Preme para voltar á portada
Filed under

curiosidades

 

Rianxo: a Virxe de Guadalupe substituíu a Santa Comba por unha moda introducida no século XVIII

Media_httpfarm5static_aaniv

Entrada da igrexa de Santa Comba en Rianxo

Así o relata Xosé Manuel González Reboredo no seu traballo "Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro", que vén de gañar o XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (a anterior edición gañouna o ribeirense Carlos Callón coa súa obra "Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media"). O antropólogo lugués presentou a súa obra baixo un lema que ben podería servir para moitos gobernantes do PP na actualidade: "Cando os homes non poden, que axuden os santos".

Media_httpfarm4static_hsaei

A da Guadalupe é unha simple capela, aínda que ten a festa máis grande agora e a canción popular máis coñecida de Galicia

Escoiten esta interesante entrevista que lle fixeron no programa "Arredor de nós" de Radiofusión.

 

Quen é Xosé Manuel González Reboredo?

A súa ficha na Galipedia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxeira   Rianxo   curiosidades  

Curiosidades estatísticas: es de Barbanza? Entón o máis seguro é que te chames Manuel ou María. Es de Noia? Pois tamén

Nomes_de_a_pobra

Cantábano os irreverentes e divertidos "Los Toreros Muertos" nos anos 80 do século pasado: "Deja ya de joder, yo no me llamo Javier". Pois en Barbanza tampouco hai moitos que se chamen Javier (sacando o medio cento de Rianxo), pois os proxenitores prefiren arrimarlle o Francisco.

Nomes_de_boiro

Non se trabucan nada os vendedores e as praceiras cando berran iso de "Ven aquí, María, que teño bos prezos" ou o tamén socorrido "Manolo, mira que bos grelos teño hoxe". María, con del Carmen detrás, é o nome de muller máis empregado por estas terras. Pero o nome tan común de Manuel tamén é moi usado por elas, as Manuelas.

Nomes_de_noia
O nome de Xosé (nos gráficos veñen só nomes en castelán porque non foron traducidos da fonte orixinal, que é o Instituto Nacional de Estadística de España) coas súas variantes en parellas (José Luis, José Antonio, por exemplo) tamén é moi empregado. Non é casualidade que en Galicia haxa varios sitios onde se celebran as Festas dos Pepes (e non ten que ver con ningún grupo político).

Nomes_de_rianxo
Dolores (Lola) e Rosa tamén son nomes frecuentes entre as nosas donas. Lola é un nome tradicional dende tempos lonxanos en todo o estado. Xa o cantaba a grande Concha Piquer a primeiros do século pasado:

Nomes_de_ribeira

Datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística. A información de base para a elaboración dos mapas e das táboas é o ficheiro do Padrón municipal de habitantes do día 1 de xaneiro de 2010 que o Instituto Nacional de Estadística (INE) facilita ao IGE.


Non atopas o teu concello entre os gráficos? Entón búscao na fonte orixinal, aquí






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Noia   curiosidades   estatísticas  

Noia: o pleno infantil municipal abordou as principais inquedanzas da mocidade noiesa

Noia_pleno_infantil

 

Noia, 13 de Nadal de 2011. Esta mañá tivo lugar no salón de plenos o Pleno Infantil Municipal, unha sesión extraordinaria para que as rapazas e nenos da vila coñezan polo miúdo como funciona o concello por dentro e se informen sobre o discorrer da vida política municipal.

Segundo nos contou a concelleira de Educación, Sanidade e Deportes, Mary Domínguez, o máis preguntado e, por ende, o que máis lles interesou aos asistentes foron as melloras nas rúas onde estes vivían. Na parte de "Rogos e preguntas" acribillaron ao alcalde e concelleiros con estas cuestións: a algún só lle faltou soltar a consabida expresión "que hai do meu?".

Actividades deportivas nocturnas

 
Unha das preguntas máis curiosas, sempre segundo Mary Domínguez, foi a relativa á proposta de actividades nocturnas como alternativa ao botellón. "Iso implica ter madurez ante o problema do consumo de alcohol e prácticas pouco saudables en idades temperás", argumentou a concelleira de Educación.

