Preme para voltar á portada
Filed under

Día Internacional

 

Ribeira: o Día Mundial da Danza conmemorouse con portas abertas na Escola Municipal de Ballet

(download)
Ribeira, 26 de abril de 2012.- Unha vintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos que están a estudar danza clásica na Escola Municipal de Ballet realizaron esta tarde unha sesión formativa especial, consistente nunha xornada de portas abertas ante a presenza dos seus pais e nais. Guiados pola profesora Cristina Riveiro, os pequenos bailaríns fixeron as delicias dos seus proxenitores ao amosarlles todo o aprendido no transcurso do presente curso.

Esta acción de carácter excepcional desenvolvida na aula de ballet do Conservatorio tiña o seu fundamento na conmemoración do Día Internacional da Danza: unha efeméride que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.

Hai que recordar que a Escola Municipal de Ballet depende da área de Cultura do Concello de Ribeira, que dirixe a concelleira Elvira Pisos Arnoso (quen finalmente non puido acudir ao evento por xurdirlle imprevistos de última hora).

 








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ribeira   danza   escolas municipais  

Ribeira: conmemoran o xoves 26 de abril o Día Mundial da Danza con portas abertas na Escola de Ballet

 

Ribeira, 23 de abril de 2012.- Co gallo da conmemoración este domingo 29 do Día Internacional da Danza, a Escola Municipal de Ballet quere recordar e conmemorar esta efeméride a través dunha xornada de portas abertas dos nais e pais dos alumnos que, con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos, están a estudar na modalidade de danza clásica.

A devandita xornada terá lugar este xoves, día 26 de abril, ás 18.30 horas, na aula de Ballet situada no Conservatorio de Música Profesional. No acto estará presente a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e a profesora da danza clásica, Cristina Riveira.


Libro: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón, no Ateneo Valle-Inclán






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ribeira   danza  

Sociedade: declaración institucional no Día da Acción Global contra dos Gastos Militares,

Media_httpfarm3static_varpo

        Con motivo da conmemoración, hoxe, 17 de Abril, do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES (http://demilitarize.org/), o Seminario Galego de Educación para a Paz quere facer pública a seguinte DECLARACIÓN.

         Diante da crise económica actual son moitos os gobernos que recortan drasticamente os seus presupostos, reducindo –esencialmente- as prestacións e os servizos sociais básicos, de maneira certamente grave, a educación e a sanidade, principais piares do Estado do Benestar. Sen embargo, o gasto militar segue a ter un peso moi importante nos presupostos e os recursos destinados á preparación da guerra continúan sendo escandalosamente elevados, globalmente, e en cada país. Máis de 4.000 millóns de dólares ó día gastamos en armamento e España ocupa o 11 lugar na exportación de armas, tamén a países en conflito ou que vulneran gravemente os dereitos humanos, violentando a súa propia lexislación interna.

         Por 13º ano consecutivo o gasto militar mundial continúa subindo, tal e como acreditan os Informes máis prestixiosos como o do SIPRI de Estocolmo (http://www.sipri.org/).

         Pola súa parte, os Presupostos Xerais do Estado Español para 2012 van nesa mesma dirección. A media oficial de reducción do gasto dos distintos Ministerios é do 17% mentres que o Mº de Defensa reduce, teóricamente, o seu nun 8%. Na práctica, o gasto militar español supera amplamente os 6.316 millóns de euros presupostados como gastos xa que a cantidade real acada os 18.000 millóns de euros, dos que máis de 12.000 millóns están disfrazados e repartidos en distintas partidas doutros ministerios e organismos, de tan maneira que dous de cada tres euros do gasto militar español están ocultos para a cidadanía e a sociedade.

         A esta vergoñenta situación debemos sumar a recoñecida débeda militar española que chega a 37.000 millóns de euros (máis de dúas veces a débeda da sanidade) contraída esencialmente -hai máis dunha década- polo presidente Aznar. Para reclamar o pago desa débeda e asegurar a súa devolución debemos entender o nomeamento de Pedro Morenés y Álvarez de Eulate Ex- Presidente do Consello de Administración de  Construccións Navais do Norte e ex- Director Xeral para España da empresa paneuropea de misís MBDA, ata onte mesmo, como quen di) como ministro de defensa do goberno de Rajoy.

