Preme para voltar á portada
Filed under

danza

 

Ribeira: o Día Mundial da Danza conmemorouse con portas abertas na Escola Municipal de Ballet

(download)
Ribeira, 26 de abril de 2012.- Unha vintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos que están a estudar danza clásica na Escola Municipal de Ballet realizaron esta tarde unha sesión formativa especial, consistente nunha xornada de portas abertas ante a presenza dos seus pais e nais. Guiados pola profesora Cristina Riveiro, os pequenos bailaríns fixeron as delicias dos seus proxenitores ao amosarlles todo o aprendido no transcurso do presente curso.

Esta acción de carácter excepcional desenvolvida na aula de ballet do Conservatorio tiña o seu fundamento na conmemoración do Día Internacional da Danza: unha efeméride que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.

Hai que recordar que a Escola Municipal de Ballet depende da área de Cultura do Concello de Ribeira, que dirixe a concelleira Elvira Pisos Arnoso (quen finalmente non puido acudir ao evento por xurdirlle imprevistos de última hora).

 








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ribeira   danza   escolas municipais  

Ribeira: conmemoran o xoves 26 de abril o Día Mundial da Danza con portas abertas na Escola de Ballet

 

Ribeira, 23 de abril de 2012.- Co gallo da conmemoración este domingo 29 do Día Internacional da Danza, a Escola Municipal de Ballet quere recordar e conmemorar esta efeméride a través dunha xornada de portas abertas dos nais e pais dos alumnos que, con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos, están a estudar na modalidade de danza clásica.

A devandita xornada terá lugar este xoves, día 26 de abril, ás 18.30 horas, na aula de Ballet situada no Conservatorio de Música Profesional. No acto estará presente a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e a profesora da danza clásica, Cristina Riveira.


Libro: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón, no Ateneo Valle-Inclán






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Ribeira   danza  

Ribeira: xa se pode facer a inscrición para iniciarse en danza clásica e contemporánea

Media_httpfarm6static_bxdkl

Ribeira, 1 de setembro de 2011. A Concellería de Cultura informa de que mañá venres día 2 de setembro ábrese o prazo de inscrición na modalidade de Iniciación á Danza e Danza Contemporánea pertencente á Escola Municipal de Danza. 

Esta iniciativa foi creada coa idea de difundir o estilo da compañía Nova Galega de Danza baseada na danza contemporánea e a danza tradicional de Galicia, co desexo de que os alumnos e alumnas interesados poidan ter a oportunidade de ter unha opción de traballo en futuras producións da compañía. 

As clases serán impartidas polo profesor Vicente Colomer. O prazo de inscrición finaliza o 30 de setembro. Os interesados poden apuntarse no Auditorio Municipal, de luns a venres de 9 a 13 horas. 

O prazo para formalizar a matrícula terá lugar do 1 ao 31 de outubro. As clases comezarán o 5 de outubro e terán lugar os mércores e os venres. O prezo é  de 125,50 euros. 

No que respecta ao prazo de preinscripción en Danza Clásica, terá lugar a partir do 1 de outubro.

Pode que tamén lle interese:


Sálvora C.F.: este sábado 3 presentan as categorías inferiores


Novo posto para o alcalde: no Consello de Portos de Galicia


Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile


Aguiño: os da AFLM, encantados co novo párroco nomeado


Cambio dos sindicatos: principio de acordo, disque


Andaina popular: o sábado 3 de setembro

 


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   cursos   danza  

Ribeira: este sábado 13 de agosto, Mostra de Danza con seis grupos locais

Cartel_mostra_de_danza_riveira

Ribeira, 11 de agosto de 2011. A Praza de España de Santa Uxía vai dar cabida este sábado á Mostra de Danza de Ribeira: unha actividade enmarcada na programación da Fiestra da Cultura organizada dende a Concellería de Cultura, que reunirá a seis grupos do municipio para exhibir o seu talento e bo facer. 

Esta actuación terá  lugar ás 20.30 horas e os elencos participantes son Aires da Dorna, o Grupo Tahume de Olveira, a Asociación de Amas de Casa; a Asociación Haveira, a Escola El Tomasón e a Asociación Alfaia. 

Ondacinema

Por outra parte, a Concellería de Cultura desexa lembrar que hoxe ás 20.30 horas na Aula Multimedia terá lugar outra sesión do ciclo audiovisual Ondacinema, integrado dentro da programación do Verán Cultural. O filme proxectado será “O Soño dunha Noite de San Xoán”, de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez. 

