Preme para voltar á portada
Filed under

Deputación

 

Política: novo remendo administrativo da Deputación para non facer fusións de concellos

  • O presidente da Deputación, un ente obsoleto e caciquil que os partidos se negan a extinguir, explicou esta mañá as características do convenio marco que regulará a creación das denominadas Comunidades Intermunicipais de Servizos Públicos Consorciados (CISPC, outro cisco de siglas)
  • A Deputación da Coruña presenta, disque, "un novo instrumento para fomentar a cooperación entre os concellos da provincia"
  • Os primeiros concellos que se sumarán a esta iniciativa serán os nove que formaron os consorcios de Val do Ulla (Boqueixón, Touro e Vedra), Terras de Iria (Padrón, Rois e Dodro) e A Montaña (Curtis, Vilasantar e Sobrado)

Barbanza-Noia, 15 de maio de 2012. O caso é non disolver as deputacións e buscarlle algo que facer e as xustifique: o presidente da coruñesa, Diego Calvo, presentou esta mañá o borrador do convenio marco que, aprobado no último Pleno cos votos favorables do PSOE e publicado hoxe no BOP, guiará e regulará a creación e o funcionamento das novas Comunidades Intermunicipais de Servizos Consorciados. Logo do fracaso da comarcalización feita polo PP, que creou unha administración paralela despilfarradora e inútil, parece ser agora éste o novo remendo argallado para que non se alporicen os concellos coas tan temidas fusións. Unha receita que non parece ser orixinal, pois aseméllase tremendamente ás tamén fallidas -salvo honrosas excepcións, como a de Serra do Barbanza para tratar o lixo- mancomunidades.

Para explicar a razón desta nova figura creada desde o organismo provincial, Calvo falou de que se trata de dar saída a “un novo espazo, unha nova fórmula de cooperación entre os concellos que non existía ata agora”. Fixo especial fincapé na importancia da súa creación porque “adáptase á nova situación socioeconómica da provincia e non supón a creación dunha nova entidade local, xa que carece de entidade xurídica propia e non complicará o mapa administrativo e xeográfico actual”. 

Máximo de cinco concellos, cunha media de 25.000 habitantes

En principio o convenio marco está pensado para un máximo de cinco concellos e unha media de 25.000 habitantes como cifras orientativas, o que para o presidente provincial deixa claro que “estamos a falar de medianos e pequenos concellos, que son os que peor o están pasando agora”. Outro motivo para propor estas cifras é que “segundo os estudos feitos desde a Deputación, son as máis axeitadas para o bo funcionamento das novas comunidades que se creen”. 

Ningún cargo remunerado, disque, e plenos cada tres meses

Aínda que o texto estará a exposición pública durante os próximos 30 días, susceptible de cambios dependendo das alegacións que se presenten, Calvo adiantou como será a súa estrutura, que a formarán dous representantes de cada concello e dous representantes da Deputación. Ningún destes cargos será remunerado, e en principio a previsión é que se convoque un pleno cada tres meses. Suponse que a asistencia a eses plenos terá un custe en dietas, aínda que non se matizou.

“A intención, en definitiva, é darlles aos concellos un instrumento, unha ferramenta útil para que poidan compartir servizos que, a día de hoxe, me atrevo a dicir que é o que queren os 94 alcaldes dos concellos da provincia: reducir gastos para poder prestar un mellor servizo aos cidadáns”, continuou Calvo.

Engadiu que estas novas comunidades funcionarán “baixo a tutela da Deputación provincial”, que porá a súa disposición todos os medios humanos e técnicos necesarios e adiantou que, unha vez aprobado definitivamente polo Pleno, previsiblemente no mes de xuño, serán os concellos dos tres consorcios formados pola Deputación os que inaugurarán este novo convenio marco.

Malabarismos dialécticos para dicir que non dan fusionado concellos

De xeito especial resaltou Calvo que se trata "dunha organización horizontal, creada entre iguais, que non é un ente supramunicipal e que está orientado a crear un vínculo entre os concellos que o desexen”. Logo de vender a fusión -anunciada por sorpresa e sen consensuar cos veciños nin lles preguntar nada, en plan despotismo ilustrado- de Oza dos Ríos e Cesuras como un incrible avance, vese que se parou todo e que aquel parto dos montes non vai valer para moito. A maioría dos expertos coincide en que as fusións de concellos, debido aos localismos sobre todo, ou se fai por decreto de Madrid ou é un proceso que podería tomar décadas, máis incluso que unha típica concentración parcelaria galega. 

A grande vantaxe desta nova ferramenta, insiste Calvo, "é a súa falta de rixidez, xa que permitirá engadir todo tipo de colaboracións posteriores a medida que as comunidades o consideren necesario. En resumen, nós estamos a ofrecer a ferramenta en xeral, e cada comunidade poderá despois personalizala segundo as súas necesidades”, explicou o presidente provincial, que engadiu que “non hai unha carteira pechada de servizos a consorciar, iso dependerá do que queira e precise cada concello no seu momento”.

Fito histórico o día de hoxe, disque

Para rematar, Diego Calvo apuntou que “isto é un paso máis do que vimos predicando desde esta Deputación desde hai tempo, que é necesario unirse para lograr unha maior eficiencia, calidade e eficacia na xestión”, e concluíu dicindo que “o día de hoxe marcará un antes e un despois no mapa administrativo de Galicia, xa que estamos creando unha figura totalmente nova e que estou seguro de que terá moito recorrido”.

