Preme para voltar á portada
Filed under

deportes

 

Dodro: o Concello celebrou o Día das Letras Galegas inaugurando a Xira de Karting

(download)

Padrón, 17 de maio de 2012. O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os tres alcaldes anfitrións -os de Dodro, Padrón e Rois-, asistiron hoxe á apertura do circuíto da Xira Galega de Karting.

O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concello de Rois -os tres do Partido Popular- presidiron a apertura e carreira inaugural de presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón ata o domingo 20 de maio. Ao acto, que se celebrou no propio circuíto, asistiron ademáis a directora da Xira Karting, Raquel González así como varios concelleiros e concelleiras dos tres concellos organizadores.

Esta proba "é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e tres empresas privadas", explicou a tenente de alcalde de Dodro, Marisol Boga, en nota de prensa.

Ademáis, cerca dun cento de rapaces dos concellos de Rois e Dodro, acudiron invitados gratuitamente e disfrutaron dunha sesión completa de pilotaxe. Os nenos tiveron así o seu bautismo no mundo do motor e da educación vial. O/As rapaces/zas poideron disfrutar dunha verdadeira experiencia automovilística a bordo de karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de mercar ou alugar calquera equipamento, nunha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluídos; tamén dunha xornada en familia con xogos, inchables para nenos e agasallos.

O horario oficial desta actividade é o seguinte: a mañá do venres de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   deportes   motor  

Noia: do 18 ao 20 de maio, V Trofeo Feminino das Nacións de baloncesto

Baloncesto-v-nacic3b3ns


Cultura en Noia: programación da Semana das Letras Galegas


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro

Cultura: Rianxo, Noia e Rois teñen cita para "Coñeces a Valentín?" esta semana




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   baloncesto   deportes  

Noia: o I Duatlón "Concello de Noia" é este sábado 19 de maio

  • Por outra banda, o Espazo Xove informa aos que están a sacar o carné de conducir ou pensan facelo nun futuro que hai unha axuda de ata 200 euros da Xunta para moz@s entre 18 e 30 anos

 

Noia_duatlon-2012
Ollo cos horarios e os percorridos, sobre todo os automobilistas:

A  proba feminina comezará ás 16:00 horas, a proba popular ás 16:15 horas e a proba masculina ás 17:45 horas.

O primeiro sector consistirá en 5 quilómetros de carreira a pé 4 voltas nun circuíto urbano con saída nas inmediacións do campo de fútbol e transcorrerá na súa totalidade por tramo urbano, polas rúas próximas ao campo de fútbol. Os primeiros duatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 16 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 30 minutos.

O último da proba popular chegará 7 minutos despois da última muller. O segundo sector, de 20 quilómetros de carreira en bicicleta, comezará ás 16:16 horas (proba feminina) e ás 18:01 horas (proba masculina). Serán 3 voltas saíndo da área de transición pola rúa Paraguai, xirando á dereita na rúa de Venezuela (tramo do enlace), rúa República Arxentina, subida por rúa Colombia, Lugar de Couto de Arriba, xiro á esquerda pola AC-4202, xiro á esquerda, novamente xiro á esquerda pola nova variante da AC-4201, xiro á esquerda na AC-4201, xiro á esquerda na AC-308, xiro á esquerda na AC-311 continuando pola rúa de San Bernardo, rúa Galicia, xiro á esquerda pola rúa Escultor Ferreiro (AC-1104), continuando ata á rúa República Arxentina onde se completa unha volta. Na terceira volta se dirixen cara á área de transición polo tramo de enlace. Proba feminina: As duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 16:54 horas, e as de cola ás 17:17 horas. Proba masculina: Os duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 18:32 horas e os de cola ás 18:45 horas.

 O último participante da proba popular chegará antes da última participante feminina.

 O terceiro sector, de 2,5 quilómetros. De carreira a pé, será de dúas voltas polo mesmo circuíto que no primeiro sector. Proba feminina: As primeiras rematarán a proba ás 17:03 horas, e as últimas ás 17:28 horas. Proba masculina: Os primeiros rematarán a proba ás 18:41 horas e os últimos ás 19:00 horas.

Espazo Xove: 200 euros se cumpres os requisitos


O Espazo Xove de Noia ofrece información a aquelas persoas interesadas sobre a axuda de 200 € para a obtención do carné de conducir publicada no DOG de hoxe 14 de maio de 2012, destinada a mozos/as e mozas entre 18 e 30 anos.

Nese DOG establécense as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria. Pódese obter unha axuda de 200 euros.


REQUISITOS

Ter entre 18 e 30 anos; residir en Galicia; ser titular do carné xove; estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses); non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM.

Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria.

As axudas concederánsevos a todos/as os que reunades os requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.



Cultura en Noia: programación da Semana das Letras Galegas


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   deportes  

Deportes: Padrón, Rois e Dodro acollen a chegada da Xira Galega de Karting

20120509_124242_large

Dodro, 10 de maio de 2012. Os concellos de Padrón, Rois e Dodro acollen a chegada da Xira Galega de Karting. Haberá 16 karts de potencia distinta en función de que o pilote un neno ou un adulto.  Os karts biprazas serán para que os pequechos poidan ir acompañados de seus pais. A organización reservou a xornada da mañá do xoves e do venres da vindeira semana para que os escolares do municipio de Dodro poidan conducir de balde estes vehículos.