         Paradoxicamente, partidas tan importantes para construír un mundo máis xusto e máis pacífico, para aplicar a xustiza e a solidariedade, como son as destinadas á cooperación ó desenvolvemento, recórtanse por riba do 50%.

         Por todo isto, no marco do DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA DOS GASTOS MILITARES, queremos denunciar publicamente esta situación para sensibilizar á cidadanía e tamén para presionar ó goberno e ás forzas políticas para que, si hai que recortar, se faga, sobre todo, no gasto militar.

 

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Marcha Mundial pola Paz  

Ribeira: o Día Internacional da Muller Traballadora honrará ás perruqueiras máis veteranas

  • Será nun acto que se celebrará no Salón de Plenos o día 8 de marzo

Media_httpfarm4static_akdcq

Actualizado 8 de marzo:

Manifesto de Ámbar co gallo desta efeméride:

Actualizado 7 de marzo:

Todas as perruqueiras e público en xeral están convidadas ao acto de conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora que, nesta nova edición, está dedicado a este colectivo de profesionais.

O evento terá lugar ás 12 horas no salón de plenos da Casa do Concello e estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz. Contará tamén coa presenza da presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, quen fora a impulsora deste iniciativa; así como da concelleira de Igualdade, Aroa Fernández, e da directora do CIM, Dolores Crujeiras.

Máis antigas

No transcurso do acto agasallarase ás perruqueiras máis antigas de cada parroquia. No transcurso do acto, o escritor e editor riveirense Antonio Piñeiro lerá un poema, acompañado por un guitarrista membro do Conservatorio Municipal.

Antes:

Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Namentres que en concellos non moi lonxanos como Lousame se optou por homenaxear ás mulleres vinculadas ao traballo sanitario, en Ribeira, o vindeiro xoves 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora distinguindo este ano ao colectivo das perruqueiras.

Con tal motivo, e simbolizando ás integrantes desta profesión, a perruqueira máis antiga de cada unha das parroquias do municipio (dúas no caso da cidade) vai ser distinguida nun acto que terá lugar o próximo xoves no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Será ás 12 do mediodía e estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz.

O Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellería de Igualdade que dirixe Aroa Fernández, xa está inmersa nos preparativos do evento.

Cabe lembrar que o ano pasado recoñeceuse o labor das coidadoras de persoas dependentes.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Día da Muller Traballadora   Ribeira  

Noia: o municipio acolle unha mesa polo Día Mundial das Enfermidades Raras o domingo 4 de marzo

  • Uns 30 millóns de persoas teñen unha enfermidade rara en Europa, aproximadamente 3 millóns en España e unhas 200.000 persoas en Galicia.

Festival_benfico_enfermedades_

 

Noia, 27 de febreiro de 2012.  Este mércores, 29 de febreiro, celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras (EERR). FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) organiza a súa campaña anual de sensibilización coa fin de facer chegar a todos os sectores da cidadanía galega a necesidade e dereito constitucional dun trato equitativo cara as persoas que padecen unha ER e as súas familias. Nestas bisbarras, o lugar escollido para instalar unha mesa informativa é Noia, e estará posta o vindeiro domingo, 4 de marzo, no campo da feira.

FEGEREC  é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego que ten a súa sede no Centro García Sabell da Coruña con CIF: G 70218128 e nº de rexistro: 2009/000201-2 (SC). FEGEREC nace co obxectivo principal de mellorar a calidade de vida dos enfermos con este tipo de patoloxías e das súas familias, adicando grande parte dos seus esforzos a abordar de forma integral e multidisciplinar a problemática sociosanitaria que conleva padecer este tipo de enfermidades, así como darlles visibilidade ante a cidadanía.

A día de hoxe a Federación é unha entidade que agrupa a afectados de EERR e ás seguintes asociacións:

-Asociación Galega de Ataxia

-Asociación Galega contra aFibrosis Quística

-Asociación Galega de Lupus

-Asociación Galega de EscleroseLateral Amiotrófica

-Asociación Galega de Linfedema

-Asociación Galega de RetinosisPigmentaria

-Delegación Galega de Arnold Chiari

-Asociación Coruñesa de EscleroseMúltiple

FEGEREC ofrece servizos de acollida e información, rehabilitación (fisioterapia e terapia ocupacional), traballo social, atención psicolóxica, transporte adaptado e nestes anos fixo obradoiros dirixidos a afectados por enfermidades raras e crónicas para coñecer máis de preto a súa patoloxía e plantexar dúbidas a expertos.