Relacionadas:




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Dodro   Padrón   Rois   consorcio de servizos locais   fusión de concellos   mancomunidade  

Boiro: o presidente da Deputación visitou Amicos e o centro que constrúe en Comoxo

Evolucion_residencia_038

 

Boiro, 10 de febreiro de 2012. O presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, acompañado polo alcalde de Ribeira e tamén deputado provincial Manuel Ruiz Rivas, realizaron unha visita institucional á Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica AMICOS, para coñecer de primeira man o proxecto de construción da Residencia para persoas Gran Dependentes con Discapacidade Intelectual que a entidade ten previsto construir no concello de Boiro -en Comoxo- e que a Deputación Provincial financiará o 60% con 400.000,00 € sobre un orzamento de 750.000,00€.   

O proxecto de construcción da unidade residencial de asistidos pretende dar cobertura na súa primeira fase a 30 persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado, nunha zona (comarcas de Barbanza e Noia) onde existe un importante déficit de cobertura en materia asistencial e non existe ningún centro con estas características. 

A posta en marcha da residencia permitirá  mellorar  e consolidar os servizos de atención ás persoas con discapacidade intelectual das comarcas de Barbanza e Noia que presta a asociación AMICOS e que na actualidade abranguen un centro de día, un centro educativo, un centro ocupacional, un centro de formación, unha rede comarcal de transporte adaptado e diversos servizos de rehabilitación. 

Nota da Deputación:

A Deputación da Coruña inviste 400.000 euros na residencia que a asociación Amicos está construíndo en Boiro
10/02/2012
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Ribeira na que estivo acompañado polo alcalde do municipio e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas e polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste. 

Nesta visita, o presidente da Deputación coñeceu de primeira man o proxecto de construción da residencia para persoas dependentes con discapacidade intelectual que a asociación está a construír en Boiro e que a entidade provincial financia con 400.000 euros na súa primeira fase.

 

Esta nova unidade residencial dará cobertura nun principio a 17-18 persoas, aínda que o proxecto definitivo acollerá ata 30 persoas da zona, unha comarca na que a día de hoxe non existe ningún outro centro destas características.

 

Esta residencia sumarase ao centro de día, o centro educativo, o centro ocupacional, o de formación, a rede de transporte adaptado e outros servizos de rehabilitación, completando e consolidando os servizos de atención que presta a asociación na súa área de actuación. O presidente da Deputación aproveitou para coñecer as instalacións do centro de Ribeira e saudar aos seus usuarios.

“Sei que os tempos non son sinxelos, pero non nos imos esquecer de vós. A pesar da reducción dun 23% do orzamento para este exercicio, a inversión social está blindada e, incluso, medrou. O que hoxe vemos aquí e o que será unha realidade cedo, en Boiro, é boa proba do que estou a falar”, sinalou Calvo.  

O alcalde do Concello de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, asegurou que “é unha honra recibir ao presidente provincial no meu concello”. “Non me canso de eloxiar o labor que fai Amicos na comarca”, reiterou o rexidor. Ademáis, Ruiz Rivas engadiu: “Se de algo pode presumir un alcalde é de ter alguén que preocúpase a diario e de forma altruista para atender aos demais”. Finalmente, agradeceu o apoio da Deputación e felicitou ao alcalde de Boiro pola súa futura residencia “que vai ser a envexa da comarca”.

Pola súa banda, Juan José Dieste confesouse “encantado” da invitación a esta visita para poder coñecer “un pouco máis o grande traballo que se fai en Amicos”. A presidenta da asociación, Esther Vidal, tamén presente no acto, sumouse aos agradecementos á Deputación pola súa axuda e lembrou que “a asociación naceu, precisamente, grazas a unha subvención da institución provincial”.

“Ninguén quere un fillo nin un familiar con discapacidade, pero estamos neste mundo e eles teñen os seus dereitos. A nós tócanos loitar por eles, porque por si sós non son capaces”, concluiu Vidal.

Diego Calvo, na súa intervención, insistiu en que dentro da visita ao Concello de Ribeira a parada máis importante foi a feita na asociación Amicos: “Aquí é onde de verdade nos sentimos moi a gusto. Alégrome de que non vos cansedes de pedir porque todo o pouco que nós podemos dar, vós o devolvedes multiplicado co voso traballo diario”.

Pasarela

A visita comezou coa inauguración da pasarela da ponte sobre o Río Artés, no PK 1,97 da DP 7304 no que a Deputación investiu 61.456,43 euros. A construción desa pasarela supuxo unha importante mellora para a seguridade dos viandantes, xa que o novo ancho de 2 metros permite a facilidade de movementos para peatóns, mesmo para os precisen cadeira de rodas ou utilicen coches de bebés.

 

Ademais, o deseño dunha estrutura metálica recuberta con madeira e aluminio cumpre unha dobre función: gran resistencia e perdurabilidade de materiais, sen perder a calidade estética e o equilibrio visual co da ponte xa existente.

 

Museo do Gravado

Diego Calvo visitou o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital no que tamén colabora a Deputación da Coruña apoiando as exposicións que realiza ao longo do ano e a cuarta edición do premio Atlante, ao do ano pasado presentáronse máis de 300 obras procedentes de 30 países.