É unha película para todos os públicos e a entrada será libre e de balde ata encher o aforo de 50 prazas. 

Colabora na iniciativa a Axencia Audiovisual Galega.

Antes, en Certo:


Mostra de Música Tradicional: estiveron 5 grupos no auditorio

Pode que lle interese:


Programación "Fiestra da Cultura": Amancio Prada e moito máis


Feira das oportunidades: do 13 ao 15 de agosto no Malecón



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza   programación cultural  

Ribeira: tradición galega e engado arxentino no Festival de Danza Contemporánea

Danza_contempornea_2
Ribeira, 4 de xullo de 2011. A dobre función do Festival de Fin de Curso desenvolvido onte e antonte polas 24 alumnas da Escola Municipal de Danza Contemporánea rexistrou un notable éxito de asistencia en ambas actuacións.  

Dirixidas polo profesor Vicente Colomer, as xóvenes bailarinas, con idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos, despregaron o seu talento e coñecementos acumulados nos tres cursos que leva esta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura.  

As coreografías do dobre festival celebrado no salón de actos do Auditorio Municipal estiveron moi influenciadas polo estilo que identifica á compañía Nova Galega de Danza, da que Vicente Colomer é fundador e que se caracteriza por sustentarse nos bailes tradicionais de Galicia. 

Danza_contempornea_1
Non obstante, o repertorio deixou tamén lugar para outros estilos, como un tango do coñecido compositor arxentino Astor Piazzola que puxo o broche final á actuación.

Tamén, en Certo:


Patinaxe: un cento no festival de fin de curso


Turismo: amplían horarios das oficinas de información


Dorna: novos xogos e novidades para este ano

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza  

Ribeira: esta fin de semana, festival de fin de curso da Escola Municipal de Danza Contemporánea

Danza_contempornea_1

Ribeira, 28 de xuño de 2011.- As 24 alumnas que, con idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos, están a asistir á Escola de Danza Contemporánea despregarán a súa arte no Festival de Fin de Curso que, por partida dobre, vai ter lugar esta fin de semana no Auditorio Municipal. Para falar do espectáculo déronse cita nesta instalación a nova concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o director da Escola, Vicente Colomer Busoms. O festival vai ter lugar os días 2 e 3 de xullo, a partir das 20 horas, e a entrada será totalmente gratuíta como é costume. 

Danza_contempornea_2

A edil Pisos Arnoso recordou que o grupo local de danza contemporánea xurdiu como resposta á forte demanda existente entra a cidadanía neste senso e aproveitou para agradecer o labor realizado polo seu antecesor, Luciano Fernández Martínez, así como por todos os integrantes da delegación de Cultura. 

Sobre a traxectoria de Colomer Busoms, “un ribeirense que conseguiu facer da súa paixón unha forma de vida” resaltou a súa formación na Escola de Danza e Música de Galicia, no Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e na Universidade Menéndez Pelayo, con Carmen Roche, Peter Stamm e Juan Bosco. Formou parte como primeiro bailarín de Ballet Galego Rey de Viana e é fundador da compañía Nova Galega de Danza. 

Pola súa parte, Vicente Colomer explicou que este é o terceiro ano que se fai o evento e recalcou que os beneficios da danza van máis aló da disciplina artística, ao transmitir entre os rapaces valores tan importantes como o compromiso e o traballo en equipo. 

Base tradicional

En canto ao programación do festival, avanzou que as coreografías sustentaranse no estilo da Nova Galega de Danza, que se caracteriza por ser unha danza contemporánea que bebe da danza tradicional galega, do mesmo xeito que a danza contemporánea norteamericana bebeu da afroamericana. 

Como consecuencia disto, a maior parte das coreografías xirarán en torno a músicas tradicionais, pero por petición das alumnas tamén haberá tempo para algunha actuación máis libre, entre elas unha sobre a base dun tango de Astor Piazzola. Este venres, 1 de xullo, pola tarde, haberá un ensaio xeral.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza   escolas municipais  

Ribeira: o Festival de Danza Clásica da Escola de Ballet encheu o auditorio

Media_httpfarm6static_ughib

Ribeira, 6 de xuño de 2011. O Auditorio Municipal encheuse totalmente na noite de onte, domingo 5 de xuño, para acoller ao Festival de Danza Clásica organizado pola Escola Municipal de Ballet do Concello. Durante a actuación, amosaron o seu bo facer sobre as táboas do escenario as 44 nenas e o neno que, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, están asistindo a esta escola, que dirixe Cristina Riveiro, á cal se encargou de presentar o evento.
Media_httpfarm6static_ddybn

O repertorio estivo composto por  composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”). Ademais, o espectáculo rematou coa posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos riveirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente por Cristina Riveiro. Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quixo aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  

Media_httpfarm6static_jdphf

Adeus, Luciano, adeus

Unha vez rematadas as actuacións, o concelleiro Luciano Fernández Martínez despediuse como edil dos participantes e espectadores presentes no Auditorio. Acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas a todos os alumnos da escola.