Os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concelo de Rois presidiron a presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón do 17 ao 20 de maio.

Media_httpfarm8static_jydfz

Ao acto, que se celebrou no Concello de Dodro, asistiron a directora da Xira Karting, Raquel González, así como Antonio Cortés e Javier Torres, representantes de Gadis e Begano respectivamente, empresas que xunto con Estrella Galicia 0,0 patrocinan este evento. Unha proba que é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Na súa intervención, Antonio Fernández Angueira desexou "unha feliz e exitosa estancia para a Xira Karting" e afirmou que a colaboración entre concellos "foi fácil" . Ademais, o alcalde Valentín Alfonsín Somoza apuntou que grazas a achega das administracións locais os escolares dos concellos poderán gozar, de maneira gratuíta, da sensación que produce pilotar un kart. Para eles a organización reservou as xornadas do xoves e venres da vindeira semana, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Pola súa parte Ramón Tojo Lens congratulouse da "colaboración entre concellos, xa que esta actividade é posible gracias a nosa unidade". Mentres que Valentín Alfonsín Somoza asegurou que "o circuito será un éxito en tódolos espectros da xuventude e da infancia".  Raquel González, directora de Xira Karting, referiuse a iniciativa que  “pretende achegar o deporte do automobilismo a todo o público e, ao mesmo tempo, servir de instrumento de educación viaria tanto para a mocidade como para aquelas persoas que xa non o son tanto”. Nesta liña sinalou que con este evento se “pretende que a familia poida pasar unha tarde diferente chea de emocións”.

Neste sentido, a responsable da proba salientou unha nova promoción que se aplicará este ano e que consiste en que pola compra dunha entrada se ten desconto para a seguinte. Una redución no prezo do que tamén se beneficiarán os que teñan o Carné Xove e as familias numerosas. Ademais, os supermercados Gadis repartirán vales desconto e invitacións entre os seus clientes; e Begano e Estrella Galicia 0,0 tamén farán promocións desta sexta edición da Xira Galega de Karting a través das redes sociais en internet. Karts para nenos e para adultos Os nenos a partir de 8 anos ou 135 centímetros de altura disporán de seis karts infantís cun motor modelo Honda de 125 centímetros cúbicos e con sistema de seguridade a distancia, de tal xeito que o director da carreira poderá frear manualmente a calquera coche en pista. Os adultos dispoñen de 10 karts con motor Honda de 200 centímetros cúbicos.

Ademais, como novidade, a Xira Karting pon a disposición do público un kart bipraza para que os máis pequenos que aínda non poden conducir vaian acompañados. O horario oficial do evento é o seguinte: as mañás do xoves 17 e venres 18 de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas. A tarifa estándar é de 7 euros nenos e de 10 adultos. Hai tarifas con desconto desde 3,5 euros neno e 5 euros adulto, cunha duración de manga de aproximadamente cinco minutos. O evento contará tamén con xogos, inchables e regalos.

Campamentos deportivos 2012

Por outra banda, vén de coñecerse que a Deputación da Coruña concede catro prazas ó concello de Dodro para os “Campamentos Deportivos 2012”. Os Campamentos Deportivos, convocados pola Deputación da Coruña ofrécenlle catro prazas ós rapaces e rapazas de Dodro: o aloxamento terá lugar no Colexio Calvo Sotelo, da Coruña, do 8 ó 14 de xullo. Realizáranse diversos deportes tales como golf, vela de cruceiro, tenis e volei praia.

As persoas interesadas deberán acudir ó Departamento de Deportes do Concello de Dodro. Poderán participar os rapaces e rapazas do concello que comprendan as idades de 8 a 13 anos. A fecha de inscrición finalizará o día 1 de xuño.


A cota de inscrición será de 85€. Ésta inclúe o transporte interno, estadía e a manutención en residencia, así como os gastos das actividades a realizar. Dita cantidade debe ser pagada tras a confirmación da praza. Para poder optar a unha praza, as persoas interesadas deben cubrir a ficha de inscrición. Ésta debe estar asinada polos pais ou titores dos solicitantes. Ademais deben presentar unha foto tipo carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e do libro de familia ou no seu defecto, a do carné de identidade. Tamén deben entregar a copia do pagamento da cota de inscrición correspondente. En caso de que sexa preciso un tratamento específico ou algún tipo de doenza por parte do solicitante, débese presentar un xustificante médico que así o acredite. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, optarase a realizar un sorteo público diante do secretario.

 

Antes, en Certo:




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   Padrón   Rois   deportes   motor  

Ribeira: cincocentos nenos disputan na Fieiteira este sábado 12 o Campionato Escolar de Atletismo

  • Trátase do clasificatorio para o certame autonómico do día 26 en Vigo
  • Barbanza aporta nada menos que 8.000 rapaces ao deporte galego en idade escolar

Media_httpfarm9static_ieocj

Ribeira, 10 de maio de 2012.- O municipio de Ribeira converterase esta fin de semana no epicentro do atletismo en idade escolar a través da celebración este sábado no complexo da Fieiteira do Campionato Provincial Escolar de Atletismo, no que participarán medio milleiro de rapaces de toda a demarcación coruñesa.