Por último, o titular provincial tamén visitou o Centro Etnográfico de Artes onde tivo a oportunidade de coñecer a súa colección e asinar no libro de visitas.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Amicos   Deputación  

Boiro: o alcalde estivo noutra presentación de La Vuelta a España na Deputación

  • A presentación oficial das dúas etapas que pasarán pola Coruña tivo lugar esta mañá na sede da institución provincial
  • Diego Calvo voltou falar das bondades de que este espectáculo deportivo -cada día máis cuestionado pola dopaxe- pase polas nosas bisbarras, pero de novo obviou canto poñemos os galegos dos nosos impostos para que se celebre

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012. O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá o percorrido da Volta a España 2012 pola provincia da Coruña, que este ano pasará por 35 concellos coruñeses.

Na presentación, ademais dos alcaldes de Boiro (Juan José Dieste), Dumbría (José Manuel Pequeño), A Laracha (José Manuel López Varela) e Culleredo (Julio Sacristán de Diego), tamén estivo presente o director xeral da Volta, Javier Guillén Bugayo, quen realizou unha exposición técnica sobre o percorrido e sobre as razóns que levaron á organización a escoller ese itinerario.

“Despois de cinco anos, A Volta volve á Coruña, pero coas chegadas e as saídas desta edición a provincia recupera o protagonismo que non ten nesta competición desde fai case vinte anos”, lembrou Diego Calvo. E é que a última ocasión na que a provincia foi escenario deste circuíto foi no 2007, cunha etapa que uniu Allariz con Santiago de Compostela. Pero esta cidade, todo un clásico no campionato que cumpre 76 anos e que foi sede en sete ocasiones, leva sen acoller unha saída desde hai 25 anos. Ademais, Ferrol non é chegada desde 1993".

“A Coruña vai achegar lugares nunca vistos nos 67 anos de historia da Volta, como o Miradoiro do Ézaro. Unha chegada en costa que está a levantar moita expectación entre os corredores e os espectadores”, explicou o titular provincial, que insistiu na importancia que supón que o pelotón percorra 35 concellos da provincia nunhas datas tan turísticas como son o 30 e o 31 de agosto. “Gustaríame tamén resaltar que, a pesar de que este é un deporte de elite, é gratuíto e moitos veciños da Coruña poderán velo desde a porta das súas casas. É importante tamén que coa Volta móvese a afección e ao seu paso, ademais, crea máis”, matizou Calvo.

En total, os ciclistas percorrerán un total de 330 quilómetros na provincia, por lugares nunca vistos nos 67 anos de historia da Volta, como é o Miradoiro de Ézaro. Ademais, tal e como insistiu o presidente provincial, “veremos ao pelotón na costa do Barbanza, o sur da Costa da Morte, as Mariñas coruñesas e, ademais, as tres grandes cidades da provincia”.

Diego Calvo tamén recalcou que a provincia ofrece escenarios con moitos alicientes no aspecto deportivo aínda que, matizou, “A Volta é moito máis que un deporte”. “O ciclismo é un deporte ligado á natureza e non se entende sen os desafíos que esta propón ao ciclista no camiño. Os desafíos que lles imos propor na Coruña serán, sen dúbida, moi interesantes”, concluíu o presidente.

Javier Guillén Bugallo, ademais de explicar o percorrido que realizarán os ciclistas, insistiu en que a deste ano é unha “volta moi galega que non vai a quedar nunha mera anécdota” e aludiu a que toda a organización estaba moi interesada en repetir visita a Galicia “pola excelente acollida que temos cada vez que vimos”. Quixo ademais destacar a innovación que supón a “chegada explosiva” a Ézaro e adiantou que “non será a última vez que se faga” para referirse finalmente ás etapas coruñesas como “unha viaxe de paisaxes”.

Finalmente, agradeceu a Diego Calvo o seu “esforzo e traballo” para conseguir que o percorrido da Volta pasase polo maior número de municipios coruñeses posible.

Repercusión mediática, segundo os organizadores

A Volta ciclista a España é retransmitida en 143 países do mundo e cada sede (tanto de chegada  como de saída) ten unha presenza media en televisión superior aos 10 minutos, segundo datos -complicados de contrastar- dos organizadores.

Durante A Volta 2011, a etapa máis vista foi seguida polo 18,9% da xente que estaba a ver a televisión neses momentos, é dicir, por 2.277.000 espectadores. A media de espectadores da Volta foi máis vista que a semifinal da Copa Davis ou a liga Eurobasket, disque. Ademais, máis de 6.000 noticias en radio, prensa e televisión fixeron seguimento de cada xornada durante o 2011, o que supuxo un incremento do 6,24% de seguimento con respecto ao ano anterior.

O gran seguimento desta competición tamén se pode medir polo 1.765.000 persoas que asistiu o ano pasado como público a esta etapa, polos máis de 6 millóns que visitaron a páxina oficial nesa mesma edición e polos seguidores que acumulan nas redes sociais e as  227.500 visualizacións da Volta que se realizaron na canle oficial de Youtube.

Por tanto, tanto o seguimento mediático como a retransmisión de imaxes supón unha presenza nos medios que no mercado estaría valorada por riba dos 300.000 euros, aseguran sen complexos nun evidente panorama de recesión da publicidade e do seu custo económico.