Media_httpfarm3static_xemjz



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza   festivais  

Ribeira: este domingo, 5 de xuño, festival de danza clásica a cargo da escola de ballet

  • Unha adaptación da canción “Flores en la Carretera” servirá de particular homenaxe á Campaña Libre polos alumnos da escola
(download)

Ribeira, 31 de maio de 2011.- O Auditorio Municipal acubillará este domingo, día 5 de xuño, a partir das 20.30 horas dun Festival de Danza Clásica para poñer o broche final ao curso 2010-2011 da Escola Municipal de Ballet.

A directora da escola, Cristina Riveiro, e o concelleiro en funcións de Cultura e Festexos do Concello, Luciano Fernández, foron os encargados de falar do programa do evento, no que participarán un total de 45 alumnas e alumnos, repartidos en catro grupos e con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos.

Á hora de confeccionar o repertorio do festival pretendeuse, en palabras da propia directora, darlle un aire fresco á musica que soará no evento. Por tal motivo, ademais de composicións orixinais de Leroy Anderson (“El gato valseador”, Césare Pugni (“La vivandière, pas de six”), Orchester Kindersinfonie (“Sinfonía), Johan Strauss (“Marcha”), e Dulce Pontes e Andrea Bocelli (“O mar e tu”), o programa garda unha sorpresa final: a posta en escena do tema “Flores en la Carretera”, dos ribeirenses Jabon Blue na súa versión arranxada por Luis Cobos, con coreografía realizada expresamente da propia Crisina Riveiro.

Con esta adaptación, a Escola Municipal de Ballet quere aportar o seu particular grao de area á Campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións, promovida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude. A este respecto, o edil Luciano Fernández destacou o feito de que, logo de que no pasado 13 de maio Jabon Blue e Luis Cobos mesturaron música rock e clásica para tocar esta canción na Praza de España, agora vense a sumar a danza a esta combinación.

Así mesmo, o concelleiro Fernández Martínez puxo de relevo a traxectoria da Escola Municipal de Ballet, fundada fai 13 anos, á hora de introducir o mundo da danza en Ribeira, así como a máis recente posta en marcha dunha segunda escola especializada en Danza Contemporánea. Tamén salientou o valioso aporte de Cristina Riveiro, que leva 8 anos ao fronte da Escola de Ballet.

Pola súa parte, a directora agradeceu a confianza recibida ao longo destes anos por parte do edil municipal. 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza  

Ribeira: alumnos de danza contemporánea das escolas municipais de Porto do Son e Ribeira, este domingo 30 no Festival de Inverno

(download)
Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. Este domingo, día 30 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Auditorio Municipal vai ser escenario dun Festival de Inverno de Danza Contemporánea organizado pola Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Ribeira, en colaboración coa Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Para falar dos detalles desta actividade estiveron hoxe o edil Luciano Fernández e o profesor da Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense, Vicente Colomer. 

No festival participarán alumnos da devandita Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense e estudantes da Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Segundo Vicente Colomer, propíciase así a posibilidade de que convivan e se coñezan os alumnos dun e doutro centro, ademais de permitirlles un achegamento máis directo ás táboas, de tal xeito que non haxa que esperar a rematar o curso para comprobar o traballo desenvolvido ao longo de todo o ano. 

Todas as coreografías son orixinais das escolas e están asinadas por Vicente Colomer e pola Nova Galega de Danza, grupo do que é cofundador. Será un repertorio onde se amose un estilo de danza tradicional pasado polo tamiz da danza contemporánea. 

Luciano Fernández fixo fincapé no excelente labor que están a despregar as dúas Escolas Municipais de Danza existentes en Ribeira (a de Danza Contemporánea e a da de Danza Clásica, que contan en conxunto con máis de 100 alumnos)  para divulgar esta disciplina artística entre a sociedade do municipio. 