AS EERR minoritarias ou pouco frecuentes, son aquelas con perigo de morte ou invalidez crónica, que teñen unha prevalencia menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes. A maioría delas son enfermidades xenéticas, outras son tumores pouco frecuentes, enfermidades autoinmunes, malformacións conxénitas ou enfermidades tóxicas ou infeccións, entre outras categorías.

Entre 5.000 e 8.000 enfermidades raras

Estímase que existen entre 5.000 e 8.000 EERR diferentes que afectan aos pacientes nas súas capacidades físicas, habilidades mentais e nas súas cualidades sensoriais e de comportamento. Así, ante esta polisintomatoloxía é común atoparnos nunha mesma persoa unha minusvalía múltiple. É preciso ter en conta que o papel de coidador principal dunha persoa con ER adoita recaer sobre un membro da familia e é habitual que co paso do tempo remate, non padecendo unha ER, pero si presentando e padecendo clínica no ámbito biopsicosocial.

Entre os problemas e necesidades máis comúns aos que se enfrenta unha persona cunha ER e a súa familia, están os seguintes:

  • Demora no diagnóstico definitiva cunha media establecida en 5 anos.

  • Falta de información da súa patoloxía, tratamentos, axudas... por parte dos profesionais implicados no seu proceso de saúde.

  • Carencias no acceso a unha atención sociosanitaria dende un enfoque integral e multidisciplinar acorde ás necesidades de cada caso.

  • Falta de equidade no acceso e na cobertura das súas necesidades no ámbito médico, social, educativo, laboral etc en relación ao resto da cidadanía, mesmo ás veces en función do lugar onde se vive.

 

Actos por toda Galicia

Os actos que se van a realizar en Galicia con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras son os seguintes, destacando a presenza o sábado 3 de marzo na mesa informativa de Ferrol de Isabel Calvo, presidenta de FEDER (Federación Española de Enfermedades Raras)

Luns 27 de febreiro

Foro: O experto responde de 18:00 a 20:00 horas na páxina do SERGASwww.sergas.es/escolasaude

Igual que o ano pasado, respostaranse en tempo real as preguntas formuladas por aqueles que teñan dúbidas ou queiran coñecer máis sobre enfermidades raras. Vai dirixido a coidadores, pacientes, familiares e á poboación en xeral. Respostarán ás preguntas o Dr. José María Prieto, Facultativo Especialista en Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e asesor médico de FEGEREC e Carmen López, Psicóloga Clínica e Directora Técnica de Fegerec.


Martes 28 de febreiro
Mesas informativas e de postulación nas rúas de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e El Corte Inglés de Vigo.


Mércores 29 de febreiro
Festival benéfico a favor de FEGEREC. Centro Ágora ás 19:00 horas, 5 euros. Actuará a Coral Follas Novas e será presentado por Pablo Portabales. 

 

Sábado 3 de marzo
Mesas informativas e de postulación nas rúas de Monforte e Vilagarcía, Centros Comerciais de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense.


Domingo 4 de marzo
Mesa informativa e de postulación na feira de Noia.


Domingo 11 de marzo
Mesa informativa e de postulación na feira de Cedeira.

Máis info:

FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS FEGEREC

Pza. Esteban Lareo, Bloque 17, Sótano

15008 A Coruña

Tfno: 981 234 651

fegerec@cofc.es

fegerec.blogspot.com




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Noia   saúde  

Ribeira: presentan a campaña "Panos brancos contra a droga"

  • Os principais actos terán lugar este venres 16 de decembro no polideportivo da Fieiteira

Media_httpwwwasociaci_dyhdu

Ribeira, 12 de decembro de 2011. A campaña que leva por lema “Tómate a Vida dunha Forma Diferente: Mil Razóns para Dicir Si á Saúde” ten coma obxectivo principal sensibilizar á poboación fronte aos problemas do narcotráfico e o consumo de drogas, ofrecendo á mocidade, por ser os/as máis sensibles ás adiccións, alternativas de lecer saudable como a práctica deportiva.