Ambiente distendido e bromas

Aínda que a algúns lles puido parecer un "tostón" o pleno, pois foron máis de dúas horas -non foi tan curto como o último pleno "serio" do Concello, que apenas chegou ao cuarto de hora, rogos e preguntas incluídos- o ambiente reinante foi distendido, chegando incluso a momentos de chiscadelas nas que os escolares asistentes amosaron familiaridade e incluso empatía co alcalde, Rafael García Guerrero.

Curiosamente, ningunha das rapazas e tampouco ningún mozo dos que asistiu ao pleno revelou a súa intención de adicarse á política municipal. Para isto hai moitas posibles interpretacións. Propoñemos dúas, pero poden vostedes engadir máis:

1.- A xuventude noiesa "pasa" da política porque a ve moi lonxana e axena
2.- Os que se queren adicar á política non o contan por medo a ser logo obxecto de faladurías e chanzas por parte dos seus compañeiros. Entón hai futuros políticos "tapados"

PLENO INFANTIL MUNICIPAL
ORDE DO DÍA

Punto1: Apertura da sesión
Punto 2: Lectura e aprobación da acta anterior
Punto 3: Propostas dos rapaces e rapazas dos centros educativos.

Participaron os seguintes Centros Educativos.

CEIP FELIPE DE CASTRO. Concellerías de Educación e Seguridade Cidadá coas seguintes propostas:

* Gardería Municipal 
Reparación do Pavillón do colexio
Reparacións do teito do colexio
Más vixiancia policial para atallar os roubos do Centro.

ALEXANDRE RODRÍGUEZ CADARSO: Concellerías de Servizos Sociais e Deporte

* Centro de día para 3º idade
* Actividades deportivas nocturnas (alternativas ao botellón)
* Pavillón novo
* Roubos no colexio.

Mª ASSUMPTA: Concellería de Obras e servizos , e Medioambiente Rural e Mariño.

* Saneamento da Zona de  Testal, colocación de duchas e baños públicos, pistas de xogos, zona para xogos infantís.
* Saneamento e rexeneración da Ría de Noia.

Quedaron sen ocupar as concellerías de Sanidade e Cultura por non asistencia de outro centro invitado, ao que non lle foi posible asistir.

Punto 4. Rogos e preguntas. 
Estiverón facendo preguntas ao Alcalde, tanto o público como os nenos que actuaron como concelleiros durante hora e media das que recibiron resposta por parte de Rafael García Guerrero.

Punto 5 : Clausura da sesión

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   curiosidades   infancia   pleno  

Ribeira: este martes, último día para "adorar" a Copa do Mundo de Fútbol

(download)
Ribeira, 8 de novembro de 2011.- A Copa do Mundo de Fútbol chegou onte ao concello de Ribeira, nesta procesión laica que percorre a península, e xa está á vista de quen a queira contemplar ou fotografarse con ela na sala de exposicións do Auditorio Municipal ata hoxe, martes, ás 21 horas, en horario ininterrompido.

Boa parte dos edís municipais, co concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez á cabeza, xa tiveron ocasión de ollar o trofeo conquistado pola Selección Española o ano pasado en Sudáfrica, ao igual que un grande número de nenas e nenos que non se quixeron perder esta oportunidade única, como foi o caso dos alumnos e profesores do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras. 

Outro dos atractivos que brinda a Corporación Local con motivo da estadía en Ribeira da copa do mundo é unha fotografía de gran formato na que quen así o queira se pode retratar ocupando as facianas de dous xogadores da Selección. 

Antes, en Certo:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   curiosidades   fútbol   relixión  

Ribeira: presentada a nova promoción de policía infantil

Polica_infantil_-_desfilando

Ribeira, 15 de xullo de 2011.- Un total de 24 nenos (7 rapaces e 17 rapazas) integran a 16ª promoción da Policía Infantil de Ribeira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial nun acto que estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, acompañado da concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz Lampón, así como polo coordinador da patrulla, o oficial da Policía Local José Andrés Alonso Paz. 