(download)
O xefe provincial de Deportes da Coruña, Roberto García; a directora técnica da Federación Galega de Atletismo, Madó González; e o concelleiro de Deportes do Concello de Ribeira, Juan Luis Martínez, explicaron hoxe nun acto celebrado no Consistorio local os detalles deste certame.

O de Ribeira deste sábado será unha competición que inclúe tanto probas individuais como combinadas e na que participarán nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil (nacidos entre 2003 e 2000). O certame dará comezo xa en torno ás 10 da mañá e se prolongará ao longo de todo o día. Haberá probas de todo tipo: tanto saltos, como carreiras e lanzamentos.

Os rapaces que acoden ao torneo son os que rexistraron as mellores marcas das fases zonais, e do mesmo se desprenderán os deportistas que participen o próximo 26 de maio no Campionato Galego, certame que se disputará na cidade de Vigo.

Segundo informou Roberto García, esta competición enmárcase no Plan Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que convocou neste curso a uns 68.000 rapaces de todo tipo de especialidades deportivas, das cales 4.800 foron de atletismo. O xefe provincial da Xunta tamén destacou a aportación da comarca de Barbanza ao deporte galego en idade escolar, cuns 8.000 rapaces involucrados.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   atletismo   campionato   deportes  

Ribeira: comezan a arranxar o campo de A Trinidade en Oleiros

  •  Case 24.000 euros para os vestiarios
  • Agardan que a Deputación subvencione a herba artificial no campo

(download)

Ribeira, 17 de abril de 2012.- O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, acompañado da edil de Oleiros Herminia Pouso, e dos directivos do Atlético Oleiros, Cándido Castro (presidente) e Pepe Cameán (secretario) estiveron no día de onte a visitar os vestiarios remodelados do campo de fútbol de A Trinidade.

Esta actuación, cun importe cercano aos 24.000 euros, estivo desenvolvida polo Concello e supón a primeira fase do convenio de colaboración que a Administración Municipal (xa na anterior lexislatura) suscribiu co citado club. Esta obra permitiu, segundo palabras de Martínez Queiruga, "darlle outro aspecto tanto aos dous vestiarios interiores como os dous exteriores a través da colocación de baldosas en todas as paredes, adecuación das duchas, alicatados, etc...".

Juan Luis Martínez tamén informou de que se está en trámites coa Deputación de A Coruña para ver se o Concello pode recabar a colaboración da entidade provincial para implantar herba artificial no campo e amosou a súa esperanza de que nun futuro non moi lonxano se poda acometer ademais outra ambiciosa actuación, consistente na construción dunha instalación macrodeportiva nos terreos anexos ao campo que inclúa un campo de adestramento de dimensións reducidas para os cativos e un autódromo que permita disfrutar de actividades como o karting ou probas de rali.

O edil de Deportes salientou a intención que ten o Concello de rendibilizar ao máximo as instalacións de A Trinidade como campo de referencia para todos os clubs que operan na zona norte do municipio, dadas as grandes dificultades de poder afrontar os gastos de mantemento dun campo de fútbol por parroquia. Esta pretensión conta coa anuencia do Atlético Oleiros.

Pola súa parte, Cándido Castro manifestou o agradecemento do club por ter realizado xa esta primeira fase das obras.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes  

Ribeira: un cento de kaiakistas de mar de seis países participarán nunhas xornadas do 4 ao 8 de abril

  •  Haberá dous expertos mundiais en kaiakismo extremo e cursos en mar e terra, travesías, conferencias, obradoiros e documentais

 

(download)

Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Entre os días 4 e 8 de abril, un centro de kaiakistas chegados de seis países van recalar neste municipio para participar nunhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación Galega de Kaiak de Mar, o colectivo referente neste deporte non só a nivel autonómico e estatal senón en toda Europa e Norteamérica pola calidade das súas iniciativas.

O presidente da entidade, Roberto García, acompañado dos concelleiros de Deportes e de Seguridade, Juan Luis Martínez e Víctor Reiriz, e do presidente da Asociación Sálvora José Antonio Sobrado (tanto o Concello como este colectivo colaboran na acción), foi o encargado de explicar o programa destas xornadas que teñen carácter bienal e que xa van pola terceira edición (as anteriores foron en Ortigueira no 2008 e en Muxía no 2010) e que cada vez contan cun número crecente de participantes.

O centro de kaiakistas desta convocatoria proveñen de Canadá, Alemaña, Holanda, Francia, Portugal e de toda a xeografía española, incluíndo as Canarias. Ao longo dos 5 días de programa terán oportunidade de participar en multitude de actividades, que están distribuídas en cursos en mar (bautismos, surf, técnicas de paleo, rescates, desembarcos, esquimotaxes, navegación en correntes e kaiak para nenos), cursos en terra (ioga, comunicacións, primeiros auxilios), rutas-travesías (Coroso/Illa de Rúa/Illa Irós, Illa de Sálvora, Illa de Arousa e Illa de Ons) e talleres (reparación en fibra, tuiliks).