Por este motivo desenvolveranse diversas actividades que terán continuidade ao longo dos próximos meses:

− O próximo día 16 de decembro -venres- a celebración do Torneo Deportivo Panos Brancos entre alumnos de ESO dos centros escolares e institutos de Riveira e Vilagarcía, desprazados para ese efecto, e que terá lugar no polideportivo da Fieiteira. O obxectivo do torneo, no que haberá partidos de baloncesto e de fútbol, non é a competición en si mesma, senón fomentar a confraternización e o lecer saudable, compartido e en equipo.

− Lectura dun manifesto xuvenil a favor dunha vida libre de drogas. A dicotomía entre o modo de vida ao que leva o consumo de drogas e o que posibilitan uns hábitos saudables será o eixo central da declaración de intencións do alumnado, para quen dicir "non ás drogas debería ser a decisión máis fácil da vida".

− Exposición durante a celebración do torneo dunha gran bandeira branca contra a droga, para que poida ser asinada como compromiso dunha vida libre de drogas. Despois trasladarase a todos os centros escolares para ser asinada polos alunmado e finalmente convidarase a facelo a todos aqueles/as deportistas que queiran ratificar o compromiso e apoiar a campaña.

− Nos vindeiros meses, e especialmente coincidindo coa celebración do Día Mundial contra o Tráfico Ilícito e o Uso Indebido de Drogas (26 de xuño), realizaranse diversas actividades de sensibilización coa poboación en xeral e os centros escolares en particular.

Razóns para organizar esta campaña de sensibilización

A problemática asociada ó consumo de drogas resulta especialmente inquietante en comunidades como Galicia, na que se asentan numerosas e importantes redes de narcotraficantes. A magnitude do problema que enfrontamos resulta por todos coñecida; superar ou, cando menos, mitigar os seus efectos é un dos grandes retos da sociedade galega.

Dentro das estratexias orientadas a lograr a redución da demanda, destacan especialmente as accións de prevención e sensibilización social, que se revelaron como a máis eficaces para facer fronte á apatía, a banalización do consumo e o alto grado de permisividade e tolerancia que parecen haberse instalado na sociedade.

Panos Brancos contra Droga

Concibida como unha campaña de sensibilización social, Panos Brancos converteuse desde a súa primeira edición no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, facendo unha aposta en positivo pola saúde fronte ós graves problemas que supoñen as adicións e o tráfico de drogas.

Promovida e organizada pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a campaña desenvolveuse o longo destes últimos anos a través de diferentes actos públicos mediante os cales os cidadáns pronúncianse en contra da droga e as bandas criminais do narcotráfico, utilizando principalmente a simboloxía de panos e bandeiras brancas como icona visible do seu compromiso.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de mozos e mozas, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema e faise cada ano de xeito itinerante por diversas cidades de Galicia, sendo Riveira este ano o lugar escollido.

No desenvolvemento das diversas actividades que se levarán a cabo dende agora, e rematarán coa conmemoración do Dia Mundial contra o Tráfico Ilícito e o Uso Indebido de Drogas participan a Asociación Antidroga Renacer, Fundación Galega contra o Narcotráfico e o Concello de Ribeira.

Obxectivos:

− Aumentar o grado de concienciación e sensibilización social.

− Contribuír a previr futuros consumos e adiccións, especialmente entre os mozos.

− Incrementar o rexeitamento aos narcotraficantes, eliminando calquera atisbo de benevolencia e permisividade fronte a estes delitos.

− Ofertar un exemplo de comportamento e actitude positiva ante as drogas para mozos.

− Implicar de forma activa a toda a sociedade na tarefa de lograr a desaparición das drogas e o narcotráfico de Galicia.

Participantes:

A campaña deséñase en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións que apoian e participan en todos os actos programados. Panos Brancos celebra este ano a súa quinta edición, contando co apoio de diversas entidades e institucións, como a FEGAMP, a Xunta de Galicia o Parlamento de Galicia.

Organizan:

Fundación Galega contra o Narcotráfico, Asociación Antidroga Renacer, Concello de Riveira e centros educativos de Riveira e Vilagarcía de Arousa.

