacia as Cruzadas en Terra Santa. Álvaro de las Casas chega a asegurar nos seus escritos que a Noia chegaban por mar peregrinos de toda Europa "en romería jacobea". Disque sobre 1147 unha armada saída de Darmouth con soldados de Alemania, Inglaterra, Aquitania e Flandes que ían á cruzada predicada por San Bernardo, correu risco de naufraxio por un temporal e tivo que irse a refuxiar a Noia, onde se xuntaron e repararon nada menos que 200 barcos.

Programación

Click here to download:
Programa Portos Xacobeos.pdf (466 KB)
(download)

 

Actualizado:


Vía Stellae: en xullo, concertos xacobeos en Barbanza

 

Noia: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Boiro   Noia   Rianxo   Ribeira   Vía Stellae   Xacobeo   cultura galega   cultura marítima   programación cultural  

Ribeira: Aguiño pon en Internet o que ten que conservar

Patrimonio

Aguiño, unha parroquia ligada ao mar, un patrimonio que conservar.

Aguiño é unha comunidade dependente da pesca que conta cunha longa tradición histórica vinculada ao mar e aos seus recursos, o que deixou unha forte pegada na localidade. Como consecuencia desa relación vital das súas xentes coa actividade pesqueira, Aguiño conta cun patrimonio mariñeiro de gran valor cultural, histórico e social. A Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño, consciente da importancia destes vestixios históricos, e da súa preservación, levou a cabo un proxecto encamiñado a achegar á sociedade a riqueza patrimonial da súa parroquia. Con este proxecto, que foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Confraría tratou de universalizar este patrimonio cultural, incrementar o coñecemento social, concienciar da importancia da súa labor e valorizar a súa implicación na procura da conservación da cultura mariñeira.

A recompilación e dixitalización deste patrimonio popular, de gran tradición e valor, constituía unha débeda pendente da historia pesqueira de Aguiño. A labor desenvolvida pola Confraría permitiu saldar dita débeda e contribuíu a garantir a preservación e difusión futura do patrimonio mariñeiro de Aguiño.

 

Documentación

Imaxes

Rutas de visita

 

A dixitalización dos contidos incluídos nesta sección foi cofinanciada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, así como polo Plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aguiño   Ribeira   cultura marítima   patrimonio  

Mar: a Ría de Arousa inzada de dornas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ría de Arousa   cultura marítima   dorna   mar  

Mar: o barco de Darwin xa está no Museo do Mar de Vigo

Ben, a súa réplica, puntualicemos. Haberá que ir vela! E as velas tamén!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Año Darwin   Divulgación científica   cultura marítima   mar