Isto faino Marty Perry. Abstéñanse vostedes!

Un dos acontecementos máis relevantes é a participación de dous dos maiores expertos mundiais en kaiakismo extremo: os canadenses Marty Perry e Rowan Glog, fundadores dos Hurricane Riders, un grupo de practicantes deste deporte que actúa ao oeste do Canadá, no territorio da Columbia Británica. Ambos non só participarán como instrutores nas travesías, senón que ademais impartirán unha conferencia sobre o seu labor e proxectarán o documental “The Night Squad”, ademais de aproveitar a súa visita para gravar imaxes para os seus próximos filmes.

A charla e a emisión do filme dos Hurricane Riders terá lugar o sábado pola tarde no Hotel Rio Azor, emprazamento en que nos días previos (xoves e venres) haberá outras conferencias sobre temas tales como o Parque Nacional Illas Atlánticas  (a cargo de Vicente Piorno, técnico deste espazo protexido), sobre o Manuel de Boas Prácticas que se está a elaborar (con Benito Lourido como relator) e sobre a Bretaña Francesa (cun documental que presentará Manolo Pastoriza). Tamén haberá un simulacro de rescate coa participación de Salvamento Marítimo, faranse uns Xogos Esquimais e se realizarán actividades para nenos e acompañantes: barranquismo, rafting, sendeirismo, contacontos...

Razóns para escoller Ribeira

Sobre as razóns polas que a asociación escolleu este municipio por enriba doutros, Roberto García resaltou a idoneidade de Ribeira por reunir unhas condicións “inigualables” para a práctica do kaiak de mar, na entrada da ría máis grande de Galicia; por estar inmersa no “corazón” do Parque Nacional das Illas Atlánticas e por ser o concello máis importante da comarca, con servizos suficientes para aloxar aos participantes.

 

O edil Juan Luis Martínez destacou a idoneidade de albergar estas xornadas para cumprir cun dos obxectivos do Concello, que é o fomento das actividades no medio natural.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes   xornadas  

Ribeira: haberá un torneo de fútbol base o 5 e 6 de abril en Aguiño

Ribeira: o pavillón de Coroso conta cunha sala de musculación e fitness para deportistas de clubs e usuarios da UAD

 

Ribeira, 22 de marzo de 2012.- O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, visitaron hoxe o novo ximnasio de musculación e fitness que, situado no pavillón de Santa Uxía (Coroso), o Concello proporciona de balde pero, ollo, só a disposición dos deportistas membros dos clubs do municipio e de usuarios da Unidade de Atención de Drogodependencias.

 

“Esta é outra forma de dar servizo e prestacións aos clubs dende o Concello, pois a nosa axuda non ten por que pasar unicamente pola vía das subvencións”, explicou o rexedor aos representantes das entidades do municipio que quixeron acudir a este acto de apertura (tamén estivo presente o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle).

 

Novos investimentos

Ruiz Rivas tamén avanzou que é intención do Concello, a través dos seus orzamentos, seguir incrementando o gasto en inversión deportiva a través dunha nova pista multideporte semellante á que xa hai en Abesadas e tamén da compra de terreos na parroquia de Oleiros para a súa dedicación á práctica deportiva.

 

Pola súa parte, Juan Luis Martínez -que procede do mundo dos ximnasios e o taekwondo- explicou que esta sala ximnasio conta con máquinas de fitness de circuíto pechado (o que as fai máis idóneas en canto á prevención de lesións), unha zona de traballo de tonificación abdominal, bicicletas de spinning para traballo aeróbico e outra maquinaria que cubre todos os grupos musculares dos trens superior e inferior.

 

Os usuarios dos clubs que queiran facer uso das instalacións (recomendadas para maiores de 16 anos) poden solicitar cita previa na oficina de Deportes situada no complexo da Fieiteira (deportes@riveira.com).




 

(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes  

Ribeira: crónica e fotos oficiais da VII Gala do Deporte

  • O soño de ter un ribeirense olímpico planeou onte no Auditorio
  • Galardoados e premiadas nas distintas categorías amosaron que o municipio e a comarca está a destacar no eido deportivo

Ribeira, 25 de febreiro de 2012.- Un Auditorio Municipal totalmente repleto viviu na noite de onte a celebración da VII Gala do Deporte de Ribeira, coa que a Concello quixo render un máis que merecido homenaxe aos deportistas e clubs –amén doutras persoas e entidades- máis sobresaíntes do pasado curso 2011 e, ademais, que serviu como unha vibrante demostración da puxanza que no transcurso dos últimos anos ten alcanzado o deporte no concello en moi distintas modalidades, ata o punto de que non se dubidou en exclamar dende o escenario que “o soño de ter algún deportista olímpico en Ribeira está cada vez máis preto de converterse en realidade”, segundo referiu o concelleiro Juan Luis Martínez Queiruga e despois referendou na intervención final o alcalde Manuel Ruiz Rivas.  