Pode que tamén lle interese:


Música: Nadal musical na Taberna do Riaso


Arte: "Caprichos" de Dalí xa se pode ver no Museo do Gravado de Artes


Torneo: Flor de Toxo organiza un en xaneiro


Arte: Jontxu Argibay, de Aguiño a New York


Liceo Marítimo: baile o 31 e asemblea o 15 de xaneiro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Renacer   Ribeira   drogodependencias  

Ribeira: este venres 9, Día Universal da Infancia con charla, proxeccións e música

  • Organiza o Concello xunto a ONGs do municipio, no auditorio municipal dende as nove da noite


Rematarán o acto Mini e Mero, uns clásicos da música galega
 

Ribeira, 5 de decembro de 2011.- A concelleira de Cultura de Ribeira, Elvira Pisos Arnoso, xunto coas delegadas de Unicef Riveira (Cruz Rivadulla), Cruz Vermella Ribeira (Ángeles Cores) e Mans Unidas Ribeira (Ramona Pérez) deron a coñecer o acto co que se pretende conmemorar no noso municipio o Día Internacional da Infancia: unha data que se ben tivo lugar o pasado 20 de novembro, decidiuse retrasala por coincidir coas eleccións xerais. 

(download)
O devandito acto está  organizado por varias ONG’s do municipio como Unicef, Mans Unidas, Cruz Vermella, Intermón-Oxfam, Cáritas Parroquial e Médicos sen Fronteiras, xunto coas concellerías de Cultura e Xuventude. 

O acontecemento terá  lugar o venres 9 de decembro ás 21 horas no Auditorio Municipal cun programa que inclúe a actuación musical de Os Chiquilicuatres, varias testemuñas sobre a situación da infancia nos países do sur e en Galicia (a cargo de Médicos sen Fronteiras, Axunica, Fundación Meniños e Fundación Faibén); proxección de imaxes e vídeos e a actuación final de Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla e fundadores de Fuxan os Ventos, que interpretarán varios temas para pechar o acto co canto conxunto co público asistente de A Sementeira, como símbolo do compromiso de todas e todos coa infancia. 

A entrada é de balde ata encher aforo. As entradas entregaranse dende ½ h antes do acto.


Antes, en Certo:

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ribeira   infancia  

Ribeira: Ámbar celebrou o Día das Persoas con Diversidade Funcional con actos este venres 2


Vídeo cortesía de Antonio Lijó en Youtube

Media_httpfarm8static_cefyd

Media_httpfarm8static_boacc

Media_httpfarm8static_dahxx

Media_httpfarm8static_uzrzk

Media_httpfarm8static_neaom

Media_httpfarm8static_sging

Media_httpfarm8static_gewdp

Media_httpfarm8static_gsgua

Media_httpfarm8static_qfhdt

Media_httpfarm8static_jxhav

Imaxes deste venres 2 na Praza do Concello de Ribeira

Manifesto:

Click here to download:
Manifesto AMBAR 3 decembro 2011 VF.pdf (51 KB)
(download)

Antes, en Certo, anunciamos:

Ribeira, 30 de novembro de 2011. O vindeiro 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, co fin de reivindicar os seus dereitos e favorecer a súa visibilidade e a plena participación na sociedade.

Dende a Asociación AMBAR conmemoran este día cos alumnos de Primaria de Ribeira, polo que farán unha xornada denominada Vivir en Diversidade...dende a infancia, que terá lugar este venres 2 coa seguinte programación:

VENRES 2 DE DECEMBRO

10:30h – Recepción dos alumnos dos CEIPS e os usuarios de AMBAR na Praza de España. Dende alí van camiñando ata a praza do Concello.

11:15h – Actividades participativas e xogos na Praza do Concello.

12:15h - Lectura do manifesto que AMBAR fai público con motivo do día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.


12:20h - Rematarase a xornada cantando a canción “Mensajes del agua” de Macaco.

12:30 – Fin do acto.

Contarán coa colaboración do músico Suso Bello (Compañía do Ruído e Chiquilicuatres) quen será o encargado de amenizar toda a xornada.

NOTA: En caso de que chova a actividade será a mesma e realizarase na 1ª planta do Auditorio.

Na semana próxima a actividade conxunta AMBAR,  fará entrega a cada colexio de un exemplar encadernado con todos  os debuxos que se elaboraron con motivo da celebración de ese día. Ó mesmo tempo o mural grande rotará polos colexios co fin de estar expostos dous ou tres días en cada un deles.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ámbar  

Ribeira: Amicos celebrou este venres 2 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

  • O sábado 3 houbo unha entrega de diplomas presidida polo alcalde de Ribeira

 

Media_httpfarm8static_ucepx

Media_httpfarm8static_swibb

Media_httpfarm8static_wihin

Media_httpfarm8static_icvmd

Media_httpfarm8static_nlzdk


Ribeira, 5 de decembro de 2011. O pasado 3 de decembro, con motivo da conmemoración do Dia Internacional das Persoas con Discapacidade, AMICOS fixo o acto de clausura e entrega de diplomas dos cursos de formación desenrolados durante o ano 2011.