Activación da hostalería e o consumo

“Un dos poucos sectores nos que se prevé crecemento a curto prazo é o do turismo. Por iso a Deputación da Coruña non vai deixar o seu esforzo por potenciar esa panca da economía nos momentos que estamos a vivir”, explicou o titular provincial despois de que Javier Guillén se explicase  A iso hai que sumar o aloxamento de preto de 1.500 persoas que xestiona directamente Unipublic (referido por televisións, medios de seguridade, a oficina permanente, organización, patrocinadores, prensa e produción das etapas, entre outros) que supón un gasto en cada sede de 200.000 euros.

A activación da economía na zona pola que pasa A Volta aumenta ademais ao ocorrer o evento nas mesmas rúas da cidade. A organización calcula que o incremento de gasto en consumo dunha xornada co paso dos ciclistas con respecto a unha ordinaria é de 60.000 euros para a cidade. En total, o retorno medio da sede calculado polos organizadores da volta supera os 560.000 euros, mais en ningún momento ofrecen cifras do que aporta a Deputación, ou sexa, os impostos dos galegos.

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   ciclismo   deportes  

Deportes: a Deputación coruñesa colabora economicamente na Vuelta Ciclista a España pero non dá cifras

  • Namentres valora, segundo os organizadores, a repercusión económica nestas bisbarras de Barbanza e Noia en máis de medio millón de euros, non ofrece na súa nota de prensa a cantidade que adica dos nosos impostos a financiar unha actividade totalmente privada dunha única empresa, Unipublic
  • Unipublic é do grupo mediático de Antena 3 e dende 2008 está participada por outro grupo francés, o que organiza o Tour de Francia
  • A última vez que pasou por esta provincia da Coruña a Vuelta foi en 2007. Desta vez percorrerá 330 quilómetros
  • Dende a xornada 12 percorrerá a costa de Barbanza, a ría de Muros e Noia e a zona sur da Costa da Morte

Media_httpfarm8static_xcwzj

  • A etapa que remata no mirador do Ézaro, cunhas pendentes impresionantes dun 25% de desnivel, será a máis espectacular
  • A etapa 13 comenzará en Santiago de Compostela e rematará en Ferrol, pasando por máis de 27 puntos da provincia 

Repercusión mediática

 

  • Segundo a Deputación, os presuntos beneficios do paso de La Vuelta ciclista a España "no deja de crecer cada año. Primero por el eco mediático que supone, ya que es retransmitida en 143 países del mundo y cada sede (tanto de llegada  como de salida) tiene una presencia media en televisión superior a los 10 minutos.Durante La Vuelta 2011, la etapa más vista fue seguida por el 18,9% de la gente que estaba viendo la televisión en esos momentos, es decir, por 2.277.000 espectadores. La media de espectadores de La Vuelta fue más vista que la semifinal de la Copa Davis o la liga Eurobasket, por ejemplo. Además, más de 6.000 noticias en radio, prensa y televisión hicieron seguimiento de cada jornada durante el 2011, lo que supuso un incremento del 6,24% de seguimiento con respecto al año anterior".
  • Cifran en 1.765.000 persoas as que asistiron o año pasado como público á Vuelta, en máis de 6 millóns que visitaron a páxina oficial e os seguidores que acumulan nas redes sociais e as 227.500 visualizaciones de La Vuelta que se realizaron na canle oficial de Youtube, o que suporía unha presenza en medios por enriba dos 300.000 euros -ignoramos como se calcula isto, nun mercado publicitario á baixa cada ano que pasa-
  • Aseguran que a activación da economía na zona pola que pasa La Vuelta "aumenta además al ocurrir el evento en las mismas calles de la ciudad. La organización calcula que el incremento de gasto en consumo de una jornada con el paso de los ciclistas con respecto a una ordinaria es de 60.000 euros para la ciudad". 

En total, o retorno medio calculado polos organizadores desta marcha ciclista, cada ano máis polémica polos escándalos de dopaxe dos atletas, din que supera os 560.000 euros.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   ciclismo   transparencia  

Lousame: la Diputación oxigena las precarias cuentas del concello para ampliar la carretera entre Portobravo, A Silva y Tállara

  • Prometen que de 4,5 metros pasará a 14, con aceras e incluso un carril bici

Lousame, 18 de noviembre de 2011. Según informa hoy la Diputación, Diego Calvo, presidente de esta administración en Coruña y el alcalde de Lousame, José Santiago Freire, firmaron el acuerdo esta mañana en la sede de la Diputación Provincial

Diego Calvo, presidente de la Diputación de A Coruña, ha firmado esta mañana con el alcalde de Lousame, José Santiago Freire Abeijón, la modificación de un acuerdo de financiación de la institución provincial para la adquisición de terrenos por parte del Concello destinados a ampliar el vial que sirve de enlace entre las carreteras DP 4201 y  DP115, que a su vez une los núcleos de Portobravo, A Silva y Tállara.

La modificación firmada hoy permitirá al ente presidido por Calvo anticipar hasta el 60% del presupuesto estipulado para esta acción.

De esta manera, el ente provincial abonará un total de 48.000 euros, de un total de 80.000 euros, al concello para proporcionarle la liquidez necesaria para abonar los pagos a los propietarios de las 200 parcelas que tendrán que ser adquiridas para la obra. El convenio que se había firmado en diciembre del año 2010 estipulaba que esta subvención se concedería “a posteriori”.

José Santiago Freire Abeijón, alcalde de Lousame, recalcó la importancia de estas obras, ya que “el vial de enlace vertebra los dos núcleos más importantes del concello y permitirá, además, mejorar la circulación de Noia hacia Boiro”.