Media_httpfarm8static_gruwf

Todas as imaxes da Gala feitas polo Concello, unha a unha, aquí

O programa desta edición gañou en vistosidade con respecto a edicións anteriores ao intercalar actuacións artísticas e proxeccións audiovisuais entre os distintos bloques nos que se desenvolveron a entrega de premios: 16  categorías e 6 mencións especiais. Para facer entrega dos galardóns déronse cita –demais dos dous membros do Goberno Local anteditos- moi distintas autoridades e persoeiros, como o senador José Luis Torres Colomer ou o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia, Roberto García Fernández, así como os Fillos Adoptivos Ramiro Carregal e Magdalena Bringas, o mítico futbolista José Manuel Parada Alvite Suco, o presidente de Cogami Anxo Queiruga, a presidenta de Ambar Milagros Rey,... 

Emotiva homenaxe

A Gala, de dúas horas de duración, dou comezo coas mencións especiais, entre as cales o momento máis emotivo aconteceu cando a dona e máis os tres fillos do finado José Fraga Cores foron agasallados e recibiron o aplauso unánime do público asistente ante o tributo que se lle quixo render a este ribeirense entrañable, vinculado ao Atlético Riveira dende a súa fundación no ano 1968 a través de distintos postos e cargos. As outras mencións especiais foron recibidas polo futbolista internacional Verónica Boquete, o directivo do Atlético Riveira Ricardo Pérez Vidal, a vicepresidenta do Xuventú Aguiño Rosa Vidal Fernández, o gran baloncestista profesional Fran Crujeiras e José Manuel de la Iglesia, que contribuíu grandemente ao desenvolvmento do atletismo entre as persoas con discapacidade do municipio e da comarca. 

Despois tocoulle o turno ás distincións a entidades e clubs, nas que foron premiadas o Colexio Bayón na categoría de Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte Escolar (recolleu o galardón o seu director Vicente Fernández) o Sálvora Club de Fútbol como Mellor Entidade na Promoción do Deporte Base e Deporte para Todos (recolleron o presidente Ramón Martínez e o directivo Juan MillánI), o Atlético Riveira Categoría Sénior como Mellor Equipo Masculino (recolleron o presidente Alberto Villaverde e o capitán Álvaro Calo), o equipo junior do Club Natación Riveira como Mellor Equipo Feminino (recolleu unha representación formada por Yaiza Blanco, Laura Otero, Elena Pérez e Andrea Gómez) e o Club Natural Sport Videlgi como Mellor Club Local (recolleron o presidente José Francisco Agrelo, a vicepresidenta Nita Casanova e o adestrador Osiris Romay). 

Intermedio

Acto seguido chegou o intermedio da Gala, no que alumnas da Escola Municipal de Danza Contemporánea ofreceron dúas interpretacións corografiadas polo profesor e cofundador da mítica escola Nova Galega de Danza, Vicente Colomer (antes, ao inicio do acto, actuaran un dúo de trompetas do Conservatorio de Ribeira e a Aula Galega de Saxofón). 

Unha vez finalizada a actuación de danza, deuse paso aos recoñecementos a adestradores, árbitros e colaboradores, nos que foron obsequiados: como Mellor Adestrador, Juan Carlos Brión Lema, do Club Natación Riveira (recolleu o premio un dos seus fillos por estar aquel en plena celebración do Campionato de España que se está a disputar en Pontevedra); como Mellor Xuíz Árbitro Vicente Fiel (de fútbol e fútbol sala, dende o ano 1983); como Mellor Evento Deportivo o campamento Soño Olímpico que promove o Club Natural Sport Videlgi (recolleron os galardóns Carolina Fernández e Gabino Cobas); na categoría de Patrocinio Deportivo, Conresa, empresa patrocinadora do Xuventú Aguiño (recolleu o seu director xerente Juan Carlos Cobas); e na de Mellor Labor Informativo, La Voz de Galicia, cuxa delegación en Riveira celebra 25 anos (recolleu o delegado Ramón Ares). 

Recoñecementos individuais

Finalmente chegaría o momento dos recoñecementos individuais. Na categoría de Mellor Deportista Femenina con Discapacidade foron galardoadas as integrantes do programa Vela para Todos da Asociación Ambar, formado por Montserrat Queiruga, Mª Carmen Pérez, Mª Bonisú Paz e Ana Mª Martínez. Como Mellor Deportista Masculino con Discapacidade premiouse ao taekwondista Alejandro Vidal. A continuación unha das categorías máis dificultosas para o xurado: a de Mellor Deportista Revelación Feminina, na que o premio foi recibido de xeito compartido pola atleta especialista en triple salto Ana Peleteiro e a nadadora María Vilas (quen por estar nos campionatos nacionais en Pontevedra non puido recoller o trofeo e o fixo no seu nome o presidente do Club Natación Riveira José Antonio Prada). Pola súa parte, o Mellor Deportista Revelación Masculina sería Adriano Jiménez, combatente do Clun Natural Sport Videlgi. 