O acto contou coa presencia da Directora Xeral de Formación ( Dna. Ana Díaz ), do Alcalde do Concello de Ribeira ( Manuel Ruiz Rivas ), da Concelleira de Cultura ( Dna. Elvira ) e da Presidenta de AMICOS.

O Alcalde de Ribeira alabou os esforzos dos membros de AMICOS por superarse dia a dia e conseguir romper as barreiras que os impiden progresar. A maiores confirmou o apoio do Concello e da Deputación de A Coruña coas entidades de que traballan polas persoas con discapacidade.

A Presidenta de AMICOS felicitou os membros de AMICOS polo seu esforzo a nivel persoal e por non rendirse nunca e superarse dia a dia. Solicitoulle as distintas administracións o seu apoio para poder continuar co traballo que se leva facendo tantos anos e que tantos froitos da.

A Directora Xeral de Formación e Colocación felicitou a tódolos asistentes e confirmou o seu apoio e a súa aposta pola formación do colectivo das persoas con discapacidade. Asi mesmo manifestou o seu compromiso de apoiar as persoas mais desfavorecidas, sobre todo neste momento de crise.

O curso de Impresor impartido por AMICOS tivo unha duración de 738 horas lectivas, das que 610 foron practicas e 128 teóricas.

No curso formáronse 15 persoas con discapacidade intelectual dos meses de Xullo a Novembro.

Durante este ano 2011 AMICOS impartiu 3 accións formativas das que se beneficiaron 50 persoas con discapacidade.

Esta formación permitiu a inserción laboral de 2 persoas con discapacidade intelectual.

Nota do Concello:

O alcalde tomou parte na entrega de

diplomas de impresor a usuarios de Amicos

Media_httpfarm8static_jjeia

Ribeira, 5 de decembro de 2011.- A sede de Amicos, localizada na parroquia riveirense de Oleiros, viviu o acto de entrega dos seus diplomas acreditativos aos usuarios do centro que estiveron a asistir ao curso de impresor de pequeno formato. Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira; Ana Díaz, directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia; así como a presidenta de Amicos, Esther Vidal, e a edil municipal Elvira Pisos, fixeron entrega dos títulos. 

Durante a súa intervención, o alcalde deu conta dalgunhas das accións que se están a promover dende o Concello para favorecer a integración das persoas con diversidade funcional e colaborar coas asociacións e entidades como Amicos. Así, dixo que a mediados deste mes está prevista a entrega  a esta asociación dunha das dúas vivendas tuteladas promovidas dende a Administración local na busca da súa integración persoal (a outra está destinada a Ambar); e tamén manifestou que Riveira vai contar –dentro das accións incluídas no programa Riveira Atlántica 2015- co segundo plan de mobilidade urbana de toda Galicia, que será o primeiro nun municipio distinto ás sete grandes cidades.  

O rexedor tamén avanzou que a Deputación e A Coruña ten destinado 158.000 euros para rematar o centro ocupacional que está construíndo a Asociación.

 

Antes publicamos:

Media_httpfarm8static_kejxg

Media_httpfarm8static_bjybk

Media_httpfarm8static_jjxcv

Os de Amicos estiveron en Boiro esta mañá. Saíron pese á chuvia

Media_httpfarm8static_kgrbu

Media_httpfarm8static_adfqc

E tamén en Ribeira

Ribeira e Boiro, 2 de decembro de 2011. A asociación Amicos celebrou hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, lendo un manifesto titulado "SOÑAMOS CON", e elaborado polos rapazes de AMICOS, no que expresan as súas inquedanzas e os seus soños.

Dia_discapacidade_amicos

Leuno Javier Freijo, autoxestor de AMICOS, que fixo de portavoz desta entidade.