A entrada será gratuíta e libre ata cubrir aforo.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza   festivais  

Rianxo: o sábado 6 de novembro, Entremans representa o espectáculo de danza "En la cuenca de tus ojos"

Rianxo_6_novembro

Rianxo, 2 de novembro de 2010. O próximo sábado 6 de novembro terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 20.30 h, o espectáculo "En la cuenca de tus ojos" a cargo da compañía de danza profesional Entremans.

Entremans é unha compañía residente en Galicia, de pequeno formato e con cinco anos de traxectoria nos que foron premiados en diferentes ocasións e participaron en distintos festivais nacionais e internacionais.
As pezas de Entremans realízanse xeralmente cunha dirección artística colectiva, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso, cun director artístico permanente, se non máis ben como un colectivo de artistas que se reúnen para a creación dunha nova peza, asumindo conxuntamente a dirección ou, nalgunha ocasión, sinalando un director específico para unha nova creación.


Entremans nace en 2005 da man dos cubanos afincados en Galicia, Armando Marten, Ana Beatriz Pérez, Alexis Fernández e Kirenia Martínez, baixo a produción da galega Estefanía Vázquez. Neste ano estrean "En la cuenca de tus ojos", dirixida e interpretada por eles catro, primeira peza da compañía coa que conseguen o 1º premio do Certame Coreográfico de Burgos-New York (2006) e o 1º premio do Certame de Creación Coreográfica de Galicia (2006).

Blog da compañía Entremans
http://ciaentremans.blogspot.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   danza   programación cultural  

Ribeira: xa se poden matricular na Escola Municipal de Danza ata o 15 de outubro

Media_httpfarm2static_ifxeg

Flickr de Paolofefe
Ribeira, 1 de outubro de 2010. Dende hoxe ata o 15 de outubro estará aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Danza. Ofértanse dúas modalidades de danza: 

a) CLÁSICA 

b) INICIACIÓN Á DANZA E DANZA CONTEMPORÁNEA 

Cómpre salientar como novidade que este ano é posible que os interesados/as poidan asistir a ambas modalidades.  

A escola está destinado a nenos/as a partir de 4 anos de idade e impártese na Aula de Danza sita no Conservatorio Municipal de Música de Riveira.  

O prezo da matrícula é de 125,50 euros por curso completo.  

Todos os interesados/as poden recoller o impreso da matrícula nas oficinas do AUDITORIO MUNICIPAL en horario de 9.00-14.00 h.  



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   danza   escolas deportivas  

Ribeira: o luns 9 de agosto, como colofón ás Festas do Verán, "Etheria sae ao teu paso"

Etheria_centro_coreogrfico_gal

Ribeira, 1 de agosto de 2010. Como complemento á programación das Festas de Verán, a praza do Concello de Ribeira vai acoller o vindeiro luns día 9 de agosto, a partir das nove da noite, a actividade Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso. Trátase dun espectáculo impulsado polo Centro Coreográfico Galego coa finalidade de promocionar a danza entre distintos concellos do Camiño de Santiago: ademais de Ribeira, Santiago de Compostela, Fisterra, Muxía, Vilagarcía e O Cebreiro.

Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso é unha variación do espectáculo Ethéria. A viaxe soñada. A viaxe de Ethèria é unha historia fascinante que traza un percorrido de unión entre os grandes centros de peregrinación cristiá. Ao mesmo tempo, é unha historia incompleta: nos datos da viaxe, xa que non se conservan todas as follas do manuscrito que a relata; e no seu remate, ao perderse a pista de Ethèria e non confirmar se efectivamente regresou a Galicia. O espectáculo ten unha duración de 25 minutos e un elenco formado por seis bailaríns e un percusionista. Está organizado por AGADIC coa colaboración do Xacobeo e da Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira.

O novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego parte do suposto de que esa viaxe foi posible, dende Xerusalén ata Compostela; e amosaránola a través da música, a imaxe e a danza, evocando sentimentos e sensacións en cada un dos lugares polos que transcorre. 

Toda a información da obra orixinal na web do Centro Coreográfico Galego, aquí

Tamén en Rianxo

Etheria
E o xoves 12 de agosto, se non puido vela en Ribeira, ou lle gustou tanto que quere recuncar, en Rianxo, ás nove da noite, na Praza de Castelao.

Relacionada:


Festas do Verán: do 4 ao 9 de agosto. Programa aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2010   Festas   Ribeira   Xacobeo   danza   verán