Como Mellor Deportista Feminina e Mellor Deportista Masculino foron distinguidos a atleta Virgina Villar (recolleu a súa nai) e o taekwondista Javier Sieira). 

Para poñer o punto final á Gala, o presidente do Atlético Riveira Alberto Villaverde dirixiuse aos espectadores no nome dos premiados para agradecer estas distincións.  

Por último, o alcalde Manuel Ruiz destacou como, de contar unicamente con equipos de fútbol e un incipiente club de baloncesto non hai tantos, “hoxe contamos con campións de España e de Europa e con medallistas mundiais” en numerosa disciplinas, e resaltou a crecente implicación das mulleres no mundo do deporte, sen esquecerse tampouco dos logros acadados polas persoas con diversidade funcional. “Espero ver moi pronto algún olímpico de Ribeira”, rematou. 

Apostilla da redacción de Certo: Agardamos que nunha destas festas de autobombo e chauvinismo municipal os nosos políticos pidan tamén que saia "pronto algún premio Nobel" dos seus concellos. Mais para iso hai que investir en I+D+I, priorizar o coñecemento sobre o lúdico. En España non se concede un premio Nobel relacionado coa ciencia dende 1959 (Severo Ochoa) e só hai dous (o outro foi o de Ramón y Cajal) neste sector do coñecemento. Máis información aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes   política  

Ribeira: xa se coñecen os gañadores que serán premiados na VII Gala do Deporte

  • Javier Sieira, loitador, e Virginia Villar, atleta, mellores deportistas
  • Ana Peleteiro, María Vilas e Adrián Jiménez, deportistas revelación
  • O premio ao Mellor Adestrador será recollido por Juan Carlos Brión, do Club Natación Riveira 
  • Natural Sport Videlgi, mellor club
  • A Gala será este venres 24 de febreiro ás 20:30 horas no auditorio

Gala_do_deporte_-_presentacin
Imaxe do día da presentación da Gala do Deporte 2012. O concelleiro de Deportes (dereita) está vinculado ao club Natural Sport Videlgi, escollido como mellor club

Ribeira, 22 de febreiro de 2012.- O Concello deu a coñecer no día de hoxe as persoas e entidades que serán distinguidas na sétima edición da Gala do Deporte de Ribeira, que terá lugar este venres a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal. 

Con presenza do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro delegado de Deportes, Juan Luis Martínez; e do autor da escultura que dará imaxe a estes premios polo menos durante os próximos tres anos, Jontxu Argibay, fóronse desvelando os gañadores en todas as categorías e os méritos acadados en cada unha delas. Así, como Mellor Deportista Masculino resultou gañador Javier Sieira, loitador de taek won do, subcampión de Europa Universitario e campión de España, en tanto que como Mellor Deportista Feminina foi escollida a atleta Virginia Villar, campiona de España de 100 metros valados ao aire libre. 

O Mellor Deportista Masculino con Discapacidade é Alejandro Vidal, campión de Europa de Taek Won Do, mentres que a categoría de Mellor Deportista Feminina con Discapacidade Feminina é para os integrantes do equipo feminino de Riveira do programa Vela para Todos, formado por Montserrat Queiruga, Mª Carmen Pérez, Mª Bonisú Paz e Ana Mª Martínez. 

Deportistas revelación

Resultou elixido Deportista Revelación Masculino Adrián Jiménez, terceiro no Campionato de Europa de Taek Won Do e Campión de España Cadete. Unha das modalidades máis difíciles para o xurado foi a de Deportista Revelación Feminina, que recae ex equo na atleta Ana Peleteiro (subcampiona do mundo xuvenil en Triple Salto e Campiona de España Xuvenil) e na nadadora María Vilas, campiona de España e de Europa na categoría júnior e membro do programa olímpico Brasil 2016. 

O Mellor Equipo Masculino é o Atlético de Riveira (campión de liga de 2ª Autonómica da Copa do Sar) e o Mellor Equipo Feminino, o Club Natación Riveira (campión galego de inverno e de verán en categoría júnior). 

O premio ao Mellor Adestrador será recollido por Juan Carlos Brión, do Club Natación Riveira, con máis de 60 medallas a nivel autonómico e máis de 30 medallas a nivel nacional en distintas modalidades). Como Mellor Xuíz Arbitro figura Vicente Fiel, adestrador de fútbol e de fútbol sala dende 1983. 

O Mellor Evento Deportivo é o Soño Olímpico, no que se dan cita máis de 300 cativos e cativas relacionados co deporte do taek won do e 70 adestradores de todo o mundo e os beneficios recadados van destinados a accións sociais en países con escasos recursos. 

O Mellor Club Deportivo na Promoción do Deporte Escolar é o Colexio Bayón (con participación en todas as probas do programa Xogade, organizador de diferentes probas de sendeirismo e do Andatón de Riveira) e a Mellor Entidade de Promoción do Deporte Base e Deporte para Todos é o Sálvora Club de Fútbol (organizador de campus, torneos, escolas e Copa Sálvora para os máis pequenos empregando o fútbol como socializador). 