Documentos relacionados:

 

Click here to download:
SOÑAMOS CON MANIFESTO AMICOS.doc (827 KB)
(download)

Click here to download:
MANIFESTO INSTITUCIONAL.doc (830 KB)
(download)

Click here to download:
CARTA ABERTA.doc (832 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Amicos   Día Internacional   Ribeira   discapacidade  

Noia: declaración institucional no Día Mundial contra a Sida

(download)

Media_httpcertoesuplo_teews



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Noia   declaración institucional   sida  

Noia: o STAND celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun obradoiro de xogos e contos

  • Constará de dúas sesións, o sábado 3 e o sábado 10 de decembro. Impárteo a monitora de teatro, Ana Carreira

Adriana

 

Noia, 1 de decembro de 2011. O próximo sábado, día 3 de decembro, celebrarase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Para conmemoralo, o Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade (STAND) do Concello de Noia vai levar a cabo un obradoiro de xogos e contos dirixido a nais e pais de nenos que acuden a este servizo.

Media_httpfarm7static_cjxge

Será impartido pola monitora de teatro, Ana Carreira, durante dous sábados consecutivos, os días 3 e 10 de decembro no local de Servizos Múltiples do Concello (tamén chamado Edificio Administrativo), na rúa Espírito Santo.

O STAND leva en funcionamento máis de 20 anos e é un servizo social específico (atención a nenos con discapacidade ou risco de padecela e as súas familias) de carácter público. Realízase atención temperá (0 a 6 anos) e atención á discapacidade infantil (6 a 14 anos). O ámbito de atención abrangue, ademais do concello de Noia, os de Lousame, Outes, Muros e Porto do Son.

Pode que tamén lle interese:


Declaración institucional do Concello de Noia: no Día Mundial contra a Sida


Curso en Noia: sobre sexualidade o 13 e 15 de decembro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Noia   discapacidade  

Boiro e Ribeira: Amicos celebra o Día das Persoas con Discapacidade con actos o venres 2 e o sábado 3 de decembro

  • O venres en Boiro e o sábado en Ribeira

Igualdade

 

ACTOS DE COMMEMORACIÓN DO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADADE 

1. ACTO DE SOLTA DE GLOBOS E LECTURA DE MANIFESTO A CARGO DOS ALCALDES

DATA:  VENRES, 2 DE DECEMBRO DO 2011

LUGAR: PRAZA DO CONCELLO DE BOIRO

HORA:  12:00 H 

PROGRAMA DO ACTO:

  • 12:05 h: LECTURA DE MANIFESTO DOS CONCELLOS:

A cargo do presidente da Mancomunidade Arousa Norte: Excmo. Sr. D. Juan Jose Dieste

  • 12:10 h: LECTURA DE MANIFESTO POR UN USUARIO DE AMICOS
  • 12:15 h: SOLTA DE GLOBOS CO LEMA “ IGUALDADE ”
  • 12:20 h: Intervención de alcaldes e autoridades os medios: ( 6 INTERVENCIONS DE 3 MIN DE DURACCION )

  NOTA: confirmase a asistencia de:

  • Alcalde de Boiro: D. Juan Jose Dieste Ortigueira
  • Alcalde do Concello de Porto do Son: D. Luis Oujo Pouso
  • Alcalde do Concello de Pobra do Caramiñal:D. Isaac Maceiras Rivas
  • Alcalde do Concello de Rianxo: D. Adolfo Francisco Muíños Sánchez
  • Tenente Alcalde do Concello de Rianxo: D. Carlos Gey
  • Concelleiro de S.S. do Concello de Ribeira: D. Vicente Mariño de Bricio

2. ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS A CARGO DA DIRECTORA XERAL DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN ( EXCMA. SRA. DNA. ANA DIAZ )

DATA:  SÁBADO, 3 DE DECEMBRO DO 2011

LUGAR: ASOCIACION AMICOS - RIBEIRA

HORA:  11:00 H 

PROGRAMA DO ACTO:

  • 11:00 h: PROXECIÓN DE PRESENTACIÓN SOBRE O TRABALLO E FORMACIÓN ADQUIRIDAS DURANTE OS CURSOS
  • 11:10 h: INTERVENCION AUTORIDADES
    • 11:10 h: INTERVENCIÓN ALCALDE DE RIBEIRA
    • 11:15 h: INTERVENCIÓN PRESIDENTA DE AMICOS
    • 11:20 h: INTERVENCIÓN DIRECTORA XERAL
  • 11:30 h: ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Amicos   Boiro   Día Internacional   Ribeira