Procesións

Estes rapaces entrarán en servizo mañá sábado con motivo das procesións que terán lugar en honor á Virxe do Carme e proseguirán o seu labor ata o 31 de agosto. Entre as funcións da Policía Infantil figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas. 

Anteriormente, estes policías infantís estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame. A súa sede está centralizada no CEIP O Grupo. 

Catro nenas novas

Manuel Ruiz Rivas entregou as correspondentes credenciais ás catro nenas que se incorporan á patrulla nesta promoción: María Maceiras Pérez, Lara Santos Luengo, Ana Dios Pereira e Marifé Salazar Jiménez. 

Os pequenos que repiten con respecto a anos anteriores son: Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Angel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez, Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, África González Martínez, Nerea Flores Quintans, Suliman Chhain, Yarinet Álravez Zapata, María Elena Hermida Zapata, Alejandro Álvarez Vidal, Anxo Pena Blanco, Sharon Pérez Gago, José María Maneiro Hermo e Erika Regueira Hermo. 

Ademais, dous antigos membros exercerán este ano de monitores: Luis Miranda Vidal e Lucía Gómez Pazos. 

Labor altruísta

O alcalde salientou durante a súa intervención os valores cívicos que transmiten os membros deste pequeno corpo de policía. “Estamos en tempo de facer cousas polo teu concello, e un labor altruísta e desinteresado como este merece o recoñecemento de todos nós”, afirmou.  

Así mesmo Ruiz Rivas felicitou tanto aos nenos como ás familias “por ser quen de infundir estes valores aos seus fillos”, e tamén tivo palabras de agradecemento ao oficial José Andrés Alonso e ao seu antecesor nesta función coordinadora, Ángel Moreiras.

Polica_infantil_-_foto_de_grup



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   curiosidades  

Curiosidades: atopan un mapa antigo de Galicia en Sevilla, con Ribeira fóra do seu sitio e a toponimia castelanizada

Podería datar dos anos 20 do século pasado, cando Conjo era aínda independente de Santiago de Compostela.

Ribeira_en_sevilla

Ribeira, 11 de xaneiro de 2011. Unha lectora que nos segue dende Facebook, Ana Vizoso, envíanos esta imaxe dun mapa que está na praza de España de Sevilla, nuns azulexos que decoran unha parte da mesma. A ela enviáronllo unhas amigas que acaban de estar alí e que buscaron Barbanza.

Ademais de estar case toda a toponimia deturpada -en castelán e non na norma oficial, que é o galego, véxase Noya, Rianjo, Puebla- hai vilas que nin aparecen, como é o caso de Boiro, e outras están cambiadas de sitios. Así, Ribeira está debaixo de Arzúa e máis aló de Santiago de Compostela. A cidade do Apóstol, por certo, debeu experimentar un incremento de poboación enorme no barrio de Conxo (Conjo), pois figura como se estivese escindido e xa fose de por si unha vila, tan grande como Rianjo ou Puebla (sic).

As reaccións nos lectores de Certo en Facebook foron case instantáneas e, así, Chus Pi di que "Rianjo!!!??? haberá que dicirlles que poñan "Zevilla" e Ali Lago remeda o dialecto sevillano escribindo "Pozí!! Tó un monumento a la inoransia!!". Andrés Solo comenta, tamén en tono divertido, que "Viva Conxo ceibe da tiranía de Compostela! hahaha. A praza de España de Sevilla debe ser do século XIX, coma pouco" e a lectora que nos enviou a curiosa imaxe tercia con que "o Concello de Ribeira que tome cartas no asunto, penso que así se debe facer".

Media_httpfarm6static_lffpb

Praza de España en Sevilla

Actualización:

Andrés Solo deu no cravo: Conjo era municipio independente de Santiago ata 1925. Vexan

A praza de España de Sevilla ten unha fonte central, obra do escultor Vicente Traver, que foi parte do proxecto máis salientable da Exposición Iberoamericana de 1929. Foi proxectada polo arquitecto sevillano Aníbal González, que tamén exerceu como tal nesa exposición. As obras da actual praza comezaron en 1914 e non estiveron exentas de polémica, xa que había unha importante crise económica e a Academia de Bellas Artes non vía con bos ollos que as dúas torres previstas tiveran tanta altura como se lles quería dar, pois podían rivalizar coa Giralda. 

