Ribeira: Amicos celebrou este venres 2 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- O sábado 3 houbo unha entrega de diplomas presidida polo alcalde de Ribeira
Ribeira, 5 de decembro de 2011. O pasado 3 de decembro, con motivo da conmemoración do Dia Internacional das Persoas con Discapacidade, AMICOS fixo o acto de clausura e entrega de diplomas dos cursos de formación desenrolados durante o ano 2011.O acto contou coa presencia da Directora Xeral de Formación ( Dna. Ana Díaz ), do Alcalde do Concello de Ribeira ( Manuel Ruiz Rivas ), da Concelleira de Cultura ( Dna. Elvira ) e da Presidenta de AMICOS.O Alcalde de Ribeira alabou os esforzos dos membros de AMICOS por superarse dia a dia e conseguir romper as barreiras que os impiden progresar. A maiores confirmou o apoio do Concello e da Deputación de A Coruña coas entidades de que traballan polas persoas con discapacidade.A Presidenta de AMICOS felicitou os membros de AMICOS polo seu esforzo a nivel persoal e por non rendirse nunca e superarse dia a dia. Solicitoulle as distintas administracións o seu apoio para poder continuar co traballo que se leva facendo tantos anos e que tantos froitos da.A Directora Xeral de Formación e Colocación felicitou a tódolos asistentes e confirmou o seu apoio e a súa aposta pola formación do colectivo das persoas con discapacidade. Asi mesmo manifestou o seu compromiso de apoiar as persoas mais desfavorecidas, sobre todo neste momento de crise.O curso de Impresor impartido por AMICOS tivo unha duración de 738 horas lectivas, das que 610 foron practicas e 128 teóricas.No curso formáronse 15 persoas con discapacidade intelectual dos meses de Xullo a Novembro.Durante este ano 2011 AMICOS impartiu 3 accións formativas das que se beneficiaron 50 persoas con discapacidade.Esta formación permitiu a inserción laboral de 2 persoas con discapacidade intelectual.
Nota do Concello:
O alcalde tomou parte na entrega de
diplomas de impresor a usuarios de Amicos
Ribeira, 5 de decembro de 2011.- A sede de Amicos, localizada na parroquia riveirense de Oleiros, viviu o acto de entrega dos seus diplomas acreditativos aos usuarios do centro que estiveron a asistir ao curso de impresor de pequeno formato. Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira; Ana Díaz, directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia; así como a presidenta de Amicos, Esther Vidal, e a edil municipal Elvira Pisos, fixeron entrega dos títulos.
Durante a súa intervención, o alcalde deu conta dalgunhas das accións que se están a promover dende o Concello para favorecer a integración das persoas con diversidade funcional e colaborar coas asociacións e entidades como Amicos. Así, dixo que a mediados deste mes está prevista a entrega a esta asociación dunha das dúas vivendas tuteladas promovidas dende a Administración local na busca da súa integración persoal (a outra está destinada a Ambar); e tamén manifestou que Riveira vai contar –dentro das accións incluídas no programa Riveira Atlántica 2015- co segundo plan de mobilidade urbana de toda Galicia, que será o primeiro nun municipio distinto ás sete grandes cidades.
O rexedor tamén avanzou que a Deputación e A Coruña ten destinado 158.000 euros para rematar o centro ocupacional que está construíndo a Asociación.
Antes publicamos:
Os de Amicos estiveron en Boiro esta mañá. Saíron pese á chuvia
E tamén en Ribeira
Ribeira e Boiro, 2 de decembro de 2011. A asociación Amicos celebrou hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, lendo un manifesto titulado "SOÑAMOS CON", e elaborado polos rapazes de AMICOS, no que expresan as súas inquedanzas e os seus soños.Leuno Javier Freijo, autoxestor de AMICOS, que fixo de portavoz desta entidade.


















Comentarios [0]