Las obras consisten en la ampliación del vial de enlace entre DP4201 y la DP1105, una carretera que actualmente tiene un ancho de 4,5 metros aproximadamente y que, con las obras previstas, alcanzaría 14 metros, que permitirán contar no solo con unos mejores viales, sino también con arcenes laterales, aceras y hasta un carril bici.

Pode que tamén lle interese:


Charlas e cine sobre saúde: ata o 1 de decembro na casa da cultura


Banda de música: o venres 25 de novembro, a Santiago ao Certame Galego



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Lousame  

Ribeira: supervisan e dan o visto bo ás instalacións deportivas da cidade dende a Deputación

  • Van amañar os servizos da rúa Cervantes, en obras xa adxudicadas, informou tamén hoxe o Concello
  • Ollo ao tráfico: desvíos por máis badéns enlentecedores

Deportes_deputacin_2

 

Ribeira, 9 de novembro de 2011. A Deputación de A Coruña está supervisando estes días as instalacións deportivas localizadas nos concellos da provincia e, dentro desta liña de actuación, o técnico da devandita institución Pablo Prieto tivo oportunidade de acudir a Ribeira e departir na Casa Consistorial co concelleiro Juan Luis Martínez e distintos técnicos locais, como Miguel Ruiz, acerca da política municipal en materia deportiva.  

Ademais, o traballador da Deputación visitou distintos campos de fútbol e escolas deportivas, así como o complexo de A Fieiteira para comprobar in situ o funcionamento das instalacións e detectar posibles necesidades de mellora. A valoración do estado das mesmas e da política deportiva municipal foi positiva.

Rúa Cervantes, pavimento en pedra


foto

O anuncio do arranxo de Cervantes xa o fixeramos  aquí

 

O Concello tamén anunciou hoxe que vén de adxudicar unha actuación para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no vello barrio de Bandourrío.

A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, por un prezo final de 168.120,16 euros. O prazo de execución da actuación é de 3 meses. 

En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, hanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. 

Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros. 

En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación en pedra nun barrio primixenio

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios primixenios de Ribeira.

Máis badéns e cambios no tráfico

O Concello, asemade, informa de que, tras a instalación a pasada semana de senllos pasos elevados na avenida Miguel Rodríguez Bautista e na rúa 9 de agosto, nos días de mañá e pasado mañá (xoves e venres) procederase a colocar, tal e como fora anunciado, outros dous novos badéns na primeira das vías citadas, unha vez realizados hoxe os traballos preparativos de marcaxe e demolición de bordillos. Estes elementos estarán situados na proximidade do colexio O Grupo. 

Durante os traballos pertinentes, o tráfico rodado será desviado en ambos sentidos da vía pola zona coñecida como Casas Baratas. 

Hai que recordar que todos os elementos instalados ou que se prevé instalar contan coas medidas regulamentarias que especifica a normativa e están pensados para que os vehículos circulen a unha velocidade máxima de 30 quilómetros hora, por motivos de seguridade viaria nunha zona que presenta gran afluencia de peóns e en especial de rapaces en idade escolar.  

Pode que tamén lle interese:


Consello escolar: este xoves 10, reunión coas Anpas


Copa do Mundo: adoración no auditorio

Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva


Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Ribeira   actividade Concello   deportes  

A Pobra: máis de 40.000 euros da Deputación para reformar a praza Alcalde Segundo Durán

(download)
Roda de prensa onde se anunciaron as obras

A Pobra, 1 de novembro de 2011. O concello da Pobra do Caramiñal vai levar a cabo o proxecto de pavimentación e acondicionamento da Praza Alcalde Segundo Duran e travesía da rúa Castelo á rúa Díaz de Rábago. Dito proxecto conta cun orzamento de 42.085,95 € e será financiado na súa integridade con cargos aos orzamentos da Deputación Provincial da Coruña.

     A Praza Alcalde Segundo Durán presenta unha pavimentación composta por lousas de granito pulido e pezas cerámicas que debido á súa antigüidade e mal estado fan que non reúnan as condicións axeitadas para unha das zonas de maior afluencia de veciños da vila.

     Por outra banda, unha das travesías que vai da rúa Castelo á rúa Díaz de Rábago presenta un pavimento de formigón moi deteriorado polo paso do tempo e polas obras de vivendas realizadas ao seu carón nos últimos anos, polo cal tampouco reúne as condicións axeitadas para unha rúa do casco histórico.

     As obras que se pretenden levar a cabo serán a demolición do pavimento actual tanto na praza coma na travesía rebaixando a cota do terreo ata a profundidade suficiente para a execución do novo pavimento substituíndoo por lousas de granito de 10 cm de espesor na Praza Alcalde Segundo Durán e de 6 cm na travesía do Castelo, ámbalas dúas sobre unha soleira de formigón existente, tratada previamente. Asemade, colocarase unha luminaria na travesía do Castelo.

Pode que tamén lle interese:


Xornadas Valle: ofrenda floral


Xornadas Valle: Cómplices musica "Claves Líricas"


Curso: de turismo accesible, do 8 ao 10 de novembro


Política: o Bng contra a conserva de Papúa



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Deputación   obras  

Política: o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, aspira a que os concellos desta provincia sexan os primeiros en fusionarse de toda España

  • O dirixente do PP non falou de suprimir as Deputacións
  • Aventurou a estrana cifra de "bastantes menos de 94". Agora son 94.
  • Galicia non reduce concellos dende 1967. En 1842 había 326 e en 1900 323. Agora hai 315.