En 1926 tivo que dimitir Aníbal González do seu cargo de director da Exposición Iberoamericana e entón asumiu a finalización do proxecto o arquitecto Vicente Traver,  que foi o que pechou o recinto e engadiu a fonte do centro da praza. Esta fonte ten catro pontes, representando aos catro antigos reinos de España -segundo a historiografía daquela época- . Nas paredes da praza hai unha serie de bancos que delimitan o espazo das 48 provincias españolas, colocadas en orde alfabético, nos que se representan para cada unha das provincias o seu escudo, o mapa e algúns feitos históricos destacados. Aquí é onde se atopou ese mapa, que non sería entón máis que unha curiosidade histórica. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Historia   Ribeira   Sevilla   curiosidades   mapa  

A Pobra: "Gran Cambio", o programa sacamantecas da televisión autonómica, roda esta tempada na vila

Media_httpfarm5static_qyisw

A Pobra do Caramiñal, 27 de outubro de 2010. "Gran Cambio", un programa da televisión autonómica galega que somete a probas aos seus concursantes para variar o seu aspecto físico, presentouse esta tarde na Casa do Concello. Ficción Producciones, a mesma produtora que gravou na illa de Sálvora "Mar libre", é a encargada deste espectáculo no que uns voluntarios se comprometen, aconsellados por expertos, a baixar os quilos de graxa que cren que lles sobran.

O programa presume de que na tempada anterior fixo baixar 132 quilogramos a 13 concursantes (facíase de xeito colectivo), mais desta volta vai haber un só gañador, xa que, aínda que comezarán en grupos, logo de varias expulsións, só poderá quedar un (lembran aquela frase mítica da película protagonizada por Christopher Lambert, "Os inmortais"? Pois igual, pero aquí no canto de perder a cabeza, perdes sebo corporal).

Media_httpfarm5static_zhndv

Na imaxe, Isaac Maceiras no centro; a presentadora Mariana Carballal á dereita e o produtor do programa, Julio Casal, á esquerda. Nos extremos, dúas das concursantes pobrenses.

"Gran Cambio" busca implicar a toda A Pobra no espectáculo. Para iso argallará visitas ao mercadillo para facer unha compra saudable, a tendas para mercar bo, bonito e barato, e tamén a algún restaurante para cociñar ao xeito os alimentos mercados. Falarán tamén en cada programa cunha famosa ou un famoso, aínda que non adiantaron ningún nome. Este personaxe mediático contará como se coida para lucir a súa figura (agardamos que traian gordos tamén, que non se convirta a televisión nunha ditadura dos esqueléticos). Entre pitos e frautas, botarán na Pobra uns tres meses.

A produtora ofreceu datos e fotos dos que van concursar, que poñemos a continuación.

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   curiosidades   televisión  

Noia: a gravidade axudada por un fungo racharon pólas dun magnolio dos xardíns de Felipe de Castro

Rbore_rachada_en_noia

Noia, 8 de setembro de 2010. Un dos magnolios que escolta o lanzal busto de Felipe de Castro en Noia rachou case á metade debido, por pura lei física, á gravidade. Un fungo contribuíu a que a enorme árbore, danada nos seus tecidos internos, cedese polo seu propio peso. Por casualidade, por estatística quizais, non había ninguén debaixo.

O magnolio (árbore da familia das magnoliáceas), como moitos outros vexetais, vese afectado por fungos como o oídio -máis coñecido nas nosas terras por afectar ás viñas) ou por outros menos coñecidos como os que causan a antracnose, enfermidade que se caracteriza por destruír os tecidos vexetais que toca. Segundo o fungo que detecten os especialistas, haberá que aplicarlle funxicidas ou cortar, como popularmente se di, "polo san".