Como Mellor Club resultou elixido o Natural Sport Videlgi Riveira, con máis de 200 licencias deportivas, pentacampión de España, máis de 150 medallas autonómicas en todas as categorías e máis de 30 medallas nacionais, ademais de mellor club de base pola Xunta de Galicia. 

O Mellor Patrocinio Deportivo é para Conresa, en tanto que a Mellor Laboura Informativa recae en La Voz de Galicia, delegación de Riveira, nos seus 25 anos de información local. 

Finalmente, haberá  mencións especiais pola súa traxectoria para Verónica Boquete Giadáns, José Fraga Cores, Ricardo Pérez Vidal, Rosa Vidal Fernández, Fran Crujeiras e José Manuel de la Iglesia. 

Segundo informou Juan Luis Martínez, o xurado estivo composto por técnicos deportivos elixidos por cada grupo político con representación municipal, coordinados polo doutor en Educación Física Luis Casais, coa colaboración do técnico municipal Miguel Ruiz. 

León de Padín

O acto de hoxe serviu para desvelar a imaxe dos trofeos –obra de Jontxu Argibay- que se entregarán o venres, que segundo o seu creador representan ao león de Padín que dende o ano 1906 custodian a cidade de Riveira. O escultor trazou unha similitude entre o león como aspirante a rei da selva e o deportista como aspirante a ser o mellor na súa respectiva disciplina.  

Pola súa parte, o alcalde Manuel Ruiz expresou a súa confianza en que estes premios sirvan de exemplo para aqueles rapaces que”veñan atrás” en virtude dos moitos valores positivos que se poden transmitir a través do deporte.





Antes, en Certo, publicamos:

Ribeira, 13 de febreiro de 2012. A concelleira de Deportes vén de facer pública a relación de candidatos e candidatas aos galardóns da sétima edición da Gala do Deporte, que terá lugar o día 24 de febreiro ás 20 horas. En total son 22 as persoas e 17 os clubs e outras entidades que aspiran a acadar algún dos premios incluídos neste evento, que conta con 16 categorías máis un apartado de mencións especiais. 

O vindeiro luns día 20 de febreiro darase a coñecer o relación de premiados e premiadas nunha roda de prensa que ofrecerá o edil Juan Luis Martínez Queiruga. 

O que se pode adiantar por agora é que a Gala do 24 gañará en atractivo ao contar tanto con actuacións artísticas como coa proxección de vídeos en homenaxe a cada un dos galardoados e galardoadas. O acto estará aberto a todo o público que desexe asistir. 
 
En canto á relación de candidatos e candidatas de acordo coas bases do concurso son 

 
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO: 
Javier Sieira Rodríguez (Natural Sport - Videlgi Riveira) 
Iván Brión Sampedro (Club Natación Riveira) 
Manuel A. Parada Folgar (Club Ciclista Tahúme) 
  
MELLOR DEPORTISTA FEMININA: 
Lara Ouviña Martínez (Natural sport - Videlgi Riveira) 
Virginia Villar Soria (Club Puerto Alicante) 
  
MELLOR DEPORTISTA REVELACIÓN MASCULINO: 
Rubén Novo Ruíz (Club Kempo Barbanza) 
Adriano Jiménez dos Santos (Natural Sport - Videlgi Riveira) 
Manuel Davila Lustres (Club Natación Riveira) 
  
MELLOR DEPORTISTA REVELACIÓN FEMININA: 
Coral Torrado Ruíz (Club Náutico Deportivo de Riveira) 
María Vilas Vidal (Club natación Riveira) 
Miriam Santiago Armental (Club Kempo Riveira) 
Alba Fernández Bustelo (Club Kempo Riveira) 
Ana Peleteiro Brión (Agrupación Deportiva do Barbanza) 
  
MELLOR EQUIPO MASCULINO: 
Xuventude Aguiño (categoría cadete) 
Atlético de Riveira (categoría sénior) 
  
MELLOR EQUIPO FEMININO: 
Equipo Feminino Club Natación Riveira (categoría júnior) 
Xuventude Aguiño (categoría sénior) 
  
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO CON DISCAPACIDADE 
Alejandro Vidal Álvarez 
  
MELLOR DEPORTISTA FEMININA CON DISCAPACIDADE 
Grupo Vela Programa AMBAR 
  
MELLOR ADESTRADOR 
Juan Carlos Brión Lema 
  
MELLOR XUÍZ - ÁRBITRO 
Vicente Fiel Torres 
  
MELLOR EVENTO DEPORTIVO 
XIX Travesía a Nado Praia de Coroso 
III Soño Olímpico 
Copa Sálvora de Fútbol Base 
  
MELLOR CENTRO EDUCATIVO NA PROMOCIÓN DO DEPORTE ESCOLAR 
Colexio Bayón 
  
MELLOR CLUB DE PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE E DEPORTE PARA TODOS 
Sálvora C.F. 
Xuventude Aguiño 
  
MELLOR CLUB LOCAL 
Sálvora Club de Fútbol 
Club Natural Sport - Videlgi Riveira 
Xuventude Aguiño 
  
PATROCINIO DEPORTIVO 
CONRESA 
  
MELLOR LABOR INFORMATIVO 
La Voz de Galicia 25 anos Edición do Barbanza 
TV Barbanza Estadio B 
  
MENCIÓNS ESPECIAIS 
Verónica Boquete Giadáns 
Juan Fernández Salgueiro 
José Fraga Cores 
Ricardo Pérez Vidal 
Rosa Vidal Fernández  
José Manuel de la Iglesia Martínez

Pode que tamén lle interese:

 

Antes, en Certo:

Ribeira, 16 de xaneiro de 2012 .- O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga presentou este mediodía as bases da 7ª edición da Gala do Deporte de Ribeira, que nesta ocasión terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro 24 de febreiro e abarcará 16 categorías máis un 17º apartado dedicado ás mencións especiais. 

Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o martes 31 de xaneiro de 2012. Á hora de designar os galardoados, o xurado (composto polo edil de Deportes e outros catro vocais escollidos por este entre deportistas, técnicos e outras persoas vinculadas ao deporte local) valorará os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2011. 

“Queremos que os premiados se sintan reconfortados con esta calor que lle queremos dar a través da Gala”, declarou Martínez Queiruga. 

Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse ás seguintes categorías:

  1.  
    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista Masculino Discapacitado
    4. Mellor Deportista Feminina Discapacitada
    5. Deportista Revelación Masculino (sub – 18)
    6. Deportista Revelación Feminina (sub – 18)
    7. Mellor Equipo Masculino
    8. Mellor Equipo Femenino
    9. Mellor Adestrador
    10. Mellor Xuíz/Árbitro
    11. Mellor Evento Deportivo
    12. Mellor Centro Educativo na Promoción do Deporte Escolar
    13. Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
    14. Mellor Club Local
    15. Mencións Especiais
    16. Patrocinio Deportivo
    17. Mellor Labor Informativo

Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nado en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2009. 

A proposición de candidaturas pódese realizar mediante a presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ao alcalde do Concello, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com

Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida o seu labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde calquera ámbito de actuación. 

A relación de nominados farase pública o día 10 de febreiro do 2012.


Peche ao tráfico de Cristóbal Colón o mércores 18

Por outra banda, tal e como fora anunciado, a avenida Cristóbal Colón voltará quedar cortada á circulación rodada co fin de proseguir coas actuacións de mellora que se están a desenvolver nesta vía. O comezo do peche está previsto para o mércores 18 de xaneiro pola mañá. 

Os operarios continuarán coas obras de renovación das instalacións á altura do cruce de Cristóbal Colón coa rúa de Lugo e, acto seguido, estenderase a segunda capa de rodadura. 

É posible que nos próximos días a rúa de Lugo tamén rexistre algún corte puntual.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes  

Ribeira: xogadores locais acudirán ao Torneo Internacional de Fútbol Base de Vila Real, en Portugal

  • Un total de 84 xogadores nados entre 1999 e 2004 participarán neste torneo, que chega á súa vixésimo segunda edición
  • Repártense entre seis seleccións municipais que xogarán entre o 19 e 21 deste mesmo mes
Torneo_vila_real_1
De esquerda a dereita, Ramón Martínez, Juan Luis Martínez, Francisco Sieira, Cándido Castro e María Vidal 

 Ribeira, 16 de febreiro de 2011.- O Concello estará representado no prestixioso 22º Torneo Internacional de Fútbol Base de Vila Real (que se disputará nesta localidade portuguesa do 19 ao 21 de febreiro) a través da participación de seis seleccións municipais de xogadores pertencentes a outras tantas categorías.
Torneo_vila_real_2
 

Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez Queiruga, quen explicou que estes seis combinados nútrense de xogadores procedentes do Xuventude de Aguiño, do Carreira, do Oleiros e do Sálvora Club de Fútbol: clubs que estiveron representados no acto de hoxe polos directivos María Vidal, Francisco Sieira, Cándido Castro e Ramón Martínez, respectivamente. 

Os equipos corresponden ás categorías aquí coñecidas como prebexamíns, benxamíns e infantís, se ben o torneo luso subdivide cada unha das mesmas en dúas categorías, segundo o ano de nacemento: 2004 e 2003 para prebenxamíns; 2002 e 2001 para benxamíns; e 2000 e 1999 para infantís. 

O Sálvora encargarase de coordinar os equipos de 2004 e 2003; o Aguiño os de 2002 e 2000; o Carreira o do 2001; e o Oleiros, 1999. 

Cada un dos equipos estará  composto por 14 xogadores (o que suma un total de 84 futbolistas) e dous adestradores. Todas as categorías está compostas por dous grupos de catro equipos, o que propiciará que os conxuntos riveirenses xoguen alomenos tres partidos. 

Juan Luis Martínez recalcou o carácter formativo desta competición internacional, que lle permitirá aos xogadores locais medirse con deportistas doutras importantes localidades, e ratificou o compromiso do Concello de seguir apoiando o deporte base, tanto no balompé como noutras disciplinas.

Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista


Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!


Gala do Deporte: é o 24 de febreiro. Xa se saben os candidatos


Entroido: bases do festival de murgas e comparsas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Portugal   Ribeira   deportes   fútbol   torneo