Media_httpfarm6static_jfjad

"Acabáronse as grandes obras faraónicas", profetizou Calvo, que dixo que non pode ser que concellos "vaian pedir axuda porque non poden manter a piscina, ou o polideportivo. E casos así temos varios"

Barbanza-Noia, 18 de outubro de 2011. Vizosísima a nota de prensa da Deputación de hoxe cos comentarios do seu actual presidente, o anterior superdelegado da Xunta polo PP, Diego Calvo.O presidente da Deputación da Coruña falou hoxe da "posibilidade de redistribuír o mapa territorial da provincia contando sempre coa voluntariedade dos concellos" e lanzouse con que "oxalá A Coruña sexa a primeira provincia de España en conseguir reducir o número de concellos"

 

 

Nembargantes, o presidente dun organismo que está sendo cada vez máis cuestionado polas súas prácticas caciquís e obsoletas a nivel de toda España, matizou que “non me gusta falar de fusión e non me gusta falar de nada imposto por unha reforma. O que quero é que sexan os propios alcaldes e alcaldesas os e as que propoñan a posibilidade de unirse con outros, sen que xurdan os problemas de ser absorbido ou absorbente”.

 

Logo deste brinde ao sol, pois ningún partido no goberno nin na oposición se meteu aínda nesta lameira política polos evidentes localismos que sobrancean Galicia enteira, Diego Calvo asegurou que algúns concellos da provincia gobernados por diferentes grupos políticos xa teñen manifestado o seu interese por levar a cabo esta experiencia piloto “que tería moito sentido” se o que se busca é a eficiencia na prestación de servizos. Sobre se hai xa previsto algún número definido de municipios, o presidente provincial dixo que “non teño un número ideal, aínda que me parece que serían bastantes menos de 94”.   

"Non é para aforrar custos do soldo do político"                                                                          

 

“Non é unha decisión pensada para evitar custos do soldo do político, xa que iso a nivel global non resulta significativo no aforro de custos. Si que resulta importante o aforro na recollida de lixo ou nas vantaxes que poderán ter os concellos que se empeñan, por citar algún exemplo, en ter un centro social cada un”, insistiu Calvo. Mais engánase Calvo nesta cuestión, porque precisamente aforraríanse moitos soldos excesivos ou innecesarios -hai exemplos clamorosos no seu partido, co alcalde que máis cobra de toda Galicia, Carlos Negreira, na Coruña, e tamén non é pingüe o soldo do alcalde de Ribeira, que entre concello e Deputación levanta arredor de 7.000 euros ao mes, segundo desvelou hai escasas datas o Bng de Ribeira-. Se o aplicamos ás bisbarras de Barbanza e Noia, de ter 8 ou 9 concellos, con outros tantos alcaldes e ducias de concelleiros, pasaríase a ter dous, con só dous alcaldes e, se somos consecuentes, un máximo de 27 concelleiros cada un. E no que atinxe a mancomunar, precisamente este tipo de colectivos, as mancomunidades, non son un modelo de xestión no que se viu ata o de agora en Galicia, precisamente por depender de varios concellos con distintas cores políticas e protección ou desleixo de administracións superiores -Deputación, Xunta, Goberno Central- segundo sexa quen goberne en cada intre.

 

Fixo especial fincapé o presidente provincial en que hai que “andar con tino” nestes asuntos, pois non é cuestión de que haxa “vencedores e vencidos”, senón que o que se busca é mancomunar servizos, aproveitar o persoal existente e, en resumo, camiñar cara unha maior eficiencia na prestación dos servizos á cidadanía.

 

Por se non fora pouca a lea que se pñode montar coas fusións -impostas xa en países como Grecia ou Italia- , Diego Calvo dixo que “moitas parroquias que pertencen a un concello determinado están máis relacionadas ou teñen máis que ver con outro concello, e iso habería que miralo, porque a proximidade territorial tamén é importante para abaratar custos”.

 

O presidente da Deputación coruñesa fixo estas declaracións no contexto da súa opinión acerca do debate aberto sobre a necesidade das entidades provinciais e na semana en que celebrará tamén os seus primeiros 100 días ao fronte da institución coruñesa. “O que é básico é non duplicar servizos, e non falo só das deputacións, tamén falo dos concellos e a propia administración autonómica e xeral”, matizou Calvo, que lembrou a importancia de celebrar unha reunión conxunta para “ver dunha vez por todas a que se dedica cada un de nós” e así evitar a duplicidade e, en moitas ocasións, a triplicidade”.

Hai que lembrar que o goberno do PP, que foi o que máis tempo gobernou esta autonomía dende que chegou a democracia, creou varios niveis de administracións que aínda agora están a desmantelar -o das Comarcas aínda está en proceso- e que supuxeron uns custos enormes, sobre todo de persoal, contratado a dedo na maioría dos casos e cuxa función aínda hai que buscala en moitos casos, salvo que fora para empregar a amigos do partido gobernante.

Posición a favor da fusión do alcalde de Noia

O único alcalde que se posicionou publicamente a prol da fusión de concellos nas bisbarras de Barbanza e Noia foi Rafael García Guerrero, xa antes das últimas eleccións municipais. Poden ler o seu posicionamento no seu blog.