Media_httpfarm3static_qbdeo

Magnolios e palmeiras foron escollidos dende o século XVII en Galicia para adornar pazos e lugares señoriais. É unha especie que debe o seu nome a un botánico francés, Pierre Magnol, que a bautizou arredor do ano 1700, pero é das máis antigas na terra. Segundo os científicos, hai evidencias de plantas desta familia dende hai 95 millóns de anos.

Media_httpfarm5static_mbcet

Ademais de proporcionar unha sombra gorentosa, o magnolio ten unhas flores enormes e moi curiosas. Como se desenvolveu antes que apareceran abellas no planeta Terra, a flor está deseñada para ser polinizada por escarabellos. Non ten nin pétalos nin sépalos: houbo que buscarlles un nome: chámanse tépalos.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   curiosidades   árbores  

Fotografía: Horacio no século XXI

Media_httpfarm5static_rhofv

Horacio foi o poeta romano aquel que deixou escrito nas súas Odas o de "Carpe diem quam minimun credula postero", ou sexa, aproveita o día, non confíes no mañá. Goza da vida. Aquilo era polo século I antes de Cristo. Uns amigos de Jose, aquí nesta vella esquina que tamén formou parte do Imperio Romano, voltan a lembralo.
Nós non entramos nin saímos, Jose. Fai o que che pete!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   curiosidades   fotografía   grafitti  

Ribeira: os cisnes seguen a facer turismo pola Ría de Arousa, desta volta en Aguiño

(download)
Fotos: J.C.

Ribeira, 6 de agosto de 2010. Lémbranse duns cisnes (disque mudos) que estiveron nos últimos meses por Boiro e que tamén foron avistados en Palmeira e na Pobra? Pois seguen de turismo por estas terras: e se non son os mesmos, moito se lles asemellan.

Estes días foron avistados en Aguiño, como poden ver nas fotos que nos cede un amable lector. Se atendemos á súa morfoloxía, son os típicos cisnes comúns (nome científico, cygnus olor), tamén chamados mudos porque non emiten fortes trompetazos coma outros da súa mesma familia, a dos Anatidae ou anseriformes. É o segundo por tamaño entre os diversos tipos de cisnes que hai (o máis grande é o cisne trompeteiro, que, como o seu nome indica, si que da a lata).

Como os animais son mudos -insistimos- os que os avistan só poden preguntarse de onde veñen, se escaparon dalgún zoo ou parque municipal, etcétera... sen obter resposta. Idealizados polos contos -O parrulo feo- e algunhas fotografías como ésta, os cisnes seguen a ofrecer belas estampas para os que teñen unha cámara a man e imaxes bucólicas para os que se atopan con eles de xeito sorpresivo.

Fotos cortesía de Javier Crugeiras.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aguiño   Ribeira   curiosidades   natureza  

Curiosidades: algúns xeitos de celebrar a victoria no Mundial de fútbol en Barbanza

Tucho_e_tonhito

Antonio Lijó e Tonhito de Poi, coas camisolas da "Roja" e da "Irmandiña" (vía Plaza)

En Boiro:

En Rianxo:

En A Pobra do Caramiñal:

En Ribeira:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Bar Plaza   curiosidades   fútbol  

Curiosidades: Prince plaxia co título do seu próximo disco o nome da televisión do instituto de Porto do Son

Media_httpwscdnbbccou_xxikp

Si, señores, como llo contamos. Este músico tan xenial no seu -para o que lle guste- pero tan parvo na predición do futuro (acaba de dicir que internet está caduca e que non vale para a música) púxolle 20ten ao seu próximo disco. Vinte10 é o nome da televisión cultural do Instituto de Porto do Son, un xogo de verbas que pensaron ben antes que este excéntrico cantante. Miren aquí

Parece ser que o primeiro país onde se vai distribuír 20ten será Francia, este vindeiro xoves 8 de xullo (xuntamente cun xornal, xa ven como está a prensa en papel, xogando a todo). Para os fans deste homiño: http://prince.org



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   curiosidades