O Ateneo Valle-Inclán, pro "Ribeira do Caramiñal"

Medio broma, medio en serio, un dos ateneos con máis actividade cultural de Barbanza, o Ateneo Valle-Inclán, leva pronunciándose hai tempo para que se fusionen Ribeira e A Pobra do Carmiñal e constitúan "Ribeira do Caramiñal". As diferenzas entre ambos concellos e as súas veciñanzas -coas típicas picadas en forma de insultos ou calificativos vexatorios- veñen moi de lonxe. 

Concello do Barbanza e Concello de Muros-Noia, propostas razonadas

Pode que o racional en Barbanza fose a fusión enteira da comarca, con catro concellos agora agrupados alomenos nunha mancomunidade turística -Arousa Norte-. E o nome, levando o da Serra que os coroa a todos, evitaría esas cuestións de que fala Calvo sobre vencedores e vencidos, segundo sexan absorbentes ou absorbidos. A estes catro habería que sumarlles Dodro, Rois ou Lousame, segundo conviñera logo dun estudo que xa debería ter feito no seu día a extinta Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal.

Na banda de Muros e Noia, o único concello resultante podería tomar o nome da Ría para evitar suspicacias. Englobaría Porto do Son, Noia, Muros, Outes e podería tomar Lousame, tamén por cuestións históricas e proximidade física.

 

"Acabáronse as grandes obras faraónicas"

 

Diego Calvo tamén explicou esta mañá que os orzamentos da Deputación para o próximo ano, en pleno proceso de elaboración, serán “complicados” porque, ademais, estanse redactando “a cegas”. Desta cuestión culpou ao goberno central de elixir “a peor data que se podería para unhas eleccións xerais porque, xa dende o verán, o goberno non realiza o seu traballo, non toma decisións nin concreta o que cada concello recibirá dos orzamentos do Estado”.

 

“Non o saberemos ata abril do ano que vén, polo menos, e entón haberá que axustar outra vez os orzamentos”, co custo que iso supón.

 

Con respecto aos orzamentos da Deputación, Calvo confirmou que levarán un recorte aproximado de 20 millóns de euros debido o que hai que devolverlle ao Estado e que incorporarán importantes novidades. “A fundamental é que os concellos que queiran axudas teñen que ter as súas contas ao día, que sexan públicas e que estean presentadas no Consello de Contas”, explicou Diego Calvo, que insistiu en que, ademais, “vanse financiar sobre todo proxectos mancomunados e sostibles”.

 

“Acabouse a época das grandes obras faraónicas e que ao ano seguinte veñan os concellos á Deputación a pedir axuda porque non poden manter a piscina, ou o polideportivo. E casos así temos varios”, relatou o presidente da Deputación, do mesmo partido que embarcou a Galicia na obra faraónica da Cidade da Cultura, aínda sen rematar e sen saber canto vai custar finalmente.

 

Por último, e no relativo aos orzamentos, Calvo fixo unha chamada á “corresponsabilidade fiscal” dos concellos. “Non pode ser que unha administración non cobre os servizos básicos de auga, saneamento ou recollida de lixo e veña a pedir a axuda doutra administración para ampliar outros. Iso non ten sentido”, concluíu.

 

Convenio de colaboración cos Grumir

 

Diego Calvo asinou tamén durante a mañá os convenios de colaboración cos representantes de 16 concellos da provincia (Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ordes, Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo) que son base dun Grupo Municipal de Intervención Rápida. 

 

En total, a Deputación provincial achega un total de 720.000 euros (45.000 por concello) para sufragar gastos de persoal e material funxible destas agrupacións que, en total, dan traballo a 224 persoas.

Ribeira: 50 lumes dos que non se avisou

“O traballo destes grupos é fundamental e vital para o día a día dos concellos coruñeses”, confirmou. E lembrou que, nos últimos días, o rexedor de Ribeira dixo que, dos cincuenta lumes que houbera na súa zona nos últimos meses, o seu Grumir foi o primeiro en chegar a 49. De ningún destes lumes tivemos noticia os medios de prensa, nesta estrana conduta informativa que leva a cabo a Xunta de Galicia co asunto dos lumes.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   fusión de concellos   nota de prensa  

Rianxo e Outes: 705.000 euros para reformar as casas do concello

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, supervisou o resultado dos traballos acompañada polos alcaldes de ambos municipios
  • As subvencións destináronse á construción dun novo edificio administrativo para albergar oficinas municipais en Rianxo, e na rehabilitación e reorganización das dependencias da casa do concello de Outes
  • Do Campo aproveitou a visita a estes municipios para manter un encontro de traballo co rexedor de Outes, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades do concello

Rianxo

Rianxo e Outes, 11 de outubro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asinou esta mañá os documentos de conformidade para a concesión das subvencións destinadas ás obras de reforma levadas a cabo nas casas consistoriais de Rianxo e Outes. Estas actuacións foron cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas. En total, o Goberno galego destinou 705.000 euros aos dous proxectos.

Do Campo desprazouse en primeiro lugar ao Concello de Rianxo, onde foi recibida polo alcalde, Adolfo Muíños. A máxima representante do Executivo autonómico supervisou o resultado da actuación, na que a Xunta investiu 255.000 euros, repartidos en catro anualidades. As obras consistiron na construción dun novo edificio administrativo para trasladar varias oficinas municipais debido a falta de espazo detectada na casa consistorial. Ambos inmobles conectáronse a través dun corredor interior, o que tamén permitiu mellorar as condicións de accesibilidade coa instalación dun ascensor.

A delegada territorial tamén se trasladou a Outes. Alí, o proxecto contemplou a renovación das instalacións respectando as antigas fachadas e recuperando un antigo semisoto, o que permitiu duplicar a capacidade do edificio.

A esta acción o Executivo autonómico dedicou 450.000 euros, co obxectivo de protexer o patrimonio arquitectónico da vila á vez que se satisfacían as necesidades do municipio en canto a espazo e modernización dos servizos.

Beln_docampo_e_alcalde_de_oute

Visita institucional

Media_httpfarm6static_ffhzp

Casa do Concello de Outes

A delegada aproveitou a súa estancia na localidade para manter un encontro de traballo co rexedor, Carlos López Crespo, e coñecer de primeira man as necesidades dos veciños. O alcalde trasladoulle as demandas do concello, mentres que Do Campo ofreceuse a estudialas e a traballar de maneira intensa para satisfacelas no menor prazo de tempo posible.

No transcurso da reunión, a máxima representante do Goberno galego na provincia destacou o compromiso da Xunta coa creación de emprego e lembrou que o Concello de Outes conta este ano cunha subvención de preto de 192.500 euros para a contratación de 18 persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese social. A totalidade dos contratos son a xornada completa.

Trátase dos fondos achegados pola Consellería de Traballo e Benestar aos concellos a través do Plan de Cooperación, que este ano incrementou a partida para Outes en máis de 66.600 euros.

A desta mañá foi unha visita institucional enmarcada na rolda de contactos iniciada pola delegada da Xunta na Coruña dende que tomou posesión do seu cargo, momento no que se comprometeu a visitar os 94 municipios da provincia. Do Campo trasladoulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación do Goberno autonómico para traballar de xeito coordinado á hora de satisfacer as demandas dos veciños”.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   Outes   Rianxo  

Barbanza e Noia: a Deputación osixena os Grumir con 45.000 euros para cada municipio que teña un

  • Destina 720.000 euros a 16 concellos coruñeses. Nestas bisbarras vense beneficiados Ribeira, Boiro e Noia

Coruña, 30 de setembro de 2011. O pleno da Deputación de A Coruña aprobou por unanimidade na sesión ordinaria desta mañá un convenio que formaliza unha inversión de 720.000 euros aos Grupos Municipais de Intervención Rápida de 16 concellos da provincia (Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ordes, Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo).
 Destínanse 45.000 euros para cada un dos municipios incluídos no convenio. Servirán para pago de gastos de persoal e material funxible correspondente ao funcionamiento do grupo e que, desde o concello, deberá ser xustificado mediante certificación de gastos realizados.
 
Media_httpfarm5static_hjbdg

Os GRUMIR teñen como obxecto ofrecer unha resposta inmediata en situacións de emerxencia como poden ser incendios forestais e urbanos, accidentes de tráfico, inundacións, primeiros auxilios, asistencias domiciliarias, apoio en materia de seguridade vial, actividades medioambientais, cooperación en axudas humanitarias e outras urxencias.


.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   grumir  

Boiro: vaise reformar o parque de bombeiros, segundo se aprobou esta mañá no pleno da Deputación

Boiro, 27 de setembro de 2011. Os integrantes do pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña reuníronse esta mañá na sede da Deputación Provincial da Coruña para, entre outros asuntos, autorizar diversas obras de mellora dos parques de Boiro e Betanzos.

Media_httpfarm5static_mdtta

No de Boiro vaise revestir por fóra o edificio co obxecto de continuar coas obras de mellora xa iniciadas nos últimos meses. Na actuación vanse invertir 90.000 euros.

No transcurso da sesión escolléronse novos membros da Xunta e da Deputación no pleno do Consorcio. Santiago Villanueva, como representante da Xunta, foi escollido presidente do organismo autónomo; e Diego Calvo, como representante da Deputación, será vicepresidente. Como tesoureira actuará Mariel Padín, vicepresidenta da institución provincial. Por parte da Xunta incorporouse tamén ao pleno a nova delegada, Belén do Campo.

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


  Cursos de fotografía: en outubro e novembro, por Olláparo




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Deputación   bombeiros  

Estradas: a Deputación abre prazo para adxudicar obras de mellora da seguridade viaria entre Noia e Cabo de Cruz

  • O orzamento da obra é de 273.000 euros e conta cun prazo de execución de oito meses
Media_httpfarm5static_vfdpc

A estrada a amañar pasa pola restaurada aldea de Moimenta, en Boiro

Noia-Barbanza, 27 de setembro de 2011. A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia de hoxe o anuncio da próxima contratación mediante procedemento aberto da obra de mellora da seguridade viaria na DP 1105 de Noia a Cabo de Cruz.

O organismo provincial, mediante o Servizo de Patrimonio e Contratación, pon en marcha o proceso de adxudicación nestas obras, que suporán a construción de sendas peonís entre o p.q. 7,230 ao 7,930 de Moimenta e do 11,170 ao 11,980 en Comoxo, ambos no Concello de Boiro, coa intención de mellorar a seguridade viaria da zona.

 O orzamento da devandita infraestrutura ascende a 273.989,84 euros incluído o imposto sobre o valor engadido. As obras contarán cun prazo de execución de oito meses. O procedemento de adxudicación terá un único criterio de valoración referente ao factor prezo.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Deputación   obras